"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Doutrina filosófico-relixiosa aparecida no catolicismo francés da Restauración, en oposición ao pensamento ilustrado que inspirou a Revolución de 1789. Afirmaba a necesidade da monarquía e da Igrexa como vehículos polos que o home chegaba ao contido dunha revelación divina primitiva constituída polas verdades teóricas e prácticas fundamentais. Os seus representantes máis destacados foron L. de Bonald, J. de Maistre, F. R. Lamennais e L. Bautain, e, en España, Juan Donoso Cortés.

    2. Doutrina política que defende a soberanía real exercida a través das institucións propias da sociedade foral e estamental. En España foi adoptada polo carlismo, e implicaba o retorno á monarquía absoluta, baseándose na tese da lexitimidade da lei sálica, no dereito divino da monarquía e, polo tanto, na defensa decidida da relixión católica. Posteriormente, esta doutrina procurou unha xustificación histórica na identificación da monarquía absoluta cunha suposta monarquía tradicional medieval. Esta identificación completouse co recoñecemento dos foros ou leis tradicionais dos diferentes reinos da monarquía hispánica. Despois da Terceira Guerra Carlista, Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Na Segunda República Española creouse Comunión Tradicionalista que en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista e das Jons.

    3. Afección ás cousas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comerciar de maneira ilegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de traficar.

      2. tráfico de drogas

        Comercio de substancias ilegais.

      3. tráfico de escravos

        Comercio realizado con persoas destinadas á escravitude. Iniciouse co transporte de negros africanos a América. A pesar de que xa existía na Baixa Idade Media dirixido a Europa, cobrou un novo impulso co descubrimento do novo continente. Despois das prohibicións establecidas por diferentes países, a ONU aprobou en 1956 un convenio internacional de prohibición do tráfico de seres humanos.

      4. tráfico de mulleres

        Comercio efectuado con mulleres destinadas á prostitución.

    1. Transporte ou desprazamento de mercadorías.

    2. Circulación de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de transporte aéreo. Foi fundada en 1930 mediante a fusión da Western Air Express e a Trans Continental Air Transport. Participou directamente na construción do Douglas DC3 e do Constellation, primeiro avión de transporte intercontinental. A súa rede internacional cobre os cinco continentes. A partir de 1967 diversificou as súas actividades (absorción da cadea de hoteis Hilton e da de restaurantes Canteen Corp) e, despois dunha importante crise financeira, foi adquirida por American Airlines en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema filosófico kantiano cuxo obxecto e método é de carácter transcendental.

      2. Designación que reciben certos aspectos do idealismo poskantiano como por a filosofía do espírito de Schelling (denominada por el mesmo transcendental).

      1. Movemento estadounidense, representado polo Transcendental Club of Boston, que se fundou en 1836 e se caracterizou por un espiritualismo antimaterialista e un intuicionismo de carácter relixioso.

      2. Tendencia ás divagacións abstractas, místicas ou sobrenaturais que menosprezan as mínimas esixencias da comprobación empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pasar dun estado, idea ou asunto a outro sen cambios bruscos.

    2. Evolución cara a un estado de menor enerxía dun núcleo atómico que se atopa nun nivel excitado, mediante a emisión dunha radiación electromagnética. Este fenómeno, descuberto en 1922 por C.D. Ellis e Lise Meitner, adoita acompañar a desintegración dos núcleos dunha substancia.

    3. Denominación xenérica dos elementos que no seu estado fundamental ou nalgún dos seus estados de oxidación presentan unha configuración electrónica con capas d ou f parcialmente ocupadas. Existen 55 elementos de transición clasificados en dous grupos. Os elementos de transición principais ou do bloque d están constituídos polas series que van do escandio ao cobre (primeira serie de transición), do itrio á prata (segunda serie de transición), e a serie que comprende o lantano e os elementos que van desde o hafnio ata o ouro (terceira serie de transición). Os elementos de transición interna ou do bloque f, están constituídos pola familia dos lantánidos ou primeira serie de transición interna, que vai do cerio ao lutecio e a familia dos actínidos, ou segunda serie de transición interna, que vai desde o torio ao laurencio.

    4. Entidade intermedia entre os reactivos e os produtos dunha reacción química.

    5. Teoría que explica a relación entre a constante de velocidade de reacción e a temperatura. Baséase na suposición de que para que a reacción teña lugar ten que acontecer que os átomos ou as moléculas reaccionantes ao interactuar, formen un complexo activado; feito que pode evolucionar tanto cara aos reactantes coma cara aos produtos. Foi desenvolvida por H. Eyring no ano 1935. OBS: Tamén se denomina teoría das velocidades de reacción absolutas.

    6. Descrición esquemática atemporal que explica o proceso no que se atopa unha sociedade ao pasar de estar dominada por un réxime demográfico baseado nuns índices elevados de mortalidade e natalidade a un novo réxime caracterizado pola redución destes índices. Esta teoría é unha situación lóxica establecida en tres fases. A primeira fase denominada antigo réxime demográfico ou réxime demográfico tradicional, caracterízase por uns elevados índices de natalidade e mortalidade e unha esperanza de vida baixa. Na segunda fase denominada período de transición demográfica, prodúcese primeiro un descenso dos índices de mortalidade e un posterior descenso dos índices de natalidade; é o que se denomina explosión demográfica. Por último a terceira fase denominada novo réxime demográfico ou réxime demográfico moderno, que se caracteriza por uns índices de mortalidade e de natalidade baixos e unha elevada esperanza de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de transparente.

    2. diapositiva.

    3. Procedemento técnico que permite rodar escenas de exteriores nun estudo cinematográfico, e que consiste en situar os actores entre unha pantalla especial, sobre a que se proxecta o escenario real, e a cámara.

    4. Pincelada lixeira, xeralmente feita con verniz, que permite transparentar a textura do lenzo dunha pintura.

    5. Calidade dun mercado, xeralmente expresada en termos relativos de prezo, en que a información sobre a evolución, a estrutura e o comportamento da oferta e da demanda, é completa e accesible a todos os que concorren nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transportar ou transportarse.

      1. Actividade que proporciona os medios para transportar persoas ou mercadorías. Chámase transporte terrestre ou por terra o que se efectúa por vías de comunicación terrestres (vías férreas ou estradas) ou fluviais; transporte marítimo o que se efectúa por mar con calquera clase de embarcación; e transporte aéreo o que se efectúa por aire mediante avións, helicópteros ou outras aeronaves. O transporte forma parte da actividade económica xeral, xa que incrementa a utilidade de determinados bens ao trasladalos de lugares onde teñen pouca actividade ata outros onde teñen moita. É posiblemente no turismo onde o transporte, adquire un sentido por si mesmo. Como actividade económica foi concibida como un servizo, aínda que posteriormente comezou a ser considerado como unha das esferas da produción material, pois pode abaratar ou encarecer o custo dos produtos ou obxectos transportados. A revolución dos transportes experimentada desde a segunda metade do s XIX...

      2. ehículo que se dedica a transportar persoas ou cousas.

    2. Transmisión de enerxía eléctrica en grandes cantidades, xeralmente a través de liñas de alta tensión e a gran distancia.

    3. Proceso polo que as rochas ou os elementos se trasladan dun lugar a outro.

    4. Expresión matemática que fai o balance das ganancias e das perdas de partículas nun elemento de volume dV dun medio, en función dunha dirección de desprazamento determinada r , tendo en conta as perdas clásicas (suma alxébrica das entradas e as saídas) que teñen lugar na dirección r considerada. OBS: Tamén se denomina ecuación de Boltzmann.

    5. ariable que se define, para cada anión ou catión dunha solución electrolítica pola que se fai circular unha corrente eléctrica, como a fracción da corrente total transportada por cada un deles. Nun sistema que consta dun anión e un catión, os índices poden representarse con t + e t - , e cúmprese que t + + t - = 1. A orixe dos índices de transporte está no feito de que, en xeral, os ións non teñen a mesma velocidade de migración cara ao eléctrodo, polo que os ións máis rápidos transportan máis cantidade de corrente por unidade de tempo. A medida dos índices de transporte pode efectuarse mediante o método de Hittorf ou polo método da superficie de separación móbil, máis preciso ca o de Hittorf.

