"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao comezo ou á orixe de algo.
-
Que se formou antigamente.
-
Referido a un pobo ou a unha civilización, que están pouco desenvolvidos en relación a outros.
-
Que está feito sen perfeccionamento nin refinamento.
-
estado primitivo CULT
Sistema de integración política máis centralizado e estratificado, que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala, o que o distingue da caudillismo. Foi o caso da civilización azteca.
-
sociedades primitivas CULT
Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental. Este termo foi introducido en antropoloxía polo evolucionismo. Os datos etnográficos desmenten a pretensión de identificar a cualificación de primitivo coa de simple.
-
-
-
Que non derivada de nada
-
Aplícase á palabra non derivada doutra da mesma lingua.
-
...
-
-
-
-
Comezo de algo.
-
-
Orixe de onde algo procede.
-
Fase inicial de algo.
-
Cada unha das causas a partir das que está constituída a realidade. Neste senso fálase dos principios formal, material, eficiente e teleolóxico do real.
-
Enunciado dun proceso físico soportado por un razoamento lóxico que é considerado orixe de todos os fenómenos derivados deste proceso físico.
-
principio último
Deus como causa do universo, do que é creador, conservador e ordenador, e ao que lle dá o seu sentido.
-
-
Regra que rexe o comportamento ou a conduta dunha persoa. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
Fundamento ou base de algo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
...
-
-
-
-
Calidade de probable.
-
Concepto que permite expresar cuantitativamente o carácter aleatorio dun suceso ou fenómeno que se cre que pode suceder. O cálculo de probabilidades xurdiu en Francia no s XVII cos matemáticos Pascal e Fermat. Laplace formulou as nocións de probabilidade básicas: a lei dos resultados favorables divididos entre os resultados posibles. Os fenómenos chamados aleatorios ou estocásticos, como os xogos de azar, constitúen o seu campo de traballo. Un espazo de probabilidade (Ù, Q, P) consta, por definición, dun conxunto Ù de resultados, dunha ó-álxebra Q de conxuntos observables ou sucesos, e dunha probabilidade P que é unha aplicación que asigna a cada suceso un número comprendido entre 0 e 1 coas propiedades: P(Ù) = 1 e se (A i ) i∈J é unha familia de sucesos disxuntos dous a dous, entón
FORMULA
(propiedades de aditividade). En particular cúmprese P(A∪B) =... -
densidade de probabilidade.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás proclorófitas.
-
Alga da división das proclorófitas.
-
División de algas procariotas de organización semellante á das cianofíceas pero cunha dotación de pigmentos máis semellante á das clorofíceas e plantas superiores (teñen clorofila a e b e non presentan ficobiliproteínas). Inclúe un só xénero, o Prochloron, de mares tropicais e subtropicais.
-
-
-
Calidade de profundo.
-
Distancia vertical que hai desde un punto ou unha superficie ata o extremo oposto.
-
Distancia que hai entre a parte anterior e a posterior de algo.
-
Parte fonda de algo.
-
Distancia que define os límites dunha rexión do espazo tal que todos os obxectos que estean situados nela poidan ser enfocados simultaneamente por un aparato fotográfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratexia global de acción que ten por finalidade desenvolver políticas e estratexias pertinentes para a transición cara ao modelo de desenvolvemento sostible tal como se estableceu na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento de Rio de Janeiro en 1992. Formula as medidas para a cooperación internacional, a consevación e xestión dos recursos para o desenvolvemento e o fortalecemento do papel dos grupos principais implicados, ademais de ofrecer directrices sobre os medios de execución, asignación de recursos financeiros, científicos ou tecnolóxicos. Estableceu catro seccións: as dimensións sociais e económicas (cooperación internacional para acelerar o desenvolvemento sostible dos países pobres), conservación e xestión dos recursos (biodiversidade, bosque e atmosfera), fortalecemento dos grupos principais (mulleres, nenos, indíxenas, agricultores, sindicatos, comunidade científica) e medios de execución (recursos de financiamento, xurídicos internacionais)....
-
-
Acción de ir para adiante.
-
-
Proceso ascendente e positivo, mediante o que un ser, unha acción ou a humanidade en xeral pasa dun estado, forma ou grao a outro superior. Implica unha connotación claramente valorativa e cualitativa, ademais de cuantitativa.
-
Proceso de transformación da humanidade en xeral cara a unha situación que se supón sempre mellor e que pode ser definida ou non de xeito anticipado. Foi unha idea desenvolvida por intelectuais entusiasmados cos primeiros descubrimentos científicos e que confiaban nas capacidades ilimitadas da razón humana. Comezou a crerse que a humanidade progresaría indefinidamente, e que cada un dos estadios sucesivos ía ser mellor ca o precedente. A idea de progreso está moi ligada ao desenvolvemento económico, á modernización e á civilización.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir do 10 de agosto de 1865. Cesou o 16 de outubro de 1866. Subtitulado “Periódico científico y literario”, editouse nos obradoiros de Antúnez e Compañía. De tendencia liberal avanzada, ocupouse da literatura, ciencia, intereses materiais, morais e sociais. En xaneiro de 1866 sufriu unha suspensión dun mes.
-
-
Que ten a virtude de reproducirse copiosamente ou de producir froito abundante.
-
Que produce moito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa comercial creada en 1976 para reorganizar as actividades do grupo francés Carrefour e do español Simago. Ten a súa orixe nas actividades de Ibérica de Hipermercados SA constituída en 1973. Absorbeu diversas empresas locais, que en 1981 unificou baixo a marca Pryca. En 1999 fusionouse con hipermercados Continente e en 2000, Pryca e Continente empezaron a utilizar o nome Carrefour. Simultaneamente, os supermercados procedentes de ambas as dúas empresas unificaronse baixo o nome Champion.
-
-
-
Acción e efecto de propoñer ou propoñerse.
-
proposición de lei /
Texto que contén prescricións normativas que se presenta no Parlamento baixo a iniciativa do Congreso, do Senado ou das asembleas das comunidades autónomas. Se o presenta o goberno, fálase de proxecto de lei.
-
-
-
Enunciado, sobre todo de carácter doutrinal, filosófico, teolóxico ou dogmático.
-
proposición de fe
Verdade de fe.
-
-
-
Contido lóxico do xuízo, do acto mediante o que se afirma ou nega algo (predicado) dalgunha cousa (suxeito) na lóxica tradicional. Entre as diferentes divisións cómpre mencionar a correspondente á distinción entre proposición simple, tamén denominada categórica, predicativa ou enunciativa, en que un concepto se une a outro mediante a cópula, e proposición composta, resultante da combinación de proposicións simples ou dunha destas con outros termos ou elementos.
-
Sentenza, na lóxica simbólica, cun esquema cuantificacional atómico que inclúe letras predicadas (‘F’, ‘G’, ‘H’; correspondentes ao verbo ou predicado verbal) e letras argumentos (‘w’, ‘x’, ‘y’, ‘z’; correspondentes ao suxeito). No esquema loxístico, prescíndese da representación tradicional de proposición (un suxeito e un predicado unidos pola cópula ‘e’), e establécese, en cambio, que nas proposicións un predicado é afirmativo dun argumento. O atomismo lóxico divide as proposicións en atómicas e compostas, e estas en negativas, disxuntivas, conxuntivas e hipotéticas.
-
Contido de coñecemento diversamente determinado segundo a súa orixe ou validez, nunha perspectiva e valoración epistemolóxicas e non simplemente lóxicas do xuízo. Neste sentido as proposicións divídense en a priori e a posteriori, segundo sexan independentes ou dependentes da experiencia.
-
-
...
-
-
-
Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización de xacementos de hidrocarburos, de minerais ou depósitos subterráneos de auga, baseadas no estudo dos caracteres superficiais do terreo. A partir da década de 1920, co afán da busca de minerais -en particular de petróleo-, comezaron a se adaptar cada vez máis as técnicas xeofísicas que, orixinariamente, foran ideadas para investigar a estrutura profunda da Terra, ata que foron aplicadas ao problema das estruturas xeolóxicas pouco profundas, en traballos de enxeñaría civil. O seu obxectivo é detectar e localizar corpos, estruturas ou superficies xeolóxicas e, cando sexa posible, determinar as dimensións, a profundidade, ou algunha das súas propiedades físicas. Os métodos xeofísicos máis empregados son gravimétricos, magnéticos, eléctricos e sísmicos, segundo se estude e midan as perturbacións do campo gravitatorio terrestre ou do seu campo magnético, as variacións da condutividade eléctrica no subsolo ou as ondas captadas ou producidas...
-
Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización ou identificación de xacementos arqueolóxicos. Dos medios utilizados destacan o traballo con fontes documentais (fontes escritas, debuxos, fotografías), orais (folclore, toponimia), e de diversos métodos de recoñecemento: visuais, fotográficos, eléctricos, magnéticos, acústicos ou xeoquímicos.
-
-
-
Acción e efecto de prostituír ou de prostituírse.
-
Práctica de acordar, de forma habitual e profesional, o mantemento de relacións sexuais con finalidade de lucro. A sociedade occidental rexeitou este tipo de prácticas, mentres que outras, sobre todo asiáticas, non. Tamén existiu unha prostitución sagrada en todo o Oriente antigo. En Babilonia e Oriente Medio exercíase nos templos de Astarte e Marduk como rito de fecundidade, e en India existen as danzarinas, que viven nos templos. Fóra do campo sagrado, existía en Grecia a institución refinada das heteras. Os primeiros movementos en favor das prostitutas iniciáronse en EE UU a finais do s XIX, e posteriormente algúns movementos feministas reivindicaron os seus dereitos laborais e sindicais. En España foron prohibidas por decreto as casas de prostitución (1956), pero non o exercicio do tráfico ilícito. A tendencia lexislativa foi xeralmente a de abolir o uso, aínda que a inoperancia dos decretos e as persecucións aconsellaron limitarse a unha regulación administrativa con vista ao control,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico das fraccións proteicas do soro sanguíneo.
-
-
Arquichanceler ou xefe da chancelaría en diversos estados medievais.
-
Oficial romano que tiña un grao de preeminencia sobre todos os notarios e que despachaba os acordos dos consistorios públicos.
-
Secretario do rei ou dos príncipes en varias cortes de Europa.
-
Oficial da chancelaría da Coroa de Aragón que custodiaba os selos reais e o rexistro de documentos.
-
Notario papal encargado de redactar a crónica eclesiástica. O seu número oscilou entre sete e doce. Na reorganización de 1934, ao lado dos sete de oficio, coñecidos como participantes e que exercían o cargo en ocasións solemnes, estaban os honoríficos.
-
-
-
-
Unidade administrativa de primeiro grao propia de moitos estados, entre outros, Arxentina, Bélxica, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, Panamá ou Italia. Equivale a outros termos autóctonos doutros estados, como Finlandia (lääni), Irán (ostān), Iraq (muḥāfaẓa) ou Mongolia (ajmag).
-
División administrativa de segunda orde de España. Na lexislación de réxime local española vén definida como unha entidade local determinada pola agrupación de municipios, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. Ademais tamén se define como división administrativa do Estado para a satisfacción doutros fins, entre eles o de servir de circunscrición electoral. O Tribunal Constitucional, ademais, aplicoulle o concepto de garantía institucional que, tomado da doutrina xermánica, protéxea de xeito especial, como se se tratase dun ente básico no organigrama institucional do Estado e no que as comunidades autónomas non poden inferir nun núcleo esencial e irredutible de competencias e funcionalidade. Pero, a provincia, é contestada e cuestionada, sobre todo nas nacionalidades históricas, que a consideran un ente artificial, ahistórico, difícil de asimilar nun estado descentralizado como é o da Constitución de 1978 e necesitado de revisión e reformulación...
-
Territorrio do Imperio Romano conquistado fóra de Italia e gobernado por un pretor. A partir do s I distinguiuse entre a provincia senatorial ou proconsular, rexión pacificada que o Senado administraba por medio dun procónsul; e a provincia imperial, rexión non pacificada gobernada por un pretor designado polo emperador. O proceso de subdivisión iniciado por Dominicano e Traxano acentuouse con Diocleciano, que dividiu o imperio en dioceses, e con Constantino. Internamente dividíase en conventos.
-
Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio determinado e que depende dun mesmo superior ou provincial.
-
Antigo xulgado dos alcaldes de corte que estaba separado da sala criminal e que servía para coñecer os preitos e as dependencias civís.
-
provincia eclesiástica
Circunscrición territorial eclesiástica, a máis ampla das existentes, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, denominadas sufragáneas. Está administrada por un arcebispo ou metropolitano, normalmente o da sede máis antiga ou máis importante. España organízase nas provincias de Barcelona, Burgos, Granada, Madrid, Mérida-Badajoz, Oviedo, Pamplona, Santiago de Compostela (integrada polas dioceses de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo), Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza.
-
provincia relixiosa
Circunscrición territorial propia de moitas ordes e congregacións relixiosas, meirandes ca as divisións administrativas internas dos estados.
-
-
División fitoxeográfica inferior á rexión, na que abundan os endemismos a nivel de xénero e especie.
-
Rexión natural, a miúdo difícil de distinguir, onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, a textura e a estrutura, a xénese, as alteracións, os fenómenos metamórficos e todo o que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.
-
-
-
Acción e efecto de proxectar.
-
-
Acción e resultado de representar unha rexión da superficie terrestre sobre un plano. En esencia, consiste en especificar un método para facer corresponder os puntos do globo terráqueo cos puntos do plano escollido, que é necesariamente o resultado do desenvolvemento dunha superficie desenvolvible. A correspondencia entre os puntos do globo e os puntos da superficie desenvolvible pode facerse de diversas maneiras, pero prodúcense inevitablemente algunhas das seguintes alteracións: deformación da escala (a escala non é a mesma en todos os puntos do mapa), deformación da área (áreas iguais no globo non determinan áreas iguais no mapa) e deformación da forma (a zona proxectada non ten a mesma forma ca a zona orixinaria). A elección dun tipo de proxección faise co obxectivo de minimizar algunha das deformacións para satisfacer os obxectivos concretos do mapa que se quere realizar. Así, cando o mapa teña que ser ilustrativo, convirá que conserve a forma, pero cando teña que amosar propiedades...
-
proxección acimutal
Proxección obtida a partir da cónica simple ao facer tender o cono nun plano, en que se sitúa unha rede de meridianos e paralelos equidistantes. É especialmente útil na navegación aérea.
-
proxección conforme de Gauss
Proxección transversal de Mercator en que os meridianos de tanxencia son o de Greenwich e o situado a 180°.
-
proxección cónica múltiple/policónica
Proxección en que se divide un hemisferio en bandas determinadas lonxitudinalmente de lado a lado duns paralelos en concreto, que se empregan como paralelos de referencia de ambas proxeccións cónicas simples. Utilízase para realizar mapas nacionais a grande escala ou follas topográficas.
-
proxección cónica secante/de Albers
Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono secante no globo por dous paralelos, denominados paralelos de referencia. Se se escollen axeitadamente, conséguese que a proxección sexa equivalente.
-
proxección cónica simple/equivalente de Lambert
Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono, tanxente ao globo terráqueo, por un paralelo que se denomina paralelo de referencia.
-
proxección de Lambert/conforme de Lambert
Proxección cónica conforme en que a superficie da Terra se proxecta sobre unha icona tanxente ao longo dun paralelo.
-
proxección de Mercator
Proxección cilíndrica conforme, que proxecta a superficie da Terra sobre un cilindro tanxente ao Ecuador. Emprégase para a realización de cartas náuticas.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de decisións articuladas que forma parte do Proxecto Educativo e é responsabilidade dos centros educativos, que permite concretar o Deseño Curricular Base (DCB) e as propostas das comunidades autónomas con competencias educativas, en proxectos de intervención didáctica, adecuadas a un contexto específico. O PCC é o marco de referencia para o seguinte nivel de concreción: as programacións, en que se recollen os distintos acordos tomados no centro relativos aos obxectivos de ciclo. A función básica do PCC é tomar as decisión necesarias para garantir a adecuada progresión e coherencia no ensino dos contidos escolares da etapa á que se refire o proxecto. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.