"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á forza que se orixina pola rotación da Terra (forza de Coriolis) ou aos ventos causados por ela.
-
-
Que emprega xeroglíficos para transmitir unha mensaxe.
-
xeróglifo.
-
-
Calquera cousa que é dificil de entender ou descifrar.
-
Xogo que consiste en descifrar algo a partir de debuxos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á xerografía.
-
Que se obtivo por xerografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Strido, Dalmacia 342? - Betlem 420) Pai e doutor da Igrexa. O seu labor reflectiuse nunha obra abundante e extraordinaria, como a versión latina da Biblia, coñecida como Vulgata, incontables comentarios a textos bíblicos cunha exhaustiva achega de datos xeográficos e filolóxicos, traballos edificantes como De viris illustribus e a continuación da historia eclesiástica de Eusebio. Participou tamén en polémicas e deixou unha correspondencia. Represéntase como penitente no deserto, como sabio na súa cela ou como doutor da Igrexa. Como atributos leva a pedra coa que daba golpes no peito, a caveira sobre a que meditou, a pomba da súa inspiración, o capelo cardinalicio, o león domado e o báculo. A súa festividade celébrase o 30 de setembro.
-
-
Relativo ou pertencente aos xifosuros.
-
Artrópodo da orde dos xifosuros.
-
Orde de artrópodos quelicerados, da clase dos meróstomos, que se caracterizan por ter o corpo aplanado dorsiventralmente, semellante ao dos trilobites, con segmentos anteriores fusionados dorsalmente para formar unha coiraza. Son organismos bentónicos e carnívoros que se afunden rapidamente, pero que poden nadar. Abundantes durante o Paleozoico, actualmente están representados só por cinco especies, que se distribúen polo litoral Atlántico de América do Norte, o Índico e o Pacífico. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á xilografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Acción e efecto de xirar.
-
Cambio de dirección que toma algo ou alguén.
-
Cambio na forma de levar o asunto ou tema que se está a tratar.
-
Frase ou expresión característica dunha lingua.
-
-
Acción de xirar unha letra, un talón ou calquera instrumento de crédito. O xiro mutuo efectúase oficialmente entre dous puntos autorizados legalmente. Cando a transferencia de fondos se fai efectiva utilizando as oficinas de correos ou nos servizos de telégrafos denomínase xiro postal ou xiro telegráfico, respectivamente.
-
Conxunto de operacións e negocios dun establecemento mercantil ou industrial.
-
dereitos especiais de xiro
Medio de pagamento das débedas internacionais, establecidas de acordo co FMI en 1969 para subvenir a falta de liquidez e a crise do sistema monetario vixente. Cada estado membro do FMI podía dispor dunha cantidade proporcional á súa cota de participación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Fontiveros, Ávila 24.6.1542 - Úbeda, Jaén 14.12.1951) Escritor e doutor místico da Igrexa. De nome Juan de Yepes Álvarez, toda a súa vida estivo baseada no coñecemento da filosofía da Sagrada Escritura e da patrística. Representante do cume da escola ascético-mística castelá, escribiu poesías e varios tratados que son comentarios a algunhas destas composicións: Subida al Monte Carmelo e Noche oscura, comentan o poema “En una noche oscura”; Llama de amor viva, comenta “Oh llama de amor viva!”, e Cántico espiritual, a do mesmo título. En Subida al Monte Carmelo trata da purgación do sentido, do entendemento, da memoria e da vontade, e en Noche oscura da purgación espiritual e sensorial. Cántico espiritual ten catro partes, que corresponden á vía purgativa, á vía iluminada e ao estado beatífico. O autor, para expresar aquilo que é inexpresable, é dicir, a experiencia mística, serviuse de fontes bíblicas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra entre 1991 e 1992. Dirixido por Javier Sánchez de Dios e, posteriormente, por Francisco López-Barxas, apostou pola información local e o carácter independente. A opinión e os suplementos monográficos caracterizaron esta publicación que se distribuíu exclusivamente na provincia de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno do réxime preautonómico galego, dotado de personalidade xurídica plena. O 16 de marzo de 1978 aprobouse o Decreto de Autonomía Transitoria polo que se constituíu a preautonomía galega e se instaurou a Xunta como órgano de goberno. O goberno formalizouse no pazo de Xelmírez o 18 de abril de 1978 baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, de UCD, que contou ademais con membros dos partidos con representación nas Cortes con grupos sen representación política como os galeguistas históricos ou personalidades da vida cultural que formaron parte das comisións de transferencias. Este primeiro goberno estaba organizado en tres secretarías (Xeral, Emigración e Interior) e oito consellerías (Agricultura, Gandaría e Montes; Cultura; Educación e Ciencia; Enerxía, Industria e Comercio; Ordenación do Territorio; Pesca; Sanidade e Seguridade Social; e Traballo). O 3 de xullo, segundo a proposta de Rosón, a Xunta fixo una convocatoria xeral chamando á colaboración na elaboración do Estatuto...
-
-
Probar a inocencia de alguén.
-
Converter algo en lexítimo ou xusto.
-
Probar que algo é certo con probas e documentos.
-
Axustar as liñas dun escrito.
-
Probar alguén a súa inocencia ou lexitimar a súa actuación.
-
-
-
Respecto e recoñecemento dos dereitos dunha persoa.
-
Calidade de xusto.
-
irtude cardinal pola que se pensa e obra segundo o dereito e a verdade.
-
Principio moral que avalía as accións dos homes e mulleres de acordo con determinados valores máis ou menos constantes ou variables no tempo. Aínda que nas antigas civilizacións gregas e romanas a xustiza tivo unha raíz sagrada ou relixiosa, a expansión económica e imperialista de Roma e o contacto con outras civilizacións e relixións deu un concepto máis leigo ou moral, que se mantivo máis ou menos constante ata a época da Ilustración, como reitor das relacións entre os individuos (xustiza conmutativa). O pensamento cristián sobranceou unha visión da xustiza máis activa (xustiza distributiva), como unha ferramenta de integración social e racional coa vontade de tratar a cada quen segundo as súas calidades ou circunstancias. Ambas as dúas vertentes da xustiza, a conmutativa e a distributiva, rexeron a filosofía do dereito no seu camiño de axeitar a creación normativa das sociedades (as leis ou o dereito) aos valores de xustiza da moral social. Se o dereito e a xustiza...
-
Aplicación dun castigo ou sanción.
-
Poder para aplicar o dereito.
-
Conxunto de organismos, leis e persoas dun país, encargados da función xudicial.
-
Orde xurisdicional que coñece dos litixios entre os cidadáns e a Administración Pública, con motivo da súa actuación cando está suxeita ao dereito administrativo. En España estruturouse nos xulgados e nas Salas do Contencioso-administrativo dos Tribunais Superiores de Xustiza, da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo. A Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o máximo órgano xudicial no que atinxe aos xuízos nos que só se discute sobre da posible infracción de normas do dereito administrativo galego.
-
Sistema de control xudicial que resolve os conflitos entre os poderes do Estado e entre estes e os entes territoriais politicamente autónomos (provincias, estados federados ou comunidades autónomas). Nos sistemas democráticos diferénciase entre o sistema difuso, propio de Reino Unido, Gales e EE UU, en que son variados os órganos xudiciais que poden coñecer de cuestións constitucionais, pero adoita existir un órgano supremo que resolve, polo menos, algúns dos mesmos sen recurso ulterior; e o sistema concentrado, inspirado polo xurista Hans Kelsen e propio de España, no que o monopolio da resolución dos litixios constitucionais lle corresponden a un único órgano xudicial (Tribunal Constitucional ou Tribunal de Garantías Constitucionais).
-
Dereito de obter servizos de asesoramento xurídico e a defensa nun xuízo de balde. Poden ser titulares do mesmo determinados cidadáns da Unión Europea e tamén estranxeiros, cando acrediten relativa falla de medios económicos persoais ou da unidade familiar. O recoñecemento deste dereito en Galicia, correspóndelle a órganos colexiados da Xunta de Galicia en que participan os colexios de avogados e procuradores e o Ministerio Fiscal.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar do estado de Virginia, EE UU, situado no esteiro do río York, na badía de Chesapeake. O 19 de outubro de 1781 tivo lugar alí a Capitulación de Yorktown, que significou o final da Guerra de Independencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar preto da antiga cidade de Naraggara, en Numidia, en outubro de 202 a C. O exército romano, baixo as ordes de Escipión Africano, derrotou as tropas cartaxinesas de Aníbal, o que significou o fin da Segunda Guerra Púnica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s VII? a C) Fundador do mazdaísmo. Segundo as noticias dos Gāthā, de dubidosa verosimilitude histórica, era un sacerdote que predicou as revelacións recibidas de Ahura Mazdā e que obtivo a conversión do Rei Vištāspa. A tradición faino orixinario de Rhades (actual Ràyy, preto de Teherán), pero indicios xeográficos e lingüísticos (a lingua do Avesta) fan pensar nas rexións orientais. En canto á época, as opinións son tamén moi contraditorias, pero a tradición parsi fixa a súa época 258 anos antes de Alexandre o Grande, cara ao 630 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en diversas novas liñas dispostas simetricamente respecto ás iniciais, cando os átomos produtores do espectro son sometidos a un campo magnético. A separación das liñas desdobradas é proporcional á intensidade do campo magnético aplicado. Descuberto por Zeeman en 1896, significou, no caso do hidróxeno, unha confirmación da teoría clásica do átomo de Bohr.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada pola familia Fernández López en 1939 e instalada no Porriño, que se dedica á investigación e fabricación de produtos químicos e farmacéuticos. Está constituída por cinco compañías dedicadas a dous sectores diferentes: o sector biofarmacéutico, ao que pertencen, PharmaMar, compañía biotecnolóxica dedicada a avanzar no tratamento contra o cancro mediante o descubrimento e desenvolvemento de medicamentos innovadores de orixe mariña, Neuropharma, empresa especializada na investigación e desenvolvemento de tratamentos para a enfermidade do Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas do sistema nervioso, e Genomica, compañía especializada na análise e no diagnóstico molecular; e o sector químico, ao que pertence Zelnova, que se dedica á fabricación de produtos de hixiene e limpeza para o fogar, industria e hostalaría e Xylazel, que se dedica á fabricación de pinturas e vernices. O grupo edita unha revista médica Zeltia,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da mitoloxía grega, fillo de Cronos e Rea. Seu pai adoitaba comer os seus fillos ao nacer, pero a nai salvouno e confioullo a unhas ninfas en Creta ou en Arcadia, que o criaron nunha cova. Adulto, destronou o seu pai. Era un deus do ceo, e posiblemente el e Posidón tiveron un papel moi importante na masculinización da relixión grega de época histórica, en tensión cos modelos femininos da relixión mediterránea que os indoeuropeos atoparon en Grecia ao chegar. Desde a época arcaica é unha divindade especialmente vinculada a conceptos como o de xustiza. Foi o deus máis venerado en Grecia e en Roma identificouse con Xúpiter. Represéntase barbado e xeralmente espido, ou parcialmente cuberto cunha capa se aparece sentado maxestosamente nun trono.
-
-
Relativo ou pertencente á zona.
-
Aplícase á vexetación que depende principalmente do clima xeral e non dos factores topográficos e edáficos.
-
Aplícase aos solos cuxa formación depende basicamente do clima xeral e non do substrato. A distribución dos solos zonais seguen os paralelos xeográficos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade animal natural en equilibrio multiespecífico, no seo da que dominan os fenómenos de interdependencia e que, cun hábitat definido homoxéneo, permanece en equilibrio ao menos durante todo un ciclo anual.