"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
PERSOEIRO
Xograr probablemente galego. A interpretación máis aceptada na actualidade sobre a súa orixe é a que o identifica cun xograr do séquito da poderosa liñaxe dos Sousas, se ben segundo outras interpretacións seica foi un burgués compostelán ou mesmo un neto de Afonso Henriques. Os apógrafos italianos atribúenlle un único texto, pertencente ao xénero dialogado da tenzón no que se desenvolven os motivos da coita de amor e da defensa das donas respectivas como posuídoras dun gran valor. O máis destacable desta composición é o diferente nivel lingüístico que empregan cada un dos interlocutores. Así, mentres Bernal de Bonaval se expresa nunha lingua coloquial e modesta, Abril Perez emprega unha linguaxe coidada e solemne. Trátase dunha cantiga de mestría de seis cobras dobras con esquema unisonante de sete versos decasílabos con rima ababccb.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Teoloxía na Orde dos Agostiños de Salamanca, onde ingresara moi novo. Atribúeselle a autoría de numerosas obras e tense constancia da publicación da obra Catecismo de los misterios de la fe, con la exposición del símbolo de los santos Apóstoles e a tradución, xunto con Sáa de Miranda, dos Sermones de Francisco Fernández Galván.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Historia. Publicou Prehistoria e Arqueoloxía do Barbanza (1986) e O Poboamento Castrexo na Rexión Occidental da Provincia da Coruña (1989). Escribiu tamén diversos traballos sobre didáctica do ensino no eido da Prehistoria e da Historia de Galicia e sobre a Historia contemporánea do Barbanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego de mediados do século XIII. Membro da pequena nobreza, participou na conquista de Sevilla (1248) e estivo vencellado á Corte de Fernando III o Santo e ao seu ambiente literario, contactando con outros trobadores galego-portugueses como Bernal de Bonaval, Estevan Faian, Johan Garcia de Guilhade, Johan Soarez Coelho, Pero da Ponte, Pero Garcia Burgalês e Vasco Perez Pardal. Da súa produción poética chegaron ata nós trece composicións, todas elas transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional e polo Cancioneiro da Vaticana. Considerando a información que proporcionan as rúbricas atributivas dos cancioneiros e mais a Tavola Colocciana, cabería a posibilidade de que unha desas cantigas, “Don Estêvão, eu eiri comi”, fose da autoría de Men Rodriguez Tenoiro. A decimocuarta composición, “Don Estêvão achei noutro dia”, debe adxudicarse máis ben a este último trobador. Todas as cantigas de Vuitoron pertencen ao xénero escarnino: oito...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Xunto con Guillermo Cobrerizo, Félix Ugalde e o vigués Francisco Castro Represas realizou boa parte dos proxectos arquitectónicos máis salientables que se realizaron en Vigo entre 1940 e 1960. As súas obras individuais máis destacables son o Real Club Náutico de Vigo (1944), o Cinema Radio (1943) e o edificio de vivendas García Albo (1942). A súa obra sobresae polo tratamento das fachadas de pedra labrada aproveitando as posibilidades do granito local.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
É propietario e maître de Casa Alfredo (Mos), e o primeiro e actual presidente-fundador da Asociación Galega de Sumilleres. Paralelamente desenvolve un importante labor docente, impartindo dende 1997 cursos de sumiller.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre dunha escola primaria en Santiago. Dirixiu nesta cidade o xornal El Eco del Magisterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de Roi Freire de Andrade e Inés González de Soutomaior. A el débeselle o prestixio inicial acadado pola casa dos Andrade. A súa actividade política e militar xira ao redor de Enrique de Trastámara: acolleuno na súa Torre de Pontedeume, facilitoulle unha nave en Ferrol e acompañouno á Corte do Rei de Francia cando este aínda era príncipe. Entre as actividades bélicas documentadas que protagonizou están: a loita contra Fernando de Castro, da casa de Lemos, en defensa do príncipe Enrique (1366); a súa participación na Batalla de Montiel, en 1369, segundo a tradición iniciada polo licenciado Molina (1550), quen engade que foi tamén o que matou a Pedro o Cruel. Enrique II dooulle os señoríos do Ferrol e Pontedeume, por privilexio do 19 de decembro de 1371, e o señorío de Vilalba, o 3 de agosto de 1373. Así mesmo, parece que conseguiu o privilexio de cuñar moeda, feito constatado pola presenza de moedas do s XIV da casa dos Andrade. Entre as obras que financiou nos seus dominios...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo e crítico musical. Foi profesor de Xeometría, Aritmética, Álxebra, Mecánica e máquinas de vapor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Froito da súa investigación musicolóxica, da que foi precusor, publicou xunto con Varela Lorenzo unha Monografía sobre música patriótica española (1901), colaborou con Casto Sampedro en Los trabajos del folclore musical gallego e publicou Sobre un himno gallego: algunas consideraciones. Resultado da súa investigación arqueolóxica musical son Solo de gaita (1911) e Solo de gaita Coda (1911), acompañados de gravados e publicados no Boletín da Real Academia Galega, e a Colección de cantos populares gallegos. Outras achegas súas son: Música popular ferrolana e Romerías ferrolanas. Foi crítico musical e redactor de El Correo Gallego (Ferrol), no que asinou co pseudónimo de Pizzicato, e colaborador de revistas como Almanaque de Ferrol, El...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Canteiro, mestre-construtor coa súa propia cuadrilla, e xunto a E. H. Botana un dos máximos líderes do socialismo vigués. Asentouse en Vigo despois de facer o servizo militar, desenvolvendo desde a década de 1890 unha acción societaria pioneira que está nas orixes da Federación Local de Trabajadores. En 1894 participou nas xuntanzas que deron orixe á primeira Agrupación Socialista de Vigo. En 1896 creou a Sociedad de Canteros, cerna do proselitismo uxetista na cidade olívica. Tres anos despois colaborou na aparición da publicación local Solidaridad, principal semanario socialista galego nestas décadas. En 1900 foi vogal na constitución da Junta Municipal de Reformas Sociais, presidida polo alcalde de Vigo, con representantes obreiros e patronais, e que entre 1911-1914 promoveu medidas de seguridade no traballo, descanso dominical, redución da xornada de traballo, mellora do traballo feminino e dos nenos. En 1903, presidiu o III Congreso Obreiro Galaico-Portugués, en Braga, promovido...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de áspero.
-
Desigualdade dunha superficie que fai difícil camiñar por ela.
-
Trato ou aparencia brusca.
-
Calidade de áspero que teñen algúns tecidos na súa superficie, presentando un aspecto desigual e rugoso.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Doutorado en Dereito (1916), levou a secretaría política de Cambó mentres este foi ministro de Fomento. A ditadura nomeouno subsecretario do Ministerio de Traballo, de Comercio e de Industria (1924), do que se convertería en ministro (1925-1930). Despois da Guerra Civil (1936-1939) foi embaixador en Bélxica (1939) e na Arxentina (1942), ministro de Xustiza (1943-1945) e presidente do Tribunal de Contas. É autor de ensaios políticos (España en crisis, 1932; El estado corporativo; Cartas al príncipe, 1942), de libros de viaxes e de novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarcosindicalista de orixe levantina, que recalou na Coruña logo de ser perseguido pola súa participación na frustrada Revolución de Outubro de 1934. Camareiro de oficio, xogou un papel destacado na reconstrución da organización galaica da CNT, moi danada logo destes sucesos. Formou parte do comité da CRG durante o ano 1935 e, ata o comezo da Guerra Civil, dirixiu o semanario Solidaridad; nel deixou constancia do seu talante revolucionario e das súas posicións contrarias ás alianzas obreiras. Faleceu como consecuencia dos enfrontamentos habidos na Coruña nos primeiros días da Guerra Civil española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo de investigación, centrado na historia social e política durante a Idade Media en Galicia, expúxoo en diferentes libros e artigos, entre os que cómpre salientar os seguintes: Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval, 718-1037 (1988), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na alta Idade Media, séculos VIII e IX (1992), As razóns dun nome: Pobra do Caramiñal (1992), escrito en colaboración con Ana Boullón Agrelo, e Gallegos del año mil (1998). É membro da Sociedade Española de Estudios Medievais e editor-correspondente de Early medieval Europe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1847 por Manuel Pérez Sáenz en Santiago de Compostela. Trala morte do seu fundador modificou en varias ocasións a súa denominación: Casa de Banca de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1901), Olimpio Pérez (1902-1909), Olimpio Pérez e Hijos (1910-1915) e Hijos de Olimpio Pérez (1916-1957). No ano 1957, ao converterse en sociedade anónima, cambiou o seu nome polo de Banco de Hijos de Olimpio Pérez. No ano 1964 absorbeu o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid, adoptando o nome desa entidade catalana. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego.
-
PERSOEIRO
Historiador, poeta e filólogo venezolano. É autor do Resumen de la historia de Venezuela (1841) e de diversas obras poéticas, entre as que destacan Adios a la Patria e Oda a Cristóbal Colón. En 1845 trasladouse a Madrid, onde colaborou en diversos periódicos e consolidou a súa calidade de escritor e teorizador da política. Publicou Libertad de imprenta e traballou nun Dicionario matriz de la lengua castellana (1854). A súa obra máis importante é o Dicionario de galicismos (1855). Foi administrador da Imprenta Nacional e director da Gaceta de Madrid. En 1853 ingresou na Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Toureiro. Coñecido no mundo do toureo como o Cordobés, tomou a alternativa en Córdoba en 1963. O seu estilo era escasamente ortodoxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).
VER O DETALLE DO TERMO