"Anthus" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Xénero de herbáceas da familia das acantáceas ao que pertence o acanto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos motacílidos ao que pertencen as picas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das valerianáceas á que pertencen os alfinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das cariofiláceas, que reciben a denominación popular de caraveis. En Galicia están presentes diversas especies como, D. hyssopifolius, perenne de ata 50 cm de altura, con flores de pétalos brancos; D. laricifolius, coas subespecies D. laricifolius caespitosifolis e D. laricifolius merinoi, que constitúen especies endémicas; D. langeanus, con flores rosas localizadas en pedregais e pastos secos de montaña, tamén endemismo galego. A especie D. caryophyllus é orixinaria de Eurasia e cultívase dende hai máis de 2.000 anos en Europa e China. A partir dela, mediante procesos de hibridación e selección, obtivéronse un gran número de variedades. O cultivo require solos areosos con escasas arxilas para que teña unha boa drenaxe e evitar as enfermidades criptogámicas ás que a planta é susceptible. As temperaturas óptimas acádanas entre os 22-24°C, e durante a noite entre os 10-12°C. As xeadas estragan a flor para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das amarilidáceas. Son plantas herbáceas bulbosas con follas estreitadas nun pecíolo curto, onduladas e carnosas de 15 a 25 cm e dunha cor verde brillante, teñen seis nervacións situadas a cada un dos lados do nervio principal; inflorescencias en forma de umbela, sostidas por grosos escapos dunha coloración que vai desde o escarlata ao branco. Proceden de África meridional e plántanse en tarros e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, cultivadas ou adventicias pertencente á familia das compostas. Presenta follas opostas e xeralmente simples sen lanuxe, capítulos ligulados e pequenas flores estériles. Son orixinarias de Norte e Centroamérica. As especies máis relevantes son H. annus, xirasol, e H. tuberousus, alcachofa de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes osteíctios, da familia dos notacántidos, que presentan o corpo angüiliforme, comprimido ou cilíndrico, a aleta caudal moi pequena e a aleta dorsal formada por espiñas duras e independentes. Teñen unha cola rematada en punta e a liña lateral pouco marcada. Viven en fondos profundos entre 2.000 e 2.500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, herbáceas ou subarbustivas, da familia das asteráceas, que presentan as follas alternas, sésiles e oblongas e as flores hermafroditas e cos flósculos con dous esporóns, dispostas en capítulos que forman corimbos terminais. O froito é un aquenio comprimido con lanuxe. En Galicia é habitual nos areais marítimos a especie O. maritimus, que ten propiedades medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais, hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, coas follas opostas e simples e flores solitarias ou dispostas en acios terminais, de cores variadas, co cáliz inflado e corola bilabiada. En Galicia está presente na rexión oriental a especie R. minor, que medra en prados e florece entre os meses de maio a xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, perennes ou anuais, de talos ramificados e follas opostas e sen estípulas. Presentan inflorescencias en glomerulos, e as flores non teñen pétalos. En Galicia atópase a especie S. annus, que medra en terras secas.

    VER O DETALLE DO TERMO