"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a alguén unha gratificación.

    2. Compensar a alguén por un servizo ou favor prestado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Vigo en novembro de 1843. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gabriel Román e Xosé Araújo, foi probablemente o primeiro periódico de anuncios que houbo en Galicia. Trátase dunha folla gratuíta con diversidade de anuncios e que incluía algunha noticia local.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química.

    2. Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre unha cinta, disco fonográfico ou magnético ou outro soporte magnético, para poderen ser reproducidos despois.

    3. Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea.

    4. Quedar algo fixado na mente ou no ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que serve para medir a anomalía da aceleración da gravidade. Os gravímetros dinámicos baséanse na medida do período de oscilación dunha masa oscilante que se somete á forza da gravidade e a outra forza ou par antagónicos. Os gravímetros estáticos, que máis se empregan, baséanse na medida da posición de equilibrio dunha masa que se someten ás mesmas forzas.

    2. Tipo de aerómetro para determinar o peso específico dos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura complexa de triésteres de glicerina (triglicéridos). As graxas danse tanto nos vexetais coma nos animais; nos vexetais localízanse principalmente nos froitos e sementes, e nos animais superiores e no home deposítanse nunha capa baixo a pel, o panículo adiposo, e nos órganos profundos como un tecido especializado, o tecido adiposo. A acumulación da graxa cumpre dúas funcións, unha de reserva alimentaria, co dobre de valor calorífico ca os carbohidratos, e outra de illante térmico, función moi importante en animais que viven en climas moi fríos. As graxas naturais poden ser sólidas a temperatura ambiente se conteñen unha elevada proporción de ácidos graxos saturados, ou ben líquidos, se predominan os ácidos graxos insaturados, entón reciben o nome de aceites. As graxas teñen un alto valor calórico (9 cal/g) e son a fonte de vitaminas liposolubles (A, D, E e K) e de ácidos graxos poliinsaturados (vitamina F) que o home non pode sintetizar. Polo punto de fusión, distínguese entre aceites...

    2. Sucidade que queda na roupa debido ao contacto do corpo con ela.

    3. Substancia semisólida que se constitúe por unha mestura de aceites lubricantes con xabóns de catión metálico (calcio, sodio, litio, aluminio ou bario). As propiedades da graxa dependen da base metálica do xabón e da composición química dos ácidos graxos. Emprégase como lubricante contra a sucidade ou a corrosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cadmio, de fórmula CdS. Cristaliza no sistema hexagonal. Ten unha cor amarela ou alaranxada, unha dureza de 3-3,5 e un peso específico de 4,9. Preséntase en codias terrosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario republicano editado en Pontevedra a partir do 17 de xaneiro de 1901. Probablemente, cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 (nº 259). O 12 de xaneiro de 1902 (nº 103) pasou a ser semanal e modificou o seu subtítulo polo de “Semanario republicano de Pontevedra”. O seu director e fundador foi Xosé B. Juncal Romay. Incluíu artigos políticos, novas do concello e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso hidratado, de fórmula MnO(OH). Cristaliza no sistema rómbico, e os cristais aparecen en grupos comprimidos de cor negra. Ten dureza 4 e peso específico 4,14.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia formada principalmente por excrementos e cadáveres de aves mariñas. É moi rica en fosfatos e substancias nitroxenadas polo que se emprega como fertilizante. Encóntrase nalgunhas costas, especialmente na sudamericana do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos guaranís, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo guaraní.

    3. Pobo amerindio que no momento do descubrimento de América ocupaba a costa atlántica, e que, polo interior, se estendía ata os ríos Paraná, Uruguay e Paraguay. Dedicábanse á caza e á recolección. Organizábanse ao redor de familias extensas, que se consideraban descendentes dun antepasado común, e tiñan un xefe que se ocupaba de dirixilos na guerra e de arbitrar as familias cando tiñan conflitos entre elas. As familias extensas agrupábanse en aldeas, que eran as maiores unidades sociais. No s XVI foron sometidos pola monarquía hispánica ao réxime da encomenda, ou ben ao de reducións, que os xesuítas instalaron en Paraguay, S de Brasil e no N de Arxentina.

    4. Lingua do phylum amerindio da rama ecuatorial da familia tupí-guaraní falada polos guaranís de Paraguay, aínda que tamén se fala en zonas de Bolivia, Brasil e Arxentina. Ten recoñecemento oficial compartido co castelán en Paraguay. Dos seus trazos lingüísticos destacan a existencia de vocais nasais, que se sinalan na escrita con diéreses; o acento recae xeralmente na sílaba final; non fai distinción de xénero pero si de número (plural en -kuera); e os verbos non existen como raíz senón que se inician cun trazo de unión, que é o que esixe a presencia dun pronome persoal suxeito. Escríbese con caracteres latinos e algúns signos diacríticos.

    5. Unidade monetaria principal do Paraguay (G 1 ), dividida en 100 céntimos.

    6. Literatura cultivada en guaraní. En Paraguay, onde a política evanxelizadora dos antigos xesuítas e as súas reducións foron máis patentes, o proceso de alfabetización da poboación modificou a estrutura das literaturas orais. Dos libros publicados durante a colonización destacan Dicionario guaraní (1624), Vocabulario de la lengua guaraní (1624) e Tesoro de la lengua guaraní (1639).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte que serve de guía nunha procesión ou comitiva.

      1. Escrito en que se apuntan de xeito esquemático e ordenado unha serie de puntos ou ideas que serven de guía para un discurso ou exposición.

      2. Texto en que se expón o argumento e os detalles técnicos necesarios para o desenvolvemento dunha película ou dun programa de radio ou televisión.

    2. Signo ortográfico <->, en forma de raia horizontal, máis curto ca a raia <->, que se emprega en distintos usos.

    3. Parte do remo comprendida entre a cana e o puño, ou cando está armado, a que media entre o tolete e o puño, por onde se agarra para vogar.

    4. Signo que, colocado sobre unha nota, indica que esta debe sosterse en toda a súa duración (tenuto). No baixo cifrado significa a continuación da harmonía precedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desorde gastrointestinal producida por unha substancia antitiamínica (antivitamina B1), presente nas vísceras dos peixes, relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo de peixe mal cociñado. Son coñecidos os casos procucidos por unha especie do Báltico e de Canadá (Ictiobus cyprinellus). O máis característico desta enfermidade é a rabdomiólise ou destrución do músculo esquelético. Identificouse en Europa en 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome industrial dos derivados fluorados, bromados e clorados dos hidrocarburos que se empregan como líquidos extintores e frigoríficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de berilio, de fórmula Be2 (OH)(BO3). Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en cristais prismáticos, é incoloro, gris, branco ou amarelo. Ten dureza 7,5 e o seu peso específico é 2,36.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfocarbonato de potasio e sodio, de fórmula Na22 K(SO4)9 (CO3)2 CI. Cristaliza no sistema hexagonal. É incoloro, amarelento ou agrisado. Ten dureza 3-3,5 e o seu peso específico é 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á haplografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos tres xenios maléficos, fillas de Taumante e da oceánide Electra. De nome Aelo (ou Nicótoe), Ocípite e Celeno, represéntanse como mulleres aladas ou como aves con cabeza feminina e gadoupas afiadas. Crese que habitaban nas illas Estrofíades, no Mar Exeo; máis tarde Virxilio situounas no inferno. Dedicábanse a raptar nenos e almas.

    2. Muller malvada, perversa ou de mal carácter.

    3. Ave da orde das falconiformes, de 1 m de altura a femia e uns 70 cm o macho, coa cabeza e o pescozo gris, a parte inferior do pico, o abdome e as patas brancas, e o resto da plumaxe negra. Presenta unha crista sobre a noca que pode levantar a vontade. É silvícola e aliméntase de simios, guacamaios e mamíferos pequenos, animais que atrapa coas súas poderosas uñas que poden alcanzar os 7 cm de logo. O seu niño faino sobre as árbores a uns 20-40 m de altura do chan. Habita nas selvas húmidas e nos bosques de América, desde o S de México ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de manganeso, de fórmula MnS2. Cristaliza no sistema cúbico. É de color parda-vermella ou negra-parda e brillo metálico. Ten dureza 4 e peso específico 3,4-3,5.

    VER O DETALLE DO TERMO