"Perón" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caperucha aberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que ten a cabeza cuberta por un chaperón.
-
-
Gres de cemento silíceo ou arxiloso empregado na construción ou en pedras de afiar.
-
Pedra grande para afiar, especialmente a empregada en carpintería.
-
-
GALICIA
Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barión de estrañeza non nula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación semántica que se establece entre un termo máis xeral e o seu correspondente de sentido máis específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao termo que ten o significado máis xeral nunha relación de hiperonimia. Por exemplo, animal é un hiperónimo respecto de paxaro, recipiente de bote, músico de gaiteiro.
-
PERSOEIRO
Política arxentina. Coñecida como Isabelita, en 1961 casou en Madrid con J. D. Perón. En 1973, cando este recuperou a presidencia de Arxentina, foi nomeada vicepresidenta (1973) e presidenta trala morte do seu marido en 1974, cargo que ocupou ata 1976, por mor dun golpe de estado militar. Exiliouse a España en 1981 e coa volta da democracia a Arxentina mantivo a presidencia dos peronistas ata 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xenética que contén un certo número de xenes estruturais (responsables da síntese ordenada de enzimas de función relacionada), un operador que os activa e ás veces un represor. É o responsable de regular a síntese dunha fibra longa e continua de ARN mensaxeiro, de xeito que se sintetizan todos os enzimas necesarios para o sistema ou non se sintetiza ningún.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Sil que nace e desemboca na parroquia de San Xusto (Carballeda de Valdeorras).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eva Duarte.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Dirixente do Grupo de Oficiales Unidos, foi un dos organizadores do golpe de estado de 1943, favorable ás potencias do Eixe. Pasou dun neutralismo militar a un conservadorismo fascista que desembocou nun populismo nacionalista prooccidental (1945). En 1945 converteuse en vicepresidente e ministro de Guerra, e en 1946 gañou as eleccións á presidencia de Arxentina. Instaurou un réxime ditatorial de corte populista asentado no Partido Único de la Revolución. Foi reelixido en 1951, pero a morte da súa muller, Eva Duarte, a corrupción e a crise económica (1953-1955) derivaron na súa destitución (1955) e exilio en Madrid. En 1973 os peronistas volveron gañar as eleccións e Perón volveu a Arxentina, pero esta segunda etapa presidencial foi curta e ineficaz. En 1961 casara con María Estela Martínez de Perón, quen á súa morte o sucedeu na presidencia, ata que foi derrocada polo golpe de estado militar de marzo de 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óso dos vertebrados terrestres situado na parte externa do segundo segmento das extremidades posteriores, ao lado da tibia, que ocupa a parte interna. É un óso fino que representa sobre todo unha zona de inserción muscular, xa que a función de aguantar a extremidade lle corresponde á tibia.
-
-
Relativo ou pertencente ao peroné.
-
Que está próximo ao peroné.
-
Músculo que está situado nas extremidades posteriores do corpo e que ten como funcións a eversión e flexión do pé. Existe o músculo peroneo anterior, o músculo peroneo lateral longo e o músculo peroneo lateral curto.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante e guionista de cómics. Coñecido como Perogatt, creou guións imaxinativos para os seus propios debuxos. Ilustrou o libro Le avventure di Pulcinella (1947) e, en 1948, comezou a colaborar en Il Giomalino. Na revista L’Aspirante iniciou a serie Lillo, Lallo, Lello e en 1951 apareceron as súas viñetas cos personaxes Leo e Poldo, Gambalesta e Gervasio. En 1960 publicou a serie fantástica Sand e Zeos, en 1969 fundou a revista Tilt e en 1971, para o Corriere dei Picoli, creou o personaxe Gianconiglio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento socio-político instaurado polo presidente Juan Domingo Perón en Arxentina tras a súa vitoria electoral en 1946. Creou un corpo de leis laborais e sociais moi avanzadas que lle proporcionou un grande apoio da xente e permitiulle organizar un movemento popular que pretendía ser equidistante entre o capitalismo e o comunismo. Coa destitución de Perón (1955) o peronismo continuou como forza, pero aliado a sectores burgueses. Durante a ditadura militar (1966-1973) o movemento dividiuse en múltiples correntes internas. En 1973, co triunfo peronista nas dúas eleccións presidencias, Perón retornou do seu exilio en Madrid, pero a súa rápida morte (1974) entregoulle o poder aos seus seguidores máis reaccionarios e corruptos. Despois da nova ditadura militar (1976-1983), dividido e desprestixiado, o peronismo perdeu as eleccións de 1983 ante a Unión Cívica Radical (UCR) e escindiuse. En plena recuperación, o peronismo derrotou ao UCR nas eleccións lexislativas (1988) e dous anos despois...
-
-
Relativo ou pertencente a Perón e ao peronismo.
-
Partidario de Perón e do peronismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos peronosporais.
-
Fungo da orde dos peronosporais.
-
Orde de oomicetos constituída por fungos xeralmente parasitos de plantas, de reprodución sexual oógama, con anteridios que forman tubos copuladores cara aos oogonios, e de reprodución asexual mediante zoósporas ou conidios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldehido aromático bicíclico, de olor agradable a flores, particularmente de heliótropo. Emprégase en medicina e en perfumaría como aromatizante e na composición de bronceadores.