"Aller" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • RIOS

    Río de Alemaña, principal afluente do Weser pola marxe dereita. Nace na chaira de Magdeburgo e percorre un val amplo e pantanoso. Pasado Celle, é navegable ata a confluencia co Weser, no que desemboca logo dun percorrido de 256 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Asturias, na vertente N da cordilleira Cantábrica, á beira do río Aller (16.347 h [1996]). Situada na conca hulleira onde os xacementos de carbón afloran nun contexto de pizarras moi pregadas que dificultan e encarecen a explotación mineira. As explotacións agrarias teñen como principal orientación a produción láctea dunha cabana bovina composta especialmente por reses frisonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana procedente do concello de Aller (Pola de Lena) que se estendeu por toda Galicia e polas terras colombianas de Barranquilla e Bogotá. As súas armas levan, banda de goles con dragonetes de sinople, en campo de ouro e bordo cargado de nove aspas de ouro, sobre campo de azur. Outra variante trae, banda de goles cargada dunha cotiza de prata, en campo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi Catedrático de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela e sacerdote. En 1948, na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional, reunida en Zúric, resulta elixido membro da Comisión encargada do estudo das estrelas dobres, onde deixou pegada. A súa obra Introdución a la Astronomía (1943) constituíu unha achega trascendental a ese eido científico, en tanto que Astronomía a simple vista (1948) é un interesante libro de divulgación. Aínda que destacou como astrónomo, tamén realizou unha importante contribución no ámbito matemático. No seu libro Algoritmia: principios fundamentales de la ciencia de los números (1918), recolle con claridade os fundamentos da análise matemática. Tamén foi importante a súa contribución á teoría parabólica dos erros e dos conxuntos e números finitos, indefinidos e transfinitos. En 1912 construíu un observatorio en Lalín e logo foi director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Como mostra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída o 20 de setembro de 1989 na Vila de Cruces e presidida por Xosé Mª López Pérez. O seu obxectivo é a divulgación cultural promovendo o estudo da astronomía. Xestiona o observatorio astronómico do couto Zarra Grande de Vila de Cruces que comezou a funcionar en 1993 cun telescopio de máis de 40 centrímetros de diamétro capaz de superar os 12 millóns de anos-luz aberto a todos os centros de investigación e estudiantes de Galicia. Organizan asembleas xerais, cursos de astronomía, publican unha revista semestral e pretenden elaborar un calendario astronómico para a mellor observación dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trasladouse aos dous anos a Santiago, onde residiu ata 1906 cando marchou a Uruguai. Foi presidente do Centro Galego de Montevideo e da Asociación Protectora da Cultura Galega. Colaborou activamente na prensa de Iberoamérica e realizou traballos de creación e estudios sobre arte e poesía. Publicou no 1947 as coleccións de romances Romance del Gaucho Perdido, Romances de Mar y Tierra e Romance de la Soledad, ademais de La pintura de Méndez Magariños, Saudade (Emoción de Galicia), Paisajes de España (1948) e Caminos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última oscilación tépeda da glaciación Würm IV, que comeza cara ao 11.800 BP e dura uns 1.000 anos, ata a chegada da fase fría Dryas III. Ben definido nos cadros polínicos (aumento das termófilas en xeral, aínda que se produce unha gran diversificación rexional) e nos cambios faunísticos (definitiva desaparición en Centroeuropa do reno e mamut). Durante esta oscilación prodúcese o final do Paleolítico superior (Madalenense final, Hamburguense, etc) e comezo do Mesolítico (Azilense, Ahrensburguense, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e psiquiatra austríaco. Escribiu Das Werden der sittlichen Person (A evolución da personalidade moral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, teólogo, canonista e editor italiano. Ensinou en Verona e publicou Il metodo di S. Agostino negli studi (O método de santo Agostiño nos estudios, 1724), onde sostiña a doutrina do probabilismo. Loitou contra o préstamo con xuros e contra a usura, o que o levou a publicar a Summa Theologica de Antonio de Florencia (1741), a Summa de Ramón de Penyafort (1745) e o tratado De iure divino et naturali circa usuram (Sobre o dereito divino e natural en relación coa usura, 1744-1774), sendo aceptados algúns dos seus puntos por Benedicto XIV, quen tamén lle encargou a edición crítica das obras de León I (1753-1757). Así mesmo, é autor de diversas obras en defensa da autoridade pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   bandalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade cultural vasca do s XVIII, de ideoloxía ilustrada, fundada no 1748, que deu orixe á Sociedad Económica Vascongada de Amigos del País.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabaleiro.

    2. Liñaxe aragonesa, espallada por toda España. As súas armas levan, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata, xinete nun cabalo do mesmo metal, cunha espada denuda na man destra e unha rodela na sinistra. Os de Asturias traen, en campo de sinople, un castelo de prata posto sobre ondas de auga de azul e prata, sinistrados dun león rampante da súa cor, empinado aos seus muros e superado dunha estrela de ouro; bordo de azul con oito flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Carretero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como diplomático e como director de El Tiempo (1939-1943). Cultivou a novela con títulos como El Cristo de espaldas (1952), Siervo sin tierra (1954) e Caín (1969), o conto   en obras como El nuevo príncipe (1969) e El almirante niño (1972), e o ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO