"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal. Os seus antecedentes sitúanse na burocracia imperial romana, na que o cargo de cancellarii intra cancellos se identificaba coa función de secretario e conselleiro da administración de xustiza. No Baixo Imperio designou os funcionarios que desempeñaban tamén as secretarías da administración de xustiza. Posteriormente, na organización estatal carolinxia, era un cargo onde se situaban os principais colaboradores do emperador, e que exercían os eclesiásticos da corte. En Castela, o chanceler ou canciller mayor era un dos oficiais maiores da corte, xefe da chancelería real e quen tiña ademais a misión de ordenar o envío de documentos e gardar o selo secreto do monarca, co que ratificaba a súa correspondencia. Afonso VII estableceu a chancelería en Castela e confioulle o cargo a Diego de Xelmírez, arcebispo de Santiago. Trala morte do rei e coa separación dos reinos...

      2. Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.

      3. chanceler do Exchequer [ingl: Chancellor of the Exchequer]

        Ministro de Finanzas do Reino Unido. O cargo apareceu no s XIII e adquiriu importancia co paso dos anos. Posteriormente, foi perdendo as anteriores atribucións xudiciais e no s XVIII chegou a ocuparse da facenda nacional.

      4. chanceler do selo da puridade

        Oficial encargado do selo particular do rei. Ocupábase do selado das cartas que pasaban polo monarca. O oficio desapareceu en 1496, cando este selo pasou ás secretarías do despacho e da cámara.

      5. chanceler maior

        Secretario que gardaba o selo real e que se ocupaba de poñelo nos documentos, ou ben delegaba nos seus tenentes.

      6. gran chanceler das Indias

        Funcionario encargado de expedir e referendar os privilexios, mercés e títulos para as posesións de Indias. Tiña ao seu cargo os selos reais para autorizar as cartas e provisións das Indias. O chanceler presidía o Consello cando faltaba o presidente ou o gobernador. Foi un cargo de escasa duración que Carlos V refundiu no Consello de Indias.

      7. lord chanceler [ingl: Lord Chancellor]

        Membro do gabinete británico que ten o cargo de voceiro da Cámara dos Lores.

    1. Funcionario da curia diocesana, encargado de redactar e conservar as actas.

    2. Funcionario que, nunha misión diplomática (embaixada, legación, consulado), desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión. Xeralmente, o cargo ocúpao o conselleiro nas embaixadas ou o primeiro secretario nas legacións e consulados importantes.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de chanceler.

    2. Oficina encargada de expedir ou copiar documentos reais, de dignatarios nobres ou eclesiásticos e dirixida por un chanceler. A chancelería organizouse por vez primeira no Imperio Romano, durante o mandato de Claudio (41 d C-54 d C). Dirixida por libertos, dividíase en catro despachos ou oficinas segundo os asuntos a tratar. Este modelo modificouno o Emperador Adriano, que empregou equites en lugar de libertos. Documentada a súa presenza na curia papal dende o s V, no s IV converteuse no órgano esencial de goberno. Os monarcas carolinxios reconstruíron as chancelerías segundo o modelo romano, pasaron a organización estatal a mans dos membros eclesiásticos da corte. Constituídas por notarios e escribáns, ocupábanse da elaboración de actas da autoridade pública e da recepción e envío de documentos. A chancelería pontificia que organizou Urbano II no s XI serviu de modelo ás novas chancelerías que apareceron nos estados europeos, agás no caso da francesa, organizada por Filipe Augusto...

    3. Centro diplomático desde onde se dirixe a política exterior dun estado.

    4. Oficina ou tribunal da curia romana, encargado de expedir as letras apostólicas e as bulas, e da custodia do selo de chumbo e do anel do Pescador. Foi modificada varias veces ata que Pío X a reorganizou coa constitución Sapienti Consilio (1908), e posteriormente coa constitución apostólica Regimini Ecclesiae Universae (1967) e co motu propio Quo aptius (1973).

    5. Tipo de escritura empregado por unha chancelería. Caracterízase polo uso de formas ornamentais, que lle dan distinción e elegancia, e o desexo de perdurar, afastado da evolución normal das escrituras coetáneas. Destacou a escritura reservada á chancelería imperial romana nos ss IV e V, derivada da cursiva común clásica, coñecida co nome de litterae caelestes, longariae ou syrmatae. No 367 prohibiuse o seu uso nas chancelerías provinciais do Imperio, que adoptaron entón a cursiva común nova, pero alongada, para obter un aspecto decorativo similar ao das litterae caelestes imperiais. Das chancelerías do Baixo Imperio pasou ás dos reinos xermánicos, cunha considerable degradación das formas. Os soberanos carolinxios continuaron usando a escritura da chancelería merovinxia para a primeira liña dos seus diplomas ata finais do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe cinematográfico creado e interpretado polo actor Charles Spencer Chaplin. Vestido cunha indumentaria que chegou a ser característica (sombreiro forte, chaqueta estreita, pantalóns anchos, zapatos estragados, caxato de bambú, etc), é o prototipo de home marxinado, cunha rica e completa gama de valores humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de letra propia do sistema operativo Mac OS.

    2. Nome de código polo que se identificou Windows 95 antes do seu lanzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de xeógrafos da Universidade de Chicago que, con Bryan J. L. Berry como o máis destacado, profundizou nos estudios xeográficos, aplicando especialmente os métodos cuantitativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cobre e aluminio hidratado de fórmula Cu4Al2(OH)12SO4·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis. Ten peso específico 2,74-2,95.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadatas.

    2. Planta da clase das cicadatas.

    3. Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido de neoformación destinado a reparar as perdas de substancia dos órganos e dos tecidos. As cicatrices están formadas por un tecido conxuntivo vello, pobre en vasos sanguíneos, células e substancia fundamental, e rico en fibras coláxenas. Nas cicatrices falta o parénquima específico do órgano ou do tecido que se destruíu por un proceso inflamatorio ou traumático.

    2. Sinal que deixa nunha planta a caída dunha folla, dunha bráctea, etc.

    3. estixio que deixa no ánimo un sufrimento do pasado. Ex: Os desgustos que levou na vida fóronlle deixando cicatrices na alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema ou conxunto de coñecementos obxectivos sobre a natureza e os seus fenómenos, elaborados a partir da observación, experimentación e utilización de teorías. Aspira a formular, se é posible coa linguaxe matemática, as leis que rexen os fenómenos. Nun sentido amplo, tamén estudia a sociedade, o ser humano e o seu pensamento. En xeral, asóciase a un tipo singular de saber profundo, que é rigoroso e metódico, teórico pero susceptible de aplicación práctica e de axuda ás necesidades humanas. Caracterízase, formalmente, pola capacidade de facer previsións (exactas) sobre unha parte da realidade. É unha actividade complexa que inclúe labores de investigación, actividades institucionais, proxectos gobernamentais, unha tradición acumulativa de coñecementos, unha notable participación no mantemento e desenvolvemento da produción, un material de uso divulgativo, publicitario, etc. A actividade científica ocupa un lugar básico e cotián na estrutura económica e cultural da sociedade, influíndo...

      2. ciencias aplicadas

        Ciencias que empregan os resultados científicos ao servizo das aplicacións técnicas. Utilizan o mesmo método xeral das ciencias puras e algúns métodos especiais. As ciencias aplicadas teñen como obxectivo resolver problemas prácticos e, polo tanto, céntranse máis nos problemas prácticos xerais no ámbito dunha sociedade en desenvolvemento ca nos propios dominios da ciencia.

      3. ciencias exactas

        matemática.

      4. ciencias humanas

        Expresión nacida e empregada principalmente dentro do ámbito cultural francés que designa aquelas disciplinas que teñen como obxecto de estudo o home tanto na súa dimensión individual coma social. Denominadas tamén ciencias do home, inclúen as ciencias sociais, a filosofía, a historia e tamén o dereito e a psicoloxía individual.

      5. ciencias naturais

        Denominación tradicional que reciben o conxunto de ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza nas súas distintas facetas e que engloba a física, a química, a bioloxía e a xeoloxía.

      6. ciencias puras

        Denominación que fai referencia á parte do saber científico que unicamente ten por obxecto o coñecemento da realidade, sen ter en conta a utilidade ou a aplicación práctica destes coñecementos. Engloba basicamente a lóxica e a matemática.

      7. ciencias sociais

        Conxunto de disciplinas que teñen como obxecto de estudo as estruturas e procesos sociais, económicos e políticos. Considéranse principalmente como ciencias sociais a economía, a demografía, a antropoloxía social e cultural, a etnoloxía, a socioloxía, a psicoloxía social, as ciencias políticas, a ciencia da educación e a sociolingüística.

    1. Cada póla ou departamento de coñecementos sistematizados considerado como campo de investigación ou obxecto de estudio.

    2. Conxunto de coñecementos dunha persoa. Ex: Non estudiou, pero todos estes anos traballando coa fotografía déronlle moita ciencia no seu oficio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ciencia ou ás ciencias. Ex: Fixeron un bo labor científico.

    2. Que está de acordo coa precisión e cos métodos da ciencia ou dunha ciencia. Ex: A hipótese baséase en razoamentos científicos.

    3. Especialista nalgunha ciencia. Ex: Compartiu o Nobel con outro gran científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan. As superficies intersecadas nestes planos son as bases, e a distancia entre os planos, a altura do cilindro. Os segmentos da superficie cilíndrica entre as dúas bases, paralelos ao eixe da superficie, son as xeratrices. Se os planos son perpendiculares ás xeratrices é un cilindro recto; pero se non o son, é un cilindro oblicuo; se se corta o cilindro por un plano non paralelo á base obtense un cilindro truncado; e se as bases dun cilindro recto son dous círculos, trátase dun cilindro de revolución.

      1. Peza cilíndrica que forma parte de diversas máquinas empregadas en impresión, como elemento sustentador das pranchas ou moldes (nas rotativas tipográficas, nas máquinas offset, na impresión calcográfica, etc) ou como elemento de presión (nos antigos tórculos calcográficos, nas máquinas offset, nas máquinas tipográficas plano-cilíndricas, etc).

      2. Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón (dun motor, dunha máquina de vapor, dun cilindro pneumático ou hidráulico, etc). Nos motores son xeralmente de fundición e, no caso dos motores policilíndricos arrefriados por auga, están agrupados nunha soa peza, o bloque motor, que ten no interior as canles por onde circula a auga. Nos motores arrefriados por aire, cada cilindro é independente e leva arredor aletas, entre as que circula o aire de arrefriado.

      3. Carrete de madeira ou de metal provisto de puntas ou de pugas que forma parte dalgúns instrumentos mecánicos, como o carillón ou a caixa de música.

      4. Peza prismática dotada de movemento intermitente que -en diversas máquinas e mecanismos da industria téxtil, como as máquinas de lectura, os xogos de caixóns e as máquinas jacquard- arrastra o debuxo e o fai volver.

      5. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas empregadas na industria, como as laminadoras, as calandras, as secadoras, as que se utilizan para acabados téxtiles, etc.

    2. Subproduto da moenda do arroz que se coñece tamén como fariña de cilindro.

    3. Superficie sobre a que están todas as pistas que se atopan á mesma distancia do centro nun disco de dúas caras. Nos discos duros, nos que hai como mínimo catro caras formadas por dous discos idénticos paralelos, o concepto de cilindro substitúe a miúdo ao de pista.

    4. Parte interior cilíndrica do talo, constituída axialmente polo durame e perifericamente pola albura. Dentro do cilindro central están incluídos os feixes condutores.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio gráfico das oscilacións das paredes das arterias realizado cun cimógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de mercurio, de fórmula HgS. Cristaliza no sistema romboédrico, en cristais moi pequenos, de cor vermella. Ten dureza 2-2,5 e peso específico 8,09. Atópase en filóns, diseminado ou en masas irregulares. Explótase para a obtención de mercurio, entre outros nos greses de Almadén (Ciudad Real), nos EE UU, nos Urais, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. cinematografía.

      2. cine afeccionado

        Actividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito. Os realizadores especializados agrúpanse en entidades dedicadas a difundir os seus filmes mediante concursos e exhibicións. O primeiro destes clubs formouse en París en 1929. En 1937 creouse a Unión Internacional de Cinema Amateur (UNICA).

      3. cine de arte e de ensaio

        Denominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda. Estendéronse arredor do mundo desde a fundación, en París, en 1926, do Studio des Ursulines, por Armand Tallier.

      4. cine mudo

        Período da historia cinematográfica que comprende dende o nacemento do cine, en decembro de 1895, ata a aparición do cine sonoro, en 1928. As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo. Dentro desta etapa hai películas, actores e directores que destacaron pola súa calidade. Entre os filmes cómpre destacar: La sortie des usines Lumière (A saída das fábricas Lumière, 1895), produción que inaugurou a historia do cine, Voyage dans la Lune (Viaxe á Lúa, 1902), película que destacou polos seus efectos cinematográficos, Fantasmagorie (Fantasmagoría, 1908), caracterizada polos seus trucos de movemento, Cabiria (1913), Das Kabinett Dr Caligari (O gabinete do doutor Caligari, 1919), The Kid (O rapaz, 1921), unha das películas clave de Charles Chaplin, Nosferatu (1921), unha das primeiras películas do cine de terror, Bronenosets “Potemkin” (O acoirazado Potemkin, 1925), ou Metropolis (1925). Moitos actores e actrices tiveron nestas producións a oportunidade...

      5. cine negro

        Xénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU entre 1941 e 1955, e que tivo unha certa continuidade en Europa, especialmente en Francia. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941) de John Huston.

      6. cine ollo [ruso: kino glaz]

        Teoría exposta e levada á práctica polo cineasta soviético Dziga Vertov cara ao 1922, segundo a que a cámara é un auténtico ollo que ten que ofrecer unha visión obxectiva da realidade e que debe aliarse coa radio-orella para obter a “nova arte da sociedade proletaria”.

      7. cine sonoro

        Período da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presencia do son das voces dos actores dentro da película. Esta innovación representou unha revolución cinematográfica semellante á da aparición do cine en cor. O sistema sonoro foi perfeccionándose co paso dos anos ata a calidade que teñen as producións actuais. Un feito importante destes avances foi a creación da banda sonora, que no cine actual constitúe unha parte esencial e diferenciada dentro das películas. En Galicia o cine sonoro apareceu en Vigo, no Cine Fraga, o 14 de marzo de 1930, coa proxección da película The Singing Fool (O cantante tolo, 1929).

      8. cine verdade [fr: cinéma-vérité]

        Movemento cinematográfico de tipo documentalista, xurdido nos anos cincuenta en diversos países europeos, que se esforzaba por alcanzar a captación fiel e auténtica da realidade audiovisual máis espontánea, como medio de estudo antropolóxico ou social. O seu antecedente teórico era o cine ollo de Dziga Vertov (1922).

    1. Sala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico organizado no mes de setembro de 1973 na cidade da Coruña baixo o título de “I Certamen Internacional de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Contou con sete edicións consecutivas ata que en xullo de 1980 suspendeu as súas actividades debido a problemas económicos. Tivo un relanzamento en 1982 baixo o nome de “I Festival Internacional de Cine de Comedia de La Coruña”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cinematografía ou ao cinematógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Faixa ou correa de coiro, tea ou doutro material, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura. Ex: Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto.

      2. Faixa de tea resistente que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

      3. cinto de castidade

        Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

      4. cinto de seguridade

        Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

      1. Fileira ou serie de cousas que rodean algunha cousa. Ex: Quedaron rodeados por un cinto policial.

      2. belt.

      3. cinto do Pacífico

        Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos, tamén coñecida como o cinto de lume, que bordea o Océano Pacífico. Comprende principalmente o arquipélago Malaio, Filipinas, Xapón, Alasca, as Rochosas, os Andes e América Central. Está causada polo movemento das placas tectónicas, que provoca o afundimento e a fusión dunha placa debaixo doutra.

    1. Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba na arte de cerco, na xábega e noutras técnicas para conducir a rede a terra.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore ximnosperma do xénero Cupressus da familia das cupresáceas de ata 30 m de altura. Presenta un tronco recto, casca fibrosa con estrías verticais e unha follaxe escura e densa formada por pequenas follas con forma de escama de entre 0,5 e 1 mm, opostas e imbricadas, de cor verde escura cun suco no revés. As piñas masculinas, dispostas no extremo das pólas, teñen forma ovoide e acadan os 8 mm, e as piñas femininas son redondas e de escamas leñosas de ata 4 cm de diámetro. Son árbores moi lonxevas que poden vivir máis de mil anos (consérvanse tres exemplares no medio do deserto do Sahara). Esta longa vida fixo que se convertese no símbolo da inmortalidade, polo que se planta frecuentemente nos cemiterios. A madeira é de cor parda amarelenta e aromática, e consérvase moito tempo sen apodrecer baixo a auga, polo que se empregou para a fabricación de barcos. Tamén se utilizou, xunto co cedro, na construción dos grandes palacios. Ademais do xénero Cupressus reciben a denominación...

    2. ciprés californiano/ciprés de Monterey [cast: ciprés californiano; ingl: Monterey cypress] [Cupressus macrocarpa, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 30 m de altura, de porte cónico, cortiza parda fendida lonxitudinalmente e follas en forma de escama de cor verde escura e cheiro a limón ao fretalas. As piñas son algo alongadas, de ata 35 mm de lonxitude, e de entre 8 e 10 pezas leñosas. É unha especie orixinaria de California con capacidade para resistir solos salinos. En Galicia está presente como árbore ornamental en parques e xardíns. Tamén se denomina cedro californiano e cedro do incenso.

    3. ciprés cartaxinés [cast: arar, alerce africano, sabina de Cartagena] [Tetraclinis articulata, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 15 m de altura, de porte piramidal, con follas en forma de escama en verticilos de catro e con aparencia articulada. Posúe unha piña de ata 12 mm de catro pezas leñosas triangulares. É unha especie orixinaria do norte de África e de Malta. Na Península Ibérica existe unha pequena representación no sur da costa levantina.

    4. ciprés chinés [Glyptostrobus lineatus, Fam das taxodiáceas]

      Árbore caducifolia de ata 15 m de altura. Presenta follas en acícula e piñas de ata 18 mm de lonxitude cun longo pedúnculo. É propia dos pantanos do S de China e Taiwán.

    5. ciprés de Arizona [cast: ciprés de Arizona] [Cupressus arizonica, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 20 m de altura, de casca parda que se volve agrisada co tempo e que rompe en pequenas placas, con follas en escama de cor azulada e con glándulas dorsais visibles. As piñas, dispostas en grupos, teñen un tamaño de entre 20 e 25 mm de diámetro e están fomadas por 6 ou 8 pezas leñosas. É unha especie orixinaria do sudoeste dos EE UU e do N de México. A madeira, de cor amarela, emprégase en carpintería.

    6. ciprés de Formosa [cast: ciprés de Formosa] [Chamaecyparis formosensis, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 50 m de altura de pólas aplanadas, con follas en forma de escama triangular, imbricadas e dispostas de catro en catro, e con follas laterais de ápices erguidos. A cara superior é de cor verde e a inferior de cor abrancazada. Posúe piñas de ata 10 mm de diámetro. Orixinario da illa de Formosa, pode vivir máis de 1.500 anos.

    7. ciprés de Gowen [cast: ciprés de Gowen] [Cupressus goveniana, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 15 m de altura, de casca fibrosa de cor castaña escura, con follas en forma de escamas dispostas en verticilos de catro. Posúe piñas de ata 18 mm de diámetro e de ata dez escamas de punta revirada. É unha especie endémica de California.

    8. ciprés kashmirés [cast: ciprés cachemirés] [Cupressus cashmeriana, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 20 m de altura, de porte cónico e pólas pendurantes, con follas en forma de escama e piñas cinsentas que acadan os 15 mm de diámetro. É orixinaria da India e do Tibet.

    9. ciprés de Hinoki [cast: ciprés de Hinoki] [Chamaecyparis obtusa, Fam das cupresáceas]

      Árbore de ata 40 m de altura, de casca loura gretada. Dela despréndense escamas alongadas de porte piramidal, e follas con forma de escama opostas con marcas de cor branca en forma de X na cara inferior e que ao fretalas cheiran a resina. O ramallo é aplanado. As inflorescencias masculinas, de ata 12 mm de diámetro, son de cor carmín e as piñas de cor castaña avermellada. É unha especie orixinaria de Xapón, onde pola calidade da súa madeira, de cor amarela e moi aromática, emprégase en construcións imperiais e relixiosas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é menor ou igual a un segmento dado, denominado radio.

      2. círculo goniométrico

        Circunferencia de radio unidade na que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo como o seno, o coseno ou a tanxente.

      3. círculo máximo dunha esfera

        Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano que pasa polo seu centro.

      4. círculo menor dunha esfera

        Círculo determinado pola intersección dunha esfera cun plano calquera que non pase polo seu centro.

      5. círculo de curvatura/círculo osculador

        Círculo no que o seu centro e o seu radio son o centro e o radio de curvatura dunha curva nun punto dado.

      6. cuadratura do círculo

        Determinación da superficie dun cadrado equivalente á dun círculo dado; demostrouse a imposibilidade de establecela.

      1. Liña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.

      2. Conxunto de persoas ou de cousas colocadas ao redor dun centro, que fan unha liña curva. Ex: As pedras estaban dispostas en círculo.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á área de taxons que se estende polas áreas tropicais de todos os continentes, sen limitarse a un reino bioxeográfico pantropical determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO