"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao paramorfismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter tipográfico de 20 puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación interespecífica entre parasito e hospedador. Dáse normalmente nos casos en que o hospedador non ve gravemente afectada a súa viabilidade por culpa do parasito, malia que os trastornos ocasionados poidan deixalo en inferioridade de condicións, e ser seleccionado negativamente. É froito da adaptación morfolóxica, fisiolóxica e ecolóxica, cunha longa evolución paralela, entre un par de especies, na que o parasito chega a miúdo a prescindir dos seus propios medios de supervivencia para pasar a depender obrigatoriamente do hospedador (parasito obrigado). Cando o parasitismo afecta a unha proporción dunha poboación, pode provocar oscilacións fortes (epidemia) que dean lugar a flutuacións da poboación. O parasitismo é un elemento regulador das poboacións e, cando é moi específico, pode servir para o control das pragas dos insectos ou para destruír as herbas daniñas dos cultivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á febre paratifoide e aos bacilos que a producen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á febre producida polos bacilos paratíficos, que presenta unha sintomatoloxía semellante á da febre tifoide, pero máis atenuada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo municipio da Comunidad de Madrid, incorporado a Madrid en 1951. Lugar de cazarías reais, construíuse un primeiro palacio en 1405. Entre 1547 e 1558 edificouse o palacio actual, reformado definitivamente en 1772. Foi residencia do xeneral Francisco Franco (1939-1975) e é museo e residencia dos xefes de estado estranxeiros en visita oficial a España.
-
-
-
Elemento accesorio que se insire no corpo dun enunciado e que proporciona algún dato, aclaración, precisión ou información sintética de maneira xustaposta, co que pode non gardar estrita relación gramatical.
-
Signo de puntuación ( ) en que se encerra ese elemento accesorio.
-
paréntese cadrada
corchete.
-
-
Cada un dos signos ortográficos que se empregan para indicar que as operacións alxébricas escritas entre ambos os dous signos teñen prioridade respecto das outras operacións que poida haber fóra ou ben para indicar cales son as variables dunha función.
-
Suspensión ou interrupción temporal de algo.
-
-
-
-
Acción de deter ou deterse.
-
paro cardíaco
Interrupción dos latexos do corazón por falta de actividade eléctrica efectiva para a contracción do músculo cardíaco. En moitos casos non representa máis ca o estado final dun proceso mórbido irreversible; outras veces, dáse en persoas aparentemente sans ou afectadas por enfermidades curables.
-
-
Interrupción da actividade laboral. Os motivos que o provocan por parte dos traballadores poden ser a demanda de aumento de salarios, as reclamacións sobre a organización do traballo ou conflitos xerárquicos. O paro provocado pola empresa chámase lock-out.
-
-
paro crónico
Desemprego producido por unha depresión económica que fai normal a situación de subocupación.
-
Inactividade forzosa debida á falta de traballo. Distínguese entre paro voluntario, cando o obreiro non acepta traballar por un salario considerado baixo ou nun lugar ou oficio inaceptables socialmente, e paro forzoso se non hai traballo. A finais do s XIX e comezos do s XX producíronse periodicamente aumentos no nivel de paro a causa das constantes crises industriais e agrícolas. Os grupos socialistas abordaron este problema nos parlamentos e achegaron as primeiras leis para solucionalo, pero foi coa gran crise da década de 1930, que provocou un grande aumento do desemprego, cando os economistas do mundo occidental, entre eles John M. Keynes e William H. Beveridge, lle dedicaron unha atención especial. A partir de 1973, converteuse nun problema fundamental, motivado en parte pola crise enerxética, que comezou a pechar empresas e a deixar xente sen traballo. Por sectores afecta en maior medida á industria, aos servizos e á construción e polo que respecta á poboacción incide...
-
paro cíclico/ conxuntural
Desemprego crónico ligado a un período cíclico.
-
paro encuberto
Forma de paro caracterizada pola existencia de ocupacións aparentes, que teñen unha remuneración e unha produtividade moi baixa ou case nula. É equivalente á locución inglesa concealed unemployment. As ocupacións domésticas son unha forma de paro encuberto.
-
paro estacional
Paro producido en épocas determinadas, en proporcións semellantes, nun mesmo sector, e ao que se chegou a causa dunhas condicións atmosféricas desfavorables, como a construción no inverno, ou por motivos climatolóxicos e xeográficos, como a industria hoteleira.
-
...
-
paro crónico
-
-
-
Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.
-
Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.
-
Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.
-
-
Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.
-
parque nacional
Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde se atopa, que regula o acceso e vela por protexer estes espazos naturais. O primeiro parque nacional do mundo foi o de Yellowstone, nos estados norteamericanos de Idaho, Montana e Wyoming, creado en 1872. En Galicia só hai o Parque Nacional das Illas Atlánticas, creado en 2002.
-
parque natural
Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle á autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes. En Galicia hai 6 parques naturais: o do Monte Aloia, que foi o primeiro da comunidade galega, o da Baixa Limia-Serra do Xurés, o do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o do Invernadeiro, o das Fragas do Eume e o da Serra da Enciña da Lastra.
-
-
-
Conxunto de aparatos ou material destinados a un servizo público.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
-
-
-
Territorio elemental da división eclesiástica que está baixo a xurisdición dun cura e que é a unidade básica de división territorial en numerosas áreas rurais do norte da Península Ibérica. A parroquia é a igrexa en que se administran os sacramentos e se dá axuda espiritual aos habitantes do territorio que están baixo a súa xurisdición espiritual. Cada diocese distribúese en porcións territoriais, asignando a cada unha delas unha igrexa especial, un conxunto de fieis determinado e un reitor ou pastor propio. Divídese en parroquias, onde un clérigo fixa a súa residencia no lugar e atende aos fieis. Os requisitos precisos para que exista unha parroquia son cinco: un territorio concreto, uns fieis determinados, unha igrexa especial ou templo para os actos do culto, un reitor especial que como propio pastor estea á fronte da igrexa e do pobo, e un dote suficiente, renda fixa ou emolumentos, para atender o sustento do párroco e os gastos propios da parroquia. A Igrexa establece diferentes clasificacións...
-
Igrexa principal da circunscrición parroquial, en que radica a actividade pastoral do reitor.
-
Despacho parroquial ou tamén edificio, anexo normalmente á igrexa, onde o reitor celebra reunións, atende os fieis ou ensina o catecismo.
-
-
Conxunto de fregueses dunha parroquia.
-
Circunscrición ou división administrativa de Andorra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado na parroquia de Santa María, en Vigo, a partir da década de 1970. Subtitulada “Comunidad Eclesial”, tivo tres épocas distintas. Dirixido por Laureano Puga, o seu equipo de redacción estaba conformado por Xosé García, Xosé Mª Pazó, Arturo Vázquez e Ricardo García. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paz. Incluíu, desde unha perspectiva católica, artigos sobre distintos temas e preocupacións da sociedade civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serea que se botou ao mar, xunto coas súas irmás, pola desesperación provocada por Ulises, que se mostrou impasible diante do seu canto. As ondas depositaron o seu corpo en Campania, onde se edificou Partenopea, denominada posteriormente Neapolis (Nápoles).
-
-
Que corresponde exclusivamente a unha persoa ou cousa e non a outras.
-
Que está fóra do común.
-
Que pertence ou se reserva a unha persoa ou grupo concreto de persoas.
-
Que atinxe exclusivamente a unha persoa ou grupo ou cousa, por contraposición ao xeral ou universal.
-
-
Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito comprende un número parcial de obxectos (algúns S son P), en contraposición ao xuízo ou proposición tanto universal (todos os S son P) como singular (este S é P).
-
Aplícase ao concepto ou ao momento dialéctico que, na filosofía hegeliana, se atopa entre o individual e o universal, segundo é afirmado na súa realidade pola negación do outro, negación que non está incluída no individual e que está superada no universal.
-
-
Persoa privada, non revestida de carácter público.
-
Circunstancia ou asunto específico e concreto.
-
Calidade daquilo que distingue ou singulariza algo con respecto a outro elemento da mesma especie ou clase.
-
...
-
-
-
Que corresponde exclusivamente a unha persoa ou cousa e non a outras.
-
Que está fóra do común.
-
Que pertence ou se reserva a unha persoa ou grupo concreto de persoas.
-
Que atinxe exclusivamente a unha persoa ou grupo ou cousa, por contraposición ao xeral ou universal.
-
-
Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito comprende un número parcial de obxectos (algúns S son P), en contraposición ao xuízo ou proposición tanto universal (todos os S son P) como singular (este S é P).
-
Aplícase ao concepto ou ao momento dialéctico que, na filosofía hegeliana, se atopa entre o individual e o universal, segundo é afirmado na súa realidade pola negación do outro, negación que non está incluída no individual e que está superada no universal.
-
-
Persoa privada, non revestida de carácter público.
-
Circunstancia ou asunto específico e concreto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en Pontevedra, en decembro de 1931, na VII Asemblea das Irmandades da Fala. Entre os seus membros destacaron Vicente Martínez Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Ramón Suárez Picallo e Afonso D. Rodríguez Castelao. Adoptou o sistema democrático e estruturábase en agrupacións de base territorial e comités directivos de forma piramidal. O seu órgano soberano era a asemblea xeral que se encargaba da adopción do programa, da liña política e das decisións importantes. Na súa primeira etapa configurouse como un partido de elite e vangardista. Defendía a autodeterminación política de Galicia e aspiraba a unha federación ibérica, europea e mundial de nacionalidades de base étnica, todo baixo unha pretensión pacifista e antiimperialista. Entre os seus obxectivos tamén se incluían a supresión das deputacións provinciais, o recoñecemento da parroquia como entidade político-administrativa, a igualdade de dereitos políticos para a muller, a reforma agraria...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente política partidaria de manter unha certa fidelidade ao réxime liberal iniciado en 1833 coa rexencia de María Cristina das Dúas Sicilias e de garantir a orde social. A súa aparición significou de feito o abandono por parte da burguesía dunha certa alianza coas clases populares para pasar a apoiarse na aristocracia latifundista. A pesar de promover o denominado motín das Levitas, non puideron evitar a chegada ao poder de Joaquín B. Fernández Espartero. Ademais, foron os principais beneficiados dos movementos antiesparteristas de 1842 e 1843.
-
-
Relativo ou pertencente aos partos, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo parto.
-
Antigo pobo escita procedente de zonas de máis alá da Bactriana, que lle conquistaron ao soberano seléucida Antíoco II, ao inicio do s II a C, o NL de Irán e o S do Mar Caspio. Foi un pobo de gran valor militar moi temido polos romanos e os seus soldados eran destros na arte de cabalgar con armadura e tirar con arco. Destacaron as cidades de Hatra e Ctesifonte, xunto a Seleucia, da que respectaron a súa arquitectura, poboación e tradicións.
-
Lingua irania que pertence ao grupo occidental do estadio do iranio medio. Testemúñase na lingua dalgúns documentos económicos, en inscricións e cartas, así como en numerosos préstamos iranís e armenios. Os materiais epigráficos partos non son ricos e a fonte principal para o seu estudo son os textos en escritura maniquea. O parto, inicialmente limitado á antiga Partia, foi a lingua administrativa na época arsácida (ss III a C- III d C) de todo o Imperio parto. Nos inicios da época sasánida (224-303), testemúñase en inscricións (redactadas en dobre versión, parto e persa medio). A escritura destes textos, derivada da aramea, está cerca do persa medio. Os monumentos máis extensos da lingua parta son os escritos maniqueos dos ss III-VII, que se conservan en fragmentos de manuscritos (en escritura maniquea) dos ss VIII e IX, descubertos en Turfan, no Turkestán chinés. Na época da conquista árabe foi completamente substituído polo persa medio.
-
-
-
Documento expedido polo xefe das forzas navais dun estado en guerra que permite navegar con seguridade a unha nave inimiga, especialmente un barco hospital ou un barco mercante que por razóns especiais efectúa un tráfico determinado entre portos inimigos.
-
Documento provisional expedido polo cónsul dun porto estranxeiro que permite a habilitación de bandeira do seu estado a unha embarcación, desde o porto de expedición do documento, en que se efectuou a compra, ata o momento do seu abandeiramento.
-