"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Drama que está concibido para ser representado con texto cantado (libreto), acompañamento orquestral e os elementos escénicos habituais do teatro (decorados, vestiario), e que adoita ir precedido dunha introdución instrumental (abertura). Os seus antecedentes remóntanse á aparición no s XV da Commedia dell’Arte, farsas populares que mesturaban elementos teatrais, danza e música. O impulso definitivo cara á creación da ópera provén do grupo Camerata Fiorentina, formado por poetas e músicos que idearon as primeiras obras, Dafne (1597) e Euridice (1600), ambas as dúas de I. Peri; Euridice (1602) de Caccini e, sobre todo, o Orfeo de Monteverdi (1607). O espectáculo estendeuse con rapidez por Roma e Venecia, onde en 1637 abriu o primeiro teatro público dedicado á ópera, que fixo popular un evento tradicionalmente nobiliario. Venecia dispuxo de novas óperas de Monteverdi e de autores como P. F. Cavalli, G. Legrenzi e G. B. Lulli, que lle deu unha forma peculiar...

      2. ópera ballet

        Drama cantado en que se inclúen extensas partes de ballet. Ideado por André Campra (L’Europe galante, 1697), o xénero foi cultivado sobre todo por J. P. Rameau (Les Indes galantes, 1735).

      3. ópera bufa

        ariedade de ópera cómica que xurdiu en Italia como versión máis popular, tanto pola música como polo seu argumento e personaxes, da ópera seria, que era habitualmente de tema mitolóxico ou histórico. A ópera bufa xa apareceu no s XVII, aínda que se xeneralizou coa escola napolitana e como xénero oscila entre a farsa e unha forma intermedia denominada opera semiseria. No s XIX comezou a desaparecer.

      4. ópera cómica

        Tipo de ópera de música máis lixeira e cun texto maioritario ou totalmente cantado. O seu ton é máis intranscendente, popular ou cómico ca o da ópera seria. Xurdiu no s XVIII á beira desta, e estaba destinada a un público máis sinxelo. En Francia, a opéra comique orixinouse en farsas musicais e vaudevilles. En Alemaña tamén apareceu un tipo de ópera cómica, o singspiel; en Inglaterra foi cultivada por autores como W. Shield e, no s XIX, por A. S. Sullivan.

    1. Xénero que está constituído por este tipo de obras.

    2. Teatro onde se representa a ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idea ou xuízo que se pensa sobre algo ou alguén.

      1. Concepto que se ten dunha cousa cuestionable.

      2. Tipo de coñecemento, que se sitúa entre a ciencia (episteme), o coñecemento propiamente verdadeiro, e a ignorancia (agnoia), que implica un xuízo sobre a aparencia. Está vinculado intrinsecamente á doutrina platónica do mundo intelixible, en contraposición ao mundo da realidade sensible, e no concepto filosófico de opinión (doxa) queda sempre aberta a posibilidade de que a afirmación contraria sexa a verdadeira.

      3. opinión pública

        Estado de consciencia colectiva dunha comunidade que pode ser (ou non) areposta a un feito-estímulo determinado. O coñecemento da opinión pública foi un sistema eficaz de orientación da propia política e a posibilidade de controlala é un factor aínda máis prezado. A redefinición do concepto relacionouse con boa parte dos estudos sobre os efectos sociais da comunicación de masas, co control dos medios de información e coa existencia de monopolios.

      4. opinión teolóxica

        Doutrina teolóxica que non foi aceptada como dogma nin como artigo de fe e que tampouco corresponde ao maxisterio eclesiástico, aínda que adoita ir ligada, como explicación ulterior dun punto concreto, a algunha doutrina recoñecida oficialmente.

    2. Concepto que se ten dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir de novembro de 1886. Editado nos obradoiros tipográficos Galaica, foi dirixido por Luciano Cid Hermida. Saíu dúas veces á semana (mércores e sábado) e incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou un grande interese polos problemas do campesiñado en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á opistografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de opoñer(se) ou opor(se).

    2. Antagonismo entre dous elementos.

    3. Disposición dunha cousa fronte a outra.

      1. Organización ou organizacións que loitan contra os que teñen o poder político para conseguilo por  medios pacíficos ou violentos. Nos réximes de democracia parlamentaria a oposición é legal.

      2. oposición extraparlamentaria

        Oposición contraria ao sistema de democracia parlamentaria que non participa nas eleccións lexislativas ou que non obtén presenza no parlamento.

    4. Procedemento de selección de funcionarios que consiste en facer unha serie de exercicios orais ou escritos que proben a suficiencia dos aspirantes a unha cátedra ou a un cargo oficial e os clasifique segundo a puntuación obtida.

    5. Relación entre dous conceptos, dous membros ou dous aspectos, en que un deles é a negación do outro ou posúe unha calidade que non pode darse simultaneamente coas do outro. Tradicionalmente fíxose distinción entre oposición por contradición (ser e non ser), oposición por privación (visión e cegueira), oposición por contrariedade (virtude e vicio) e oposición relativa (pai e fillo). A diferenza da tradición occidental, a filosofía moderna, a partir do idealismo, afirmou, baseándose no concepto de devir e substituíndo a idea de identidade pola dialéctica, que o real (e, polo tanto, o pensamento) inclúe sempre a oposición (tese e antítese) e que na síntese dos seus extremos está a forza progresiva e procesual da realidade.

      1. oposicións fonolóxicas

        Relación que existe entre todos os elementos homoxéneos dun sistema lingüístico (fonemas, formas, funcións, significados, etc) para constituír un equilibrio e, polo tanto, para ser diferenciados. Entre dous ou máis fonemas posicionalmente conmutables dunha lingua dada, a conmutabilidade consiste en examinar se estes fonemas teñen a capacidade de cambiar o significado dunha secuencia ao permutarse en contextos idénticos. Así, pode dicirse que en galego /p/ e /m/ se opoñen dado que existen parellas de expresións, como pan e man, capa e cama, mata e pata, que se distinguen semanticamente pola permutación destes segmentos. Neste sentido, un fonema é un segmento mínimo funcional, é dicir, opoñible polo menos a outro segmento mínimo. A determinación, clasificación e xerarquización de todas as oposicións entre os fonemas dunha ou máis linguas é competencia da fonoloxía. No plano dos significados, por exemplo, a palabra calor...

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á oración.

    2. Libro litúrxico que contén as oracións utilizadas na celebración do oficio divino. No rito hispánico existen oracionais festivos e oracionais salmográficos, formados coas colectas do oficio feiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade secreta creada en 1794 polos presbiterianos do Ulster, para combater cos católicos e facerse valer ante o Reino Unido. A emancipación dos católicos outorgada en 1829, significou o seu declive e disolveuse ante a oposición do goberno inglés (1836). Máis tarde reapareceu, con organizacións filiais en Reino Unido e EE UU, pero desfíxose a comezos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos primates, o menos antropomórfico de todos os pónxidos, que pode alcanzar os 2 m de altura, cos membros anteriores desproporcionadamente longos, os pés articulados oblicuamente coa tibia e case todo o corpo cuberto de pelo longo e avermellado. Os machos presentan na gorxa, nos lados da cara e nas axilas, unhas protuberancias adiposas en forma de saco. É un animal pacífico e solitario, que pasa a maior parte do tempo nas árbores e só baixa en casos de extrema necesidade. Ten unha dieta vexetariana, e habita nas selvas densas e húmidas de Borneo e Sumatra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de expresarse, de falar en público, en tanto que se estuda a súa actuación práctica, as manifestacións históricas e a evolución a través das diferentes épocas, pobos e oradores. Difundida tamén como xénero literario, a oratoria comprende os discursos elaborados segundo as regras da retórica, que, á súa vez, se divide nas partes da inventio, ordo ou dispositio, elocutio, memoria, pronunciatio, declamatio ou actio. Segundo os principios da oratoria, un bo discurso debe conter un exordium, unha narratio, a argumentatio e un epilogus ou peroratio. En Grecia, os primeiros testemuños indirectos xorden das obras dos historiadores do s V a C, como Herodoto ou Tucídides. Posteriormente, mentres Lisias fixaba a oratoria xudicial, Isócrates, Demóstenes e Esquines poñían as bases da futura elocuencia romana. En Roma, a época de ouro da arte oratoria correspondeu ao período republicano, cando apareceu a gran figura de Cicerón. Na idade imperial, a nova oratoria creada nas escolas de retórica mostrouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disposición regular de varias persoas ou cousas no espazo ou no tempo, unhas en relación coas outras.

      2. orde de batalla /

        Disposición en que se ordenan os barcos dunha escuadra en combate e que varía segundo o tipo de barcos e o seu armamento.

    1. Sucesión metódica que segue cada un dos elementos dun conxunto segundo unha determinada regra ou criterio.

    2. Desenvolvemento normal e regular dunha actividade, sistema ou entidade.

    3. Sistema ou procedemento que se segue ao realizar unha actividade.

      1. Categoría ou clase en que se clasifican as persoas, os animais ou as cousas.

      2. Clase ou categoría social.

      3. Categoría taxonómica de rango inferior á clase e superior á familia.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de ordenar ou ordenarse.

      2. Programación e planificación dos recursos económicos, espaciais e humanos nun territorio xeográfico concreto, que se realiza co obxecto de conseguir unha utilización eficaz dos mesmos.

      3. ordenación do territorio /

        ordenación do territorio.

      1. Disposición de diversos obxectos, elementos ou partes dun todo segundo un criterio determinado.

      2. Composición xeral dun cadro.

      1. Acción litúrxica pola que o bispo confire o sacramento da orde. Fíxose normalmente coa imposición das mans sobre o ordenando, e invocando a graza do Espírito Santo. A Igrexa Latina medieval enfatizou a traditio instrumentorum ou entrega dos obxectos sagrados (cáliz e patena). O ritual romano da ordenación de bispos, presbíteros e diáconos reformouse en 1968.

      2. cuestión das ordenacións anglicanas

        Problema que suscitou o achegamento de moitos pastores anglicanos á Igrexa Católica, arredor do movemento de Oxford, referido á posible validez das ordenacións de Eduardo VI de Inglaterra, recollidas no seu Ordinal. Estas foron declaradas nulas por Paulo IV (1555) e por León XIII, que proclamou a súa invalidez na bula Apostolicae curae (1896). O tema volveu tratarse nas conversas de Malines (1921), sen acadar ningún acordo. É unha materia de estudo no ámbito do ministerio da Igrexa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ordena.

    2. Dispositivo capaz de resolver problemas ao facer operacións aritméticas e lóxicas cos datos de entrada e producir datos de saída. Modernamente, os ordenadores son dixitais, cuxos sinais de voltaxe e de corrente representan sinais físicos, se ben no pasado, os ordenadores electrónicos analóxicos tiveron certa importancia en simulación. O proceso de dixitalización consiste en converter os sinais e os datos á súa representación numérica no sistema binario.
      Os precursores
      O primeiro ordenador dixital electrónico, terminado en 1939, foi deseñado polos enxeñeiros estadounidenses J. Atanasoff e C. Barry na University of Iowa. O seu prototipo pesaba 300 kg, tiña 300 tubos electrónicos e empregaba o sistema binario de numeración. Entre 1943 e 1946, os estadounidenses J. Mauchly e J. Eckert baseáronse nas ideas de Atanasoff e deseñaron o ENIAC, o primeiro programador de uso xeral, para o cálculo de traxectorias balísticas, que pesaba 30 toneladas, consumía 140 kW, ocupaba 150 m...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado na rexión do Pacífico (251.419 km2; 3.421.399 h [2000]). A súa capital é Salem. Limita co estado de Washington ao N, co de Idaho ao L, Nevada e California ao S e co Océano Pacífico ao O. Preto da costa érguese a Cordilleira da Costa, separada da Cascade Range pola depresión de Portland e Albany. Nos vales do Willamette e do baixo Columbia, atópanse as principais áreas agrícolas, con cultivos de forraxe, millo, patacas, froitas e verduras. Ademais, explota racionalmente bosques de abeto de Douglas para a fabricación de pasta de papel. A conurbación de Portland-Vancouver (Washington) forma a principal área urbana. Habitada por tribos atapascanas ou salish, Bartolomé Fenelo (1543) e Vizcaíno e Aguilar (1603) exploraron as súas costas e Francis Gary o interior (1792). Disputada por españois, ingleses, rusos e estadounidenses, en 1818 os ingleses aceptaron un condominio cos estadounidenses. Grazas ao Oregon Trail, iniciouse a mediados do s XIX unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Orfeo ou ao orfismo.

    2. Seguidor ou partidario do orfismo.

    3. Literatura que está baseada na significación mítico-relixiosa de Orfeo e no orfismo. Na literatura grega existen un conxunto de 87 himnos órficos, de autor descoñecido e, probablemente, do s IV, que invocan os deuses ou personaxes mitolóxicos. Na época moderna, a tradición órfica deu lugar a dúas grandes aventuras poéticas: Sonette an Orpheus (1923), de R. M. Rilke; e Elegies de Bierville (1943), de C. Riba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de organizar ou organizarse.

      1. Maneira de estar constituído un conxunto ou xeito como funciona.

      2. Maneira de estar constituído un ser vivo.

    2. Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.

    3. Conxunto de órganos e dependencias en que se estrutura a Administracion Pública. As normas de organización determinan as competencias e os principios de relación entre os diferentes órganos.

    4. Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, sistematizadas por F. W. Taylor no derradeiro decenio do s XIX. As súas características fundamentais son, en primeiro lugar, a análise sistemática, realizada por técnicos especializados, das diferentes operacións que han de realizar os traballadores, o que comporta unha gran separación entre o pensamento e a execución do traballo. En segundo lugar, a avaliación dos lugares de traballo e a súa asignación aos traballadores mellor dotados para cada un, a simplificación das tarefas que corresponden a cada lugar de traballo, que achegou, sobre todo nun primeiro momento, a creación dun gran número de especialistas en detrimento dos oficios clásicos e dos obreiros polivalentes. En terceiro lugar, a busca dunha cooperación entre a dirección e os traballadores na marcha da empresa, sen pór en cuestión a estrutura xerárquica. E, en cuarto e último lugar, o establecemento da remuneración dos traballadores en relación a uns...

    5. Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, espazo urbano, espazo rural, infraestruturas ou parques.

    6. Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son de tipo impersoal e indirectas, e o papel de cada individuo é escollido segundo a súa eficiencia e a súa efectividade.

    7. Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa co fin de conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional, con sede en Nova York, creada para manter a paz, promover a cooperación económica, cultural, social e humanitaria e garantir a seguridade dos estados ante a base dos principios de igualdade e de autodeterminación, e velar polo respecto dos dereitos humanos. Os seus membros comprometéronse a resolver os problemas internacionais a través de medios pacíficos e a non utilizar a ameaza nin o uso da forza. Sucesora da Sociedade de Nacións, os primeiros pasos cara á súa creación foron a Conferencia de Dumbarton Oaks (1944) e a Conferencia de Yalta (1945). O 25 de abril de 1945 cincuenta e un estados reuníronse en San Francisco onde elaboraron e asinaron, o 26 de xuño, a Carta de Nacións Unidas, tratado fundacional onde se establecen os principios básicos das relacións internacionais nos que se basea a organización; en 2004 contaba con 191 estados membros. En 1956, polo conflito do canal de Suez, creouse un exército propio con funcións de interposición e protección dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización defensiva multilateral creada en 1959 por Turquía, Irán, Paquistán e Reino Unido, despois de que Iraq abandonase o Pacto de Bagdad en 1955. Os seus obxectivos eran a defensa conxunta ante posibles agresores e a cooperación para o desenvolvemento económico e científico. A súa denominación alude a unha zona central entre as rexións incluídas na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e na Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE). EE UU relacionouse coa organización a través de acordos bilaterais cos países membros. A sede inicial de Bagdad trasladouse a Ancara (Turquía) en 1958. A organización disolveuse en 1979, tras a retirada de Irán e Paquistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que ten como finalidade ditar as normas pertinentes para facilitar o intercambio de bens e servizos, e de desenvolver o traballo conxunto no campo intelectual, científico, técnico e económico. Creada en 1946, substituíu a International Standard Associaton (ISA), que fora fundada en 1926. Das súas propostas de normalización internacional destacan o sistema de transliteración de alfabetos non latinos (como o árabe, o grego, o cirílico ou o hebreo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á organografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da obra lóxica de Aristóteles, coñecida con este nome a partir dos comentaristas neoplatónicos do s VI. O nome déuselle polo feito de que Aristóteles consideraba a lóxica como un instrumento (órganon) do pensamento para o recto procedemento científico. Constitúe a obra máis destacada da lóxica tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO