"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Enfermidade infecciosa endémica producida por protozoos do xénero Plasmodium e transmitido ao home pola picadura de mosquitos infectados do xénero Anopheles. No home, as catro especies que a poden transmitir son Plasmodium vivax (malaria terciana), P. malariae (malaria cuartá), P. falciparum (malaria cerebral) e P. ovale (malaria oval).
-
Septicemia aguda ou crónica dos animais de pé redondo, orixinada por un virus específico e caracterizado por unha febre recorrente. OBS: Tamén se denomina anemia infecciosa dos cabalos.
-
-
-
Calidade de maléfico.
-
Hábito ou costume de causar mal.
-
-
-
Que inflúe de maneira prexudicial sobre algo ou alguén.
-
Que ten a capacidade de causar dano mediante maleficios.
-
Que é resultado dun maleficio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento bélico que tivo lugar en 1982 entre Reino Unido e Arxentina, por causa da soberanía sobre illas Malvinas, de titularidade británica desde 1833. As illas tiñan un interese estratéxico por ser escala do tráfico marítimo entre o Atlántico e o Pacífico. No aspecto militar, Reino Unido gañou o conflito, e no aspecto político provocou unha crise interna en Arxentina que implicou a caída da ditadura e a instauración no poder de Raúl Alfonsín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal helofítica constituída basicamente por mangleiros e especies leñosas similares, propia da banda intermareal dos litorais planos e lamacentos da zona intertropical, sobre todo no Pacífico, pero tamén no Atlántico e no Índico.
-
-
Representación gráfica plana da superficie da Terra ou de parte dela, atendendo a unha escala e a unha proxección determinada. A elaboración de mapas é obxecto da cartografía, e está orientada cara a xeografía e a navegación mariña e aérea. Os mapas elabóranse a escala para resolver os problemas de dimensións. Poden ser a grande escala, entre 1:200.000 e 1:10.000, empregados en grandes coberturas; a mediana escala, entre 1:200.000 e 1:1.000.000; e a pequena escala, de 1:1.000.000, que representan conxuntos de países, estados e continentes. A complexidade da realidade que pretende representar fai que todo mapa leve unha lenda que simplifique os datos mediante a selección da información e o emprego de símbolos convencionais. Segundo o que representen, distínguese entre mapas topográficos, que plasman a estrutura físico-política da Terra, e mapas temáticos, que representan aspectos monográficos, como mapas xeolóxicos, climáticos ou demográficos.
-
Diagrama no que se indica o futuro destino de cada unha das partes do embrión.
-
Mapa sen lenda.
-
Diagrama que representa a posición dun xene no cromosoma. O mapa cromosómico constrúese a partir das frecuencias de entrecruzamento e da observación das aberracións cromosómicas. Canto maior é a frecuencia, máis próximos están os xenes, e viceversa. A unidade de distancia denomínase morgan. OBS: Tamén se denomina mapa cromosómico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introdución xeneralizada, progresiva e a grande escala, das máquinas no proceso de produción. A Revolución Industrial significou un cambio moi forte das formas de produción de bens, pois introduciu o uso xeneralizado de artefactos mecánicos que conseguiron aforrar man de obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formato bibliográfico susceptible de ser tratado por ordenador, desenvolvido pola Library of Congress de EE UU en 1966. É un intento de definir unha fonte estándar de información bibliográfica que permita o intercambio e a manipulación no ámbito internacional. Despois de mellorar o formato inicial apareceu o MARC II (1968). Estrutúrase segundo campos que poden almacenar máis de 500 informacións sobre unha soa obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra as variacións do nivel do mar nas distintas horas do día, especialmente as que se deben ás mareas. Está formado por un flotador acoplado á pluma dun rexistrador que debuxa sobre un gráfico as variacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Penitente. Personaxe do Novo Testamento, foi discípula de Xesús Cristo, a quen acompañou ata a súa morte na cruz e foi a primeira persoa que anunciou a súa resurrección. A tradición medieval occidental identificouna coa pecadora arrepentida que perfumou os pés de Xesús Cristo na casa de san Simón, citada nos Evanxeos de san Lucas, san Mateo e san Marcos. Discútese se María de Magdala, María de Betania e a pecadora anónima eran esta mesma santa. É a personificación das bágoas do arrepentimento. Na iconografía existen dúas tipoloxías: a Madalena cortesá de gran fermosura e sensualidade que, vestida con ricos vestidos, leva na man un vaso de perfume para lavarlle os pés a Xesús Cristo; e a Madalena penitente, xeralmente núa, co corpo cuberto por unha longa cabeleira, e que leva nas mans un cranio, un rosario e unha coroa de espiños. A súa festividade celébrase o 22 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión do Océano Pacífico que constitúe un estreito arco que se estende de L a S do arquipélago das Marianas. Ten unha profundidade de 10.960 m, a máis profunda que se coñece.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto do litoral atlántico galego, situado en augas abrigadas da ría de Pontevedra e que goza dunha estratéxica localización no centro xeográfico do Eixo Atlántico. O seu privilexiado emprazamento ofrece unha óptima entrada a Europa, xa que dispón de boas comunicacións que garanten un rápido transporte tanto ferroviario como por estrada. É o motor económico da zona e o terceiro de Galicia en importancia, despois de Vigo e A Coruña. Destaca como centro loxístico de distribución de grans agroalimentarios para o S de Galicia e o N de Castela-León. Dentro das operacións portuarias destacan as de grans sólidos, a terminal de contedores, as de pasta de papel, madeira e cemento, a terminal de froitas e a pesca fresca e conxelada.
-
-
Que ou quen marxina.
-
Regulador de marxes, nas máquinas de escribir.
-
Dobre regra con escadra e móbil, articulada nun taboleiro, que serve para suxeitar o papel fotográfico na posición correcta durante a tiraxe das copias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
a Vella Igrexa situada en Maside. De estilo románico, foi construída entre finais do s XII e principios do s XIII. Ten planta rectangular e unha soa nave separada da ábsida por medio dun arco toural de medio punto ornamentado con outro arco, que descansa sobre dúas columnas acaroadas e cos capiteis decorados. Durante a restauración do templo descubriuse unha arcada similar á anterior e atopáronse na ábsida pinturas murais do s XVI de estilo renacentista. A fachada ten portada románica con dous pares de columnas de fustes lisos e capiteis zoomórficos. As arquivoltas son sinxelas e o tímpano liso. No edificio destacan os numerosos relevos nos capiteis e nos muros, tanto do exterior como do interior. O templo foi igrexa parroquial ata 1910, cando se construíu a igrexa de San Tomé de Maside a Nova.
-
-
Dar carácter de masa a un grupo de persoas.
-
Pasar algo a ter carácter multitudinario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fotográfico formado por imaxes de José María Massó (1899-1981), E. Barreiro, X. Pacheco, Sánchez Ocaña e os irmáns Sarabia. Composto de numerosas imaxes de África, destacan tamén as fotografías de acontecementos familiares, retratos de amigos e parentes, e de diversas actividades lúdicas, ademais das súas visitas a países europeos. A elas hai que sumar outras moitas de carácter máis etnográfico e económico relacionadas co mundo do mar.
-
-
-
útero.
-
Materia básica que ten capacidade xeradora e formadora.
-
matriz da uña
Zona de crecemento da uña que se sitúa na parte posterior da derme subungular e que comprende a lúnula e a raíz da uña.
-
matriz do pelo/do cabelo
Raíz epidérmica do folículo piloso.
-
matriz ósea
Substancia intersticial calcificada que constitúe a masa do óso.
-
-
-
Molde que dá un modelo para a forma ou o relevo.
-
matriz de curvar
Matriz constituída por dúas pezas, unha exterior e metálica e outra interior e de goma, que se emprega para curvar recipientes metálicos.
-
matriz de embutir
Conxunto de pezas coas arestas romas onde unha delas, o punzón, queda dentro da outra. Colócase entre ambas as dúas pezas da prancha metálica que se quere embutir.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á mecanografía.