"Páez" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués activo no terceiro cuarto do século XIII. Pertencía á pequena nobreza da rexión de Braga. De feito, nas Inquirições de 1258 faise referencia a un tal Afonso Pais de Guimarães. A ausencia de testemuños da súa presenza en círculos reais levou a pensar nunha posible relación cos Briteiros. Así, a estadía deste personaxe nas Cortes de Afonso III e de Don Dinís estableceuse a partir da suposta relación con Men Rodriguez de Briteiros e Johan Mendiz de Briteiros. A presenza destes dous últimos trobadores nestas cortes portuguesas está atestada nas chancelerías destes reis. A súa produción poética está constituída por catro cantigas de amor e un escarnio de amor (fragmentario) onde se menciona o nome dunha dama: Sancha Garcia. Estas composicións foron copiadas tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Os temas presentes neste grupo de cantigas son os típicos deste xénero amoroso: o nacemento do amor a través...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr, quizais de orixe galega, activo a finais do século XIII e comezos do seguinte. A referencia nas súas cantigas de amigo ao santuario de Santa María de Reza e a súa suposta presenza nun documento de 1284, onde constaba a compra da renda de dúas casas do centro de Ourense, por parte del e da súa muller Urraca Anes, confirman a súa probable orixe ourensá. Era un dos xograres que estaba ao servizo do Rei Sancho IV de Castela e León. Seica foi tamén un dos beneficiados nas súas Cuentas no mes de xuño de 1293. Parece que despois dunha estadía, non determinada, nesta corte castelá, se asentou en Navarra e frecuentou, en 1303 e 1304, a Corte de Xaime II de Aragón. A súa produción poética, formada por dúas cantigas de amor e dúas de amigo, clasificadas como de santuario, foi copiada tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. As dúas cantigas de amor encádranse na temática predominante do xénero amoroso: a coita, a perda...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Santiago de Compostela (1070-1094). Nomeado por Sancho II para suceder o bispo Gudesteo, conservou o cargo cando Afonso VI engadiu Galicia aos seus dominios logo de facer prisioneiro o Rei Don García. Reorganizou os dominios territoriais de Santiago enfrontándose cos nobres que usurparan as terras da sé; ao mesmo tempo reinstaurou a figura dos arcediagos e elixiu entre os cóengos os novos xuíces, co que mellorou a xustiza e a administración. En 1075 iniciou as obras da catedral románica de Santiago, dirixidas polos mestres Bernaldo o Vello e Roberto, coa construción do deambulatorio e das cinco capelas orixinais. Logo da conquista de Toledo por Afonso VI (1085), enfrontouse co monarca polas pretensións do rei de converter esta cidade en capital política e eclesiástica do reino. A revolta do conde Oveco Bermúdez e do seu fillo Rodrigo Ovéquiz (1085-1088), interromperon as obras na catedral de Santiago de Compostela e provocaron a represión de Afonso VI e a posterior división...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo na segunda metade do s XII, a xulgar pola súa posición temperá nos cancioneiros e por diversas referencias documentais. Os bens que posuía en Galicia e León poden ser localizados grazas á relación que mantivo a familia co mosteiro leonés de Carrizo, onde profesaron as fillas do trobador, Orfresa e Elvira Fernandez. A súa produción poética é anterior a 1240 -momento culminante no proceso de expansión do fenómeno trobadoresco en certas cortes señoriais galegas- e comprende cinco cantigas de amor e tres de escarnio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII, segundo a súa colocación nos cancioneiros. A Tavola Colocciana atribúelle tres cantigas, aínda que o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, por mor dunha lagoa común que presentan ambos os dous textos, só conservan un verso da súa autoría titulado “Dizer vus quero com’oy chufar”, o que probablemente se trate do incipit dun escarnio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido patronímico que deriva do nome propio Paio. Orixinario de Pontevedra, estendeuse por toda a Península.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres faixas ondeadas, de azul. Outros traen, en campo de azul, dez roeis, de ouro, coa disposicion de tres, tres, tres e un. Outra variante trae, en campo de azul, un castelo de ouro, aclarado de goles, rodeado de orla por nove roeis. Unha variante deste escudo trae, en campo de azul, unha torre de prata, rodeada de orla de nove roeis, de ouro; bordura de ouro. Outra trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, cos froitos de ouro, cun lobo, de sable, empinado ao tronco; en xefe, e sobre a árbore, unha aspa, de goles, entre dúas panelas da mesma cor. Outra trae en campo de sable, un luceiro de ouro; bordura de sinople cunha cadea, de ouro. Tamén existen as seguintes variantes: escudo cortado; 1ª, en campo de sinople, unha barra de ouro, e 2ª, axadrezado de sable e ouro, en dúas ordes. Por último, en campo de goles, un castelo, de ouro, coa torre da homenaxe co engadido dun brazo armado de prata, que empuña unha bandeira do mesmo metal,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rodolfo Páez.
-
PERSOEIRO
Compositor, actor e realizador cinematográfico arxentino. Coñecido como Fito Páez, en 1984 presentou o seu primeiro disco como solista, titulado Del ‘63. A partir de aí consagrouse como un dos compositores arxentinos máis importantes, que confirmou con Giros (1985), Ciudad de Pobres Corazones (1987), Tercer mundo (1990), El amor después del amor (1992) e Naturaleza sangre (2003). Ademais, dirixiu as longametraxes La balada de Donna Helena (1994) e Vidas privadas (2001), e participou como actor en Todo sobre mi madre (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego, fillo de Pai Soares de Ribela. Localizado nun documento contractual do 6 de novembro de 1283 en Monfero, na Coruña, en que lega os seus haberes ao abade Johan Perez, hai constancia do seu nome en diversos mosteiros ourensáns, onde existen referencias a cabaleiros e escudeiros relacionados con Ribela. Segundo as indicacións expresadas na súa primeira cantiga de maldicir, poderíase relacionar con Sevilha Enriquez, quen aparece en diversos documentos dos anos 1258, 1280 e 1282 en que recibe doazóns de Afonso X; ademais hai referencias a Fernand’Escalho, un xograr acusado de ser homosexual. Pola súa vinculación a Pero Garcia Burgalês e Pero Garcia de Ambroa poderíase afirmar que frecuentou a corte de Afonso X. Outros afirmarían a súa vinculación á corte de Afonso III. Atribúenselle trece cantigas de amor, en que aparecen numerosos adornos retóricos, xunto a un innovador esquema rítmico e estrófico. Nestas composicións trata os tópicos da coita de amor, a timidez...
VER O DETALLE DO TERMO