"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

    1. Peiteado que se fai no cabelo.

    2. Adorno que se coloca no cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble con espello que ás veces pode levar lavabo e que se usa para o aseo persoal.

    2. Cuarto que se destina ao aseo persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pos V cadanseu

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cualificador

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descualificador

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que abdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentar as aves ás súas crías mediante a bicada.

    2. Dar a bicada a aquelas aves que se engordan á man.

    3. Dar a comida ás persoas que están enfermas e que non o poden facer por si soas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abicar.

    2. Aplícase á esquina en ángulo morto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrancar un anaco de algo por medio dunha dentada.

    2. Pastar as ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abocar.

    2. Que está prendido pola boca ou achegado a ela.

    3. Situado ou conducido cara á boca ou entrada dun lugar.

    4. Desviado da súa posición ou dirección por efecto dunha inclinación.

    5. Estar unha res agarrada polas fosas nasais para que non se mova.

    6. Dise do viño que deixa na boca un comezo de gusto doce; constitúe unha clase intermedia entre o viño seco e o propiamente doce. A concentración de azucre nos viños abocados oscila entre 5 e 20 g/l.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea creada polo médico gnóstico Sereno Samónico no s I. Nela, os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo. O seu emprego medrou na época medieval e adquiriu un sentido máxico chegando a empregarse como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sorprendente en grao superlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Filipe IV no ano 1642 ao nobre portugués Afonso de Lancaster e de Lancaster (morto no 1654), bisneto do Rei Xoán II de Portugal, primeiro marqués de Porto Seguro e de Sardoal, Xustiza Maior de Portugal e Capitán Xeneral das galeras reais, como compensación ás perdas que sufrira en Portugal ao permanecer leal ao Rei. O título pasou despois aos Carvajal, condes da Quinta de la Enjarada, e posteriormente aos Zuleta, condes de Belalcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cidade da Mesopotamia, fundada e restaurada por Sargón o Grande contra o 2600 a C. Foi a capital do Imperio Acadio, que dominou Mesopotamia durante a dinastía de Acad, a principios da segunda metade do III milenio. Os seus cobizados restos arqueolóxicos aínda non se acadaron.

    2. Dinastía semítica de Mesopotamia (2371-2191 a C) do país de Acad que estableceu a capital na cidade de Acad. Fundada por Sargón, tivo once reis, dos que sobresaíron Rimush, Manishtusu, Naram-Sin e Shar-kali-sharri. Rematou coa derrota do último destes a mans dos guti, pobo montañés que procedía dos Zagros, aínda que continuou con seis monarcas máis sen relevancia. O poder baseábase no elemento semítico autóctono, aínda que algunhas opinións apuntan a que é un elemento inmigrado dende Siria, en detrimento do sumerio. Este feito implica, así mesmo, a división de Mesopotamia en dúas partes ben diferenciadas, a semítica e a sumeria, unha fenda étnico-política descoñecida na fase anterior, de control sumerio. Impón, por outra banda, unha organización política centralizada dende Acad, rompendo coa tradición sumeria de pequenas cidades-estado. Malia a súa dureza a dinastía foi inestable, tres dos seus reis morreron asasinados. En política exterior os acadios foron militaristas e expansionistas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asir coa man ou con outro obxecto algo que se atopa a distancia ou nun lugar case inalcanzable.

    2. Chegar algo ou alguén a un punto, grao, medida, cantidade, lugar ou situación fixada de antemán.

    3. Conseguir facer realidade os de-sexos, metas ou obxectivos proxectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prender cun lazo unha res que foxe ou deter a alguén que se escapa.

    2. Xuntar o gando disperso para levalo a outro lado ou introducilo na corte.

    3. Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ou doutro animal ao corno ou ao pescozo para que non escape.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sociedade literaria, artística ou científica, xeralmente fundada e regulamentada por unha autoridade pública coa finalidade de contribuír ao avance das letras, das artes ou das ciencias. No Renacemento, especialmente en Italia, inspirándose no ilustre nome da Academia de Platón e na idea que dela se tiña por medio dos Diálogos, xurdiron as primeiras academias modernas: a Academia Platónica, de Florencia, de carácter filosófico; a Academia Romana (chamada tamén Pomponiana), de carácter arqueolóxico e filolóxico; a Academia Afonsina (chamada despois Pontaniana), de Nápoles; e a Academia Aldina, de Venecia. O s XVII presenciou o nacemento e o afianzamento dalgunhas das academias de máis transcendencia cultural: a Accademia della Crusca, de Florencia (1582); a Fruchtbringende Gesellschaft, de Weimar (1617); a Académie Française, de París; e, sobre todo, as primeiras dedicadas ás ciencias: Accademia...

      2. Sociedade cultural.

      1. Lugar no que os académicos se reúnen para realizar as súas xuntanzas.

      1. Xunta de académicos, sesión académica.

      2. Reunión ou certame de carácter filosófico, teolóxico, científico, literario, artístico, conmemorativo, etc.

      1. Institución de ensino artístico, técnico, mesmo xeral, de nivel superior ou medio.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica de Platón, situada nos xardíns consagrados ao heroe Academo, de onde toma o nome. Tratábase dunha comunidade dedicada ao culto das musas e ao exercicio da actividade filosófica e posuía unha importante influencia política. Ao longo da súa historia, dende que iniciou a súa andaina cos ensinos de Platón no 387 a C ata que foi clausurada por Xustiniano no 529 d C, desenvolveu tres períodos: a Academia antiga (Xenócrates, Crates...); a Academia media (iniciada por Arcesilao), de predominio escéptico; e a Academia nova (iniciada por Carneades). A partir de Filón de Larissa e Antíoco de Ascalón, a filosofía da Academia bifúrcase nunha corrente neoplatónica e noutra ecléctica.

    VER O DETALLE DO TERMO