"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Tipo de metabolismo heterotrófico dos organismos que utilizan compostos orgánicos como doadores de electróns. Os fungos e moitas bacterias presentan organotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao leste.

      2. Que está situado no leste.

    1. Aplícase ao astro que nace antes do Sol.

      1. Relativo ou pertencente ao Oriente.

      2. Natural ou habitante dunha rexión de Oriente.

    2. Aplícase ás Igrexas Orientais e ás súas tradicións.

    3. Aplícase a certa variedade cromática dalgunhas perlas e minerais. Fálase de topacio oriental para indicar unha variedade de cor azafrán e de esmeralda oriental para indicar o corindón verde.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á orografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material fotográfico, como emulsións, placas ou películas, sensible a todas as cores do espectro que están comprendidas entre o amarelo e o violeta, e insensible, polo tanto, ao vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación directa dunha fotografía de proxección cónica noutra de proxección paralela, polo que a fotografía se converte nunha palimetría, sobre a que é posible debuxar as curvas de nivel e obter un plano ou mapa topográfico completo ou ortofotoplano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recta escritura das palabras dunha lingua.

    2. Parte da gramática que ensina a recta escritura das palabras e dos outros signos gráficos, como os de acentuación e os de puntuación. O concepto de ortografía supón a acomodación da escritura da lingua a unhas normas establecidas segundo criterios etimolóxicos, como tamén da evolución e do uso lingüístico. Así, nas diversas épocas da historia das linguas fálase antes de grafías que de ortografías dos diversos estadios sincronicamente considerados.

    3. Técnica da xeometría proxectiva que consiste en facer proxeccións ortogonais nun plano vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ortografía.

    2. Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronunciación, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciación correcta dunha lingua determinada. Adóptase como base desta corrección normalmente a variante lingüística propia dunha cidade ou dunha rexión determinada, que adoita ter un peso cultural específico no seu dominio lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á transformación ou representación dunha figura sobre unha superficie conservando a forma dos seus elementos infinitesimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao oscilógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en óso.

    2. Converterse en óso ou adquirir a súa consistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación cultural creada en 1979 e que se estableceu no Pazo Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Ourense). Declarada pola Xunta de Galicia Fundación de Interese Galego, ten como obxectivo manter vivo o recordo literario e científico de Ramón Otero Pedrayo. Promoveu a creación da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta cun Centro de Estudios Oterianos para o estudo da obra do autor. Ao longo da súa existencia realizou diversas publicacións, e outorga os Premios Trasalba a personaxes galegos relevantes, coincidindo a presentación e a entrega dos premios coa conmemoración do pasamento do autor ourensán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxedia escrita por W. Shakespeare ao redor de 1602. O personaxe central, Othello, xeneral mouro a servizo de Venecia, asasina por celos a súa muller, Desdémona, a raíz das pérfidas insinuacións de Iago. Ao darse conta do seu erro, Othello decide quitarse a vida. A obra inspirou outros dramas teatrais, como o de I. F. Ducis (1792) e o de Alfred de Vigny (1892); musicais, como o de Rossini (1816) e o de G. Verdi (1887); e cinematográficos, como o de O. Welles (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta espiñosa que envolve algúns froitos, principalmente as castañas.

      1. Mamífero insectívoro de pequeno tamaño, da familia dos erinaceidos, que ten as partes superior e laterais do seu corpo cubertas de pugas, e é coñecido polo andar lento e a facultade de enrolarse. Existen diversas especies de ourizos e en España os principais representantes son o ourizo cacho ou europeo (Erinaceus europaeus) e o ourizo mediterráneo (Atelerix algirus). Cando se senten ameazados fan de si mesmos unha bóla, e ameazan coas pugas ao atacante. Aliméntanse, sobre todo, de froitos e pequenos invertebrados.

      2. ourizo cacho/común/ europeo [Erinaceus europeus, Fam dos erinaceidos]

        Ourizo común moi estendido por Galicia e pola Península Ibérica. Mide entre 22-35 cm de lonxitude, cunha cola curta de 2-3 cm e un peso de entre 400 e 1.900 gramos. Ten o corpo recuberto de pugas duns 2-2,5 cm de lonxitude, que lles permite defenderse dos seus inimigos, tras formar unha bóla co seu corpo, grazas a uns potentes músculos cutáneos. A súa dentadura é insectívora, pero a súa dieta en realidade é omnívora, xa que se alimenta de insectos, substancias vexetais, miñocas de terra, caracois e lesmas, ovos, aves pequenas e novas, serpes, lagartas e tamén de pequenos roedores, como o rato de campo ou o furaño, de aí que sexa apreciado no rural, polos grandes servizos que achega ao agro. Habitan en bosques claros, en zonas de matogueira e en pradarías, de Europa e Asia. Na Península Ibérica existen dúas subespecies, que poden diferenciarse, principalmente, pola presenza nas espiñas de aneis de diferentes cores. OBS: Tamén se denomina orizo cacho e porco espiño.

      1. Equinodermo da clase dos equinoideos, que se caracteriza por ter o corpo globoso ou hemisférico, formado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, e que se dividen en 10 áreas (5 áreas ambulacrais, perforadas por unha serie de poros, e 5 áreas interambulacrais). Na zona oral está a lanterna de Aristóteles, que lles permite triturar o alimento, e na zona aboral, rodeando o ano, existen 5 placas xenitais (que coinciden coas áreas interambulacrais) e 5 placas ocelares (que coinciden coas áreas ambulacrais). Tamén ten unha serie de pugas móbiles, longas ou primarias e curtas ou secundarias, que están distribuídas por todo o corpo e articuladas co caparazón, e uns pés ambulacrais situados nas áreas ambulacrais. Ocupan a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. Aliméntase de todo tipo de materia orgánica, animal ou vexetal, viva ou morta, xeralmente de noite, cando poden esquivar mellor os depredadores. En Galicia, o Paracentrotus...

      2. ourizo de area [Echinocardium cordatum, Fam dos lovénidos]

        Ourizo irregular, xa que presenta unha simetría bilateral e non radial como os outros ourizos, cun caparazón cordiforme, máis longo que ancho, de ata 9 cm de lonxitude, pugas maioritariamente curtas e de cor parda amarelada. Atópase en substratos areosos, na zona infralitoral, ata os 200 m de profundidade, no Mediterráneo, Atlántico, mar do Norte e Océano Pacífico.

      3. ourizo de mar común [Paracentrotus lividus, Fam dos equínidos]

        Ourizo cun caparazón de ata 6 cm de diámetro de cor verde violácea, pugas de aproximadamente 3 cm, de cor variable entre verde e parda, e unha abertura oval estreita. É o ourizo economicamente máis importante en Galicia, España e Francia, xa que os seus ovos son moi aprecidados. A súa área de distribución abarca a totalidade do Atlántico Norte, desde as costas de Escocia ata as de Marrocos, e adéntranse no Mediterráneo ata o Mar Adriático. Pode atoparse sobre fondos rochosos cubertos de algas, e en fondos areosos con corais, ata os 80 m de profundidade. É máis activo pola noite, e aliméntase de algas e plantas do xénero Posidonia. Reprodúcese todo o ano, pero sobre todo en verán.

    2. Arbusto, da familia das papilonáceas, pequeno e moi espiñento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada de Outeiro (Vilar de Santos). Edificouse cara a 1794, data que se recolle nunha das fiestras. Ten planta en forma de L. Na parte interior do ángulo colocouse, sobre o pórtico, unha solaina no primeiro andar, á que se accede por unha escaleira exterior. Nunha fachada destaca o balcón voado sobre ménsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Portas. Edificouse en 1407 e sufriu reformas no s XVIII. Ten planta en forma de L. No patio de entrada destaca un arco con doelas de grandes dimensións e a cuberta é a catro augas. O escudo de armas fai referencia aos Somoza, Lousada, Abraldes e Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival fotográfico anual organizado desde novembro de 1983 por iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense, baixo a coordinación de Benito Losada, director desta institución. Xurdiu co obxecto de introducir a cidade de Ourense nos circuítos artísticos e para promocionar as últimas tendencias fotográficas do momento, con especial interese nos traballos dos novos fotógrafos galegos. Ademais das mostras fotográficas, distribuídas nas distintas salas de casas de cultura, cafés, concellos ou museos que colaboraron na iniciativa, o programa deste evento incluíu cursos, saídas á rúa ou concursos que se desenvolveron nas 17 vilas e cidades e nas 55 entidades que traballaron na súa organización e promoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura formada por dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.

      1. Arco que ten a forma dunha oxiva, característico da arquitectura gótica.

      2. oxiva apuntada/aguda

        Oxiva en que os arcos son de raio maior ca a luz, é dicir, que teñen os centros na prolongación da liña de arrancada.

      3. oxiva de cuarto punto

        Oxiva en que os centros das porcións de circunferencias que a forman se atopan nos extremos dos cuartos interiores, ao dividir a súa luz en catro partes iguais.

      4. oxiva de terzo punto

        Oxiva en que os centros das porcións da circunferencia que a forman se atopan nos extremos dos tres quintos centrais, ao dividir a súa luz en cinco partes iguais.

      5. oxiva de todo punto

        Oxiva en que os centros das porcións da circunferencia que a forman se atopan na liña de arrancada.

      6. oxiva equilátera

        Oxiva en que os raios dos seus arcos son iguais á súa luz.

      7. oxiva rebaixada

        Oxiva formada por dous arcos que teñen o raio menor ca a luz, cos seus centros situados dentro do baleiro, na liña de arrancada.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO