"Chao" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • Unidade tectónica pertencente ao conxunto de chairas e depresións da Galicia interior, situada entre a terra de Chantada e a serra do Faro, entre o val do río Avia e o val do río Miño, que se integra xunto con outras superficies aplanadas como os chaos da Peroxa e do Carballiño. A terra dos Chaos de Amoeiro está delimitada ao N pola serra da Martiniana (1.010 m de alt), ao O polo río Barbantiño, ao S polo río Miño e ao L polo río Porto. As numerosas fracturas que atravesan a súa superficie facilitan o decurso de numerosos ríos (Formigueiro) e regos (Porto, Lagarto e Raña) que favorecen a presenza de castelos, algún tor e outras formas graníticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral chinés, fillo do letrado Ban Biao e irmán dos historiadores Ban Gu e Ban Zhao. Abandonou as tarefas intelectuais e partiu a combater na fronteira. Con Dou Xian atacou a rama nórdica dos Xiongnu, que invadiran os estados tributarios da China ao Turquestán. As súas conquistas chegaron no ano 94 ata o Pamir. Foi o principal impulsor da política de expansión dos emperadores Han Zhangdi e Hedi. Ata pouco antes da súa morte foi gobernador da cunca do Tarim. Sucedeulle no mando o seu fillo Ban Yong.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que remite ao latín planu ‘lugar chan’. Documéntase xa no s XIII: “Diego Lopez de Chao” (doc ano 1296 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 166). Tamén se atesta con artigo: “Marina do Chao” (doc ano 1309 en J. I. Fenández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 50). Esta forma correspóndese coa zona centroriental do territorio galego fronte a Chan que é propia do occidente: “Pedro Chaan” (doc ano 1391 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 240).

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha cruz flordelisada de azul; bordo de goles con oito caldeiras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre os municipios de Folgoso do Courel (concretamente a parroquia de Visuña) e Barjas (da comarca do Bierzo). O seu cumio acada os 1.551 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e presbítero. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu tamén como colaborador de prensa. Publicou, entre outras obras, Curso de lengua portuguesa (1936), Curso elemental de lengua latina (1941), Cien frases ante la muerte (1945) e Pastor Díaz dentro del Romanticismo (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, historiador e xornalista republicano, fillo de Xosé María Chao Rodríguez. Trasladouse a Vigo coa súa familia por motivos políticos e cursou estudios nesta cidade ata que marchou a Santiago de Compostela, onde comezou a carreira de Farmacia; alí participou na acción da Lavacolla contra os carlistas; posteriormente colaborou na defensa do sitio da praza de Vigo por parte do comandante-xeneral de Pontevedra. Trasladouse a Madrid, onde se licenciou en Farmacia, e iniciou a súa andaina xornalística como redactor de La Gaceta. En 1854 foi elixido deputado por Ourense para as Cortes constituíntes, que por primeira vez non eran absolutamente monárquicas. Participou, xunto cos sarxentos do cuartel de San Gil, no levantamento popular de 1866, polo que tivo que exiliarse a Francia. Durante o seu exilio, entre xuño de 1866 e setembro de 1868, viaxou por toda Europa e axudou a organizar o movemento liderado polo xeneral Pierrand no Alto Aragón. Tralo triunfo da Gloriosa (18 de setembro de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Realizou estudios eclesiásticos no seminario de Mondoñedo e colaborou en El Eco Mindoniense co pseudónimo de Raimúndez. Escribiu en galego, latín e castelán. A súa obra publicouse no volume Poesías gallegas inéditas (1930) e reeditáronse oito poemas en galego da súa autoría en Poemas galegos (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés. Descendente da dinastía Song, estivo ao servizo da corte mongol. Foi coñecido polas obras nas que se representaban cabalos no xeito da dinastía T’ang, aínda que tamén pintou outros animais, bambús e paisaxes. Precedeu aos grandes mestres da dinastía Yuan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Tailandia formado pola unión do río Ping e Yom. Con dirección N-S, pasa por Bangkok e desemboca en forma de delta no golfo de Krung Thep. Constitúe a principal vía de transporte interna do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou no teatro na compañía Abrente, inserida na asociación homónima, promotora das Mostras de Teatro en Galego Abrente de Ribadavia, e da que foi presidente. Entre 1969 e 1974 interpretou con este grupo obras de Alejandro Casona e Jorge Díaz. A partir de 1978 e ata 1985 pasou a formar parte de Teatro Artello, onde participou nas montaxes: Tarará chis-pum, a partir dunha creación colectiva; Pic-nic, de Fernando Arrabal; As nubes, de