"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica pontevedresa creada polos irmáns Ramón e Enrique Barreiro no mes de decembro de 1931. A empresa, na que Enrique exercía as funcións de director técnico e Ramón as de correalizador, foi unha consecuencia lóxica da actividade precedente dos irmáns Barreiro no eido cinematográfico, xa daquela coñecida dabondo, principalmente desde a estrea a mediados de 1927 da súa mediometraxe documental Pontevedra, cuna de Colón. O seu obxectivo era a creación dun “Noticiero de la Región Gallega”. De feito, a presentación en sociedade da produtora tivo lugar o 1 de outubro de 1932 coa estrea, no Teatro Principal de Pontevedra, da primeira entrega dun Noticiario que tivo varias versións, periodicidades e formatos, incluíndo o sonoro, ata 1935. Xunto con esta actividade, o máis destacado da casa Folk foi a súa relación desde a chegada da República co movemento político e cultural que reivindicou un Estatuto de Autonomía para Galicia. O primeiro froito desa conexión foi o filme Por...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista sociocultural trimestral aparecida no verán de 1991 no Saviñao (nº0). Editada pola Plataforma Veciñal para o Desenrolo Integral do Saviñao, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Tórculo Artes Gráficas en Santiago de Compostela. Incluíu, sobre todo, información do concello e algúns artigos relacionados coa comarca do Val de Lemos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural editada en Ourense a partir de maio de 1985. Cesou a súa edición no segundo semestre de 1987 (nº13). Subtitulada “Información, creación e humor”, estaba dirixida por Xosé Manuel del Caño e Manuel Díaz Olleros. Nun principio tivo unha periodicidade mensual que logo pasou a ser bimensual e semestral. Malia que a maior parte dos seus textos se redactaron en galego, incluíu tamén algunhas colaboracións en castelán e portugués. A revista estruturouse en tres grandes bloques: o primeiro incluíu información cultural e literaria, o segundo creacións orixinais, e o terceiro humor gráfico. Ademais, dedicou algúns números monográficos a Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Castelao e Manuel María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bisemanal editado a partir de 1849 na Coruña. Fundado por Fernando Rubine e Faustino Domínguez, a través dos seus artigos tentaba revitalizar o sector pesqueiro en Galicia. Incluíu revistas de mercados europeos e americanos, e novas xerais e locais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.
-
-
Organismo constituído en 1969 dentro da Organización das Nacións Unidas. O seu obxectivo é financiar tecnicamente as políticas demográficas dos países en desenvolvemento. O seu financiamento provén das contribucións voluntarias dos estados e os seus programas son levados a cabo por estes, por outros organismos da ONU e por ONGs. Seguindo as metas e directrices formuladas na Conferencia Internacional de Poboación e Desenvolvemento (CIPD) de 1994, traballa en tres grandes programas: saúde reprodutiva, incluíndo a planificación familiar e a saúde sexual; estratexias de poboación e desenvolvemento, por medio da axuda na recolleita de datos e na realización de investigacións prácticas en materia de política de poboación; e promoción, coa defensa e promoción dos obxectivos da CIPD referidos aos servicios e dereitos produtivos, á prolongación da esperanza de vida, á redución da mortaldade infantil e materna, á redución da diferenza de escolarización entre nenos e nenas, ao fortalecemento da capacidade...
-
Que ten profundidade.
-
Que está situado ou penetra moi dentro.
-
Aplícase ao terreo que está máis baixo con respecto aos que o rodean.
-
Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.
-
Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.
-
Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.
-
-
Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.
-
Parte máis interna do escenario, onde tradicionalmente se adoita colgar un decorado ou unha cortina que vai de banda a banda.
-
-
...
-
-
-
Que ten profundidade.
-
Que está situado ou penetra moi dentro.
-
Aplícase ao terreo que está máis baixo con respecto aos que o rodean.
-
Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.
-
Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.
-
Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.
-
-
Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.
-
Parte máis interna do escenario, onde tradicionalmente se adoita colgar un decorado ou unha cortina que vai de banda a banda.
-
-
Espacio que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico, por medio de aparatos electrónicos de alta fidelidade, do ruído, normal ou anormal, que se produce durante o paso do sangue polo sistema arterial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico que se obtén mediante a fonocardiografía.
-
-
Relativo ou pertencente á fonografía.
-
Relativo ou pertencente ao fonógrafo.
-
-
-
Signo gráfico que representa unha soa realización fonemática.
-
Inscrición do son sobre un disco, obtida mediante a aplicación do método fonográfico en fonética experimental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo onde se conservan documentos sonoros de toda clase, en especial discos fonográficos e cintas magnetofónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Fonsagrada a partir de maio de 1989. Subtitulouse “Revista do concello da Fonsagrada”. Dirixido por José Gabriel Pacín López, a subdirección, edición gráfica e fotografía estaba coordinada por Manuel Fernández. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Progreso de Lugo e tiña unha tiraxe media de 3.000 exemplares. En xuño de 1990 (nº 3) modificou a súa estrutura. Incluíu información de carácter local referida á economía da zona, á historia, á situación dos grupos escolares e do ensino, ás infraestruturas coas que conta o concello, novas agrícolas, entrevistas e referencias á xeografía do concello.
-
-
Acción e efecto de formar ou formarse.
-
Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.
-
-
Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.
-
formación profesional
Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico, se ben a dimensión teórica, ou científico-técnica, está cobrando maior relevo como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico e da importancia das novas tecnoloxías. A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1992) contempla dous niveis fundamentais de formación profesional, os Ciclos Formativos de Grao Medio, que se cursan despois de rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, e os Ciclos Formativos de Grao Superior, que se cursan tras finalizar o Bacharelato. As titulacións agrúpanse en familias (química, imaxe persoal, actividades físicas e deportivas, actividades agrarias, informática, imaxe e son, etc), o currículo dos Ciclos Formativos organízase en módulos ou áreas de coñecemento, algúns deles transversais a diversas familias, e a súa duración vai das 1.300 ás 2.000 horas, e incorpora...
-
-
Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada. Caracterízase por unha composición litolóxica definida e a posibilidade de poder correlacionar diferentes sucesións estratigráficas. As formacións denomínanse polos nomes xeográficos da área de onde é típico o desenvolvemento da unidade.
-
Tipo de vexetación que vén definido pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado. Nesta vexetación o que destaca é o aspecto, non a composición florística.
-
-
Cada unha das formas características que veñen definidas polas posicións conservadas dos avións dunha escuadra ou as naves dunha flota nas súas evolucións.
-
Agrupación de soldados en parada ordenados en fileiras ou columnas.
-
-
...
-
-
-
Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.
-
-
Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.
-
formalismo kantiano
Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.
-
-
Corrente lingüística herdeira do estruturalismo, que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante é Louis Hjelmslev, do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, quen propón un enfoque formal para o estudo da linguaxe coñecido como glosemática. L. Hjelmslev leva o estruturalismo ás súas últimas consecuencias, ao delimitar o obxecto de estudo da lingüística ás formas como unidades abstractas, preconizando unha separación radical con respecto á súa base material, os sons no plano da expresión, e a realidade extralingüística no plano do contido. Tanto os sons como a realidade extralingüística formarían parte do que el denomina substancia, que quedaría fóra do campo de interese da lingüística. Segundo esta teoría, o único método de investigación válido é a introspección, é dicir, ao lingüista chégalle co seu propio coñecemento intuitivo e individual da lingua que estudia. En efecto, dado que non interesa o uso real da lingua, desprézase calquera intento de elaboración...
-
Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos, que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.
-
Tendencia creativa teatral na que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese. Debedora dos principios da arte pola arte, esta corrente comezou a coller forza no mundo teatral a partir das primeiras iniciativas do teatro total que formulara Richard Wagner, e das posteriores propostas simbolistas, nas que aspectos como a luz, a música ou o deseño do espazo escénico cobraban especial relevancia, e das indagacións das vangardas históricas. Non obstante , foi nos anos sesenta e setenta cando a investigación formal desenvolveu todas as súas posibilidades cos traballos de creadores como Jerzy Grotowski, Richard Foreman, Robert Wilson ou Jan Fabre.
-
Doutrina introducida polo matemático alemán David Hilbert que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas. Esta doutrina oponse ao loxicismo de Russel e Whitehead, e ao intuicionismo de Brouwer. Tamén se coñece co nome de axiomatismo ou axiomática formal, xa que, a partir duns axiomas iniciais obtéñense un conxunto de teoremas.
-
Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.
-
-
-
-
Forma establecida ou convencional para expresar ou realizar algo.
-
Expresión que se debe pronunciar para que ocorra algo determinado.
-
-
-
Forma establecida ou usual para redactar un documento. Baséase na utilización de frases feitas, para seren máis precisos e evitaren os erros. Coñécense diferentes fórmulas, entre outras, as visigóticas (615-620), as carolinxias (s VIII) e da chancelería papal (s XII). Coa influencia do dereito romano de Xustiniano, xurdiron novas fómulas substitutivas. Esta práctica constituíu a ars ditandi. Non obstante , o abuso das fórmulas produciu un recargamento do documento, a repetición de conceptos e un estancamento do dereito.
-
fórmula notarial
Esquema empregado polos notarios como base de redacción dun documento. Posteriormente chamáronse tamén formularios.
-
-
Forma ou medio de solucionar un problema.
-
-
Relación ou lista dos compoñentes de algo.
-
Prescrición que lle fai o médico ao enfermo sobre os medicamentos que debe tomar e a forma de administralos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de magnesio, de fórmula Mg2SiO4. Termo extremo da serie da olivina, de cor branca, tirando a un verde oliva. Ten dureza 7 e peso específico 3,2.
-
-
Protexer un lugar con construcións para defenderse do inimigo.
-
Dar a alguén ou a algo forza física ou resistencia.
-
Facer forte ou máis forte algo inmaterial.
-
Realizar construcións nun lugar para se protexer do inimigo.
-
Adquirir alguén ou algo forza física ou resistencia.
-
Facerse forte ou máis forte algo inmaterial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clorocarbonato de chumbo, de fórmula Pb2(CO)3Cl2. Cristaliza no sistema tetragonal. Os seus cristais poden ser prismáticos, tabulares e piramidais, a miúdo de moitas caras. É de cor branca, gris ou amarela. Ten unha dureza de 2-3 e un peso específico de 6,133.
-
-
Sistema de impresión en cores que utiliza os clixés correspondentes ás tres cores básicas e á cor negra.
-
Procedemento fotográfico que se emprega para reproducir os obxectos coas súas cores naturais.
-
-
-
-
Arte e técnica de obter, por medio da luz ou doutras radiacións electromagnéticas, e de substancias químicas, imaxes permanentes dun obxecto, sobre superficies convenientemente preparadas. Estas imaxes permanentes, chámanse, por extensión, fotografías. Os elementos imprescindibles para realizar unha fotografía son, esencialmente, o material sensible, a cámara fotográfica e o laboratorio fotográfico, que presentan características bastante variables. Segundo que o material sensible empregado permita a obtención de imaxes en cor ou simplemente en branco e negro, pódese falar de fotografía en cor e de fotografía en branco e negro, respectivamente. Unha toma de vista correcta, que ofrece unha imaxe clara e nítida, esixe unha serie de requisitos. Primeiramente, a elección dun material sensible adecuado aos resultados desexados; pódese escoller a presentación do material sensible (película, placa, disco, etc), o tipo de emulsión (película de branco e negro, de cor, instantánea), o tipo de película...
-
Artigos fotográficos.
-
-
Reprodución dunha imaxe mediante o procedemento da fotografía, especialmente a copia ou positivo. OBS: Nesta acepción adóitase empregar a forma foto.
-
Representación ou descrición de algo ou alguén que semella unha fotografía.
-
Fotografía vertical ou oblicua da superficie terrestre que se obtén dende un avión ou nave espacial. Tómase en bandas ou pasadas paralelas que se sobrepoñen para crear despois un mosaico.
-