"Vigo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituída no período anterior á proclamación da Segunda República, foi un núcleo republicano de clara inspiración orteguiana, orientado a garantir e asentar a lexitimidade republicana despois das eleccións municipais de abril do 1931, nun ambiente de clara inestabilidade política. A súa primeira Comisión Directiva estaba integrada por relevantes republicanos vigueses, entre os que destacaron o arquitecto Gómez Román (presidente da Agrupación) e o polígrafo Xerardo Álvarez Gallego. A agrupación de defensa republicana, estivo moi vinculada ao movemento agrarista galego, participando no IV Congreso Regional Agrario (Porriño, 14 de maio de 1932). Os seus obxectivos de reivindicación labrega eran os seguintes: suspensión da lexislación foral existente, ata que o futuro Parlamento da República non regulamentara tal asunto; avogaba pola propiedade individual traballada polo labrego; no devandito congreso agrario defenderon a concentración parcelaria, como resposta ao excesivo minifundismo galego....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral creado no 1917 e que desenvolveu unha grande actividade, creando espectáculos a partir de textos de autores galegos como Xesús Rodríguez López, Manuel Lugrís Freire, Avelino Rodríguez Elías, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Cabanillas e Galo Salinas. Xunto coa Agrupación Dramática Gallega e outras agrupacións locais, como o cadro de declamación do Liceo de Bouzas, contribuíron á dinamización cultural do sur de Galicia. Baixo a mesma denominación e, con idénticas finalidades, tamén apareceron colectivos escénicos en Sada, Pontevedra e Ponteareas ofrecendo a mesma oferta espectacular, xeralmente creada a partir de textos da literatura dramática rexionalista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.
-
-
SEMANARIOS
Semanario ilustrado aparecido en Vigo no outono de 1898, que cesou aos catro ou cinco números. O seu director foi Vicente Fuster.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Vigo no ano 1939 e subtitulada “Guía general del comercio, la industria y las profesiones”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización socio-laboral fundada en abril de 1932 en Vigo. Estaba conformada por maquinistas e patróns de pesca da cidade e non se establecía a afiliación de mariñeiros. A fins de 1932 ingresou na UGT baixo a denominación de Sociedad de Patrones, Habilitados y Fogoneros, sendo unha das poucas organizacións de traballadores do mar afiliada ao socialismo, xa que a CNT exercía, por eses anos, un total dominio sobre o sector mariñeiro galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Vigo no ano 1900. Desapareceu en 1925 ao decretarse en quebra e en suspensión de pagamentos, feito que facilitou a súa adquisición polo Banco Pastor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo. Tomou ese nome en 1957, logo dun proceso iniciado en 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1973, logo de absorber ao Banco de Lugo e de ser adquirido polo Banco Popular, foi substituído polo Banco de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical que naceu como banda do Hospicio en 1896, dirixida por músicos militares retirados. Comezou con 22 músicos e permaneceu así ata 1931, data na que acadou a categoría de municipal, co seu primeiro director xa funcionario, Mónico García de la Parra, quen permaneceu no cargo ata a súa xubilación en 1956. Nos anos 40 a municipal viguesa chegou a ter un cadro de persoal de 70 profesores. Xuntamente coa da Coruña e a de Santiago de Compostela, a banda viguesa foi denominada municipal, polo feito de ser sostida con cargo aos orzamentos do concello, tendo todos os seus compoñentes que acceder a ela mediante concurso-oposición, pasando a ter a categoría de funcionarios. A decisión foi iniciativa do alcalde Suárez Llanos Menacho. A partir de xaneiro de 1958 pasou a ser responsabilidade artística de Ildefonso García Rivas, que recibiu a banda con 64 profesores, que dirixiron bandas e destacaron como intérpretes e compositores ou pedagogos musicais, como Tocho, Sendra, Plácido, Ricardo,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo a mediados do s XX, editada pola Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación que presidía José Nogueira Dalmas. Nel (nº 105-1972) ofrécense informacións de carácter económico, comercial e xurídico, amais de novidades arredor do funcionamento da propia Cámara. Inclúe as seccións: “El caso y sus normas”, “Actividades de la Cámara”, “Información Económi ca”, “Información Jurídica” e “Información Comercial”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que tivo diferentes etapas históricas con importantes interrupcións e periódicidade irregular. Nos anos coarenta apareceu en formato de revista e foi dirixido entre outros por José Posada Curros e Lalo Vázquez Gil. No ano 1985 iniciou a súa etapa de maior difusión baixo as sigras de BIM con 40.000 exemplares e periódicidade mensual, en formato tabloide e dirixido por María Xosé Porteiro. Editouse nos talles de Faro de Vigo e a difusión foi gratuíta repartida en tódolos buzóns da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Vigo en 1933, tendo como antecesor un boletín que apareceu no ano 1922 na mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de inspiración socialista que apareceu editada en Vigo a finais de decembro de 1905. Este boletín serviu de voceiro da importante federación obreira da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bisemanal de significación liberal, editada en Vigo dende decembro de 1840. Naceu pola iniciativa do editor Sebastián Iguereta, unha vez clausurado o Boletín Oficial de la Provincia de Vigo, que se viña editando dende o 12 de outubro de 1840, e como órgano de opinión da Junta de Gobierno da cidade. De feito, foi unha continuación do anterior boletín, pero xa despoxada de todo carácter oficial. Tivo unha vida efémera, pois cesou ao pouco tempo da súa fundación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida por primeira vez en Vigo no ano 1922. Co tempo volveu aparecer en 1933, conservando en parte o título orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia liberal nada en Vigo, e da que saíu o primeiro número o 21 de outubro de 1840. Despois do Semanario Patriótico (1823), foi o segundo xornal que se publicou na cidade olívica. O seu nacemento estivo motivado polo pronunciamento progresista do xeneral Espartero (1840), como órgano de apoio ao novo goberno que del saíu. Os liberais da cidade, viron neste pronunciamento a oportunidade para recuperar a capitalidade da provincia, en detrimento de Pontevedra. Así, o boletín nacía como un intento de conseguir esa capitalidade, tendo como principal obxectivo a propaganda e a concienciación, tanto cara á poboación como cara ás autoridades gobernativas. O seu contido eran ordes, cartas, informacións particulares acerca dos acontecementos políticos, editos da Junta de Gobierno da cidade, etc. Entre outubro e novembro de 1840 saíron á rúa 13 números. Segundo un Real Decreto do mesmo mes de novembro, as autoridades dispuxeron que, mentres non se resolvese o preito da...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Tui en 1859. Posuíu unha frecuencia moi irregular e variada. Dende 1970 en diante fíxose unha edición bilingüe da Secredaría Xeral do Concilio Pastoral de Galicia. Non ten seccións, aínda que co tempo foron aparecendo uns apartados definidos, nin conta con colaboracións fixas. Nas últimas follas leva publicidade de actividades e artigos relacionados coa Igrexa. A partir de 1990 do s XX introduciu un sumario con seccións tituladas “Del santo padre”, “Sínodo de los obispos”, “De los obispos de Galicia”, “Cancillería-Secretaría”, “De la comunidad autónoma de Galicia” e “Anuncios”. É de interese un artigo do número 3bis, marzo de 1977, titulado “A liturxia en galego” e no que se tenta promocionar a lingua galega, animando a todos os cristiáns a que así o fagan, reclamando unha misa neste idioma en días festivos. O Concilio creou, mesmo, unha Comisión de Liturxia en galego para este labor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Bosco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Vigo o 17 de xullo do 2000 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), da Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1930). Ademais, forma parte da entidade o Banco Gallego (1988), que pertencía ao grupo de Caixavigo dende 1997. Con anterioridade, a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e a Caja de Ahorros Provincial de Orense asinaran en 1999 unha escritura de fusión. Dirixida por Julio Fernández Gayoso, quen dende 1965 era director xeral de Caixavigo. Durante o proceso de integración copresidiron a entidade Ramón Cornejo Molíns, procedente de Caixavigo; Manuel Bermúdez Castro, de Caixa Ourense; e Manuel Campos Vilariño, de Caixa Pontevedra. Está presente en todo o territorio galego, así como no Bierzo, Madrid, Lisboa, Porto, Xenebra, Caracas e México D F. No 2000 posuía unha rede de máis de seiscentas oficinas operativas, tiña un volume de negocio de 3 billóns...