"Mary" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

  • Xénero de herbáceas bulbosas da familia das amarilidáceas orixinarias de África central. No sur de Galicia aparece naturalizada a especie Amaryllis bella-dona de flores rosas e follas basilares alongadas e lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xurista. Entre as numerosas obras que escribiu de temática histórica e xurídica, salientan Studia nad prawem polskiem (Estudios de dereito polaco, 1855) e Królestwo Polskie: 1295-1370 (O reino de Polonia: 1295-1370, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviadora francesa. Conseguiu dúas plusmarcas internacionais de distancia e duración de voo. Atravesou soa o Atlántico Sur en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóctel clásico no que se combina vodka, zume de tomate, zumo de limón, salsa de worcestershire e tabasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora que utilizou en ocasións o pseudónimo Mary Pollock. Mestra de profesión, dedicouse á literatura infantil e xuvenil. En 1924 casou con Hugh Pollock de quen se divorciaría en 1942. Un ano despois, casou con Kenneth Darrell Waters. Escribiu libros de diversos xéneros e para distintos grupos de idade. O seu primeiro libro, publicado en 1922, era de poesías: Child Whispers (Murmurios de nenos). Da súa produción destacan: Noddy, as series Famous Five (Os cinco famosos), Secret Seven (Os sete segredos), Mystery Series (Series de misterio), e os libros ambientados en colexios, Torres de Malory e Santa Clara. Colaborou na revista Teacher’s World e dirixiu as súas propias publicacións entre 1926 e 1959: Sunny Stories e Enid Blyton’s Magazine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora estadounidense. Estudiou pintura na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, en Philadelphia. Estableceuse en París en 1870 e, desde 1879, introduciuse (a través de Degas) no grupo dos impresionistas, cos que expuxo neste ano e, novamente, en 1880, 1881 e 1886. Combinou a augaforte e a técnica da punta seca nas súas estampas, influída pola xilografía xaponesa. En 1914 abandonou a pintura por mor dos problemas de visión que padecía. Entre as súas obras destacan O palco (1882?), Muller na mesa do té (1885) e Paseo en barca (1893). En 1904 foi galardoada coa Lexión de Honra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política dominica. Membro do Dominican Freedom Party (DFP), foi elixida parlamentaria en 1975, ministra de Asuntos Exteriores entre 1980 e 1990 e de Defensa entre 1985 e 1995. Foi a primeira muller que ocupou no Caribe o cargo de primeira ministra en 1980, posto no que permaneceu ata 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político finlandés. Ensinou na Universidade de Helsinqui. Foi membro do Parlamento finlandés (1907-1914) e defendeu a independencia de Finlandia. Escribiu diversas obras sobre a historia do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropóloga inglesa. Doutora en Antropoloxía Social (1951), realizou un traballo de campo entre os leles do Congo (1949-1950) e, dende 1951, traballou como profesora na University College of London. No 1977 trasladouse aos EEUU, onde foi investigadora da Russell Sage Fundation de Nova York (1977-1981), profesora de humanidades da Northwestern University (1981-1985) e profesora visitante da Princeton University (1985-1988). Estudiou os sistemas simbólicos e rituais e diversos temas de antropoloxía económica. Publicou, entre outras obras, Peoples of the Lake Nyasa Region (Xentes da rexión do lago Nyasa, 1950), The Lele of Kasai (Os leles de Kasai, 1963), Purity and Danger (Pureza e perigo, 1966), Natural Symbols (Símbolos naturais, 1970), Risk Acceptabily According to the Social Sciences (Risco aceptable segundo as ciencias sociais, 1985), How Institutions Think (Cómo pensan as institucións, 1986), Risk and Blame (Risco e cultura,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformadora norteamericana. Fundou o movemento Christian Science.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de George Eliot, tivo unha sólida formación cultural e estivo influída nas súas ideas filosóficas e relixiosas polos intelectuais racionalistas. En Londres publicou ensaios sobre a literatura e filosofía francesa e alemá en Westminster Review. Da súa produción destaca Scenes Clerical Life (Escenas sobre a vida clerical, 1898), Silas Marner (1861) e Impressions of Theofrastus Such (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Vivien Leigh, estudiou arte dramática na Comédie Française de París e na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. En 1934 debutou como actriz teatral e tamén con pequenos papeis secundarios no cine. Destacan os seus filmes Gone with the Wind (1939,   Oscar á mellor actriz 1940), That Hamilton Woman (1941), Anna Karenina (1948), A Streetcar Named Desire (1951, Oscar á mellor actriz 1952) e Ship of Fools (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímica inglesa. Foi profesora nas universidades de Oxford e Cambridge. Determinou a estrutura tridimensional, mediante análise cristalográfica con raios X, da vitamina B12, do colesterol, da pepsina e da penicilina. Tamén descubriu a estrutura cristalina da insulina. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1960 polo descubrimento da estrutura da vitamina B12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga e paleoantropóloga británica. Realizou importantes estudios sobre evolución humana e en 1959 descubriu na gorxa de Olduvai (Tanzania) a mandíbula dun homínido de 1,75 millóns de anos de antigüidade chamado Zinjantropus por L. Leakey, o seu marido, incluído posteriormente na categoría dos Australopithecus. En 1978 descubriu as pegadas dun homínido que xa camiñaba ergueito hai 3,5 millóns de anos, o que fixo retroceder a data de inicio do bipedismo na especie humana. Escribiu Olduvai Gorge: My Search for Early Man (1979) e a súa autobiografía Disclosing the past (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Turkmenistán (86.400 km2; 1.146.800 h [estim 1999]). A súa capital é Mary (101.000 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (5.351 km2; 137.700 h [estim 1986]). A súa capital é Harper (10.627 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado na costa S do Océano Atlántico (27.092 km2; 5.296.486 h [2000]). A capital é Annapolis (35.838 h [2000]). Está dividido en dúas partes pola baía de Chesapeake, á beira dunha longa franxa costeira. O clima é temperado húmido. A cidade máis importante é Baltimore. Destacan os cultivos de tabaco, cereais e froiteiras. Posúe industrias siderometalúrxicas, alimentarias e de fabricación de fibras sintéticas. Descuberto por Giovanni Caboto (1498) e explorado o interior por Bartholomew Gilbert (1603), Carlos I de Inglaterra outorgou o territorio a George Calvert, primeiro barón de Baltimore, en 1632. O fillo deste, Cecilius, púxolle o nome de Maryland en honor da Raíña Enriqueta María de Francia. En 1655 o goberno pasou a mans dos puritanos, o que ocasionou longas loitas cos católicos. En 1776 foi un dos trece estados que se independizaron de Inglaterra. Durante a Guerra de Secesión (1861-1865) mantívose fiel á Unión, pese á forza que tiñan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Dereito, foi nomeada directora do Institute of Legal Studies (1987) e vicerrectora da Queen’s University, en Belfast (1994). Gañou, como candidata independente, as eleccións presidenciais da República de Irlanda (1997), co que foi a primeira persoa nacida en Irlanda do Norte que alcanzou o cargo. Recibiu o apoio do Fianna Fáil e do Fine Gael e mantivo moi boas relacións co Sinn Féin. Defensora da reunificación de Irlanda, foi contraria ao divorcio e ao aborto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas obras caracterízanse polos comentarios satíricos sobre o matrimonio, a impotencia da intelectualidade e o rol da muller nas cidades de EE UU. Das súas obras destacan The Company she Keeps (1942), Memories of a Catholic Girhood (1957), Birds of America (1971), a triloxía The Seventeenth Degree (1975) e Cannibals and Missionaires (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO