"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Doutrina filosófica que non admite nada exterior ou superior á natureza como conxunto da realidade existente, e que, consecuentemente, intenta comprender todas as cousas segundo as leis naturais, sen recurso a ningún principio transcendente. Aínda que por definición se opón a todo o que sexa sobrenatural, non quere dicir que se opoña ao espiritual, e neste sentido hai que distinguilo do puro positivismo. Destacou John Dewey.

    2. Tendencia artística que representa o realismo máis libre, a nivel de técnica e temática. É contraria ao idealismo e ao simbolismo. Émile Zola empregaba esta denominación para falar do impresionismo.

    3. Escola literaria que naceu en Francia ao redor de 1880 e que se manifesta, sobre todo, na novela e no teatro. Despois de 1850 a difusión do positivismo e o entusiasmo polos estudos científicos conduciu os novelistas a utilizar os métodos das ciencias experimentais e aceptar a tese de Taine: o home sométese ao determinismo universal, os sentimentos e os caracteres son rigorosamente predestinados, e unhas leis, especialmente as da herdanza, rexen o contexto literario. A novela non é máis ca unha parte da historia natural e o escritor ten que usar os métodos da nova ciencia: observación e experimentación, tendo como obxectivo a reprodución da realidade cunha obxectividade perfecta en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes como nos máis vulgares. E. Zola deu as normas da nova escola no Roman expérimental (1880), no Naturalisme au théâtre (1881) e nos Romanciers naturalistes (1881), resumindo as bases teóricas da novela realista no estudo do temperamento e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalódopos, da familia dos nautílidos, que teñen unha cuncha externa, enroscada sobre o dorso, da que só son visibles as dúas últimas espiras, que cobren as máis internas; a última cámara é a que alberga o animal. Presenta unha gran cantidade de tentáculos sen ventosas, moi poucos contráctiles, e un par de ollos grandes, situados no extremo duns curtos pedúnculos. A natación débese á contracción do sifón e á retracción do corpo, de tal xeito que emite un chorro de propulsión. Son epibentónicos e móbiles. Está activo de noite e repousa de día, en posición vertical, coa cuncha cara a arriba. Aliméntase de crustáceos e pode atoparse en augas frías desde a superficie ata uns 600 m de profundidade, no O dos océanos Pacífico e Índico. As especies presentes na actualidade son N. pompilius, N. belauensis, N. macromphalus e N. stenomphalus, que son coñecidas comunmente baixo o nome de náutilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México, situado entre a Sierra Madre Occidental ao L, o Pacífico ao O e a cordilleira Neovolcánica ao S (26.979 km2; 920.185 h [2000]). A súa capital é Tepic. O seu relevo é montañoso e acada as máximas altitudes na cordilleira Sur (Sanjuán, 2.300 m; Ceboruco, 2.164 m). A economía baséase na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha migmatítica que está formada por elementos metamórficos que van perdendo a estrutura ao pasar a zonas de aspecto granítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida que tomaban os deuses gregos e que lles proporcionaba a inmortalidade. Na época máis antiga non se diferenciaba entre o néctar e a ambrosía, pero máis tarde, o néctar foi considerado bebida e a ambrosía alimento. Finalmente, identificouse o néctar co hidromel ou o mel.

    2. Bebida de sabor agradable que se elabora a base dunha mestura de zumes de froitas pulposas, auga e azucre.

    3. Líquido azucrado que segregan moitas plantas a través dos nectarios e que atraen aos insectos e aos paxaros nectarívoros, responsables da súa polinización e que constitúe a base do mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).

    3. Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.

    4. Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...

    5. Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...

    6. Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...

    7. Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para examinar clixés radiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao comercio de escravos negros.

      2. Que ou quen se dedicaba ao comercio de homes de raza negra. Esta denominación correspondeu aos traficantes musulmáns e europeos que, entre os ss XVI e XIX, abastecían as plantacións americanas de man de obra africana. Desapareceron coa abolición do tráfico de escravos no s XIX.

    1. Que ou quen trata aos seus subordinados de maneira despótica, como se fosen escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar continental anexo ao Mediterráneo (400.000 km2). Esténdese entre Europa e Asia, limitado polos territorios de Rusia, Ucraína, Xeorxia, Romanía, Bulgaria e Turquía. Comunica co Mediterráneo polo Bósforo, o mar de Mármara e os Dardanelos e co mar de Azov polo estreito de Kerč’. As costas meridionais son xeralmente rochosas e escarpadas, mentres que as do N, pola contra, son areosas e chás, en particular entre a península de Crimea e a desembocadura do Danubio. Polo sector N esténdese unha vasta plataforma continental, con profundidades inferiores aos 100 m; cara ao centro e ao S a profundidade aumenta ata os 2.240 m de máximo. Durante o Plioceno (Terciario) e ao comezo do Cuaternario, os movementos tectónicos que afectaron á área dos estreitos unírono co Mediterráneo. Os portos principais son Odessa, Sebastopol (base naval), Burgas, Varna, Trebisonda, Zonguldak e Samsun. A pesca é importante na plataforma continental. Na Antigüidade os gregos chamárono mar inhospitalario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica que xurdiu en Roma no s XIX, e que supuxo un retorno aos grandes clásicos medievais, sobre todo a santo Tomé de Aquino. O seu fin foi o de poder polemizar máis convincentemente cos novos movementos filosóficos. Como unha restauración da escolástica, e máis particularmente do tomismo, foi alentada por León XIII a través da encíclica Aeterni Patris (1879). Esta renovación deu pé á creación de importantes centros filosófico-teolóxicos en Lovaina, Milán, Friburgo e París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico estendido, a finais do s XIX e comezo do s XX. Representou un retorno ao pensamento de Hegel, interpretado primordialmente como un pensador romántico. Estendeuse sobre todo por Inglaterra, grazas a F. H. Bradley, e por Italia, grazas a B. Croce e G. Gentile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase da Prehistoria que segue ao Mesolítico. Supón a fase do desenvolvemento económico e técnico de certas sociedades, en que se consegue substituír as formas de subsistencia depredadoras do Paleolítico por unha economía de produción. Ata este momento o home vivía da caza, a pesca e a recolección. O descubrimento de medios para controlar e desenvolver estas fontes, a agricultura e a domesticación de animais, modificou profundamente a vida do home e converteuno en sedentario. Instalouse primeiro en pequenos poboados, que nas zonas propicias deron pé ao nacemento do urbanismo. A súa orixe estivo na explotación intensiva de certas plantas e certos animais, nas áreas axeitadas en que estes recursos se encontran en estado salvaxe. Hai diversos centros en que, independentemente, xorden estas novas formas de vida. O Próximo Oriente e a Península Balcánica, entre o VIII e o VII milenios a C e Mesoamérica entre o III e o II milenio a C, constituíron centros primarios de aparición do Neolítico, desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico-relixioso que floreceu en Alexandría e que se desenvolveu do s I a C ao s II. As súas caracerísticas son a crenza nunha relixión astral, na arte da adiviñación, na harmonía das esferas e na metempsicose. Canto á moral, establece unha separación estrita e antitética entre o Ben (Deus e alma) e o Mal (a materia e o corpo). Os seus principais representantes foron Apolonio de Tíana (s I) e o Pseudo-Hermes Trimexisto (s III). A súa influencia foi notable en Roma durante o s I a C a través das obras de Varrón e Nixidio Figulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se desenvolveu entre os ss II e IV. Na súa historia distínguense tres épocas: a romana, representada por Plotino e Porfirio; a siria, por Xuliano o Apóstata, e a ateniense, por Proclo e Damascio. Plotino, considerado o fundador da escola, estruturou un pensamento que era asemade unha prolongación do platonismo e unha creación autenticamente súa. Representou o punto máis alto da elaboración do pensamento filosófico-relixioso do momento, segundo o que todo provén de Deus e todo torna a El gradualmente. O afastamento do Un e da simplicidade absoluta supón unha degradación cara ás sombras. Este proceso componse de tres graos: o Intelecto, a Alma universal e o mundo corpóreo que se caracteriza polas tebras e o mal absoluto. A materia é o último grao do descenso, pero representa a un tempo o inicio do retorno, posto que a alma constitúe o ser verdadeiro de todo o que vive, tendo por natureza a unidade superior da que provén. No caso de que, ferida de orgullo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente artística que xurdiu a comezos da década de 1960 como reacción contra o expresionismo abstracto. O termo inclúe tanto as tendencias da figuración naturalista como o emprego de imaxes procedentes dos medios de comunicación e de ensamblaxes.

    2. Doutrina propugnada en 1912 por un grupo de filósofos norteamericanos reunido en torno a W. P. Montague, para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.

    3. Movemento cinematográfico italiano que xurdiu en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e o réxime fascista, e que durou, aproximadamene ata 1952. Esta corrente inaugurouse con Roma, città aperta (1945), de Roberto Rossellini, e adoptou un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, conseguidos coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares. O neorrealismo produciu obras como Paisà (1946), de Rossellini; Ladri di biciclete (1948) e Miracolo a Milano (1950), de De Sica; La terra trema (1948), de Visconti e Riso Amaro (1949), de De Santis. Ademais dos autores citados, inscríbense dentro do movemento neorrealista outros como Luigi Zampa, Alberto Lattuada, Pietro Germi, Renato Castellani, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini.

    4. Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación extremadamente analítica, introspectiva, crúa e dramática das convencións da vida burguesa e da vacuidade e a insatisfacción da existencia. Comprende a produción de escritores que practicaron unha narrativa apartada da lírica, resolta nos personaxes, os ambientes e as situacións (A. Moravia, F. Iovine ou C. Bernari), e tamén a dos que son esencialmente líricos e van na procura da creación de atmosferas suxestivas (E. Vittorini, C. Pavese, V. Pratolini, P. A. Quarantotti-Gambini ou R. Bilenchi).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino neotropical.

    2. Reino bioxeográfico que inclúe as rexións tropicais e subtropicais de América. A vexetación é de pluvisilvas ecuatoriais e formacións xerófilas tropicais, que son moi variadas e comprenden bosques claros, sabanas, matogueiras e formacións esteparias. Tamén hai deserto, cunha vexetación especialmente adaptada. En canto á flora, este reino está subdividido en rexións: caribe, brasileira, arxentina, andina e a Güiana venezolana. A fauna presenta moitos grupos endémicos, como os mamíferos xenartros. En Galápagos encóntranse especies primitivas de iguanas e tartarugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subperíodo ou subsistema superior do Terciario, que abrangue o Mioceno e o Plioceno. O clima arrefriou nel progresivamente, o que determinou as numerosas migracións na fauna continental e a paulatina desaparición do estreito de Bering, polo que Eurasia ficou unida a América do Norte. Tamén, probablemente, o estreito de Xibraltar se converteu en istmo. Durante o primeiro período do Neoxeno a comunicación entre as dúas Américas foi difícil, pero posteriormente ficaron xa permanentemente unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano do mar que se identificou co deus grego Posidón. Representábase como un home nu con barba que sostiña un tridente, e que ía enriba dunha carruaxe tirada por cabalos mariños e acompañado por tritóns, ou ben montado nun golfiño ou sentado enriba dunha áncora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza electromotriz creada nun medio cando un fluxo calorífico atravesa perpendicularmente as liñas de forza dun campo magnético. Esta forza, denominada tamén termoelectromotriz, ten unha dirección perpendicular ao plano formado polo fluxo calorífico e o campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente pictórica alemá que se desenvolveu durante a República de Weimar (1918-1933), que significou un retorno ao realismo, froito da resignación e do cinismo propios do período de entreguerras. Contrario ao espiritualismo e á abstracción, os seus integrantes manifestaron a súa imposibilidade para eludir a crueldade e a dureza que viviron durante a Primeira Guerra Mundial, e desenvolveron na súa obra un labor de crítica social. Os seus representantes máis destacados foron George Grosz, Christian Schad e Carl Grossberg no foco berlinés, Otto Dix en Dresden e Hans Mertens en Hannover.

    VER O DETALLE DO TERMO