"vola" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Pólder do SL do río Ijssel, gañado ao Zuiderzee, Países Baixos, de 1 a 5 m por debaixo do nivel do mar. Desecouse entre 1950 e 1957. Está separado do continente polo lago Veluwemeer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pólder do S do río Ijssel, gañado ao Xuiderzee, Países Baixos. Separado do continente polo Veluwemeer, comezou a construírse en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado na Coruña a partir do 21 de abril de 1865. Cesou a súa edición o 14 de xullo do mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ares Hermanos e participaron na súa redacción Romualdo B. Leal, Luís Tettamancy e Xoaquín D. Caunedo. Puido ter unha segunda época de edición en 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Foi cónsul en 133 a C, partidario da lei agraria e opúxose a empregar a violencia contra Tiberio Graco. O Dixesto recolle parte das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto automobilístico italiano. Despois dunha exitosa carreira no mundo do motociclismo (1921-1930), chegou ao automobilismo da man de Alfa Romeo (1930), para logo pasar a Ferrari (1935). Foi o único que inquietou a superioridade das marcas alemás Mercedes-Benz e Auto Union. Gañador de varios grandes premios, destacan as súas vitorias en Tunisia, na Eiffelrennen, na Coppa Ciano, na Targa Florio e nas 24 Heurs de Le Mans (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1829. Cesou en 1839. Impresa por Pascual Arza nos seus obradoiros, foi un xornal sen periodicidade fixa, pois a súa saída estaba motivada polas circunstancias. Incluíu as informacións máis relevantes do momento. A partir de 1837 editouno Francisco Arza, fillo de Pascual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catálogo de trobadores galego-portugueses elaborado por Angelo Colocci e identificado na tradición manuscrita coa sigla C. Localizado por E. Monaci en 1875, a través del puido constatarse que certo número de cantigas e de autores se perderon debido a mutilacións existentes no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Contido en oito folios de papel sen numerar no códice Vaticano 3217: “Index Verborum seu vocum collectus per Angelum Cootium ex Petrarcha, Siculo, Rege Roberto, Barbarino”, parece ser a táboa dun cancioneiro perdido, vinculado con B pero máis completo. Con todo, o seu descubrimento non permitiu resolver os conflitos de atribución de cantigas que existen entre os cancioneiros B e V.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do tellado que sobresae da parede e que serve para que a chuvia non escorra por ela.

    2. Parte sobresaínte dun lugar ou obxecto, especialmente dunha vasilla, bacía ou elemento semellante.

    3. Telladiño que teñen algunhas fiestras para protexelas da chuvia.

    4. Depósito de auga ou regato situado a carón dun pozo para uso cotián.

    5. Lumieira do forno.

    6. Fita de coiro cravada arredor do zoco.

    7. Marco dunha porta ou dunha xanela.

    8. Obra de fortificación interior e exterior situada diante de puntos estratéxicos (murallas, portas, pontes, prazas, vales, etc) para obrigar á escisión e á graduación das ofensivas inimigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Peixe voador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca de fondo formada por un só pano de rede moi alto que, unido a varias pezas, pode chegar a unha extensión considerable. Utilízase principalmente para a pesca de abadexo, pescada e ollomol nas rías e costas de Galicia, aínda que provocou conflitos con outras artes, especialmente as de arrastre, e hai quen avoga pola súa desaparición debido a que, cando as volantas rompen e van ao fondo, provocan danos noutros barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza circular con que se goberna o movemento dun automóbil.

      2. Roda movida coas mans que permite regular o movemento dunha máquina.

      3. Roda que nunha máquina se emprega para transformar o movemento alternativo das bielas nun movemento circular.

    1. Tira de tea ondulada que se utiliza como adorno en saias, cortinas e outros complementos.

    2. Impreso en que se manda, se recomenda, se pide ou se apunta algo en termos precisos.

    3. Pelota cortada pola metade e provista de plumas que se emprega no bádminton.

    4. Máscara rural característica dalgunhas parroquias de Chantada. Leva campaíñas no cinto e roupa de cores, e acompaña os peliqueiros ou os maragatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación que se emprega na arte de pesca da volanta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que traballa nunha volanteira.

    2. volanteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua artificial creada en 1880 por Johann Martin Schleyer. Baseada sobre todo no inglés e no alemán, está composta por oito vogais e 20 consoantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se evapora ou pasa con facilidade ao estado gasoso.

    2. Que pode voar por ser máis lixeiro ca o aire.

    3. Que é inconstante ou muda con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de volátil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de volatilizar ou volatilizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter(se) unha substancia líquida ou sólida en gasosa.

    VER O DETALLE DO TERMO