"Medín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Córdoba, Andalucía, na comarca dos Montes (2.572 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido como Vari Caramés, ao longo da súa traxectoria profesional organizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan as celebradas no Ateneo da Coruña (1985), no Centro de Estudos Fotográficos en Coimbra (1987), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1989), na Bienal de Fotografía de Vila Franca de Xira, en Lisboa (1995), e dúas retrospectivas, unha no Festival Internacional de Fotografía, en Bos Aires, e outra en Montevideo, na sala do ministerio de Educación y Cultura. Amais participou en exposicións colectivas como: Antropologia e memória (1987) da Fundação Gulbenkiam, en Lisboa; Confrontaciones (1988), no Museo Español de Arte Contemporáneo, en Madrid; Fotografía española contemporánea. Un paseo por los 90 (1995), celebrada en Lisboa, Atenas, Varsovia, Bremen, Utrecht e Manchester; 150 años de fotografía española (1999), no Círculo de Bellas Artes de Madrid; e Desde mi ventana (2000), no Château de Eau, en Toulouse. Colabora en numerosas publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto xurdido na Coruña en 1942, no seo da Sección Femenina do Movimiento Nacional. En 1962 adoptou o nome de Club Medina. Proclamouse Campión da Liga na tempada 1965-1966. Na seguinte, 1966-1967, clasificouse na segunda posición empatado a puntos co campión. A súa condición de Campión da Liga permitiulle participar na Copa de Europa. Na tempada 1968-1969 acadou de novo o subcampionato da Liga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dayr el-Madīna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Foi inspector de primeiro ensino na zona de Xinzo de Limia. Vinculado á Institución Libre de Enseñanza, foi un dos introdutores da renovación da educación en España entre 1914 e 1936 e un dos defensores das ideas da escola nova. Presidiu a Liga Española de Educación e foi, ademais, secretario técnico do Ministerio de Instrución Pública e secretario de publicacións do Museo Pedagógico de Madrid. Fundou a Revista de pedagogía (1922), que ademais dirixiu durante catorce anos. A partir de 1938 foi profesor da Universidad de Tucumán. Escribiu La enseñanza primaria en España (1915), Ensayos de pedagogía e instrución pública (1920), La escuela única (1932), Reforma de la educación (1945), La pedagogía contemporánea (1947), La escuela nueva pública (1948), Pedagogía (1950), Pedagogía social y política (1954) e La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, sobriño de Carlos Maside. Aínda que cursou medicina en Santiago de Compostela, compatibilizou os seus estudios coa formación artística, que completou en Madrid e Barcelona, onde tomou contacto cos exemplos máis característicos da pintura de posguera. Membro da xeración de artistas que tomou o relevo dos Renovadores na década de 1960, cofundou Estampa Popular Gallega e foi membro do grupo Nome. Iniciouse na abstracción pintando paisaxes, para logo evolucionar cara á figuración (Autorretrato, 1972), ausente de calquera elemento accesorio e anecdótico. A súa obra partiu dunha reformulación do tema da muller (Retrato de Chicha, 1971; Retrato de Paula, 1984), pero desde a década de 1960 as figuras humanas, en xeral, foron unha constante na súa obra (Lúa negra, 1977). Empregou tonalidades grises, case veladas, sobre as que trazou as siluetas, que transparentaban o fondo (Paixón a tres, 1984; No espello, 1995). Tamén empregou amarelos, ocres e tonalidades escuras, especialmente desde 1980,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Foi o primeiro nadador da historia en gañar catro medallas nun mundial de natación (Honolulu 2000), unha delas de ouro. Tamén conseguiu dúas medallas (bronce en 10 km e prata en 25 km) nos mundiais de Barcelona (2003). Protagonizou diversas fazañas, como percorrer a nado a distancia entre a illa de Alcatraz e a costa de San Francisco con grillóns nos pés. Ocasionalmente, como actor participou en campañas publicitarias, filmes (Sitges-Nagasaki, 2004) e series de televisión (The Young Indiana Jones Chronicles, 1992-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo antigo das poboacións do norte de África e do Próximo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Arabia Saudí (608.300 h [1992]). Cidade santa do Islam, xunto coa Meca, cambiou o seu nome antigo, Al-Yat_rib, polo actual (Cidade do Profeta) cando Mahoma se refuxiou alí en 622. Foi residencia dos tres primeiros califas. Durante a dominación otomana (1517-1916) dependeu dos wahhabitas (1803-1813), e volveu depender deles coa conquista de ibn Sa’ūd en 1924. A mesquita, que contén a tumba de Mahoma, foi construída en 706 e refeita no s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado na ribeira dereita do río Trueba (4.870 h [2001]). A agricultura, de secaño e de regadío, é o principal recurso económico   do municipio. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo medieval e o convento de Santa Clara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en La Tierra de Campos e bañado polo río Sequilla (4.962 h [2001]). É o núcleo dunha fértil comarca agrícola e un centro comercial de produtos da terra. Do seu patrimonio cultural destacan a custodia de Antonio de Arfe (1552), na igrexa de Santa María (s XV), e o retablo da Concepción da capela dos Benavente, de Juan de Juni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en Tierra de Medina e regado polo río Zapardiel (19.907 h [2001]). É o nó ferroviario da rexión e dispón de industrias alimentarias, da madeira, metalúrxicas e químicas. Domina a zona o castelo de La Mota, situado a 720 m de altitude, que comezou a construírse en 1441 e que foi residencia de Isabel I a Católica. Reconquistado por Afonso VI, foi punto de reunión da corte e contou coa feira de gando máis importante da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado sobre un outeiro de 300 m de altitude e regado polo río Barbastre e polo seu afluente (10.728 h [2001]). Na súa base económica predomina a agricultura. Capital do ducado homónimo, conserva fragmentos da muralla árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido en Castela (1445) a

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Ousende (O Saviñao). O seu cumio acada os 625 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta venezolano. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, preside a Biblioteca Ayacucho, un ambicioso proxecto editorial en que se recolle unha selección de textos desde a época precolombina ata a actualidade. Interesado pola produción literaria do seu país, publicou os estudios La nueva poesía venezolana (1959) e Vida y letra en el tiempo (1988). Ademais, é autor de numerosos libros de poemas, como Edad de la esperanza (1947), Los caminos del hombre (1958) e Oficio de la palabra (1989). Foi galardoado co Premio Boscán (1953), co Premio Internacional Simón Bolívar (1957) e co Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido en Castela (1479) a Luis de la Cerda y de la Vega (morto en 1501), V conde de Medinaceli, primeiro conde do Puerto de Santa María e señor de Cogolludo, que serviu os Reis Católicos nas guerras de Portugal e Granada. O IX duque, Luis Francisco de la Cerda y de Aragón-Folc de Cardona-Córdoba , duque de Cardona e de Soborg, foi vicerrei de Nápoles (1695-1702) e primeiro ministro de Filipe V. Ao morrer sen fillos, todos os seus títulos e posesións pasaron aos Fernández de Córdoba, duques de Feria. En 1520 foi anexada ao ducado a grandeza de España. O condado de Medinaceli concedérase en 1368 a Bernardo de Bearn (morto cara a 1381), fillo do conde Gastón III de Foix. O seu neto, e terceiro conde, Luis de la Cerda y de Mendoza (morto en 1447), foi avó do primeiro duque de Medinaceli. Desde 1956 a XVIII duquesa de Medinaceli é Victoria Eugenia Fernández de Córdoba y Fernández de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Iniciou a súa carreira como segundo operador durante a década de 1940 e os primeiros anos da de 1950, con reiteradas colaboracións con directores, como Florián Rey, Antonio Román e Ladislao Vajda. Nos seus anos de formación destaca o traballo con directores de fotografía, como Enzo Ricioni, Cecilio Paniagua e, sobre todo, Enrique Guerner. A partir de 1952 principiou o seu labor como director de fotografía, que se caracterizou, fundamentalmente, polo funcionalismo das súas imaxes. Isto levouno a traballar con directores como Jesús Franco, Rafael J. Salvia, Pedro Lazaga ou León Klimovsky. Participou en coproducións, sobre todo con Italia, de especial singularidade na década de 1970, e que se inscriben dentro do peplum e do spaghetti-western, ás ordes, entre outros, de Alberto de Martino, Carlo Campogaliani ou Sergio Bergonzelli.

    VER O DETALLE DO TERMO