"Trat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Åbo o 17 de agosto de 1743 entre Suecia e Rusia, polo cal Suecia renunciou á Savonlinna e ao territorio comprendido ata o golfo de Finlandia en favor de Rusia, que aseguraba deste xeito a protección de San Petersburgo.
-
-
Relativo ou pertencente á administración.
-
Categoría profesional de traballadores que realizan sobre todo tarefas de oficina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua que determina unha influencia parcial sobre outra lingua veciña ou sobre un dialecto, feito que se explica por un período de convivencia das dúas linguas nun mesmo territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Campilla e en Ágreda o 27 e o 28 de marzo de 1281 entre Pedro II de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho. A cambio do recoñecemento deste último como herdeiro de Castela, Pedro obtivo diversas vilas. No tratado tamén se acordou a conquista e repartición de Navarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado no ano 1136 na vila aragonesa de Alagón entre Afonso VII e Ramiro II de Aragón. Este, que quería evitar a desmembración do reino a raíz do testamento de Afonso I, ofreceu en feudo o Reino de Zaragoza ao rei castelán, que non aspiraba ao dominio. O nacemento dunha herdeira, Peronella, e a oposición dos nobres ás pretensións de Afonso VII obrigan a este, nun novo tratado, a quedar unicamente con Calatayud, Soria e Alagón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado no 1479 en Alcaçovas (Alentejo, Portugal), entre os Reis Católicos e Afonso V de Portugal. Este recoñeceu a Isabel I como Raíña de Castela e admitiu os dereitos da Coroa castelá sobre Canarias. Por outra banda, os Reis Católicos tiveron que recoñecer a Portugal a conquista e colonización da costa occidental de África e das illas dos Açores, Madeira e Cabo Verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado por Xaime ll de Aragón e Fernando lV de Castela no 1308 en Alcalá de Henares. Nel acordouse separar do Reino de Granada unha sexta parte (Almería), para o Rei catalán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de alianza e delimitación das respectivas zonas de conquista acordado entre Xaime I de Aragón e o infante Afonso de Castela, futuro Afonso X, en nome do seu pai Fernando III. Foi asinado o 26 de marzo de 1244 en Almirra (Alacant). As intromisións de Afonso, dende o Reino de Murcia, na zona de conquista reservada a Aragón polos Tratados de Tudellén e Cazola provocaron unha reacción de Xaime I cando o infante quería a rendición de Xàtiva, asediada polo Rei aragonés. En resposta, Xaime I apoderouse de Villena e doutros lugares da conquista castelá, actitude que motivou que o infante establecese negociacións, que remataron coa sinatura do Tratado. A liña divisoria entre os reinos de Castela e de València pasaba pola confluencia do Xúcar e o Cabriol, polas serras de Aiora, polo porto de Almansa e polo porto de Biar e saía ao mar ao L de Aigües de Busot; estivo vixente ata a concordia de Torrellas (1304).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de nubes situada a unha altura de entre 2.000 e 6.000 m, constituída por un veo fibroso ou estriado, a través do que son visibles os discos do Sol e da Lúa como a través dun vidro máis ou menos opaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fertilizante mineral composto de nitrato amónico e pedra calcaria, finamente moída.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz firmado en Andrusovo, preto de Smolensk, o 20 de xaneiro de 1667 entre Polonia e Rusia, que puxo fin á guerra iniciada en 1654. A cambio de renunciar a Lituania e á Rusia Branca, Rusia obtivo Smolensk, a Ucraína da esquerda do Dniéper e Kiev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748 entre España e Francia por unha parte e Austria, Gran Bretaña e as Provincias Unidas por outra, co que se pon fin á Guerra de Sucesión de Austria. As cláusulas principais foron a restitución mutua das conquistas coloniais efectuadas durante a guerra, a confirmación da Pragmática Sanción e o recoñecemento da soberanía prusiana sobre Silesia. En conxunto, a súa finalidade foi restablecer o statu quo anterior ao 1740.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de alianza asinado en Aranjuez polos plenipotenciarios de España (conde de Floridablanca) e de Francia (conde de Montmorin) o 12 de abril de 1779, que unía a ambos os dous países na guerra que Francia mantiña contra Gran Bretaña. Ademais de intentar manter a alianza con Francia, España aspiraba a revogar as concesións feitas a Gran Bretaña nos tratados de Utrech (1713) e París (1763).
-
-
Que depende do arbitrio.
-
Relativo ou pertencente ao árbitro ou xuíz árbitro, arbitral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo pactado entre Carlos VII, Rei de Francia, e Filipe o Bo, duque de Borgoña, asinado en Arras o 20 de setembro de 1435. Carlos VII cedía os condados de Artois e Boulogne e as cidades de San Quintín, Amiens, Abbeville, Roye e Montdidier. Filipe o Bo abandonaba a alianza mantida durante máis de tres lustros cos ingleses, inimigos de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo pactado entre Luís XI de Francia e Maximiliano de Austria, asinado en Arras en decembro do 1482, polo que Francia renunciaba a Flandres e obtiña o ducado de Borgoña. A cambio, Margarida, filla de María de Borgoña e de Maximiliano de Austria, comprometíase co delfín de Francia, Carlos, fillo de Luís XI, recibindo en dote a rexión de Artois e o Franco Condado.
-
RIOS
Río de Colombia. Nace na Cordillera Occidental, ao L de Quibdo, e desemboca no golfo de Urabá, no mar das Antillas, logo dun percorrido duns 700 km. No seu curso atópanse xacementos auríferos e de prata.
VER O DETALLE DO TERMO