"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Lámpada que contén un sistema óptico de espellos ou lentes, destinado a concentrar a luz dentro dun ángulo sólido determinado, xeralmente reducido a fin de obter unha intensidade luminosa elevada.

      1. Aparato que permite proxectar sobre unha pantalla as imaxes dunha película cinematográfica ou dunha diapositiva. O proxector cinematográfico está constituído pola fonte de luz e o obxectivo, dúas bobinas, un mecanismo de desprazamento da película, un sistema ventilador e un obturador. O proxector de diapositivas adoita ir provisto dun sistema de ventilación, dun depósito de diapositivas e dos mecanismos axeitados de avance e expulsión, con accionamento manual ou automático. O episcopio permite proxectar sobre unha pantalla imaxes de obxectos non transparentes, como textos ou ilustracións. O retroproxector proxecta unha imaxe dun obxecto transparente de dimensións non fixadas.

      2. Aparato destinado a proxectar sobre unha pantalla imaxes de televisión. Xeralmente consta dun sistema óptico que amplía as imaxes procedentes do tubo de raios catódicos. Un tipo de proxector moi empregado é o eidóforo.

    2. Episcopio que proxecta sobre unha pantalla translúcida o perfil amplificado dunha peza e, superposto, un debuxo a escala do perfil de referencia, de xeito que, a partir da comparación de ambos, se pode verificar a súa coincidencia e, eventualmente, corrixir por mecanización o da peza ata facelo coincidir co do debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado alemán, situado entre o centro e o N da antiga Alemaña unificada, desde as montañas de Alemaña central ata o mar do Norte, e do Rin ao Nemunas (292.800 km2). Como estado libre incluía Prusia Oriental, situada ao L do corredor polaco, que cortou o territorio prusiano despois da Primeira Guerra Mundial, Brandenburgo, Pomerania, Silesia, gran parte da Saxonia, Slesvig-Holstein, Hannover, Westfalia, Hessen-Nassau, as provincias do Rin e os países de Hohenzollern ao SO de Alemaña, enclavados dentro do territorio de Baviera. O seu territorio está atravesado pola maioría dos grandes ríos alemáns; Rin, Ems, Weser, Elba e Oder. A súa economía baséase na agricultura, con predominio do cultivo de patacas, centeo, orxo e avea. Nas rexións occidentais, hai un predominio da industria, sobre todo no Rhur prusiano que se beneficiou dos depósitos de carbón. Os sectores industriais máis desenvolvidos son os da siderurxia e metalurxia, a química, o téxtil, a electrotecnia, a mecánica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o autor do tratado filosófico Do sublime, falsamente atribuído a Casio Lonxino. Foi obra probablemente dun mestre de retórica de orixe grega que defendeu a retórica como unha actividade creadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a conduta e os estados de consciencia ou procesos mentais relacionados con ela, das persoas, consideradas individualmente ou como membros dun grupo social. Pódense distinguir dúas épocas na súa historia, diferenciables tanto polo contido como polo método. A psicoloxía clásica, ou psicoloxía racional, comportaba unha sistematización dos datos empíricos a partir duns presupostos puramente filosófico-metafísicos. A psicoloxía moderna, en cambio, arrinca do método cuantitativo experimental e pode subdividirse na denominada psicoloxía das escolas (o condutismo, a psicanálise, o funcionalismo e o estruturalismo, entre outros) e unha máis sintética e, asemade, máis especializada, psicoloxía contemporánea. Polo que respecta aos métodos ou ás técnicas cómpre destacar os de carácter clínico e os de carácter experimental. Debido á crecente especialización da psicoloxía e á interrelación entre as especialidades, é difícil de establecer unha enumeración das diversas ramas e manifestacións....

      1. Todo o que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.

      2. Conxunto de trazos psíquicos, caracterolóxicos e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.

      3. Síntese dos trazos característicos -históricos, culturais e morais- dun pobo ou dunha nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo mítico da alma celebrado despois da morte, no Antigo Exipto. A cerimonia descríbese no Libro dos mortos: Thot pesa o corazón do defunto e admíteo ou non no reino de Osiris. Foi un tema iconográfico común na arte funeraria exipcia e introduciuse en Occidente a través da arte copta. O que sostén as balanzas adoita ser o arcanxo san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á publicidade.

    2. Profesional da publicidade.

    3. Arte especializada no uso e reprodución artística con fins comerciais. Inicialmente foi desenvolvida por artistas, ata a aparición de técnicos titulados especializados (deseñadores gráficos, debuxantes, ilustradores, fotógrafos, redatores de textos e outros profesionais) que traballan no campo das artes gráficas e que se serven dos diferentes elementos e linguaxes gráficas para configurar anuncios, imaxes corporativas, promoción de vendas ou publicidade exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteiro situado na costa do Pacífico, no estado de Washington, EE UU. Esténdese desde o estreito de San Juan de Fuca ata a cidade de Olympia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extremo agudo dunha cousa.

      2. Extremo dunha cousa máis ou menos alongada.

      3. Cada un dos ángulos ou extremo dunha peza ou obxecto.

      4. Parte extrema ou avanzada de algo.

      5. Xogador que ocupa posicións de ataque, sobre todo no fútbol.

      1. Obxecto rematado en forma aguda.

      2. Cravo pequeno, especialmente o fino fabricado mecanicamente, denominado orixinariamente punta de París.

      3. Instrumento lítico rectangular, con ou sen retoque, que consta dunha extremidade aguda e que se obtén da lasca.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca visible de pequeno tamaño e forma redonda que destaca sobre unha superficie.

      1. Posición determinada sobre unha superficie, liña, mapa ou lugar.

      2. Lugar determinado no espazo, onde se localiza algo.

      3. Pequena área que se toma de referencia para situar un órgano.

      4. Elemento do espazo que non ten extensión, só posición.

      5. Cada unha das superficies elementais en que está dividida a imaxe mediante a exploración. A sucesión de puntos horizontalmente constitúe unha liña.

      6. punto adherente

        Punto x tal que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, calquera contorno de x contén algún punto de A.

      7. punto alveolar

        Punto central do arco alveolar superior.

      8. punto apendicular

        Calquera dos puntos dolorosos á presión na parede abdominal na apendicite, como os puntos de Lanz, de Morris ou de Mac Burney.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de puntuar.

      1. Maneira de puntuar.

      2. signos de puntuación

        Signos ortográficos que se utilizan na escrita para marcar pausas, entoacións ou incisos e facilitar así a súa correcta comprensión. Son signos de puntuación a coma, o punto e coma, os dous puntos, o punto, os puntos suspensivos, o signo de interrogación e o de exlamación, o guión ou trazo, a raia, as parénteses, os corchetes e as comiñas.

    1. Número de puntos conseguidos nunha competición, nun xogo ou nun exame.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer os signos ortográficos de puntuación nun texto.

    2. Cualificar por medio de puntos.

    3. Obter puntos nunha competición ou proba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín purificatĭōnem, de purifico ‘purificar, expiar’, formado de purus ‘puro, limpo’ e facio ‘facer’. Presenta a variante Pura e os hipocorísticos Puriña, Puri e Purfica. Nas crónicas, como nome feminino, refírese á festa católica da Purificación de María. A festa xa se celebraba no s IV en Xerusalén, segundo conta Exeria. No s VI era festa importante no santuario da Blancherna en Constantinopla. En Occidente difundiuse desde o s VII para substituír unhas festas pagás en honor de Plutón. O uso das candeas naceu na procesión que en Xerusalén instituíu Ikelia, pero que non aparece en Occidente ata o s X. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer puro ou máis puro algo ou a alguén.

      1. Realizar determinados actos rituais para facer a unha persoa ou cousa digna de entrar en contacto co sagrado.

      2. Limpar co purificador o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.

      3. Cumprir certos ritos de purificación.

    2. Extraer dunha parte ou dun líquido do corpo as cousas que lle son estrañas, para deixalos en estado de pureza.

    3. Facerse máis puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida alcohólica tradicional galega que se elabora nun recipiente de barro queimando augardente, con azucre, uns grans de café e unha codia de limón. O sabor e a forza do licor dependerán das características dos ingredientes básicos e do tempo de duración do proceso de queimado, xa que a combustión pode interromperse segundo se desexe. En ocasións, pódese preparar xarope de azucre queimado, que lle proporciona un peculiar sabor e cor. Adoitaba realizarse no ámbito rural como remate dos xantares relacionados co magosto, a matanza, o nadal ou o entroido así como en reunións festivas ou calquera tipo de celebración. Pénsase que ten unha orixe medieval, inserida entre os variados ritos ao redor do lume, que se mantivo refuxiada no mundo rural cun valor fundamentalmente terapéutico, pasando a mediados do s XX a tomar unha dimensión folclórica e lúdica rodeada de connotacións purificadoras ou místicas coa recitación de conxuros específicos para a ocasión,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dos inxectos homópteros de xénero Kermes, da familia dos quermésidos, duns 3 mm de lonxitude, de corpo globuloso e segmentos espiñentos, que habitan sobre diversas plantas como a aciñeira, alimentándose dos seus zumes. Da especie K. ilicis extraíase un colorante vermello.

    2. Colorante que se obtiña dos insectos de xénero Kermes.

    3. alquermes.

    4. Mineral, de fórmula S 2 Sb 2 O, que cristaliza no sistema monoclínico. É de cor avermellada e cunha exfoliación perfecta, unha dureza de 1 a 1,5, e un peso específico de 4,5. OBS: Tamén se denomina quermesita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a composición, a estrutura e as propiedades dos diferentes tipos de substancias, así como as súas transformacións. Atendendo á natureza das substancias estudadas, dividiuse tradicionalmente en química inorgánica e orgánica. Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica. O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home, e no que se refire aos fenómenos químicos, en procesos tales como a cocción de alimentos, o curtido, a metalurxia, a fabricación de vidro e a preparación de medicinas e velenos, entre outros. No que atinxe ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución foron desenvolvidas polos filósofos gregos, como Empédocles coa súa teoría sobre os elementos constituíntes da materia (terra, auga, aire e lume). A partir destas teorías, a finais do s I xurdiu en Alexandría a alquimia,...

    2. Conxunto de leis que constitúen o fundamento da estequiometría. A formulación das leis ponderais parte, historicamente, do principio de conservación da materia de A. L. Lavoisier. As leis ponderais propiamente ditas son a lei das proporcións recíprocas de J. B. Richter (1792); a lei das proporcións definidas de J. L. Proust (1801); a lei das proporcións múltiples de J. Dalton (1803); e a lei dos volumes de combinación de J. L. Gay-Lussac (1808).

    3. Rama da química que comprende o conxunto de coñecementos teóricos, principalmente pertencentes ao campo da química física (equilibrios en solución, equilibrios heteroxéneos, electroquímica ou espectroscopia), que constitúen o fundamento da análise química.

    4. Rama da química e que estuda, desde unha perspectiva física, os fenómenos químicos ou de interese para a química. Pode abordar os seus problemas tanto desde o nivel macroscópico ou fenomenolóxico coma desde o microscópico ou molecular. A ferramenta de traballo empregada no estudo fenomenolóxico é a termodinámica, mentres que a mecánica, e principalmente a mecánica cuántica, proporcionan o método para abordar os problemas microscópicos. O baleiro existente entre estes dous niveis pode encherse mediante o uso da termodinámica estatística, que permite, partindo do nivel molecular, a predición de propiedades macroscópicas. Modernamente existe a tendencia de denominar química cuántica a parte da química física que comprende o estudo de problemas microscópicos mediante o uso da mecánica cuántica. O estudo químico-físico dos fenómenos químicos a nivel macroscópico realízase desde a perspectiva do primeiro e segundo principio da termodinámica e, en particular, das funcións que se derivan...

    5. Rama da química que estuda os elementos químicos e os compostos inorgánicos. A química inorgánica non comprende só o estudo das propiedades, os métodos de preparación e as transformacións destas substancias, senón tamén o das relacións de analoxía que se poden establecer entre eles e o das causas que determinan as súas propiedades específicas. Das bases químico-físicas que atoparon unha aplicación fundamental na química inorgánica, destaca o coñecemento da estrutura das ordenacións sólidas estendidas, o coñecemento da natureza do enlace químico empregando fundamentalmente o método dos orbitais moleculares e o uso sistemático de constantes empíricas que, no caso dos elementos, se concretan na electronegatividade, o raio covalente, o raio iónico ou o raio de Van der Waals, e, no caso dos compostos, na enerxía de enlace, a distancia de enlace e o momento dipolar. Adoita considerarse separadamente dentro da táboa periódica os gases nobres, os elementos dos grupos principais (hidróxeno, alcalinos,...

    6. Rama da química que trata dos compostos complexos de carbono e das súas transformacións. Os obxectivos fundamentais da química orgánica son a determinación da estrutura molecular (análise estrutural) e a síntese de compostos, o estudo das propiedades específicas e as relacións xerais entre os compostos, os mecanismos de reacción e a estereoquímica. Empregouse o criterio estrutural para delimitar as diversas ramas en que se pode considerar dividida a química orgánica. Así, está a química orgánica alifática ou acíclica, que trata das estruturas abertas, lineais ou ramificadas, saturadas ou insaturadas; a química orgánica alicíclica, relativa aos compostos carbocíclicos non aromáticos; a química orgánica aromática, relativa aos compostos derivados formalmente do benceno; e a química orgánica heterocíclica, relativa aos compostos carbocíclicos, aromáticos ou non, que conteñen un ou máis heteroátomos no anel carbonado. Seguindo criterios análogos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síntese de substancias orgánicas a partir dunha fonte de enerxía de tipo químico. Aplícase principalmente á síntese dos organismos autotróficos non dotados de clorofila (denominados quimiótrofos), que sintetizan as substancias orgánicas que incorporan ao seu protoplasma, partindo de compostos minerais reducibles como auga, dióxido de carbono ou sales amoniacais, e aproveitando a enerxía desprendida en procesos de oxidación de compostos inorgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método radiográfico en que se aprecian as vibracións larínxeas, bucais e nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia ou doutrina filosófica que defende a razón como unha fonte radicalmente moito máis válida ca a experiencia sensible ou afectiva, e que a cataloga como a única fonte absolutamente válida para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade. Contraposto ao empirismo, ao irracionalismo e ao escepticismo, o racionalismo pode atoparse en case todas as épocas, desde Parménides ata G. W. F. Hegel -os seus dous representantes máis extremos-, aínda que a súa típica e máis estrita expresión aparece na corrente filosófica que, nos ss XVII e XVIII, recolleu o desexo de emancipación por parte do home de toda fe relixiosa sobrenaturalista e o entusiasmo causado polos grandes descubrimentos científicos da Idade Moderna. Neste senso, o racionalismo corresponde ao conxunto de sistemas especulativos elaborados por R. Descartes, B. Spinoza, N. Malebranche e G. W. Leibniz, que se caracterizan por unha clara pretensión de alcance universal e por unha estrutura lóxica voluntariamente...

      2. Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas só a partir da razón.

    1. Actitude en virtude da cal se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito exclusivamente, e mesmo excesivamente, racional.

    2. Movemento artístico que se aplicou ao período da arquitectura contemporánea comprendido entre 1910 a 1940, que concedía prioridade ao urbanismo sobre o proxecto arquitectónico individual, preocupándose polo óptimo aproveitamento dos espazos propio do funcionalismo arquitectónico e que defendeu a importancia social da actividade do arquitecto. Incoporou á arquitectura técnicas industriais de fabricación en serie. Denominouse tamén estilo internacional, funcionalismo e movemento moderno. En España desenvolveuse a partir de 1925 e estivo especialmente representado polo grupo GATEPAC. En Galicia destacaron, entre outros, os arquitectos Pedro Alonso Pérez, Xosé María Banet Díaz-Varela, Xosé Caridad Mateo, Francisco Castro Represas, Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO