"Santa Marta" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Ermida gótica situada en Baiona. Foi construída entre os últimos anos do s XIII e os primeiros do s XIV. Conserva da primitiva fábrica a nave e a ábsida rectangular. A portada occidental remata nun arco apuntado e na setentrional nun arco de descarga semicircular que abre a porta e o tímpano liso sostido por dúas mochetas con perfil de nacela. Os beirís da nave están sostidos por canzorros sen apenas desbastar. Na ábsida atópase unha cruz de palmas cun pequeno burato no medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse entre 1776 e 1799, en estilo neoclásico. Ten unha soa planta de cruz latina, cuberta con bóveda de canón. No interior destacan os retablos barrocos de Antonio Domínguez Estivadas (1765), un no altar maior e outro na capela do Rosario. No exterior ten un pórtico de catro arcos desde o que se accede ao templo. Arquitectonicamente forma parte do conxunto do antigo convento dos dominicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de xullo. Os ofrecidos, persoas enfermas que se ofrecen para curar a doenza, van nun ataúde ata o santuario, ao tempo que as campás tocan a morto. Diante da imaxe, o ofrecido sae do ataúde e reza e fai a súa ofrenda. Cos ataúdes fórmase unha procesión coa imaxe da santa, mentres que o ofrecido vai detrás da súa caixa. O rito vai acompañado por cancións que cantan os romeiros á santa arredor do adro ou cando volven para a casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura (4.157 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e extracción de tungsteno e chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Magdalena, Colombia (359.147 h [1999]). Situada ao pé de Sierra Nevada de Santa Marta, é porto no Mar Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da parroquia de Santa Mariña da Ponte, no concello de Viana do Bolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia situada na Punta de Santa Marta, zona de gran presión urbanística.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 210 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Si SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Afonso XIII en 1924 a Alfredo Moreno e Osorio, Moscoso de Altamira e Chacón . Sucedeuno o seu fillo José Moreno Torres , II conde de Santa Marta de Babío (?-Madrid 1983), alcalde de Madrid (1946-1952), sucedido polo seu fillo Rafael Moreno Benjumea . Trae por armas as de Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De orixe románica, ten elementos góticos dos ss XIII e XIV e fachada barroca do s XVIII. Ten planta de nave única rectangular con capela maior rectangular, ambas as dúas decoradas con pinturas, e sancristía pegada. A porta principal é dunha soa arquivolta de arco apuntado enmarcado cunha orla decorada con zigzags, apoiada sobre columnas acobadeladas. Sobre a porta ábrese unha ventá e sobre esta unha espadana de tres corpos decrecentes. No muro sur ábrese unha porta con dúas arquivoltas apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis vexetais. Ao seu redor celébrase a romaría dos Gozos, os dous domingos seguintes ao de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1442 por Xoán II a Diego Pérez Sarmiento, señor de Santa Marta de Ortigueira, Ribadavia e outros lugares, adiantado maior de Galicia. O II conde de Santa Marta de Ortigueira foi o seu neto Francisco Sarmiento de Zúñiga , que preiteou co seu tío Bernardiño Sarmiento, I conde de Ribadavia. A III condesa de Santa Marta de Ortigueira foi Isabel Sarmiento de Zúñiga , que casou con Álvaro Pérez Osorio, polo que o condado quedou unido ao condado de Trastámara e ao marquesado de Astorga. A XIII condesa de Santa Marta de Ortigueira, Ana Nicolasa de Guzmán Dávila Osorio , casou en 1707 con Antonio Gaspar Osorio de Moscoso e Aragón, VIII conde de Altamira e os títulos permaneceron unidos ata que á morte do XIX conde de Santa Marta de Ortigueira, Vicente Pío Osorio de Moscoso e Ponce de León , o título reverteu na coroa. Restituíuno en 1915 o tataraneto deste, Fernando Osorio de Moscoso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao SL da cidade de Salamanca e delimitado polo río Tormes (12.090 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do extremo N de Colombia que se estende desde a costa do mar Caribe ata a serra de Perijá (Andes Orientais). Formada por rochas cristalinas paleozoicas (granitos, gneis e xistos), a máxima altitude está no pico de Cristóbal Colón (5.780 m).

    VER O DETALLE DO TERMO