"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir de 1890 cos fondos bibliográficos do convento da Mercé de Conxo e cos dos bieitos residentes en Poio antes da chegada dos mercedarios. A partir de 1920 incorporáronse os libros de Guillermo Vázquez Núñez e en 1957 uns 4.500 volumes traídos polo escritor Antonio Rey Soto. Achegaron tamén exemplares Xosé Fernández Gallego, varias casas da orde da Mercé (Herencia, Ferrol, Madrid, Salamanca, etc) e o pai Emilio Silva de Castro, con obras procedentes do Brasil. Nos seus fondos atópanse libros nobiliarios e xenealóxicos, algúns tomos referidos á orde da Mercé, obras de bibliografía, coleccións de xornais galegos do s XIX, algunhas edicións de libros raros, libros editados nas imprentas de Mondoñedo como a Descripción del Reino de Galicia, do licenciado Molina, e obras do s XVI entre as que destacan as Sinodiales de Ourense, publicadas por Vasco Díaz Tanco en 1544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repertorio biobibliográfico, establecido segundo a orde alfabética de nomes de pía, dos escritores da Península Ibérica dende o 1500 ata a época do autor, redactado por Nicolás Antonio e editado en Roma no 1672. Foi reeditado no 1788, xunto á Bibliotheca Hispana Vetus, coa incorporación de correccións feitas polo autor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repertorio biobibliográfico, por orde cronolóxica, dos escritores da Península Ibérica dende a época de Augusto ata o 1500, redactado por Nicolás Antonio e editado postumamente en Roma no 1696 por conta do cardeal Xosé Sáez de Aguirre. Corrixida e aumentada por Francisco Vicente Pérez e Baier, foi reeditada, conxuntamente coa Biblioteca Hispana Nova, en 1788 en Madrid pola viúva de J. Ibarra.
-
-
Acto e efecto de bicar ou bicarse.
-
-
Prolongación da boca das aves formada por dúas pezas córneas.
-
Boca das persoas.
-
-
Remate saínte na superficie ou boca de determinados recipientes por onde se verten os líquidos.
-
Parte máis elevada ou aguda dalgunha cousa.
-
Punta ou parte inferior da barba.
-
Parte da cabeza do porco, salgada e curada, que comprende a mandíbula superior coas orellas.
-
Bacelo con varios abrochos que se lle deixa á cepa ao podala para que lle saian novas ramas.
-
Punta redondeada e saínte no peito dos mamíferos.
-
...
-
-
-
Pelo que medra sobre o labio superior.
-
Pelos longos que lles medran a algúns animais no fociño.
-
Elemento decorativo tipográfico formado por dúas liñas ou filetes máis grosos no centro ca nas puntas, xeralmente cun motivo ornamental no centro.
-
Nunha embarcación, franxa de cor branca que comeza na proa e se vai afinando ata rematar, aproximadamente, no primeiro terzo da embarcación.
-
Ondas de proa, producidas polo avance da embarcación.
-
-
-
Conxunto que consta de dous termos, tanto obxectos como persoas.
-
Expresión alxebraica formada por dous monomios separados polo signo máis (+) ou polo signo menos (-).
-
Nome empregado dentro da nomenclatura binomial para designar unha especie esta composto de dous termos: o nome xenérico e mais o epíteto específico (por exemplo Canis lupus).
-
binomio de Newton.
-
Ecuación da forma x n -a=0, onde a Î c e n é un enteiro positivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á biobibliografía.
-
-
Relativo ou pertencente á bioestratigrafía.
-
Superficie de separación entre estratos que indica algún cambio bioestratigráfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de gases producidos pola fermentación anaeróbica ou dixestión da biomasa procedente principalmente de residuos orgánicos, por parte de bacterias metanóxenas, e cunha composición aproximada de metano (54-70%), dióxido de carbono (22-45%), nitróxeno (0,5-3%), hidróxeno (1-10%) e pequenas proporcións de monóxido de carbono, osíxeno e ácido sulfúrico. Xérase en dixestores especiais e almacénase principalmente para uso doméstico, como fonte de enerxía; o seu poder calorífico oscila entre 5,5 e 7 kWh por metro cúbico segundo a concentración de CO2. A produción de biogás serve como aproveitamento de residuos nocivos para o medio ambiente.
-
-
Relativo ou pertencente á biografía.
-
Que contén biografías.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao biomorfismo.
-
Que implica ou expresa biomorfismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da orixe e o desenvolvemento dos organismos, tanto no seu aspecto específico (filoxenia) como no individual (ontoxenia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertence á Bioxeografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de estratos en que unha determinada especie fósil de valor estratigráfico se mantivo sen cambiar de características.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moble romano de uso honorífico no que se podían sentar dúas persoas.
-
-
Aditivo alimentario (bisulfito sódico, bisulfito potásico, metabisulfito sódico e outros derivados do dióxido de xofre) utilizado como conservador e antioxidante en viños, derivados de froitas, glicosa líquida, produtos de pastelería, confeitería e panadería, galletas e certos derivados cárnicos.
-
Designación non sistemática do ión hidroxenosulfito ou sulfito ácido HSO - 3 .
-
Composto químico empregado nos procesos de revelado fotográfico como constituínte do metabisulfito, en baños de parada e fixadores ácidos, ou como elemento conservador en reveladores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formato de arquivo de fotos ou gráficos, empregado nos sistemas operativos Windows e OS/2. Recibe tamén o nome de mapa de bits e emprega a extensión *.bmp.
-
-
Medida reguladora que serve como padrón.
-
Banda en forma de anel, xeralmente cun deseño gráfico, que rodea os cigarros puros e que as fábricas lles colocan como distintivo.
-
Cada un dos modelos de cigarros puros que se distinguen pola lonxitude, grosor e configuración.
-
Ancho dunha peza de madeira.
-
Esquema para calibrar as balas de canón ou de fusil.
-
Aparencia dunha persoa que orixina unha determinada impresión sobre ela. OBS: Ás veces tamén se pode referir ao aspecto dunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de manganeso e ferro, (Mn,Fe)2O3. Cristaliza no sistema cúbico, en cristais de cor vermella ou negra. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 5.
-
-
Que ou o que bloquea.
-
Aplícase ao medicamento ou á substancia que impide a emisión ou a chegada de estímulos, a secreción de hormonas, a acción destas ou a doutros órganos, e produce, ás veces, efectos semellantes á extirpación.
-
Anticorpo que inhibe por competencia a fixación doutros anticorpos específicos.
-
antiadrenérxico.
-