"Nete" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 36.
-
-
Pequena agulla de metal, con cabeza redondeada -ás veces de cores- en lugar de burato nun dos seus extremos. Emprégase para soster o labor ou o picado na almofada, unir ou pregar dúas pezas de roupa, etc. Préndese nun alfineteiro.
-
Prendedor metálico que une dúas partes dunha prenda e se usa como adorno.
-
Peza de metal, puntiaguda nun extremo e con cabeza no extremo oposto, empregada no mundo prerromano e romano como agulla ou prendedor para o pelo. O proceso técnico empregado na súa elaboración era o da cera perdida. Os alfinetes castrexos e galaicorromanos son, polo xeral, bastante fortes e longos e case que todos os que se coñecen están feitos de bronce. As cabezas ofrecen variadas formas: cilíndricas, cónicas, globulares, en forma de botón ou flor e de traza campanular. Nalgún caso, presentan un notable tamaño e son de complexa ornamentación.
-
Herba perenne de ata 80 cm de altura, de follas opostas, ovadas e amplexicaules e de flores vermellas ou brancas dispostas en panícula, coa corola formada por cinco pétalos soldados nun tubo rematado nun alfinete inferior. Aparece en toda Galicia entre rochas, valados e paredes.
-
-
-
Almofadiña que serve para perforar con alfinetes.
-
Estoxo pequeno que serve para gardar alfinetes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casco medieval de forma ovoide que no s XIII se levaba debaixo do grande helmo; durante a mesma centuria comezouse a usar como defensa principal da cabeza. Un dos máis antigos textos europeos que o mencionan é a crónica de Desclot. Na segunda metade do s XIV o bacinete converteuse no casco máis usado polos cabaleiros; era de forma cónica ou ovoide e chegaba a cubrir as orellas e a noca e a parte posterior do colo, no bordo inferior levaba unha tira de coiro que amosaba unha serie de buracos que coincidían con outros feitos no metal do casco; a través destes buracos ensartábanse aneis de mallas da parte superior do almófar. O bacinete e o almófar convértense nunha perfecta protección da cabeza, colo e a parte superior do busto e do lombo, quedando só descuberta a face. No s XV engadíuselle unha peza metálica e redonda denominada babeira que protexía todo o colo, co que o almófar quedou en desuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Reino Unido, nobre de rango inmediatamente inferior ao barón. Este título é hereditario e leva consigo o uso do apelativo sir. Foi creado en Inglaterra por Xurxo I no 1611 para financiar a colonización do Ulster; estendeuse a Irlanda no 1619 e no 1625 instaurouse en Escocia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das partes superiores da caderna que sobresaen da cuberta da embarcación, formando o esqueleto da orla e servindo de soporte á amurada.
-
-
Gorro redondo de tea ou de punto, flexible e sen á.
-
Sombreiro pequeno de catro picos utilizado antigamente por graduados e que, co tempo, pasou a ser empregado por eclesiásticos e seminaristas.
-
Segundo compartimento do estómago dos ruminantes.
-
Galo sen crista.
-
-
-
Persoa que fai ou vende bonetes.
-
Árbore ou arbusto asiático do xénero Euoymus, da familia das celastráceas, de ata 6 m de altura, de follas opostas, ovadas e de marxes crenadas ou serradas, de flores tetrámeras brancas e froitos capsulares vermellos. Distínguense dúas especies: E. europaeus, de folla caduca, e E. japonicus, de folla perenne, que se atopa de forma cultivada en xardíns galegos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
paxariños.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO de Madrid e á dereita do río Guadamar (3.940 h [1996]). Lugar de veraneo tradicional modificado pola expansión residencial de Madrid que o converteu nun núcleo satélite da capital, experimentou un notable crecemento demográfico e un aumento na construción de urbanizacións de vivendas unifamiliares. Este proceso contribuíu a alterar significativamente a estrutura laboral e socioeconómica do concello, pois a maior parte dos seus veciños son profesionais e traballadores cualificados, dispoñendo de rendas elevadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar entre o 5 e o 25 de xullo de 1937 durante a Guerra Civil levada a cabo ao redor da poboación de Brunete (Madrid). Os obxectivos das forzas republicanas eran a sublevación de Madrid e a distracción da ofensiva do norte. Estas forzas, dirixidas polo xeneral Miaja, contaron coa axuda das Brigadas Internacionais. Unha vez rota a fronte o 6 de xullo, Brunete foi ocupada pola división Líster. Refeitas as tropas do goberno de Burgos, coa axuda da lexión Cóndor recuperaron Brunete o 25 de xullo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado nunha ampla chaira ao redor da cidade de Córdoba (3.420 h [1996]). A actividade económica céntrase na produción agrícola de cereais, oliveiras e legumes, e na gandería. Ten, ademais, diversas industrias elaboradoras de aceites e embutidos. Foi ocupada alternativamente por musulmáns e cristiáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, regado polos ríos Orteijar e Carbones (2.247 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, legumes, froitas e hortalizas, e na gandería.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cinetes.
-
Individuo do pobo prerromano dos cinetes.
-
Pobo prerromano establecido cara á metade do primeiro milenio a C, no SO da Península Ibérica, nas terras do Algarve e do Alentejo. Déronlle nome ás cidades de Conimbriga e Conistorgis. As fontes tardías chamáronos conis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de seguimento visual de artefactos balísticos (mísiles, naves aeroespaciais ou satélites artificiais) que permite determinar a súa traxectoria. Consta dunha cámara cinematográfica con teleobxectivo, que segue o artefacto, e dun dispositivo que rexistra simultaneamente o tempo e a súa situación en acimut e altura; a análise posterior da toma cinematográfica permite reconstruír a traxectoria.
-
-
-
Instrumento aerófono, xeralmente de madeira, con lingüeta simple, perforación cilíndrica e pavillón en forma de campá. Alcanza máis de catro oitavas de extensión debido aos seus tres rexistros: o grave ou chalumeau, o mediano, denominado clarín, e o rexistro agudo. De modelos variados, entre os pequenos o máis frecuente é o requinto e o clarinete en do, que tende a desaparecer, substituído polo máis corrente, afinado en si bemol, ou o clarinete en la. Os contraltos están afinados en fa, como o corno di bassetto, e en mi bemol. O baixo, en si bemol, menos frecuentemente en la. A invención, a finais do s XVII, do clarinete propiamente dito, coa posibilidade de máis dun rexistro, débese a J. C. Denner. No transcurso do s XVIII perfeccionouse e aumentouse o número das chaves. Rameau introduciuno na orquestra a mediados do s XVIII e adoptouno a escola de Mannheim. Mozart conferiulle xa un papel moi importante e regular nas súas últimas obras sinfónicas e de cámara....
-
Persoa que toca ese instrumento.
-
clarinete de amor
Instrumento da familia do clarinete aparecido no s XVIII e situado, pola acuidade, entre os ordinarios da orquestra e os contraltos, afinado xeralmente en sol. A embocadura está separada por un tudel do corpo do instrumento, recto ou lixeiramente curvado e acabado nun pavillón esférico, como o óboe de amor.
-
-
Rexistro de órgano que imita a sonoridade do clarinete de orquestra.
-
-
-
-
Fragmento de papel ou cartón enrolado de forma cónica que se utiliza como recipiente para cousas, como froitos secos ou lambetadas.
-
Cantidade que contén o obxecto de papel ou cartón enrolado de forma cónica.
-
-
Galleta de forma cónica que se emprega para servir xeado de maneira que se poida consumir sen necesidade de usar culler.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema longo publicado por Manuel Curros Enríquez no ano 1888. Trátase dunha composición satírica, de carácter paródico, que toma como modelo a Divina Comedia de Dante Alighieri para criticar a hipocresía da Igrexa do seu tempo, así como certas institucións e personaxes da política e da cultura galegas, en especial o xuíz Manuel Mella e o bispo Cesáreo Rodrigo, que o condenaron pola publicación de Aires da miña terra (1880), e a escritora Emilia Pardo Bazán, polo seu desprezo do Rexurdimento da literatura galega. Composta de 512 tríades ou tercetos de versos octosílabos, con rima asonante nos impares, estruturalmente ten unha introdución e oito cantos. Desenvolve a peregrinaxe que realiza o autor a Roma con motivo do ano xubilar celebrado polo Papa León XIII. O defunto poeta Francisco Añón, que se presenta como capitán da Santa Compaña, acompáñao na súa viaxe en ferrocarril e convértese no guía que o conduce ao longo dos vagóns, que simbolizan os sete pecados capitais. O encontro entre a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena peza de artillería que se empregou dende o s XV nos bordos das naves de guerra. Repousaba sobre unha forquita cos brazos articulados que permitían basculala e cargala pola recámara. Na parte posterior da recámara saía unha barra de ferro colocada no sentido do eixe do canón que servía para dispoñer a peza no ángulo de tiro desexado. O seu calibre variaba entre 39 e 70 mm. Os exércitos de Carlos I empregárona como artillería de campaña.
-
-
-
Cuarto destinado a recibir visitas.
-
Estancia da casa que servía como tocador para as mulleres.
-
-
Local destinado á exhibición dunha colección de obxectos curiosos ou destinados ao estudo dunha ciencia ou arte.
-
Cuarto ou lugar de traballo de certos profesionais.
-
Oficina dun organismo encargada de resolver determinados asuntos.
-
Conxunto de ministros que, baixo a dirección do xefe do goberno, constitúen o poder executivo.
-
Pequenas pinturas de cabalete concibidas para ser vistas de cerca. O termo aplícase, en xeral, ás obras destinadas aos interiores burgueses como os cadros de xénero holandeses do s XVII.
-
Departamento de orientación psicopedagóxica que pode funcionar dentro dunha institución escolar para apoiar os alumnos dese centro (xeralmente formado por un psicólogo escolar en coordinación co profesorado), ou fóra como servizo público ou privado que atende a todos os nenos que o soliciten (xeralmente formado por un grupo de profesionais: psicólogos, pedagogos, educadores especializados, etc).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.