"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sesquióxido de arsénico, As2O3. Cristaliza no sistema cúbico e preséntase en masas brancas pulverulentas a formar pátinas sobre minerais de arsénico en descomposición, principalmente na arsenopirita. Ten dureza 1,5 e peso específico 3,86-3,88. Emprégase na fabricación de raticidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfarseniuro de ferro, de fórmula FeAsS. Cristaliza no sistema monoclínico e preséntase en formas pseudorrómbicas e, a cotío, macladas. Pode conter cobre, níquel e ouro. É de cor branca de estaño ou gris clara, e ten exfoliación clara nunha dirección. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 5,9-6,2. Chámaselle tamén mispíquel e pirita arsenical. É o mineral de arsénico máis importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega da natureza e da caza. Irmá xemelga de Apolo, filla de Zeus e Latona, identificada coa deusa da Lúa, Hécate. Deusa da castidade, de carácter cruel e vingativo, atribuíanselle as mortes repentinas. A iconografía clásica preséntaa con túnica longa e cabeleira solta (Ártemis de Delos, Museo Nacional de Atenas); o modelo clásico establecido a partir do s IV a C, represéntaa con arco e frechas, túnica curta e formando grupo cun cervo ou uns cans, de tipo praxiteliano (Ártemis de Versalles, chamada tamén Diana cazadora, Musée du Louvre, París). En Éfeso, como deusa da fecundidade, aparece con diadema e abundantes peitos. Posteriormente, identificouse coa Diana romana, confundíndose as respectivas iconografías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anxiografía dunha arteria. É posible estudar case calquera arteria do organismo a través dos raios X, mediante a inxección directa dun contraste opaco cun catéter (arteriografía selectiva). Está indicada en casos de arterite, arteriosclerose, embolias, tromboses, aneurismas, malformacións vasculares, tumores, etc. Especialmente importante é o estudo anxiográfico do corazón e das arterias coronarias en casos de cardiopatía isquémica (anxiocardigrafía). Nos últimos tempos esta técnica foi mellorada coa anxiografía de substracción dixital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de magnesio hidratado, Mg2(OH)2CO3 3H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, fomando cristais prismáticos moi finos con estrutura fibrosa radial, de cor branca. Ten un grao de dureza 3,5 e un peso específico de 2,02-2,05.
-
-
Acción e efecto de asegurar.
-
Forma de tutela xurídica que comporta a adopción de determinadas medidas permitidas pola lei en previsión de futuros danos ou prexuízos que poida sufrir o ben xurídico asegurado.
-
Aseguramento establecido xudicialmente polo que o demandante nun xuízo non pode malversar as cousas que son obxecto específico do litixio; consiste nun conxunto de medidas destinadas a garantir a efectividade da futura resolución xudicial.
-
Conxunto de medidas previstas legalmente para garantir a efectividade da restitución do dote por parte do marido. Consiste na constitución, por parte deste, dunha hipoteca dotal, e na inscrición dos bens no rexistro da propiedade a nome da muller.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da Unión Europea constituído en 1985 en Louvain-la-Neuve (Valonia, Bélxica). Foi creada por nove organizacións interrexionais europeas para reforzar a representación das rexións nas institucións comunitarias. Tivo un papel destacado na creación do Comité das Rexións e impulsou os traballos do Consello Consultivo das Colectividades Rexionais. Componse dunha asemblea xeral e de seis comités que traballan nos problemas específicos que afectan ás rexións.
-
-
Establecemento social onde se aloxa a xente desvalida.
-
Acción de recoller a alguén nun lugar.
-
Lugar onde se ofrece protección e refuxio.
-
Establecemento benéfico destinado a acoller con trato familiar os nenos abandonados. Luísa Schappler dos Vosges fundou coa axuda do pastor Johann Oberlin (1770) en Alsacia os primeiros asilos benéficos para os nenos orfos.
-
Protección concedida aos refuxiados políticos nos edificios das misións diplomáticas, consulados, barcos de guerra ou avións militares.
-
Protección que un estado dá aos estranxeiros que foxen dun país por mor de persecucións políticas, raciais ou relixiosas.
-
Inmunidade recoñecida ao delincuente ou ao perseguido que toma por refuxio protector un lugar sagrado (templo, altar, territorio ou cidade).
-
Protección que un estado ofrece a persoas que non son súbditos seus, que teñen a súa vida ou a súa liberdade en perigo pola actuación das autoridades doutro estado. Despois da Segunda Guerra Mundial xurdiu un amplo movemento que pretendía a afirmación do dereito de asilo como dereito fundamental da persoa humana, o que deu lugar a toda unha serie de convencións e acordos como a Convención de Xenebra do 28 de xullo de 1951, o estatuto da ORI (Organización Internacional dos Refuxiados), as dúas convencións de Caracas entre estados americanos en marzo de 1954, e toda unha serie de actos internacionais relacionados co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.
-
-
-
Ausencia total ou parcial de homoloxía cromosómica en híbridos interespecíficos, xa que os seus xenomas son distintos.
-
Trastorno psíquico consistente na incapacidade de conectar pensamentos illados nun todo coherente.
-
-
-
Acción e efecto de asociar ou de asociarse.
-
Aparición dun artefacto vinculado a outros restos arqueolóxicos, xeralmente no mesmo nivel.
-
-
Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais; normalmente posúe un certo número de especies características. Unha asociación ben representada en Galicia é a correspondente a carballeiras acidófilas colinas denominadas como Rusco aculeati-Quercetum roboris.
-
En diversas escolas xeobotánicas, diferentes á sigmatista, unidade de significación diversa, empregada no estudo da vexetación.
-
-
Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común; neste concepto compréndense todas as manifestacións do fenómeno asociativo (sociedades, sindicatos, etc). As asociacións son grupos que existen para acadar uns propósitos específicos, seguindo un sistema explícito de normas que determinan claramente a conduta de cada individuo. Socioloxicamente a asociación é unha das formas esenciais da estruturación dos grupos humanos. Úsase a palabra alemá Gesellschaft para denotar o sentido sociolóxico do termo. A forma de sociabilidade oposta á asociación é a comunidade (Gemeinschaft). Esta distinción foi proposta por Ferdinand Tönnies. Na antiga Roma, durante a república, existiu unha ampla liberdade de asociación. Constituíu un precedente excepcional posto que o dereito de asociación é unha conquista moi recente. Con todo, hai que recoñecer a importancia, en Europa, do corporativismo profesional dos tempos medievais, que a miúdo deu lugar a agrupacións ou...
-
Unha agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas. Os seus membros -socios- teñen uns dereitos e unhas obrigas mutuas ante a asociación, fixadas polos estatutos e que poden ser legalmente esixidas. Son gobernadas por unha asemblea de socios, unha xunta directiva e por un presidente, as facultades do cal están fixadas pola lei e polos estatutos sociais.
-
Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente. Son tipos de asociación a simbiose, o mutualismo, o comensalismo, o parasitismo, etc.
-
Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.
-
Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia. Este fenómeno pode observarse en disolucións, en líquidos puros e en vapores e detéctase polos métodos correntes de determinación de pesos moleculares, xa que as moléculas asociadas compórtanse como unidades de peso molecular múltiple. A existencia de asociacións intermoleculares por enlace de hidróxeno causa que as substancias asociadas presenten valores anormalmente altos para algunhas das súas propiedades (puntos de fusión, de ebulición, constantes dieléctricas, etc) e presións de vapor anormalmente baixas. Son claros exemplos substancias como a auga, o amoníaco, os alcohois, os ácidos carboxílicos, etc. Tamén existe o fenómeno de asociación intramolecular por enlace de hidróxeno, é dicir, a formación deste enlace entre átomos dunha mesma molécula. Neste caso, sen embargo, non se producen desviacións nos valores esperados das propiedades físicas...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de carácter benéfico constituída en 1891 en Santiago de Compostela por iniciativa da Condesa viúva de Taboada. Foi a sucesora dunha experiencia similar en 1855. Os seus obxectivos principais foron a vixilancia da roupa, alimentos e sanidade dos establecementos benéficos da cidade, fundamentalmente do Hospicio. As donas da alta sociedade compostelá controlaban a súa xestión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de ámbito estatal que ten por fin agrupar os que se interesan por temas científicos orientais, entendendo o orientalismo en sentido amplo, dende o Afastado Oriente ata as culturas europeas e africanas que teñen relación co mundo oriental. Foi fundada en 1965 por Félix M. Pareja i Casañas e ten a súa sede en Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1983 por iniciativa de vinte artesáns profesionais de toda Galicia co obxectivo de promover a artesanía. Presidida por Manuel González Arias, conta cuns 300 asociados de diferentes oficios en toda a comunidade autónoma. Organiza feiras comerciais como Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Vigo), Navidart (Ferrol) ou Artesanoia (Noia); promove exposicións non comerciais como Outrasartesanías (Coruña, 1983-1984), Textil contemporáneo (A Coruña 1987), Cartón (Ribadavia 1988 e A Coruña 1989) e tamén ten presenza internacional (O Porto, Bruxelas, Aviñón, Lisboa, Berlín). Organiza xornadas de artesanía, encontros de Ceramistas europeos en Galicia, cursos monográficos de comercialización e deseño, etc. Presentou material promocional sobre Artesanía de Galicia en feiras como Fitur, Congreso FEGAEX (O Brasil), Feira de Braga, Feira Iberoamericana de artesanía (Canarias), Exposición Ministerio de Industria (Cuba), Celtic Excellence (Bruxelas). Promove...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.
-
Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e PortugalVER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Naceu en 1981 co obxectivo de “acadar umna substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego” na área galego-luso-africana-brasileira. Tendo como principal referente a Carbalho Calero, busca a normalización dos usos lingüísticos do galego e o favorecemento dunha normativa lingüística reintegracionista, científica e independente. Desde 1982 está presidida por Mª do Carmo Henríquez Salido. A súa estrutura de funcionamento componse dunha asembleia de sócios e dun conselho formado por investigadores como Monterroso Devesa, Gil Hernández, Filipe Seném, Ramom Lôpez-Suevos, Elvira Souto, Nemésio Barxa, Manuel Portas, Luís Gonçalez Blasco, Joám Costa ou Bernardo Penabade. Componse tamén de diversas comisións como “Textos Religiosos”, “Sociolingüística” e “Comissom Lingüística” integrada, entre outros, por Isaac Alonso Estravis, Henrique Rabunhal, José Luís Rodríguez Fernández ou José A. Souto Cabo. Esta comisión elaborou tres libros que recollen o pensamento lingüístico...
-
-
Signo gráfico (*) usado na escritura e na imprenta para indicar a referencia a unha nota marxinal, para marcar as palabras, frases, etc, que teñen un carácter especial. En Lingüística indica que unha forma non está documentada, senón que é hipotética.
-
Signo que nos sistemas operativos DOS e Windows se emprega como substituto de caracteres que se descoñecen, cando se necesita localizar ou abrir un arquivo ou unha serie deles. Así, buscando por inform*.* aparecen todos os ficheiros que comezan con esas letras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial administrativa da Igrexa católica. A primeira documentación data do s III cando aparece nomeado o seu bispo Basílides. A súa xurisdición abranguía todo o convento asturicense da Gallaecia, a actual diócese de Ourense, que no s VI aparece xa como independente, e parte da de Lugo. As comarcas de Trives, Caldelas, Robleda e Valdeorras permaneceron baixo a xurisdición astorgana ata a época contemporánea. Na provincia de Lugo a comarca de Quiroga ficou na diócese de Astorga ata 1955, data na que se adaptou a administración eclesiástica á civil. Pertenceu á arquidiócese de Braga pero durante o Cisma de Occidente dependeu de Santiago de Compostela. Permaneceu na arquidiócese compostelá ata 1851, ano no que pasou a depender de Valladolid. En 1999 a diócese de Astorga comprendía cinco arciprestados asentados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Valdeorras, Fontei, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo e Viana do Bolo), que inclúen os concellos do Barco de Valdeorras,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello astronómico destinado á fotografía celeste e, en particular, á determinación das coordenadas dos astros e o sinalamento da presenza de novos asteroides. Nos últimos tempos substituíuse polo telescopio fotográfico.