"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra. Antigamente consistía nun prego de papel escrito por unha banda e dobrado de maneira que aparecese na parte frontal o nome e o enderezo do destinatario xunto co franqueo e o cuño. Ata a aparición do selo de correos era coñecido como sobrescrito. Posteriormente, xeneralizouse o uso do sobre para gardar o escrito e indicar na parte frontal o destinatario.
-
carta aberta
Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.
-
carta certificada
Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.
-
carta circular
Carta que consiste nun modelo no que unicamente cambia o destinatario e informa a un grupo de persoas sobre o mesmo asunto.
-
-
Documento que acredita determinados dereitos ou servicios para a identificación persoal con validez oficial.
-
-
Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.
-
carta aeronáutica
Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea. Representa un sector de terra ou de terra e mar, no que se detallan tanto os elementos naturais como os humanos, preferentemente os das zonas de aterraxe.
-
carta celeste
Representación nun plano, por proxección estereográfica, das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste. Diferénciase do planisferio polo feito de abarcar zonas máis limitadas; isto permite facer explícita a posición das estrelas de magnitude ata 21.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘mapa xeográfico ou carta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cartografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de exposicións dependente do Concello de Vigo que está situada no edificio que ocupou o Banco de España, construído en 1938 por Romualdo de Madariaga. Acolle exposicións fotográficas, científicas e artísticas. É sede da colección permanente da Fundación Laxeiro, da Colección Torras e do Arquivo Fotográfico Pacheco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo interactivo situado no parque de Santa Margarida, na cidade da Coruña, inaugurado no ano 1985. O seu obxectivo é potenciar a cultura científica na sociedade mediante a implicación dos visitantes no proceso de elaboración da ciencia a través da toma de contacto cos fenómenos naturais, cos principios físicos e coas novas tecnoloxías. Posúe, na planta de acceso, un péndulo de Foucault, un triángulo de Penrose e unha aula de informática; na primeira planta, módulos experimentais interactivos sobre fenómenos físicos; na segunda planta, exposicións temporais con carácter monográfico sobre diferentes temas científicos; a terceira planta está dedicada á natureza e á exposición dunha parte da colección do naturalista galego Víctor López Seoane; e na cuarta planta está o Planetario que conta cun proxector principal e máis de 30 proxectores especiais cos que se poden reproducir os movementos celestes. Dispón, ademais, de biblioteca e salón de actos. Organiza ciclos de conferencias sobre temas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dióxido de estaño, de fórmula SnO2. Presenta cristais tetragonais, fráxiles, opacos, de cor parda ou negra. Adopta diversas formas segundo a orixe: bipiramidal en pegmatitas, prismático en filóns hidrotermais ou pneumatolíticos. Ten dureza 6-7 e peso específico 6,9. É o único mineral empregado para a obtención do estaño.
-
-
Municipio do Principado de Asturias, situado no alto val do río Nalón (2.118 h [1996]). A capital é Campo de Caso. A economía baséase nas minas de carbón, na agricultura de secaño e na gandería, sector que se complementa coa avicultura.
-
-
Calquera situación ou circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.
-
Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.
-
Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.
-
Cuestión ou asunto determinado.
-
-
-
Cada manifestación particular dunha enfermidade. OBS: Tamén se emprega a expresión caso clínico.
-
Cada un dos enfermos que sofre unha doenza determinada.
-
-
Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.

Feito investigado pola policía para tentar esclarecelo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada na ría de Arousa, na desembocadura do Ulla, da que foi tenente o pai de Diego Xelmírez e que se identificou cunha construción romana do s I. O arcebispo Xelmírez, ante o seu estado ruinoso, derrubouna para realizar unha nova construción da que só quedan en pé as Torres do Oeste, en Catoira.
-
-
Que é de boa raza e que, polo tanto, serve para a reprodución da mesma.
-
Que é propio e específico dun país ou dunha rexión, como a lingua, as tradicións ou os costumes e que non se encontra mesturado con nada.
-
Porco semental.
-
Acción ou efecto de castizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de transportes fundada por Evaristo Castromil no ano 1917, que tiña como obxectivo último unir as cidades da Coruña e Vigo. A súa primeira liña, inaugurada no ano da súa fundación, foi Santiago de Compostela-Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1924, trala constitución da Unión Nacional de Transportes, concedéronlle as liñas A Coruña-Santiago de Compostela, Santiago de Compostela-Vigo e Santiago de Compostela-Ourense. No ano 1929, cando xa contaba cunha flota de 43 vehículos, constituíuse como sociedade anónima e instalou as súas oficinas no edificio Castromil, en Santiago de Compostela, de estilo modernista. En 1933, o fillo do fundador, Ramón Castromil Casal, ocupou a presidencia da compañía, mentres o seu pai se reservaba o posto de conselleiro delegado. En 1969, trala morte de Evaristo Castromil, foi o seu neto, Ramón Castromil Ventureira, quen se fixo cargo da empresa ata 1994, data na que pasou a mans do irmán máis novo, Xavier Castromil Ventureira. A partir de 1970 a empresa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores ou arbustos, da familia das casuarináceas, endémicos do sueste asiático, de Australia e das illas do Pacífico sudoccidental. Este xénero, que comprende unhas 50 especies, é propio de medios áridos e presenta as follas reducidas como se fosen pequenas escamas que se dispoñen en verticilos sobre as pólas; estas son verdes, articuladas e estriadas, e teñen capacidade fotosintética. Son plantas monoicas ou dioicas, con flores unisexuais e polinización anemófila, con froito en sámara. En Galicia está presente como ornamental a especie C. equisetifolia en xardíns e alamedas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Censo demográfico e fiscal elaborado entre 1750 e 1754 nos reinos peninsulares da coroa de Castela, entre eles o de Galicia, por un decreto do Rei Fernando VI a instancias de Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada, secretario de Facenda, Guerra, Mariña, Indias e Estado, e gobernador do Consello de Castela. O catastro tiña como base unha enquisa constituída por 40 preguntas relativas á poboación, ás propiedades e ás actividades económicas de cada unha das parroquias. Este cuestionario (interrogatorio) debía ser respondido en primeira instancia polo párroco, o alcalde, os rexedores da xurisdición e dous veciños elixidos por eles. Os responsables da recolección dos datos eran funcionarios (xustizas e intendentes) nomeados para a ocasión, acompañados de escribáns, agrimensores, taxadores e os peritos que fosen precisos. Ademais, cada veciño debía declarar os seus datos particulares: nome e apelidos, profesión, condición social, familia, fontes de ingresos e propiedades. Constitúe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á catástrofe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio de seguridade co que hai que contar cando se está rodando un anuncio que vai ser emitido na televisión. Polo propio formato da pantalla do televisor, que non se axusta exactamente á proporción do negativo cinematográfico de 35 mm, é necesario debuxar unha liña de reserva dentro do visor da cámara que actúa como límite da imaxe rodada.
-
-
-
Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a unha propiedade, a unha condición ou a outra característica que posúan en común.
-
Conxunto de individuos cunhas características comúns, determinadas a priori con finalidade clasificadora ou tipolóxica.
-
Importancia de algo polo seu valor con relación a unha clasificación previa.
-
-
-
Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que realiza cada persoa.
-
Cada un dos grupos nos que se dividen, durante toda unha tempada, os participantes nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico, ben pola idade dos seus integrantes, ben polos méritos adquiridos anteriormente. Atendendo á idade, adoitan habilitarse procedementos regulamentarios para que un deportista poida participar nas competicións de idades superiores. No caso dos méritos, existe a posibilidade de acceso ou descenso a outra categoría ao remate da tempada: segundo o que se contemple nas distintas regulamentacións, o cambio de categoría pode producirse segundo a clasificación final da competición en cada unha delas, ou logo de disputar unha fase ou eliminatoria de promoción nas que se enfrontan os equipos de categorías contiguas. Noutros casos, é posible adquirir o dereito a participar nunha categoría superior mediante a cesión da praza, adquirida por outros competidores (xeralmente previo pagamento dunha cantidade económica), ou por invitación da institución organizadora (federación...
-
-
-
Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico da palabra categoría está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant. Para Aristóteles as categorías son os distintos tipos de predicado que se poden afirmar dun suxeito e que corresponden aos distintos modos de ser das cousas. A lista das categorías é o resultado dun intento de reducir a modos primitivos e irredutibles (xéneros supremos) as múltiples maneiras de predicar ou de ser. Aristóteles distinguiu dez categorías: substancia, cantidade, calidade, relación, lugar, tempo, posición, estado, acción e paixón. Os estoicos propuxeron outras enumeracións e san Tomé de Aquino intentou xustificar racionalmente a lista aristotélica. A linguaxe escolástica emprega o termo de predicados para referirse ás categorías. Para Kant as categorías son conceptos puros do entendemento, formas a priori, é dicir, non proceden da experiencia e representan as funcións...
-
Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo (dunha tendencia ou dunha época) ou dun tipo de actividade humana. Así, fálase, por exemplo, de categorías hegelianas, existencialistas, medievais, psicolóxicas, políticas, etc.

Que está privado da liberdade.
-
Persoa aprisionada nun conflito. O cativo foi unha das orixes do escravo. Este foi o caso, durante o Imperio Romano, dos eslavos capturados nas loitas do leste da Xermania. A partir do s VIII, co desenvolvemento dos conflitos entre cristiáns e musulmáns, así como por mor do incremento da actividade comercial no Mediterráneo, estendeuse o costume de facer cativos. O feito provocou que, entre os piratas e os corsarios, se producira un tráfico de rescates e intercambios de prisioneiros.
-
-
Que ten pouca calidade.
-
De pouco tamaño ou estatura.
-
Cheo de mesquindade e ruindade nas súas accións.
-
Que resulta contrario e desfavorable.
-
Que é escaso e de cantidade reducida.
-
Que está baixo a influencia de algo ou alguén dunha maneira irresistible.
-
Rapaz que non chegou á adolescencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘talo’. Emprégase na formación de nomes científicos.
-
-
Acción e efecto de cavar.
-
Terra que é capaz de cavar unha persoa nun día.
-
Medida agraria que se emprega nas áreas vitivinícolas e que equivale á cantidade de terreo que unha persoa pode cavar nun día.
-
Primeiro labor que se lle fai á terra para convertela en terreo cutivable. A ampliación de superficie cultivada obedece a diversos factores: crecemento demográfico, obras de infraestrutura, novas tecnoloxías agrícolas, exencións fiscais, etc. En Galicia, a conquista de novos terreos rematou practicamente no s XVIII cando se cavou un terzo da terra cultivada por primeira vez. A ampliación de terras de labor estivo dificultada fundamentalmente polo accidentado do relevo e polo sistema de propiedade.
-