"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de extraer a información dunha onda portadora que se modificou para permitir a transmisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á demografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
demonolóxico.
-
-
Aplícase á forma coloquial do grego moderno, fronte á forma culta ou “pura” (καθαρέυουσα), máis arcaizante e propia do ámbito oficial (político, relixioso) e científico. En pugna máis dunha vez coa forma culta, o demótico está a ser máis utilizado polos escritores, non obstante aínda non conseguiu ser unha lingua unificada e codificada.
-
Escritura simplificada da antiga escritura exipcia hierática. Correspóndese coa fase da lingua exipcia que vai desde o 700 a C ata a fin do Imperio Romano. É unha escritura cursiva na que predominan as ligaduras que esquematizan o trazo dos grupos hieráticos. Empregábase nos documentos da vida cotiá (contratos, cartas, etc) e foi substituída pola escritura copta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer máis densa unha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para a administración e promoción dos intereses da provincia de Lugo. Fundouse o 16 de maio de 1822, tralo proceso de desintegración da Diputación Provincial de Galicia pola adaptación á nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. A restauración do absolutismo, que significou a derrogación da Constitución, suprimiuna en 1823. Unha vez restablecido o constitucionalismo refundouse en novembro de 1835. Dende aquela data a institución gozou de continuidade e o territorio que administra coincide basicamente co da súa predecesora do período 1822-1823, que incluía o territorio da antiga provincia e diocese de Lugo e gran parte da de Mondoñedo. Entre os organismos e institucións dependentes da Deputación Provincial de Lugo destaca o Instituto Lucense de Desarrollo Económico y Social (INLUDES), o Museo Provincial de Lugo, o Centro de Artesanía e Deseño de Galicia e a Unidade de Promoción e Desenvolvemento.
-
-
Representante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas trala Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas. Tiña un amplo poder nas cidades e vilas, de xeito que chegaba a acadar tamén a condición de alcalde, como aconteceu, por exemplo, con Martín Troco, alcalde e deputado en Santiago, e Xoán Branco, en Betanzos.
-
Persoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.
-
Representante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.
-
Membro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos. Os deputados autonómicos teñen os seguintes dereitos: participación e asistencia con voto ás sesións do pleno e das comisións parlamentarias das que formen parte; dereito a solicitar das administracións públicas os datos, informes e documentos precisos; a percepción dunha asignación económica e das indemnizacións e axudas de custo polos gastos indispensables para o cumprimento da súa función; inviolabilidade polos votos emitidos e polas opinións manifestadas no exercicio das súas funcións, aínda despois de cesar no seu mandato; inmunidade, polo que non poden ser detidos nin retidos durante o seu mandato, agás no caso de flagrante delito; foro procesual, polo que lle corresponde decidir sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuízo ao Tribunal Superior de Xustiza da comunidade autónoma ou á Sala de lo Penal do Tribunal Supremo. Entre os seus deberes...
-
Representante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral. Esta práctica foi unha constante na vida política de Galicia dende 1812 a 1936. Segundo o ordenamento político, o deputado electo non representaba o distrito nin era fiscalizado por este, senón que representaba toda a comunidade nacional española. Deste xeito, as grandes organizacións políticas buscaban acomodo aos seus principais candidatos naquelas circunscricións electorais que presumían controlar para asegurar a súa elección. Así, moitos dos deputados elixidos en Galicia durante aquel período foron elementos absolutamente alleos ao país, feito que deu continuidade a unha tradición secular. Por esta razón, o descoñecemento da realidade social, económica e política de Galicia por parte dos seus representantes e o consecuente prexuízo para o desenvolvemento dunha cultura cívica e participativa na vida política do país foi total. A desvinculación...
-
Membro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.
-
Cargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal. Creouno un auto do Consello de Castela do 5 de maio de 1766 que declarou nulos os acordos adoptados tralo motín de Esquilache. Foi suprimido definitivamente a principios do s XIX pola creación dos concellos. O proceso de elección alcanzaba a todos os veciños, excluíndo ao clero e aos representantes das corporacións, que elixían a compromisarios, que, á súa vez, escollían a catro ou dous deputados do común (segundo se as vilas tiñan dous mil ou máis veciños) e a un síndico persoeiro. Entendían, en xeral, de cuestións económicas e de abastecemento, e debían coidar que se exercese o libre comercio de grans e doutras mercadorías. Por iso, procedían xeralmente das estruturas gremiais, aínda que nalgunhas cidades a elección se determinou por barrios ou parroquias.
-
Persoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.
-
Membro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX, ata que o Estatuto Real de 1834 a suprimiu. As súas funcións eran reducidas, ata o punto de que soamente votaban a imposición dos “millones” (certo tipo de tributos) e a concesión de cargos honoríficos.
-
Membro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto. Por cada circunscrición electoral elíxese un número de deputados proporcional ao seu censo de votantes. A lei electoral determina as causas de inelixibilidade e incompatibilidade, entre as que destacan as que afectan ao exercicio de funcións ou cargos conferidos por un estado estranxeiro, aos presidentes e membros dos gobernos autonómicos, aos compoñentes do Tribunal Constitucional, ao Defensor del Pueblo, aos maxistrados, xuíces e fiscais, aos membros das xuntas electorais, etc. Os deputados gozan de inviolabilidade polas opinións manifestadas no exercicio das súas funcións. Ademais, posúen inmunidade, polo que soamente poden ser detidos en caso de flagrante delito, e non poden ser inculpados ou procesados sen a previa autorización do Congreso, que debe conceder o suplicatorio a instancias do xuíz instrutor.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en marzo de 1931 na Coruña e que cesou en agosto de 1932. Subtitulouse “Revista mensual”. Dirixida por Eugenio Vázquez Gundín, contaba coa colaboración de Sancho Andrade, Xosé Reino Caamaño, X. Portal, A. Ríos Mosquera, Rubio de Peña e Lino Torre. Editábase nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluía temas relacionados co dereito e a avogacía, e resolucións da Audiencia da Coruña e do Tribunal Supremo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia republicana federal que apareceu en Pontevedra en 1870. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Imprenta del Siglo, propiedade de Xoaquín Buceta Solla e Antonio Tíscar.
-
-
Publicación aparecida en Santiago de Compostela en xullo de 1992. Subtitulouse “Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela”. Contaba cun consello de redacción presidido por José M. Lorenzo Salgado e formado por Antonio Carro, Tomás Iribarren, Luis González, Luis M. Sobrado, Francisco Caamaño, Pedro Puy, Enrique García e Manuel Segura. Tiña a colaboración dos servicios xurídicos do Parlamento de Galicia. Dividiuse nas seccións: “Estudios”, “Parlamento”, “Xurisprudencia” e “Bibliografía”. Entre os seus obxectivos figuran o de divulgar a tarefa investigadora das facultades de dereito galegas, a integración e diálogo entre xuristas e académicos, o achegamento entre as institucións xurídico-políticas do país e a promoción do debate multidisciplinar no mundo das leis.
-
Recto, que dun extremo a outro non presenta ningún cambio de dirección.
-
Que non se desvía nin se detén.
-
-
En posición vertical.
-
Aplícase ao cuadrúpede, xeralmente o oso, erguido sobre as patas posteriores.
-
-
-
Aplícase aos órganos, partes ou membros simétricos, que están situados no lado oposto ao do corazón.
-
Situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.
-
Situado na parte dereita da persoa que se coloca segundo o sentido da marcha que teña a cousa que se move.
-
-
...
-
-
-
Recto, que dun extremo a outro non presenta ningún cambio de dirección.
-
Que non se desvía nin se detén.
-
-
En posición vertical.
-
Aplícase ao cuadrúpede, xeralmente o oso, erguido sobre as patas posteriores.
-
-
-
Aplícase aos órganos, partes ou membros simétricos, que están situados no lado oposto ao do corazón.
-
Situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.
-
Situado na parte dereita da persoa que se coloca segundo o sentido da marcha que teña a cousa que se move.
-
-
Cara ou lado principal dun tecido, dunha páxina ou dun obxecto.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminar o ácido ou acidez dunha substancia.
-
-
Diminuír ou eliminar o calcio por descalcificación.
-
Perder calcio.
-
-
-
Quitar algo dunha clase, categoría ou lugar.
-
Facer pública unha información, un documento ou unha materia que se consideraba reservada ou secreta.
-
-
-
Descifrar ou interpretar unha mensaxe emitida nun código determinado.
-
Aplicar ao revés as regras que caracterizan un código determinado para recuperar o xogo de caracteres orixinais.
-
Interpretar o significado dunha instrución e prepararse para executala. Realízase a través dunha unidade de control.
-
-
-
Acción e efecto de describir.
-
Figura retórica consistente na presentación das características físicas e/ou psicolóxicas de persoas, obxectos, animais, lugares, etc, que poden ser de natureza real ou fiticia. Pódense distinguir varios tipos: prosopografía ou descrición do aspecto externo dun personaxe; etopeia ou plasmación dos seus trazos morais; retrato ou combinación dos dous anteriores; pragmatografía ou descrición dun obxecto inanimado; topografía ou descrición dun lugar; e cronografía ou conformación dun período histórico. Aínda que é propia das obras literarias, úsase tamén en textos científicos, divulgativos e, en xeral, en calquera escrito de índole pragmática.
-
Enumeración ordenada e xeralmente codificada dos elementos ou aspectos que identifican externamente un documento. Constitúen o núcleo do rexistro bibliográfico.
-
-
descrición funcional
Descrición lingüística que se basea no uso ou nos fins da linguaxe ou de calquera elemento ou unidade da linguaxe (funcionalismo). Cando a descrición considera que a linguaxe se organiza en estruturas, estase ante unha descrición formal (formalismo). Nunha descrición funcional interesa saber qué se pode facer coa linguaxe. Os dous tipos de descrición compleméntanse de acordo cos que postulan descricións sincréticas da linguaxe.
-
descrición lingüística/da linguaxe
Análise lingüística que ten como finalidade describir a linguaxe, especialmente se se fala de lingüística descritiva. Todas as descricións fanse de acordo cunha teoría e os enunciados das descricións deben ser adecuados (consoante coa finalidade, propósito ou fin da teoría), coherentes (ausencia de contradición) e tan sinxelos como sexa posible (claridade e economía).
-
descrición metafuncional
Descrición funcional que ten en conta as funcións de cada un dos elementos da linguaxe. Por exemplo, a definición dunha oración como unha estrutura sintáctica constituída por un suxeito e un predicado é funcional, xa que se fala da función de dous elementos.
-
descrición semántica
Exposición dos elementos semánticos que documentan a relación entre o definiendum e o definiens.
-
descrición funcional
-
Teoría elaborada por Bertrand Russell, que pretendeu resolver os problemas derivados das descricións non denotativas definidas por Ferge e Meinong. Ferge indicou que expresións como “o sol polas mañás sae polo leste” e “o sol polas tardes cae polo oeste”, malia que se refiren á mesma estrela (significado), din cousas diferentes (sentido). Alexius Meinong analizou frases como “os nenos voadores non existen” ou “as aparicións non suceden”, que son proposicións verdadeiras pero que non o poden ser se non se refiren a unha realidade. B. Russell atacou o punto de vista de Meinong e para evitar enganos enunciou solucións a estas proposicións do tipo “non existe ningunha entidade que, ao mesmo tempo, sexa neno e voe”.
-
-
-
Quitar a algo ou a alguén a autoridade moral ou boa consideración da que gozaba.
-
Realizar críticas negativas para facer perder o prestixio ou boa reputación a algo ou a alguén.
-
Non deixar participar a alguén en algo, normalmente nunha competición deportiva, como sanción por cometer algunha irregularidade.
-
-
-
Acción e efecto de descubrir.
-
Cousa que se descobre.
-
Feito que se establece a partir dunha determinada relación entre obxecto e suxeito segundo un contexto determinado. Neste sentido pódense establecer catro tipos de descubrimentos: neutros, particulares (positivos e negativos) e nulos. Segundo unha clasificación tradicional dos descubrimentos baseada no obxecto e na materia, pódese distinguir entre descubrimentos científicos e descubrimentos xeográficos.
-
Territorio ou terra que se descubriu ou se atopou por primeira vez, xeralmente como resultado dunha expedición de busca. Na área cultural de Occidente enténdese por descubrimentos ou descubertas xeográficas as realizadas por pobos desta rexión ao longo da súa historia. Na Idade Antiga, o mundo coñecido reducíase aos vales dos grandes ríos do Crecente Fértil e Exipto, pero coa expansión comercial ampliáronse os coñecementos xeográficos. En tempos de Estrabón (s I a C-s I d C), e a consecuencia das campañas de Ciro e de Alexandre o Grande e das vellas rutas do ámbar e do estaño, acadouse un notable coñecemento de Eurasia, nunha franxa dende o Océano Índico ata o Mar Báltico. O Imperio Romano herdou os coñecementos xeográficos gregos e mantivo as relacións Oriente-Occidente, que adquiriron un carácter máis esporádico e local, e remataron por limitar os seus intercambios á área do Mediterráneo. Na Idade Media, os árabes serviron de ponte comercial orientada aos produtos de...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico fundado en Vigo en 1872 e que cesou a súa edición o 29 de setembro de 1873. Dirixido por Luís A. Mestre Hernández, quen tamén foi propietario, redactor e administrador, contaba coa colaboración de Xoán Manuel Pintos, Luís Taboada, Teodosio Vesteiro Torres, Nicolás Taboada Leal, Xoán Neira Cancela, Valentín Lamas Carvajal, Alberte Camino, Enrique de Lema, Antonio de Trueba e Emilia Calé, entre outros. Incluía as seccións “Revista de la semana”, con artigos de carácter social, económico ou artístico, “Cartas viguesas”, crítica de libros, xeroglíficos e “Charadas en verso”, acompañadas de poesías, lendas, contos e estudios históricos e políticos. Substituta de La Caridad, reuniu un número importante de sinaturas da intelectualidade viguesa e española daqueles tempos.
-
-
-
Representación gráfica dun obxecto anterior á súa realización, normalmente feita mediante liñas e cun fin artístico ou comercial que permite dar unha idea de cómo será en realidade.
-
Forma ou aspecto das cousas deseñadas.
-
Actividade encamiñada a conseguir a produción en serie de obxectos útiles e belos. Coa Revolución Industrial, os novos produtos intentaron disimular a súa orixe mecánica cunha ornamentación desmesurada. O movemento inglés Arts and Crafts, liderado por William Morris, foi o pioneiro na procura dunha linguaxe formal adecuada aos novos procesos de fabricación. Tralo modernismo, as afirmacións de Louis H. Sullivan sobre a subordinación da forma á función abriron un novo camiño no proceso creador do produto industrial. Hendrik van de Velde, Peter Behrens e Adolf Loos, entre outros, propiciaron o nacemento do deseño industrial. Van de Velde fundou en Bruxelas os Ateliers d’Art Industriel e creou e dirixiu en Weimar unha escola pioneira na creación do deseño industrial, a Die Kunstgewerbeschule; Walter Gropius, o seu sucesor, uniuna á Academia de Arte e fundou a Bauhaus, onde se favoreceu a colaboración permanente entre a arte e a industria, e na que se formaron profesionais especializados no...
-
-
Programación ideal ou descrición verbal dunha cousa.
-
Película realizada coa filmación e proxección de representacións gráficas.
-
Proxecto que recolle as intencións e o plan de acción dun determinado currículo ou programa escolar completo, ou mesmo o esquema específico dunha determinada acción didáctica (obxectivos, contidos, procedementos, metodoloxía, criterios de avaliación, etc).
-
Organización tipográfica dun texto. É habitual que as obras literarias se dividan en unidades menores como o poema ou as estrofas, no caso de obras poéticas; capítulos, secuencias ou parágrafos, na narrativa; escenas ou actos, no teatro, que á súa vez, poden ir encabezadas por un número ou un título que as identifique. Trátase dun elemento construtivo importante no estudo dun texto, na medida que a súa forma externa condiciona a comprensión do mesmo. Deste xeito, no eido da narrativa constitúe un factor determinante no ritmo dun relato, posto que un cambio de capítulo, por exemplo, co conseguinte branco tipográfico pode marcar un cambio na perspectiva do narrador ou mesmo unha elipse na sucesión dos acontecementos narrados.
-
grafismo.
-
Sistema de deseño para produtos ou instalacións industriais que se basea no perfeccionamento dunha primeira forma elemental por medio dun sistema interactivo de natureza informática. Un certo número de formas básicas e todas as pezas anteriormente deseñadas polo sistema almacénanse e póñense a disposición do deseñador, quen lle dá a forma conveniente, visualízaa por unha pantalla gráfica ou ben debúxaa mediante trazos. Un sistema DAO (tamén coñecido polo anacronismo inglés CAD: Computer-Aided Design) está constituído por un ordenador convencional, normalmente dotado cun sistema de almacenamento de datos de gran capacidade, e un conxunto de periféricos concibidos e especializados para realizar representacións gráficas. A táboa dixitalizadora é unha ferramenta de pequenas dimensións que serve para apoiar o lapis enriba, especifica puntos correspondentes á pantalla ou ben selecciona funcións do programa de deseño. Os resultados en forma dixital rexístranse nunha cinta de papel perforado,...
-
...
-