"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aglomeración urbana de Manchuria, China, situada no sheng de Liaoning (1.270.000 h [estim 1985]). Situada no extremo meridional da península de Liaodong, está integrada polas cidades de Lüshun e Dalian. O seu desenvolvemento económico e demográfico iniciouse a finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na praza de España da cidade lucense. A primeira edificación data do s XVI e foi obra de Pedro Artigas. En 1708 comezou a construción do edificio actual, baixo a dirección de frei Gabriel de Las Casas, que remataron Lucas Ferro Caaveiro e Pedro da Silva en 1738. Reedificouse a fachada e conservouse a estrutura interna. A fachada organízase en dous corpos, o inferior que está formado por un conxunto de oito arcos de medio punto que conforman un soportal; e o corpo superior, situado sobre o anterior, está formado por ventás rectangulares e unha balconada. O conxunto remata cun corpo central que acolle o escudo real coroado por un frontón semicircular. A parte superior remata con pináculos situados entre volutas. Nas esquinas situáronse dúas torres xemelgas e no centro do edificio atópase a torre do reloxo de estilo neoclásico. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1972.
-
-
Relativo ou pertencente aos luváridos.
-
Peixe da familia dos luváridos.
-
Familia de peixes oceánicos, da orde dos perciformes, que presentan gran tamaño, corpo ovado e comprimido, ollos pequenos, boca pequena sen dentes e aleta dorsal curta. Son peixes solitarios que viven no Mediterráneo, Atlántico e Pacífico. O representante máis coñecido é o emperador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Palestina que corresponde á actual Lod. Fundada posiblemente polos hebreos, foi conquistada e destruída polas tropas de Vespasiano durante a Guerra dos Xudeus (68). Trala caída de Xerusalén e a destrución do Templo (70) converteuse en sede temporal de numerosos mestres hebreos. Reconstruída por Adrián co nome de Diospolis a comezos do s II, identificouse como o lugar de enterramento tradicional de san Xurxo durante o s IV e converteuse nunha importante sé episcopal no s V. Ocupada polos cruzados en 1099, foi o centro da devoción deste santo. Conquistouna Saladino (1191) e perdeu importancia despois de ser saqueada polos mongois en 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sexto e último estrato e idade do Cretáceo Superior e tamén do Mesozoico, situado entre o Campaniano e sobre o Daninano. O estratigráfico tipo atópase en Maastricht (Países Baixos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña anticomunista organizada en EE UU polo senador Joseph Raymond McCarthy (1950-1954). Intentaba descubrir e inhabilitar profesionalmente os sospeitosos de ser simpatizantes da ideoloxía comunista ou contrarios á política estadounidense. Numerosos políticos, escritores, científicos e artistas víronse afectados por esta campaña. OBS: Tamén se coñece como caza de bruxas.
-
-
Ferramenta para cortar coa folla e o mango máis grande ca a machada, que normalmente se agarra coas dúas mans. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.
-
Ferramenta de pedra ou de metal que se utilizaba enmangada, para cortar ou fender. Os máis antigos atopados son do Neolítico, de pedra pulimentada. Nas culturas pertencentes á Idade do Bronce en Occidente, houbo unha evolución tipolóxica con tipos específicos como o machado de alvado ou de cubo, propio no Bronce Final galego, que se caracteriza polo alvéolo no que entra o mango da ferramenta, ou o machado de tope ou talón, da mesma época, diferenciado polos aneis que facilitan a suxeición a un mango.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á macrografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Himno doutrinal estrófico, de metro variable, cun refrán que se repite despois de cada estrofa. Iniciado por Bardesanes (ss II-III), difundiuno Efrén de Nibisis (s IV) e empregouse no oficio divino da tradición siria. Influíu moito no Kontàkion bizantino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir do 1 de xaneiro de 1984. Cesou en 1987. Editada polo concello de Madrid, foi unha publicación vangardista que creou escola entre ilustradores e deseñadores gráficos. De periodicidade mensual, estivo dirixida por Felipe Hernández Cava.
-
-
Que ten cor escura.
-
Aplícase ás rochas magmáticas en que predominan minerais ricos en ferro e magnesio.
-
Persoa hábil e sen escrúpulos que emprega medios escuros para conseguir os seus fins.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cidades gregas do S de Italia que recibirion este nome desde o s II a C. A súa fundación produciuse durante o gran movemento colonizador grego, entre os ss VIII e VII a C, e aproveitou a situación estratéxica da Península Itálica no Mediterráneo e tamén as súas posibilidades agrícolas. Os colonizadores máis activos foron os de Calcis, que fundaron Cumas e Reggio, e os aqueos do Peloponeso que se estableceron en Síbaris, Crotona, Metaponte; pero tamén participaron outros pobos, como os espartanos e os locrios. Entre as colonias, Tarento e Síbaris acadaron un notable esplendor durante os ss VII e VI a C. A partir do s V tiveron que afrontar diversos ataques dos pobos veciños e organizáronse na Liga Italiota. A partir do s III a C foron sometidos por Roma. As colonias gregas de Sicilia e do S de Italia foron un dos principais centros de irradiación da cultura grega, e xurdiron así o pitagorismo e outros sistemas filosóficos, como a escola eleata, representada por Parménides. Moitas...
-
-
Calidade de grandioso ou magnífico.
-
Grandeza ou xenerosidade nos actos.
-
-
-
-
Que posúe unhas calidades excelentes.
-
Que posúe excelentes calidades intelectuais e morais.
-
-
Tratamento honorífico que se lle dá a persoas ilustres, en especial aos rectores das universidades.
-
-
-
Característica dun corpo que pode ser medida.
-
Importancia ou grandeza de algo.
-
-
Característica dun astro relativa á súa luminosidade, que consiste nun valor numérico que se atribúe arbitrariamente e que permite establecer unha clasificación comparativa. Xeralmente emprégase a magnitude aparente.
-
magnitude absoluta
Magnitude aparente que tería un astro se se situase a unha distancia de dez parsecs da Terra. A magnitude absoluta M relaciónase coa magnitude aparente m pola fórmula M = m + 5 log 10 D, onde D é a distancia do astro á Terra medida en parsecs.
-
magnitude aparente
Medida do fluxo luminoso que un observador terrestre recibe dun astro. Antigamente, Hiparco de Nicea clasificou as estrelas visibles segundo unha escala de magnitudes, que ía de 1 a 6. Actualmente, defínese a partir da lei de Pogson, de maneira que os valores da magnitude aparente así definida coinciden cos da escala antiga.
-
magnitude bolométrica
Magnitude aparente medida computando a enerxía total radiada polo astro, é dicir, as radiacións ultravioletas, visibles e infravermellas.
-
magnitude fotográfica
Magnitude aparente dun astro medida utilizando como detector unha placa fotográfica normal.
-
magnitude fotovisual
Magnitude fotográfica dun astro medida cunha placa fotográfica que ten unha sensibilidade comparable á do ollo humano para todas as lonxitudes de onda da luz visible.
-
magnitude visual
Magnitude aparente dun astro medida utilizando o ollo humano como instrumento de detección.
-
-
...
-
-
-
Absorción intestinal alterada.
-
Estado clínico que resulta dunha absorción alterada dos nutrientes no tramo do intestino delgado. Pode deberse a catro causas principais: por unha dixestión inadecuada (pancreatite crónica, síndrome de Zollinger-Ellison); por unha alteración do metabolismo dos sales biliares; por defectos xerais e específicos da mucosa do estómago que dificultan o transporte de nutrientes, e por unha obstrución das vías linfáticas intestinais. Os síntomas e signos máis comúns son: diarrea con esteatorrea, debilidade, anorexia, anemia (por falta de ferro, ácido fólico e vitamina B 12 ), hemorraxias (por falta de vitamina K) ou hipoglicemia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa a península de Malacca da illa de Sumatra. É a principal vía de comunicación entre o Océano Índico e o Pacífico.
-
-
malaisiano.
-
-
Relativo ou pertencente á península de Malacca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da península de Malacca.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo malaio.
-
Individuo do pobo malaio.
-
Pobo orixinario da rexión chinesa de Yunnan que se estendeu por Malaisia, Indonesia, Insulindia e as illas da Sonda entre o 2500 a C e 1500 a C. Ocuparon preferentemente as áreas rurais e practicaron o cultivo de arroz, a pesca e a gandería. A súa organización social estaba formada por clans e presentaba unha estratificación de tipo feudal.
-
-
Lingua da familia malaio-polinesia do phylum áustrico, que se fala en Malaisia, Indonesia e diversos lugares de Asia sudoriental. As primeiras inscricións datan do s VII, e encontráronse en Sumatra. É unha lingua comercial e de uso xeral nas comunicacións da rexión do Pacífico e nalgunhas zonas da India, mantén unha gran coherencia debido á súa simplicidade. Sérvese de dúas escrituras: a xavanesa, adaptación do alfabeto árabe que foi introducido no s XIII debido á penetración da relixión e a cultura islámicas, e a escritura latina, introducida polos colonizadores europeos. Ten unha estrutura morfolóxica aglutinante, con numerosos préstamos do árabe, do portugués, do persa, do neerlandés e do sánscrito.
-
Literatura desenvolvida en lingua malaia, nos actuais estados de Malaisia e Indonesia. A súa literatura tradicional e popular desenvolveuse en prosa e verso. Os primeiros versos apareceron ao redor de 1350. Posteriormente destacan Hikayat Raja-Raja Pasai (Historia do raxá de Pasai) e Sějarah Mělayu (Anais malaios), do s XV, obra principal nesta literatura. Co tempo apareceron as formas estróficas sha’er, clásica e libre, cultivadas cara ao s XIX, e o pantum, máis regular, que se cantaba a miúdo acompañado de instrumentos. Recibiu influencias do budismo e do hinduísmo, e, máis tarde, do Islam. O primeiro prosista moderno foi Munshi ‘Abdullah (1796-1854). Muhamnad Yamin (1903-1962) foi o introdutor do soneto en Indonesia.
-