"basi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 115.
-
-
Imposibilidade de camiñar debido á perda de coordinación dos movementos musculares. Non se trata estritamente dunha parálise xa que o enfermo, sentado, pode mover as extremidades inferiores; a deficiencia enraízase na perda da ordenación dos movementos que interveñen na realización automática da función ambulatoria.
-
Abasia debida á non coordinación, propia dos enfermos que sofren corea de Sydenham.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos abbásidas.
-
Membro desta dinastía árabe de califas instalada en Bagdad. O primeiro Califa foi Abū-I-’Abbās al-Saffāḥ, suposto descendente de al-’Abbās ibn ‘Abd al-Muṭṭalib ibn Hāšim, tío de Mahoma. No Califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos. Nun principio instaláronse en Kūfa; pero ao ser fundada Bagdad no 762, trasladouse alí a capital. A dinastía abbásida tentou manter a unión do grande imperio do Islam por medio dunha reforma relixiosa ortodoxa e duns costumes unificados. Entre outras cousas, devolvéronlles á Meca e a Medina a súa relevancia como centros relixiosos. Os dominios dos abbásidas mantivéronse en Oriente pero non en Occidente, onde se independizou Al-Andalus (756) e unha gran parte do Norte de África (787). Só retiveron Ifrīqiya -na actualidade Tunicia e parte de Alxeria-. A dinastía obtivo o máximo esplendor durante o Califato de Hārūn al-Rašīd, no paso do s VIII ao...
-
-
GALICIA
Sacerdote e líder agrarista. Estudiou o bacharelato en Ourense. Posteriormente ingresou no Seminario Conciliar de San Fernando, onde foi ordenado sacerdote. Pouco despois principiou unha intensa actividade pública, colaborando en múltiples xornais como La Nueva Época, El Eco de Orense ou La Galerna. Foi alentador do ourensán Círculo Católico de Obreiros. Exerceu por primeira vez como abade rural en Parada de Laviote (O Irixo) onde no 1904 escribiu o seu primeiro folleto independente El cura rural. No 1907 marchou a Madrid para se establecer como capelán do marqués de Urquijo. Alí vencellouse aos círculos galeguistas, colaborando nas actividades do Centro Galego e coa revista Galicia, que dirixiu a partir do 1908. Publicou unha colección de contos titulados Por los agros celtas (1907). Xunto con Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, Luís Antón de Olmet, Prudencio Canitrot e outros fundou o movemento Acción Gallega, que dende 1910...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período de aumento ou empeoramento dunha doenza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide isómero da nicotina presente na Nicotiana glauca e, sobre todo, na Anabasis aphylla (quenopodiácea do Turquestán e da rexión do mar Caspio), planta da que se extrae.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación angustiosa de carácter intermitente que priva de camiñar a algúns neurasténicos.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Autor de novelas Fratelli d’Italia (1963) e Belle di Lodi (1972) entre outras e de libros de ensaio e xornalísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto histórico composto pola igrexa da Asunción, o forno de Santa Mariña e o castro de Armeá. A igrexa románica, encargada por unha dama da casa de Figueira, quedou inconclusa. Non obstante , pódese advertir que a estrutura é dunha soa nave, sinxela, sobre unha cripta de bóveda oxival, na que se atopan laudas sepulcrais medievais, algunhas mesmo de tradición visigótica, e unha colección de xerriñas de cerámica. O segundo elemento que configura o conxunto é o forno de Santa Mariña, que se atopa sepultado baixo a igrexa e que mantén semellanzas coa Pedra Formosa de Briteiros (Portugal). Os muros do depósito para a auga, a cámara cuberta e a ábsida ultrasemicircular están formados por enormes pedras. Separando os dous primeiros tramos hai unha lousa de pedra monolítica, hoxe crebada na parte superior, que remata en forma de frontón. Nesta lousa ábrese unha porta con arco de medio punto delimitado lateralmente por dúas figuras en baixorrelevo moi deterioradas. Pode observarse tamén unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asentamento ao aire libre situado en Serra-di-Ferro (Córsega). Proporcionou unha secuencia estratigráfica, dende o Neolítico antigo ata a Idade do Bronce, válida para o estudo da transición entre esas dúas ocupacións. O nivel neolítico (5750 a C) amosa un modelo baseado nunha economía gandeira e con escasos intercambios co exterior. No nivel superior (3250 a C) xa edificaban cabanas con zócolos de pedra, baseaban a súa economía na agricultura e na gandería, e mantiñan contactos co exterior.
-
-
Forma prefixada de base, que se emprega na composición de palabras indicando posición ou proximidade á base.
-
pre
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do primeiro nivel biolóxico na teoría evolutiva de Cordón Bonet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Código Simbólico de Instrucións de Aplicacións Xerais para Principiantes é unha linguaxe informática deseñada por John Kemeney e Thomas Kurtz en 1964 en New Hampshire (EE UU), como primeiro paso na aprendizaxe do fortran en ambientes universitarios, feita popular por Microsoft na década dos anos setenta. Serve para programar rapidamente cálculos sinxelos sen necesidade de moita aprendizaxe. Os programas poden ser moi curtos. Durante moitos anos tivo unha gran difusión por estar incluído directamente na ROM de moitos ordenadores (Apple II, IBM PC) e en sistemas operativos. Logo caeu en desuso cedendo a súa popularidade a Pascal e C. Experimentou un novo auxe debido, principalmente, ao lanzamento de Visual Basic por parte de Microsoft para Windows. Existen varias implementacións de BASIC para Macintosh. SC Basic (SC provén de Self Compiled ‘Auto Compilado’) é un compilador de BASIC que xera aplicacións independentes que poden ser distribuídas sen necesidade de dar o propio compilador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comando en PC-DOS (MS-DOS) da familia de ordenadores PC IBM que chama a un intérprete dunha versión especial de Microsoft BASIC. Este intérprete utiliza o código almacenado nun chip de ROM dentro dos ordenadores IBM. Un intérprete similar para ordenadores clónicos é o chamado GW-BASIC. Ambos foron reemprazados por QBASIC que se distribúe coas versións máis recentes de DOS.
-
VER O DETALLE DO TERMO
exetais, propios xeralmente das rexións áridas, que producen froitos a rentes da terra.
-
-
Nun ácido, número de átomos de hidróxeno substituíbles por metais ou radicais positivos.
-
Calidade dunha substancia con pH superior a 7.
-
Capacidade de neutralizar os ácidos.
-
-
-
Que forma parte da base na que se sustenta unha cousa ou que constitúe a súa parte esencial.
-
-
Relativo ou pertencente ás bases.
-
Solucións ou mesturas onde hai presente unha base libre e que, polo tanto, teñen en maior ou en menor grao as propiedades das bases.
-
Sales formados por neutralización parcial dun óxido ou dun hidróxido metálicos con ácidos.
-
reacción básica
Propiedade das bases e das súas solucións consistente en facer cambiar a cor dos indicadores de xeito que a cor acadada coincida coa cor da forma básica.
-
-
-
Minerais nos que a proporción de óxidos metálicos pasa do 50%.
-
Rochas ígneas nas que a proporción de sílice queda comprendida entre o 40 e o 50%. As rochas básicas máis importantes son os basaltos.
-
-
Concepto derivado das aplicacións da teoría da información e da estatística na Lingüística e que alude ao conxunto de elementos fonolóxicos, morfosintácticos e semánticos dunha lingua que constitúen a base mínima imprescindible para falar e comprender unha lingua elementalmente. OBS: Para designar este concepto, o adxectivo básico sempre se utiliza acompañado do substantivo que fai referencia á lingua da que se está a falar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao basidio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esporocisto, propio dos fungos da subdivisión basidiomicotina, produtor de esporas esóxenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega na composición de palabras co significado de ‘basidio’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da clase dos zigomicetos, de micelio septado que ao longo do seu ciclo se desenvolve en excrementos de anfibios ou réptiles, e logo sobre coleópteros coprófagos.