"BSI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

      1. Construción de planta semicircular cuberta mediante bóveda de cuarto de esfera ou bóveda de forno. É un elemento construtivo que ten a súa orixe na basílica romana, onde era o lugar destinado aos maxistrados. Posteriormente, na basílica cristiá, ocupou a cabeceira, arrimada á nave ou naves, estando reservada ao presbiterio e ao altar.

      2. ábsida lobulada

        Ábsida rodeada por diversas absidiolas, xeralmente en número impar.

      3. ábsida poligonal

        Tipo de ábsida que se caracteriza por posuír unha planta poligonal.

    1. Nas tendas de campaña, a parte oposta á entrada, de forma poligonal ou semicircular, que serve de curruncho para as mochilas e os trebellos de acampada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta forma semicircular ou poligonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde dos mucorais que poden aparecer nos alimentos en forma de mofo e que poden causar mucormicose tanto na especie humana coma noutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ábsida secundaria que rodea unha ábsida principal, debuxando unha planta lobulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Británica de Normalización, xeralmente representada polo símbolo BS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias Gram-negativas, sen motilidade, da familia das enterobacteriáceas, con cepas que viven sobre o solo e a auga, aínda que se atopan tamén como parasitos e patóxenos de animais e do home. Son capsuladas e teñen forma de bastóns convexos. Destaca pneumoiae, que produce pneumonía e infeccións do tracto urinario humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • idro volcánico que se corresponde na súa composición coas riolitas. É de cor negra ou moi escura, e presenta unha fractura concoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao asedio dun lugar.

    2. coroa obsidional.

      1. Moeda de necesidade acuñada en tempos de guerra para circular especialmente nunha cidade ou unha praza forte asediada e, polo tanto, illada e imposibilitada de recibir os aprovisionamentos e as axudas normais do exterior. Fabricábase tanto nunha ceca oficial regular como nunha ceca provisional, e mesmo nunha de emerxencia.

      2. Toda moeda de necesidade, aínda que non se produza en condicións de asedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Testemuña, no dereito romano, que se pide para asinar e selar un testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento descendente do aire nunha grande extensión que se presenta en situacións anticiclónicas. O movemento é lento e provoca un quentamento do aire.

      1. Afundimento dun sector da superficie terrestre.

      2. Afundimento dunha conca de sedimentación provocada pola acumulación progresiva dos sedimentos, depositados de forma horizontal nun groso de auga non moi grande.

    2. Desaparición gradual dun acceso ou dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de subsidiario.

    2. Tendencia favorable á participación subsidiaria do Estado no apoio das actividades privadas ou comunitarias.

      1. Criterio que pretende reducir a acción do Estado ao que a sociedade civil non pode chegar por si mesma.

      2. Principio aplicado ao proceso de integración europea para limitar a intervención das autoridades comunitarias nos supostos de que os estados membros non poidan ser eficaces por si mesmos. Segundo este principio a Unión Europea non actúa, agás nos sectores da súa competencia exclusiva, ata que a súa acción é máis eficaz ca a emprendida no ámbito nacional, rexional ou local.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que axuda ou reforza algo.

    2. Aplícase á responsabilidade, á pretensión ou á acción disposta para substituír a outra principal en caso de que esta falle.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuda económica de carácter oficial, outorgada a unha persoa, entidade ou país, para atender determinadas necesidades, individuais ou colectivas.

    2. Axuda extraordinaria e temporal que se concede ao traballador en desocupación ou en paro en proporción ao seu salario base e tendo en conta as cargas familiares e o tempo cotizado. Durante o período de percepción do subsidio o traballador acóllese á seguridade social sen ter que satisfacer as cotas respectivas.

    3. Prestación da seguridade social destinada aos traballadores que son cabeza de familia. Adoita ter un carácter temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subdivisión dun sistema determinado.

    2. Subdivisión da unidade cronostratigráfica sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Feito de subsistir unha cousa.

      2. Feito de facer que alguén subsista.

      3. economía de subsistencia

        Economía que pretende a produción para o consumo do que é necesario para subsistir.

    1. Conxunto de medios necesarios, especialmente alimentos, para o sustento da vida humana.

    2. Termo escolástico cun significado non sempre preciso, que designa aquela calidade dun ente ou dunha esencia en virtude de que esta non precisa doutra cousa para ser o que é. É propia das substancias, sendo as substancias completas perfectamente subsistentes, mentres que as substancias incompletas son imperfectamente subsistentes; e tamén dos xéneros e das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que subsiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Seguir existindo algo.

    2. Seguir vivindo.

    3. Existir unha substancia con todas as condicións propias do seu ser e da súa natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO