"Cornide" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PUNTA

    Punta do litoral setentrional da parroquia de Beluso (concello de Bueu), na beira meridional da ría de Pontevedra, situada entre as praias de Trulla, ao L, e Mourisca, ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas: primeiro, en campo de azul, unha cruz floreteada de prata, acompañada no xefe de dous soles figurados de ouro en cada cantón, e en punta dun lobo de sable, arrimado de dúas estrelas de ouro; segundo, en campo de goles, unha torre de pedra e, saíndo por detrás dela, un brazo armado da súa cor, que sostén na man unha hasta de prata, da que saen dúas bandeiras do mesmo metal; terceiro, en campo de azul, dúas estrelas de ouro nos cantóns do xefe, e un minguante e unha flor de lis do mesmo metal nos da punta; cuarto, en campo de prata, seis roeis de azul, postos en dous paos; bordo axadrezado de ouro e sable en dúas ordes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia virxe, de rochas e area situada en Punta Cornide, de onde toma o seu nome.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 5 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Rochas / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, naturalista, economista, político e poeta ilustrado. Membro dunha familia fidalga, non seguiu as directrices paternas de realizar estudios de dereito e dedicouse á investigación histórica. De formación autodidacta asentada solidamente nas humanidades, é o prototipo de home ilustrado e polifacético e, xunto con Sarmiento, Feijoo e Sobreira, unha das figuras máis sobresaíntes do s XVIII en Galicia. Como escritor, a súa cultura enciclopédica e a súa curiosidade levárono a tratar numerosos temas que responden aos principais focos de interese da Ilustración, dende a xeografía e a historia ata a economía e as ciencias naturais, pasando polo dereito, a lingua e a educación. En 1755 presentou o traballo “Disertación geográfica histórica sobre cuál hubiese sido el antiguo asiento de la ciudad Límica o Lémica, señalada por patria de Idacio en el prólogo de su Cronicón” á Academia de Historia, que o nomeou membro de mérito. Dende esa data e ata 1802 desempeñou diversos cargos na Academia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada na praza da colexiata de Santa María, no núcleo histórico da Coruña. O ilustrado Xosé A. Cornide Saavedra naceu na casa que existía aquí antes da construción do pazo. O seu pai, Diego Cornide, demoleu a vivenda orixinaria para construír outra máis acorde coa fortuna que fixera tralo seu regreso de México, onde fora asesor do vicerrei, o marqués de Croix. O proxecto do edificio, do último terzo do s XVIII, debeuse ao enxeñeiro militar Francisco Llovet, quen deseñou un pazo señorial urbano de baixo e dúas alturas con notables referencias á arquitectura civil francesa. Destaca a súa fachada de cantería en granito rosáceo que se abre á praza a través dos numerosos vans e da balconada enreixada que percorre o primeiro andar. A nobreza da súa fachada mestúrase cunha concesión barroca á liña curva, presente nas cornixas, nas esquinas redondeadas do edificio e no remate do frontón central onde se sitúa o escudo de armas da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tallista. En 1759 realizou con Pedro Ramos os retablos e as imaxes de Xesús Nazareno e de Nosa Señora das Dores para a igrexa de San Miguel dos Agros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1965 que cesou cun número dobre, de 1992-1993. Creada e patrocinada polo Concello da Coruña, contou co apoio de Caixa Galicia e a Fundación Barrié de la Maza. Dirixida por Antonio Gil Merino, o seu obxectivo era ofrecer información diversa sobre a historia, a realidade e o futuro da cidade, e incluíu estudos históricos e xeográficos, de arqueoloxía e belas artes, referencias a museos, un apartado para tratar ciencias xurídicas e sociais, e unha atención especial ás ciencias económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 1872 - Sada 18.8.1900) Pintor. Membro da Xeración Doente, iniciou a súa formación na Escola de Belas Artes da Coruña e en 1888 emigrou a Bos Aires, onde perfeccionou as técnicas do óleo e o pastel e colaborou en revistas e xornais. Ao regreso, presentouse ante Emilia Pardo Bazán para retratala (Retrato da condesa de Pardo Bazán, 1894) e converteuno no seu protexido. Trasladouse a Madrid onde concorreu ás Exposicións Nacionais e realizou diversos encargos das clases altas. Viaxou por Europa para coñecer a pintura renacentista e barroca. Os seus retratos, fundamentalmente pasteis, caracterízanse polo emprego dunha gama cromática temperada con contrastes das cores con predominio do negro e pola busca da captación psicolóxica do retrato. Destacan Retrato de Isidoro Brocos (1894), Retrato de don José Quiroga y Pérez de Deza (1895), Retrato ao pastel da condesa de Pardo Bazán (1896), Retrato de don Ramón Pérez Costales...

    VER O DETALLE DO TERMO