    6. Mecanismo de transferencia dunha substancia desde unha rexión en que se atopa en escasa concentración ata outra en que é máis alta, e atravesa unha membrana que as separa. Para facer que este tránsito sexa termodinamicamente posible hai que liberar enerxía, que na célula procede do metabolismo en forma de ATP. É preciso un transportador entre a capa externa e a interna da membrana, o que pode consistir nunha proteína estereoespecífica con moita afinidade polo substrato, aínda que está sempre condicionada a unha suficiente dispoñibilidade de ATP.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sólido cuxas caras son trapecios.

    2. Sólido cristalográfico que pode ser considerado como unha bipirámide en que cada metade xirou un certo ángulo respecto da oposta, e ao mesmo tempo permaneceu no seu sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha volcánica, case sempre porfírica e con textura traquítica, que está composta por feldespatos alcalinos e un ou máis minerais máficos, principalmente biotita e auxita, que son os máis frecuentes nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Ten planta rectangular cun soportal na parte central realizado como unha columnata dórica sobre a que se sitúan os arcos que sosteñen a solaina, artellada con columnas toscanas. Edificouno Antonio de Caamaño e Quintáns no s XVII. A capela, de planta rectagular, ten acceso desde o exterior e desde a vivenda e conserva un brasón na fachada que alude aos Caamaño e Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministos de Exteriores dos estados membros da UE e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999 despois de ser ratificado polos respectivos estados. Modificou nalgúns aspectos o Tratado de Maastricht, os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e diversos actos afíns. Tratou temas de emprego, libre circulación de ciudadáns, xustiza, política exterior e seguridade común e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Maneira de comportarse ou de proceder con respecto a alguén.

      2. Modo de tratar unha cousa.

    1. Título honorífico ou de cortesía que se lles dá ás persoas pola súa autoridade, dignidade, cargo ou categoría social.

      1. Conxunto de medios hixiénicos, farmacolóxicos e cirúrxicos que se poñen en práctica para curar ou aliviar unha enfermidade.

      2. tratamento activo

        Tratamento que está dirixido directamente á curación da enfermidade.

      3. tratamento causal

        Tratamento que actúa directamente contra a causa da enfermidade.

      4. tratamento empírico

        Tratamento das enfermidades por medios da eficacia demostrada pola experiencia.

      5. tratamento médico

        Tratamento que se practica especialmente por medios non cirúrxicos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous pequenos palacios construídos nos xardíns de Versailles. Por encargo de Luís XIV, J. Hardouin-Mansart edificou Le Grand Trianon (1686-1687), composto por dous corpos que forman un hemiciclo e se unen por un perístilo; os xardíns son obra de J. Le Vau e A. Le Nôtre. Nun bosque próximo, A. J. Gabriel construíu, por orde de Luís XIV, Le Petit Trianon (1762-1766). Foi habitado por María Antonieta, que o fixo circundar por un xardín á inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza.

    2. Conxunto de persoas competentes que teñen que xulgar exames, oposicións, concursos e actos análogos.

    3. Conxunto de funcionarios que constitúen o órgano estatal encargado de velar pola garantía de orde xurídica, en nome do pobo ou do xefe de estado que representa e de acordo cun sistema normativo de legalidade. En España comprende os xulgados (tribunais unipersoais) e as audiencias (tribunais colexiados). A xurisdición ordinaria comprende: xulgado de paz, integrado por un xuíz, con xurisdición sobre un municipio onde non hai un xulgado de primeira instancia e instrución; xulgado de primeira instancia e de instrución, presidido por un xuíz, con xurisdición sobre un partido xudicial; xulgados penais; xulgados contencioso-administrativos; xulgados sociais; xulgados de menores; xulgados de vixilancia penitenciaria; audiencia provincial, que é a instancia máxima provincial; o tribunal superior de xustiza, con xurisdición sobre todas as audiencias provinciais dunha mesma comunidade autónoma; e o Tribunal Supremo,...

    4. Conxunto de eclesiásticos que en nome do papa e dos bispos administran xustiza e pronuncian sentenzas en asuntos relacionados co dereito canónico. Respecto á xurisdición, hai tribunais diocesanos, baixo a xurisdición do bispo, que delega as súas funcións no provisor. O tribunal apostólico está integrado pola Penitenciaría Apostólica, o Tribunal da Rota Romana e o Tribunal da Sinatura Apostólica, baixo a presidencia do papa. En España atópase o Tribunal de la Rota de la Nunciatura.

    5. tribunal de casación

      Tribunal que coñece dos quebrantamentos ou infraccións da lei alegados contra a sentenza de instancias.

    6. tribunal de contas

      Tribunal con carácter fiscal e político, encargado da fiscalización da economía das entidades estatais, de xulgar e condenar a quen ten ao seu cargo as contas do estado e vixiar e inspeccionar os expedientes administrativos de reintegros e cancelacións de finanzas.

    7. tribunal de garantías institucionais

      Instrumento de tutela dos dereitos e as liberdades individuais existente nalgúns estados. A garantía constitucional presupón a existencia dun ordenamento xurídico fundamental, e o tribunal ten a facultade, en determinados momentos de emerxencia, de suspender algunha das garantías constitucionais, determinando expresamente a duración da suspensión.

    8. tribunal de honor

      Tribunal existente dentro de certas corporacións ou colectividades para xulgar a conduta deshonesta, malia que non delituosa, dalgúns dos seus membros. A Constitución Española de 1978 prohibiunos.

    9. tribunal do xurado

      Insitución para a participación dos cidadáns na administración de xustiza. Ten competencia sobre homicidios, ameazas, omisión do deber de socorro, violación ou invasión de domicilio, incendios forestais, infidelidade na custodia de documentos, suborno, tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, fraudes e extraccións ilegais e negociacións prohibidas a funcionarios.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de silicio, de fómula Si2O, que cristaliza no sistema monocíclico ou hexagonal en pequenos cristais. É incolora ou branca e estable entre os 870°C e os 1470°C, de peso específico 2,29-2,28 e dureza 6,5-7.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual ou bienal pertencente ao xénero Triticum, da familia das poáceas, co talo erecto de 1 m de altura ou máis, raíces fasciculadas e follas lineares. As glumas son ovadas e as flores agrúpanse en espigas terminais, cun eixe articulado e fráxil ou continuo e resistente, e que conteñen en cada nó unha espiguiña de 2 a 5 flores. O froito, denominado trigo, adoita desprenderse libremente da casca ao madurecer, aínda que en certas especies queda unido. Recoñécense 14 especies de trigo, todas cultivadas. Segundo a súa dotación cromosómica distínguense tres grupos: especies diploides, as máis primitivas, con 14 cromosomas, como T. aegilopoides e T. monococcum, que tras hibridarse con outra poácea deron orixe aos tetraploides con 28 cromosomas como o T. dicoccoides, T. durum ou T. persicum, que por hibridación con outra poácea orixinaron os hexaploides que teñen 42 cromosomas entre os que destaca o trigo común...

      2. trigo de aresta negra

        Calquera das variedades de trigo duro provistas de arestas negras.

      3. trigo pintado

        Calquera das variedades de trigo que dan grans de cor vermella.

    1. Gran do trigo.

    2. Que ten trigo.

    3. Planta herbácea anual de 20 a 50 cm de altura con espigas longas e primas, de froitos con dúas ou tres arestas diverxentes. Vive en lugares secos da rexión mediterránea, sobre todo nas beiras dos camiños.

    4. Planta de follas cordiformes, flores pentámeras de cor branca e rosada e froito de tipo aquenio. A pesar do seu nome, non é un cereal. Presenta sementes das que se obteñen fariñas panificables e tamén como alimento para animais. É unha especie de trigo de cor verde escura cunha fariña coa que se elaboran galletas, pan negro e outras especialidades. Pode cultivarse en todo tipo de solos, sobre todo naqueles que son húmidos e tépedos. Utilízase en alimentación, como forraxe ou abono. É fácil de dixerir, carece de glute e é bo para a circulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método topográfico similar á triangulación xeodésica en que se miden os lados dun triangulo para determinar a posición dos seus vértices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos trilobites.

    2. Artrópodo da clase dos trilobites.

    3. Clase de artrópodos paleozoicos que tiveron unha importancia excepcional durante a Era Primaria, tanto pola abundancia como pola variedade de formas. Están na base da datación bioestratigráfica do Paleozoico e teñen interese paleoecolóxico e paleoxeográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO