"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Relativo ou pertencente á paleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleontografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino paleotropical.

    2. Reino bioxeográfico que comprende as rexións cálidas do Vello Mundo. Ten unha flora moi rica, con algunhas familias endémicas e moitas outras en común co reino neotropical. Nas súas zonas ecuatoriais, con chuvias abundantes durante todo o ano, prospera a pluvisilva, de gran riqueza florística e estrutural. Nas zonas tropicais cunha estación seca hai bosques xerófilos de árbores caducifolias ou esclerófilas, e sabanas. Nas montañas hai prados e no litoral son típicos os mangleirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición, no home ou nun animal, dun ou máis caracteres morfolóxicos que, aínda que se cren consecuencia da herdanza, non se manifestaron nas xeracións intermedias, senón unicamente en xeracións ancestrais afastadas.

    2. Formación mediante procesos metamórficos de rochas novas por refusión de rochas ígneas preexistentes.

    3. Doutrina que afirma a rexeneración ou reaparición periódica dos mesmos acontecementos, as mesmas almas e a mesma realidade como conxunto. Equivale ao eterno retorno e foi admitida polos pitagóricos e os estoicos pero con matices diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos gregos a Tadmor, antiga cidade-estado do deserto sirio-arábico, situada a 145 km ao L de Homs. Documentada no II milenio a C, Salomón fortificouna (950? a C) e a partir do s III a C foi un importante centro comercial de Oriente e Occidente. Conquistada por Tiberio (14-37) e sometida ao gobernador de Siria, coñeceuse como Hadriana Palmira (129) e converteuse en colonia romana (215?) en tempos de Caracalla, momento en que tivo o seu máximo desenvolvemento comercial, chegando ata India e Occidente. A expansión dos sasánidas de Persia e a mingua do poder romano favoreceron a súa autonomía, facilitada polo árabe Odainath, asasinado por Zenobia, que posteriormente foi proclamada raíña polo seu fillo Wahballat. Conquistada por Abū Bakr al- Ṣ iddīq (634), formou parte do Califato de Damasco. Coñécese o plano da antiga cidade e descubríronse numerosos monumentos influídos polas artes grega, mesopotámica e persa. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal de América Central que une os océanos Atlántico e Pacífico, cunha lonxitude de 79,6 km e unha profundidade de 12,5 a 13,7 m. Emboca no Atlántico pola baía de Limón, entra en terra firme e durante 12 km e prosegue a nivel do mar ata o encoro de Gatún. Atravesa o lago artificial de Gatún para despois pasar polo lago e as esclusas de Miraflores. En 1850 Reino Unido e EE UU asinaron o Tratado de Clayton-Bulwer para neutralizar o futuro canal de Nicaragua ou de Panamá, a punto de ser iniciado polos ingleses. En 1878 o goberno colombiano negociou cun empresario francés, Lucien Wyse, a apertura dun canal. A Compañía Universal do Canal Interoceánico comezou as obras en 1881 baixo a dirección de Ferdinand-Marie de Lesseps. A operación fracasou (1889) e provocou un forte escándalo financeiro en Francia. EE UU pactou en 1903 co goberno colombiano a cesión de 8 km a ambas as dúas beiras do canal, polo Tratado de Hay-Herrán. O senado colombiano negouse a ratificar o tratado, e entón EE UU facilitou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Istmo que une América do Norte con América do Sur, quedando aos lados os océanos Atlántico e Pacífico. Ten unha lonxitude duns 700 km e unha anchura máxima de 190 km, e describe unha dobre curva. Pertence a Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro que alcanza 150 cm de lonxitude e 150 kg de peso, ten o pelame branco manchado de negro nos ollos, as orellas, as patas e unha gran parte do abdome e do tronco, e presenta na man unha prolongación ósea que parece un sexto dedo, que utiliza para comer bambú. A súa posición filoxenética non está moi clara e durante moito tempo foi incluído na familia dos prociónidos. Habita nas selvas de bambú do S de China, Myanmar, Nepal e Tibet e está en perigo de extinción. OBS: Tamén se denomina oso panda e panda xigante.

    2. Mamífero que alcanza 55 cm de longo e é de cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú. A súa distribución xeográfica é semellante á do panda. A súa posición filoxenética non está clara e foron incluídos tradicionalmente na familia dos prociónidos, aínda que algúns científicos inclúenos na familia dos úrsidos, ou incluso nunha familia propia, a dos ailúridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pansofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reporteiro gráfico especializado en fotografar famosos sen o seu consentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria mensual publicada en Madrid e Palma de Mallorca a partir de abril de 1956. Cesou en marzo de 1979 (nº 276). Editada baixo a dirección de Camilo José Cela, estivo dedicada á poesía, aínda que tamén publicou traballos de filosofía, escultura e pintura. Cun formato libro, incluíu ensaios e estudos literarios, análises, creacións literarias e orixinais inéditos de numerosos autores galegos, españois e estranxeiros. Nela colaboraron as principais figuras da literatura da época e nalgúns números editáronse monográficos dedicados a Miró, Picasso, Rubén Darío e Valle-Inclán. Baixo este mesmo título creouse unha editorial coa que se publicaron libros de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os papiros escritos. Forma parte da codicoloxía e da paleografía. Inclúe tamén os óstrakon e mesmo os pergameos atopados en escavacións. A papiroloxía divídese en antiga e medieval. A antiga máis relevante foi a grecorromana, especialmente a grega, que é a mellor representada, con miles de manuscritos. Ademais desta, comprende tamén os manuscritos xeroglíficos, hieráticos, demóticos, coptos e arameos, entre os que sobresaen os de Elefantina (s V a C). Da papiroloxía medieval, ademais dalgúns códigos e documentos merovinxios, os papiros máis importantes son os papais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo papúa.

    2. Individuo do pobo papúa.

    3. Pobo que habita en Nova Guinea, na parte occidental de Nova Bretaña e nas illas próximas. Basean a súa subsistencia na agricultura, malia que nalgunhas zonas practican cultivos máis intensivos. O taro, o iñame, o plátano e o arrurruz son os produtos básicos. O porco é o único animal doméstico comestible e ten unha grande importancia ritual. Complementan estas actividades coa caza e a pesca. Adoitan vivir en aldeas e a organización social baséase na patriliñaxe. As súas crenzas relixiosas son de tipo animista e moi a miúdo xiran arredor da noción de mana. Ata a chegada dos europeos practicaban frecuentemente o canibalismo.

    4. Grupo de linguas que se falan en Nova Guinea e nas illas adxacentes. Está composto por máis de 60 familias, que inclúen unhas 750 linguas, das que unha ducia están illadas. En liñas xerais, pódese dicir que na zona do Pacífico onde se sitúan as linguas papúas hai dous tipos de familias lingüísticas: a austronésica e a papúa. A primeira esténdese pola costa e as illas adxacentes, mentres que a papúa o fai nas rexións montañosas interiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de desconformidade en que a superficie de separación das dúas series estratigráficas concordantes ou paralelas non é arroiada por unha erosión antiga, senón que se manifesta unicamente por unha superficie de descontinuidade que se pode confundir coas outras superficies de estratificación. Unha paraconformidade representa, daquela, unha ruptura e un hiato dentro do rexistro estratigráfico e un lapso máis ou menos longo de ausencia de sedimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alcano.

    2. Sólido translúcido branco con consistencia cerosa, inodoro e insípido, que está constituído principalmente por unha mestura de hidrocarburos saturados. As súas propiedades (inercia química, resistividade eléctrica e capacidade lubrificante) xustifican a súa aplicación na manufactura de ceras, papel parafinado, mistos, discos fonográficos e diversas ceras protectoras.

    3. Parafina que se encontra en estado líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza (porca) ou nunha superficie. Utilízanse como elementos de unión entre dúas ou máis cousas, ou como un mecanismo que transforma o movemento de rotación en rectilíneo. Os parafusos de unión poden ser cilíndricos ou lixeiramente cónicos (para madeira) e caracterízanse polo seu diámetro e lonxitude, polo tipo de rosca e pola forma da cabeza. Esta pode ser cadrada, hexagonal, octogonal, cilíndrica ou semiesférica, ben con engaste de desparafusador ou con engaste en forma de cruz (parafuso Philips ou de cabeza de estrela); cilíndrico con engaste hexagonal (parafuso Allen); cilíndrico coa periferia grafilada e outros. Algúns parafusos teñen o extremo da barra lixeiramente cónico, e uns cortes laterais practicados na punta facilitan que o parafuso labre o seu aloxamento mentres se introduce (parafuso autoenroscante). Os parafusos utilizados como...

      2. parafuso de Arquímedes

        Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de rosca ou de hélice, a que, ao virar cunha velocidade suficiente, permite pasar a auga dun nivel máis baixo a outro máis alto. OBS: Tamén se denomina rosca de Arquímedes.

      3. parafuso micrométrico

        Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos ou de metroloxía para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.

      4. parafuso sen fin

        Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.

    1. Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

    2. Fuso grande ou torcedor para la ou liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Constante arbitraria que pode presentar diferentes valores que caracterizan un membro particular dun sistema de expresións, funcións, curvas ou superficies.

      2. Variable que permite expresar outras variables en función dela.

    1. Cada unha das lonxitudes dos segmentos que unha cara dun cristal determina sobre os tres eixes cristalográficos. Cando se coñecen os valores dos parámetros dunha cara, esta queda totalmente determinada no espazo. Represéntanse por oa, ob e oc, que non se expresan normalmente en valor absoluto, senón en valor relativo, tomando o parámetro ob como unidade. Para abreviar, as relacións oa, ob e oc exprésanse coas letras a, b, c.

    2. Coeficiente, aproximadamente constante, que caracteriza o funcionamento dun elemento ou dun dispositivo determinados e que intervén nas súas ecuacións características. Así, por exemplo, nun tubo electrónico considéranse tres parámetros: a resistencia interna, a transcondutancia e o factor de amplificación.

    3. ariable que ten un valor fixo dentro dun sistema ou proceso completo, pero alterable fóra del. OBS: Tamén se denomina argumento fiticio.

    4. Elemento variable a partir do que se determinan as características de calquera fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO