1 pasar

1 pasar

(

  1. v t

    Levar algo ou a alguén dun lugar a outro.

    Ex: Pasa a bandexa para aquela mesa.

    Sinónimos: transportar, trasladar.
  2. v t

    Atravesar un lugar.

    Ex: Pasaron a serra polo porto de montaña.

    Sinónimos: cruzar.
  3. v t
    1. Entregar algo a alguén.

      Ex: Pasoulle os documentos que tiña. Pasáronlle a pelota e marcou un gol.

    2. Facer chegar algunha cousa a alguén.

      Ex: Pásame o teu número de teléfono. Pasoulle o recado.

  4. v t

    Experimentar unha situación desagradable.

    Ex: Pasamos moito medo e frío.

    Sinónimos: sentir.
  5. v t

    Transcorrer un período de tempo.

    Ex: Pasei a mañá limpando a cociña. Pasou un mes no hospital. Pasarei o Nadal cos meus pais.

  6. v t
    1. Introducir unha cousa a través doutra.

      Ex: Pasou a corda polo buraco da roldana.

    2. Mover unha cousa pola superficie doutra

      Ex: Pasoulle a man pola cabeza. Pásalle un pano á mesa para limpala.

    3. pasar o ferro

      Alisar a roupa tirándolle as engurras, co ferro de pasar.

  7. v t

    Transmitir algunha cousa.

    Ex: Pasounos o arrefriado. Espero que nos pasen toda a información.

  8. v t

    Someter un alimento a unha cocción excesiva.

    Ex: Pasa ben a carne para que a coma.

  9. v t

    Superar unha dificultade ou obstáculo.

    Ex: Pasou a primeira proba. O libro pasou a censura.

  10. v t

    Deixar un obxecto que algo penetre a través del.

    Ex: O tellado pasa moita auga.

    Sinónimos: meter.
  11. v t

    Deixar atrás un lugar ou un acontecemento.

    Ex: Pasamos Lugo e aínda seguía durmindo. Pasou as festas na cama.

  12. v t

    Perdoar ou tolerar algunha cousa.

    Ex: Esta é a última vez que che pasa un feito semellante. Xa lle teñen pasado moitas falcatruadas.

  13. v t
    1. Deixar atrás a alguén ou algo que estaba diante.

      Ex: O coche pasouno á altura do mercado.

      Sinónimos: adiantar.
    2. Sobrepasar un límite.

      Ex: Pasou o límite de velocidade.

  14. v t

    Omitir un elemento dunha serie.

    Ex: Pasa as follas de dúas en dúas. Pasaron o teu número e non te chamaron.

  15. v t

    Introducir mercadorías nun país de forma encuberta.

    Ex: Pasaban radios de contrabando.

  16. v t

    Copiar un texto, xeralmente facendo algunha modificación.

    Ex: Xa pasei as miñas notas á máquina.

  17. v t

    Engulir un alimento.

    Ex: Non dá pasado a comida porque lle doe a gorxa.

    Sinónimos: tragar.
  18. v t

    Proxectar unha película.

    Ex: Mañá pasarán de novo ese filme que tanto che gustou.

    Confrontacións: emitir.
  19. v i

    Ir a través dun lugar ou marchar preto del.

    Ex: Pasaron por aquí camiño do traballo. A carreira pasará pola rúa principal.

  20. v i

    Desprazarse dun lugar a outro.

    Ex: Pasou dun lado a outro do camiño sen mirar. Pasou a un despacho máis grande.

    Sinónimos: ir, ir.
  21. v i

    Ir dun estado ou ocupación a outro novo.

    Ex: Pasa con facilidade da risa ao choro. Pasou de aprendiz a encargado en menos dun ano.

  22. v i

    Ir a un lugar e parar nel.

    Ex: Pasou pola oficina para recoller os papeis.

  23. v i
    1. Chegar algunha cousa á súa fin.

      Ex: Xa pasaron as vacacións.

      Sinónimos: acabar, terminar.
    2. Transcorrer o tempo.

      Ex: Pasará moito tempo ata que nos volvamos ver.

  24. v i

    Renunciar a tomar parte na xogada, sexa voluntariamente, sexa por necesidade, en certos xogos de mesa.

    Ex: Eu esta rolda paso.

  25. v i

    Ser considerado dun determinado xeito.

    Ex: Con ese traxe pasa por un cabaleiro.

  26. v i

    Ser algo axeitado para determinado fin.

    Ex: As tesoiras non son moi boas, pero poden pasar.

    Sinónimos: servir.
  27. v i

    Ter bastante con algo.

    Ex: Eu paso con calquera cousa para cear.

  28. v i

    Absterse de algo.

    Ex: Pasa sen almorzo por non facelo. Ide vós ao cine, que eu paso.

  29. v i

    Tolerar aquilo que se expresa.

    Ex: Eu non paso outra vez por iso.

  30. v i

    Acontecer algo.

    Ex: Iso pasou onte pola noite. Non sei qué pasará na rúa. Que che pasa, encóntraste mal? Se non vai non pasa nada.

    Sinónimos: ocorrer, suceder.
  31. v i

    Poder atravesar unha cousa por un determinado lugar.

    Ex: Por aí non pasa o tractor.

  32. v i

    Transcorrer un río ou unha vía de comunicación por onde se expresa.

    Ex: O Barbaña pasa por Ourense. A estrada que pasa pola aldea está cortada.

  33. v i

    Ir máis alá.

    Ex: Non pasedes do xardín. Pasa dos cincuenta.

  34. v i

    Pórse por diante de alguén.

    Ex: Pasoulle na curva. Como non estudes pasaranche diante na escola. Medrou tanto que xa lles pasou aos pais.

  35. v i

    Transmitirse algo.

    Ex: Hai costumes que pasan de xeración en xeración.

  36. v pron

    Superar un límite considerado razoable.

    Ex: Pasouse de listo.

  37. v pron

    Esquecer algo.

    Ex: Pasóuselle comprar o pan.

  38. v pron

    Deixar un alimento de estar en boas condicións para o seu consumo.

    Ex: Xa se pasaron os figos e houbo que tiralos.

  39. v pron

    Abandonar un grupo por outro diferente.

    Ex: Pasouse á oposición.

  40. v pron

    Estragarse ou gastarse un parafuso ou outra peza semellante.

    Ex: Non apertes tanto a porca, que se pasa a rosca.

Frases feitas

  • Pasalas negras. Sufrir moito.

  • Pasalo ben. Divertirse.

  • Pasalo mal 1 Aburrirse.

  • Pasar a coitelo. Matar a alguén cunha arma branca.

  • Pasar a mellor vida. Morrer.

  • Pasar da raia. Ser algo ou alguén excesivo.

  • Pasar pola pedra 1 Darlle unha malleira a alguén.

  • Pasar polas armas. Axustizar a alguén.

  • Pasar por alto. Omitir algo adrede.

  • Pasar por riba 1 Superar algún problema ou inconveniente.

  • 2 col Fornicar.

  • 2 Atravesar unha situación comprometida ou desagradable.

  • 2 Non deterse por nada.

  • Pasar as de Caín. Sufrir ou padecer moito.

  • Pasaren os cegos a ponte. Disimular algo evidente.

Palabras veciñas

pasante | pasantía | pasaporte | 1 pasar | 2 pasar | pasarela | Pasarelos
Conxugar
VERBO 1 pasar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paso
pasas
pasa
pasamos
pasades
pasan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasaba
pasabas
pasaba
pasabamos
pasabades
pasaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasei
pasaches
pasou
pasamos
pasastes
pasaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasara
pasaras
pasara
pasaramos
pasarades
pasaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasarei
pasarás
pasará
pasaremos
pasaredes
pasarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasaría
pasarías
pasaría
pasariamos
pasariades
pasarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pase
pases
pase
pasemos
pasedes
pasen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasase
pasases
pasase
pasasemos
pasasedes
pasasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasar
pasares
pasar
pasarmos
pasardes
pasaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pasa
-
-
pasade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pasar
pasares
pasar
pasarmos
pasardes
pasaren
Xerundio pasando
Participio pasado
pasada
pasados
pasadas