Aristófanes; A cantante calva, de Ionesco; Celtas sen filtro, de Méndez Ferrín; e Gulliver F.M., de Antón Reixa. Tamén traballou no Centro Dramático Galego, institución da que foi director en 1986 e 1987, e representou Agasallo de sombras, de Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao; As tres irmás, de Čekhov; As alegres casadas, de Shakespeare; O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro; Un soño de verán, de Shakespeare; e Valle-Inclán 98. No ano 1988 fundou a Compañía de Ernesto Chao coa que realizou unha soa obra: O coronel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e musicólogo. Aos once anos ofreceu o seu primeiro recital no Círculo das Artes de Lugo (1946). Recibiu unha bolsa da deputación provincial e do concello de Vilalba para estudar música e bacharelato en Madrid, onde realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música y Declamación. No ano 1956 obtivo unha bolsa da Comisaría de Educación Popular para trasladarse a París, onde ampliou os seus estudios con prestixiosos mestres. En 1960 ingresou en Radio París como comentarista musical e director das emisións en galego, e en 1968 nomeárono director do Servicio de Linguas Ibéricas. Colaborou en distintos xornais e películas. É autor de libros como Guía secreta de París e Aprés Franco. Foi galardoado co premio radiofónico de Radio La Habana (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios no seminario de Mondoñedo e no Colegio Mayor San Carlos Borromeo da Universidad Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en Filosofía; posteriormente trasladouse a Roma e licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia Gregoriana. En 1956 ordenouse sacerdote e, entre outros cargos eclesiásticos, foi director do Secretariado Diocesano de Catequese, delegado episcopal de Cáritas Diocesana e membro da Comisión Diocesana de Liturxia. Exerceu como docente en Vilalba impartindo filosofía e posteriormente en Santiago de Compostela como profesor de lingua e literatura galegas. Colaborador en distintos xornais e revistas especializadas (La Voz de Galicia, Encrucillada, Teima, Vida Nueva, Pastoral Misionera), fundou a asociación e a revista Irimia e organiza, dende 1978, as Romaxes de Crentes Galegos. Articulista de temas político-social e teolóxicos, participou en varios volumes colectivos e publicou, entre outras obras, Introdución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudiou no colexio de Farmacia de Santiago de Compostela e participou no Batallón Literario. Foi practicante de farmacia militar ata o ano 1814. Terminada a guerra, rematou os seus estudios de farmacia e estableceuse en Rivadavia, onde iniciou unha intensa actividade política antiabsolutista. En 1826 abriu unha botica en Vigo e proseguiu coas súas actividades políticas, polas que foi perseguido. En 1835, o gobernador de Pontevedra deulle unha comisión para realizar as fumigacións dos buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas. Posteriormente, a Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo. Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera que padeceu a provincia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión empregada como fórmula de despedida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e músico. Coñecido como Manu Chao, empezou os seus estudios musicais da man do seu pai Ramón Chao Rego e posteriormente ingresou no conservatorio de Chaville. Aos catorce anos subiu por vez primeira a un escenario e a súa primeira banda de música foi Joint de Culasse, que deixaría paso a Hot Pants, Los Carayos e finalmente a Mano Negra. Foi o promotor do festival A Feira das Mentiras, celebrado en Santiago de Compostela en xullo de 1998, onde uniu música, teatro, circo, fútbol e tradición nun espectáculo apoiado por figuras do mundo musical como Amparanoia ou os Diplomáticos de Monte-Alto. Realizou numerosas xiras por Latinoamérica e España e colaborou, entre outros artistas, con Joaquín Sabina, Skank, Muguruza e con Radio Bemba. A súa carreira en solitario comezou co disco Clandestino (1998), con temas como Minha Galera, Clandestino, Desaparecido ou Malegría; e co sinxelo Bongo Bong (1999). Posteriormente editou Próxima estación: Esperanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista chinés. Introduciu no seu país os métodos lingüísticos modernos e publicou a obra básica da dialectoloxía chinesa titulada Estudios sobre os dialectos wu modernos (1928). Ademais de diversos libros sobre o ensino do chinés, entre eles A Grammar of Spoken Chinese (Grámatica da lingua chinesa, 1968), destacan o artigo “The Non-uniqueness of Phonemic Solutions of Phonetic Systems” (A non-unicidade das solucións fonémicas dos sistemas fonéticos, 1934) e a introdución xeral á lingüística Language and Symbolic Systems (Linguaxe e sistemas simbólicos, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO