"Catalunya" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso III de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso IV de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso V de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa d’Estalvis de Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Barcelona en 1926. Aínda que o seu ámbito de actuación inicial era provincial, en 1936 aumentou a súa xurisdición a toda Catalunya. En 1999 era a sexta entidade financeira española por volume de activos. Promove unha importante obra social.
-
REXIÓNS
Rexión da Europa Mediterránea que constitúe o máis setentrional dos denominados Països Catalans (territorios de cultura e fala catalana), dos que é o núcleo orixinario e a parte máis extensa. Administrativamente, divídese entre a República Francesa e o Reino de España, de acordo co Tratado dos Pireneos (1659) que estableceu no eixe axial desta cordilleira de pregamento alpino o límite entre ambas as dúas coroas. Dese xeito, as comarcas setentrionais, o Roselló, o Conflent e a Alta Cerdanya, quedaron baixo soberanía francesa e o proceso de afrancesamento iniciouse inmediatamente baixo o reinado de Luís XIV. Despois da Revolución Francesa, o goberno da Primeira República (1792-1804) incluíu o territorio no departamento dos Pyrénées-Orientales. Trala reestruturación levada a cabo en 1982 (na Quinta República), o departamento incluíuse na rexión de Planificación do Languedoc-Roselló. Pola súa parte, o territorio que quedou baixo soberanía española perdeu os seus dereitos forais trala...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, no extremo NL da Península Ibérica (32.113 km2; 6.090.040 h [1996]). Situada á beira do Mar Mediterráneo, que a baña polo L, esténdese entre a cordilleira dos Pireneos, ao N, e o Sistema Ibérico, ao S. Limita ao O con Aragón, ao S coa Comunitat Valenciana e ao N con Andorra e Francia. Integrada polas provincias de Barcelona, Girona, Lleida e Tarragona, a súa capital é Barcelona.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense tres grandes unidades morfoestruturais: dúas montañosas, os Pireneos e as Cadeas Costeiras Catalanas, que enmarcan unha chaira interior, a Depresión Central Catalana. Os Pireneos, ao N, son unha cordilleira alpina orientada de O a L, moi afectada pola erosión glacial. Acada a súa máxima altitude e largura, e cara ao L descende e se estreita ata chegar ao mar. Un conxunto de serras subsidiarias, o Prepireneo, érguense paralelas ao eixo da cordilleira descendendo cara ao S. As... -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político catalán. Naceu tras unha xuntanza clandestina en Montserrat o 17 de novembro de 1974, na que participaron diferentes representantes do nacionalismo catalán procedentes, entre outros, dos sectores sindicais, profesionais, culturais e universitarios. O comunicado final recolleu catro puntos básicos: democracia, sentido social, nacionalismo e europeísmo. O 3 de decembro de 1976 converteuse en partido político e Jordi Pujol i Soley foi nomeado secretario xeral. O 23 de febreiro de 1977 incribiuse no rexistro de asociacións políticas e en xuño do mesmo ano participou nas primeiras eleccións xerais da democracia na candidatura do Pacte Democràtic per Catalunya. En 1978 integrouse en CDC o partido Esquerra Democràtica per Catalunya, e Ramón Trias i Fargas converteuse no presidente da CDC, cargo que ocupou ata 1989. O 19 de setembro de 1978 formou, xunto con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), a coalición electoral Convergència i Unió (CiU), vencedora nas eleccións autonómicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político catalán fundado na Conferencia d’Esquerres en marzo de 1931 pola unión do Partit Republicà Català, o grupo de L’Opinió e Estat Catalá. Os seus principios políticos eran o recoñecemento da personalidade nacional de Catalunya e dos dereitos do home e do cidadán, a federación cos outros pobos ibéricos e a socialización da riqueza. Inicialmente, o comité executivo estivo formado, entre outros, por Francesc Macià e Luís Companys, nomeado presidente da Generalitat en xaneiro de 1934. O éxito electoral de abril de 1931 e a proclamación da República déronlle a hexemonía política en Catalunya. Constituíu diversos gobernos durante a República e a Guerra Civil, trala que a maioría dos seus líderes tiveron que exiliarse. ERC configurouse dende 1976 baixo a dirección de Heribert Barrera como unha alternativa de centro-esquerda e obtivo 2 parlamentarios nas eleccións lexislativas de 1977, 3 nas de 1979 e 3 nas de 1982. En 1987 Barrera foi substituído na secretaría xeral por Joan Hortalà;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou o réxime de autonomía á comunidade catalana. No s XX redactáronse en Catalunya tres proxectos de estatuto de autonomía, dos que entraron en vigor dous, o de 1932 e o de 1979, que representaban a consecución dos ideais nacionalistas desenvolvidos desde principios de século. A primeira redacción correspondeu ao proxecto de Estatuto de Autonomía de 1919, aprobado polos deputados da Mancomunidade de Catalunya e os parlamentarios cataláns reunidos en asemblea constituínte o 25 de xaneiro de 1918. O estatuto prevía un goberno autónomo integrado por un Parlamento, un poder executivo e un gobernador xeral. Malia que non chegou ao Congreso a causa da oposición do goberno español, constituíu un valioso precedente do Estatuto de Nuria (1931), que entrou en vigor como Estatuto de Catalunya de 1932, tras ser aprobado polo Parlamento español o 15 de setembro. O texto propugnaba unha estrutura federal para España, a creación dun goberno común para os Països Catalans e o recoñecemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo político-administrativo que engloba as institucións de goberno de Catalunya. A súa orixe remóntase á creación das Cortes catalanas no s XIV como organismo permanente de recadación de impostos, que se estendeu polo Reino de Aragón. Foi suprimida por Filipe V trala Guerra de Sucesión (1701-1715) e non foi recuperada como institución ata 1931, coa Segunda República. Proclamada esta, constituíuse en Catalunya o goberno autónomo denominado Generalitat, encargado da elaboración do Estatut d’Autonomia de 1932 aprobado polo Parlamento o 26 de maio de 1933. De acordo con este texto, a Generalitat estaba constituída polo presidente, elixido polo Parlamento e con funcións representativas e executivas; polo Parlament de Catalunya, elixido por sufraxio universal; e polo consello executivo, presidido polo presidente e formado polos conselleiros. O seu primeiro presidente foi Francesc Macià, ao que sucedeu Lluis Companys. A derrota republicana trala Guerra Civil trouxo consigo a derrogación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade política catalá constituída o 6 de abril de 1914 pola unión das catro deputacións provinciais catalanas. O presidente foi Enric Prat de la Riba. As bases legais da Mancomunitat decretáronse o 18 de decembro de 1913 e autorizábase a unión de provincias do estado español para fins exclusivamente administrativos. A organización político-administrativa da Mancomunitat baseábase en tres órganos fundamentais: a asemblea xeral, o consello permanente e a presidencia. A asemblea era soberana e estaba composta por todos os deputados das catro provincias. Foi disolta en 1925 polo xeneral Primo de Rivera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1934 en Barcelona baixo o goberno da Generalitat. Con sede no Palau Nacional de Montjuïc, o Museu d’Art de Catalunya inicialmente amosaba ao público a evolución das artes plásticas en Catalunya desde o prerrománico ata a época moderna e pretendía converterse nun centro activo da investigación e da divulgación da arte catalá. Cerrado en 1937, foi reaberto en 1941, sen as obras dos dous últimos séculos, que constituíron o Museu d’Art Modern Barcelona (1945). Consta de tres grandes seccións, a de arte románica, a de arte gótica e a do Renacemento e o Barroco. A partir da promulgación da lei de museos catalá (1990), adquiriu a categoría de nacional e volveu integrar o Museu d’Art Modern xunto co Gabinet Numismátic e a Biblioteca dels Museus d’Art de Barcelona. É xestionado por un organismo autónomo con representación da Generalitat de Catalunya e do concello de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política catalá fundada o 22 de xullo de 1936 a partir da fusión do Partit Comunista de Catalunya, a Federació Catalana del PSOE, a Unió Socialista de Catalunya e o Partit Català Proletari. O seu crecemento durante a guerra foi notable. Desde os primeiros momentos do exilio, a dirección do PCE tentou integralo baixo a súa autoridade e, a partir de 1949, o PSUC quedou fortemente ligado ao PCE, perdendo a súa independencia. De acordo coa súa concepción da loita pola democracia, tivo un papel destacado na Asemblea de Catalu-nya e participou no Consell de Forces Polítiques de Catalunya. Legalizado en maio de 1977, no V congreso (1981) a ocasional alianza dos sectores leninistas e históricos provocou a desfeita eurocomunista e a case ruptura co PCE. O VI congreso (1982) implicou o retorno á ortodoxia eurocomunista e a tendencia prosoviética emprendeu a creación dunha organización paralela que constituíu o Partit dels Comunistes de Catalunya (PCC). O VII congreso reafirmou a súa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Barcelona a partir de outubro de 1978. Co seu lanzamento, comezou a súa andaina na prensa diaria o Grupo Zeta de comunicación. Dirixido por Antonio Franco, seguiu a estrutura dun xornal de información xeral pero con recursos propios da prensa sensacionalista: grandes fotografías, titulares expresivos e moita cor. Distribuído en toda Catalunya, defende o Estado das autonomías e avoga pola nación catalá e a promoción da lingua e a súa normalización. O 28 de outubro de 1997 saíu á rúa a edición en catalán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade dependente da Corporació Catalana de Radio i Televisió que engloba as canles de televisión TV3, Canal 33 e TVC Satélite. TV3 comezou as súas emisións, integramente en catalán, o 10 de setembro de 1983. En 1988 iniciou as probas para a creación do Canal 33, que comezou a emitir en 1989. A partir de abril de 1996 TVC Satélite iniciou as súas emisións de carácter internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político catalán, fundado en 1931 como partido catalanista e democrático de inspiración cristiá, pero non confesional. Durante a Guerra Civil mantívose fiel ás institucións catalás e democráticas pero manifestou a súa oposición aos gobernos que as rexían. Ao termo da guerra moitos dos seus membros exiliáronse e outros reorganizárona clandestinamente en 1941. En 1965 formou parte do Equipo Democratacristiano de España, co que se integrou na Unión Europea e na Unión Internacional Democratacristiá. En 1979 formou con Convergència Democràtica de Catalunya (CDU) a coalición Convergència i Unió (CiU) coa que conseguiu representación nas institucións catalás, españolas e europeas e formou parte dos gobernos da Generalitat (1980-2003). Foi presidida por Miquel Coll i Alentorn ata 1988, Joan Rigol i Roig (1988-1990) e Josep Antoni Duran i Lleida, desde 1990.