1 botar

1 botar

(

  1. v t

    Facer que algunha cousa se desprace ata un lugar mediante un impulso.

    Ex: Bótame a pelota co pé.

    Confrontacións: lanzar.
  2. v t

    Deixar caer algo nun sitio concreto.

    Ex: Hai que botar o pan reseso no caldeiro das galiñas.

  3. v t

    Permitir ou facer que algunha cousa saia fóra de si.

    Ex: O volcán bota lava dende o luns á noite. O caldeiro da comida botaba moito fume. O pipote bota viño porque esta roto.

    Sinónimos: despedir, desprender, expulsar.
  4. v t

    Xerar un organismo vivo unha nova parte do seu ser.

    Ex: Coa chegada da primavera, a cerdeira botou as novas flores.

  5. v t

    Situar calquera parte do corpo nunha posición determinada realizando un movemento.

    Ex: María botou a perna por riba do meu ombro practicando karate.

  6. v t

    Aplicar algunha cousa nun lugar concreto.

    Ex: Botoulle cemento no piso do garaxe.

  7. v t

    Facer que alguén marche ou deixe un posto, unha ocupación, etc.

    Ex: A Xaquín teñen que botalo do equipo polas reiteradas faltas de asistencia.

    Sinónimos: despedir.
  8. v t

    Facer que un animal se vaia dun lugar empregando diversos métodos.

    Ex: Bota o can da cociña!

    Sinónimos: escorrentar, tornar.
  9. v t

    Levar a cabo diversas accións que veñen expresadas polos complementos correspondentes (botar unha ollada, botar unha firma, botar a culpa, etc).

    Ex: Antes de nada teño que botar a quiniela.

  10. v t

    Emitir algunha cousa nun medio de comunicación ou nun espectáculo.

    Ex: Non sei o título do filme que botan esta tarde no cine.

  11. v t

    Dar ou repartir algo.

    Ex: Bota outro vaso de viño!

  12. v t

    Especular cunha cantidade de tempo de cartos ou doutra cousa.

    Ex: Bótalle o que nos custou este magnífico aparato de radio!

  13. v t

    Empregar tempo ou esforzo na realización dalgunha cousa.

    Ex: Botei todo o día para completar o informe.

  14. v t

    Permanecer certo tempo nun lugar.

    Ex: Botei unha semana de vacacións en Palma coa miña muller.

  15. v t

    Expresar algo de maneira oral.

    Ex: O noso alcalde non sabe botar discursos.

    Confrontacións: proferir, pronunciar.
  16. v t

    Encirrar a un animal para que ataque.

    Ex: Botoulle os cans para que o trabasen.

  17. v t

    Espallar a semente para que produza.

    Ex: É moi boa época para botar o millo.

    Sinónimos: sementar.
  18. v t

    Desenvolver un xogo.

    Ex: Botamos unha brisca?

  19. v t

    Residir un tempo determinado nalgún lugar.

    Ex: Botamos varios anos en Santiago de Compostela, pero agora volvemos para as nosas vilas.

  20. v pron

    Tenderse en posición horizontal.

    Ex: Non a espertes porque aínda se botou hai un anaco. 

  21. v pron

    Lanzarse precipitadamente cara a algunha cousa ou cara a alguén.

    Ex: Botouse de cabeza ó río e case a parte. Botáronse entre todos e conseguiron desarmalo.

  22. v t [MAR]

    Poñer na auga unha embarcación nova por medio dunha botadura.

    Ex: Hoxe é un bo día para botar o barco que repararon no estaleiro de Bazán.

Frases feitas

  • Aguantar o que (lle) boten. Aturar pacientemente incomodidades ou contrariedades.

  • Botar (unha) man. Axudar.

  • Botar a rolos unha aloia. Pór un rumor en circulación.

  • Botar en saco roto. Non sacar proveito dos consellos.

  • Botar escuma pola boca. Estar alporizado ou rabioso.

  • Botar fóra. Supurar unha ferida.

  • Botar niebla e pestes. Falar mal levado pola ira.

  • Botar os ollos a algunha cousa. Fitala.

  • Botar toda a auga ao muíño. Facer o posible para acadar o que alguén desexa.

  • . Botar a(s) culpa(s). Considerar culpable a unha persoa do que non fixo.

  • . Botar as contas da vella. Actuar precipitadamente

  • 1 Destruír algunha cousa

  • 2 Desenvolverse ben economicamente.

  • 2 Mellorar a saúde. Botarlle un ollo a algunha cousa.

  • 2 Arruinar a unha persoa.

  • Botalas ardendo/como o barro á parede/como o lume/fervendo. Insultar.

  • Botalas como lousas/por arrobas. Esaxerar.

  • Botalas como mantas. Criticar con dureza ou calumniar a alguén.

  • Bótalle un can ao rabo! Despedirse dalgunha cousa.

  • Bótalle un can! Expresión que indica que xa pasou moito tempo.

  • Bótalle un galgo! Expresión que indica que algunha cousa xa non ten solución.

  • Botalo ao carneiro. Deixar algunha cousa por falta de utilidade.

  • Botar a alguén como aos cans da misa. Afastalo con malas maneiras.

  • Botar a alma ao lombo. Non ter escrúpulos.

  • Botar a alma pola boca. Estar esgotado.

  • Botar a alma. Facer un grande esforzo.

  • Botar a aña fóra. Facer un grande esforzo.

  • Botar a andar algunha cousa. Poñela a funcionar co fin para o que foi prevista.

  • Botar a barba a remollo. Deixar que pase o tempo.

  • Botar a barba os cereais. Comezar a botar a espiga.

  • Botar a cambadela. Prexudicar a algúen nos seus obxectivos.

  • Botar a corda ao lombo. Andar ceibe.

  • Botar a fervura fóra. Ferver moito.

  • Botar a lingua a pacer/ó clareo. Pórse de palique.

  • Botar a lingua ao sol. Falar de máis.

  • Botar a lingua fóra/os folgos. Estar extenuado.

  • Botar a mala parte. Interpretar algunha cousa negativamente.

  • Botar a niñada o cuco. Escoitar o canto do cuco cando se está en xexún que, nalgúns lugares, ten unha interpretación de mal agoiro.

  • Botar a palla perra. Botar a sortes.

  • Botar a perder.

  • Botar a rolón/ós rolos. Dar voltas.

  • Botar a sonada. Ser difamado.

  • Botar abaixo. Frustrar algunha cousa.

  • Botar as alegrías/os bofes/os fígados. Fatigarse moito a causa dun traballo excesivo.

  • Botar as cargas a outro. Atribuírlle a alguén algo que non fixo

  • Botar as palabras polo atallo. Falar moito.

  • Botar as pulgas fóra. Limpar a casa.

  • Botar auga aos pitos cando chove. Facer unha cousa en balde.

  • Botar auga no mar. Facer unha cousa inútil.

  • Botar augas. Ouriñar.

  • Botar barriga. Fachendear.

  • Botar carnes. Engordar.

  • Botar chispas. Estar furioso.

  • Botar contas. Considerar as consecuencias dalgunha cousa.

  • Botar de cabeza. Arruinar a alguén.

  • Botar de menos. Estrañar algo ou a alguén.

  • Botar leña ao lume. Incitar a unha persoa ou a un animal para que acometa contra outra persoa.

  • Botar lume (polos ollos). Estar indignado e colérico.

  • Botar man do asunto. Encargarse.

  • Botar moito por ela. Esforzarse por parecer ben.

  • Botar na cara. Reprochar.

  • Botar nunha cousa. Adquirila.

  • Botar o burro. Acabar primeiro un labor.

  • Botar o corpo. Medrar.

  • Botar o lazo. Prender.

  • Botar o mal de ollo. Enmeigar.

  • Botar o paxaro. Ouriñar.

  • Botar o pé diante. Avantaxar.

  • Botar o peito á auga. Atreverse a algunha cousa.

  • Botar o verdín. Marearse.

  • Botar pan ao caldo. 1 Estar forte, especialmente despois de sandar unha doenza.

  • Botar pelo. Andar ben as cousas.

  • Botar pestes. Falar mal e encolerizado.

  • Botar por ela. Ser moi fachendoso.

  • Botar por terra. Saír mal un asunto de xeito que se perda o que se tiña.

  • Botar resmas. Pronunciar inxurias.

  • Botar soberbias. Ser orgulloso.

  • Botar terra a un asunto/ó conto. Intentar silenciar algunha cousa.

  • Botar un discurso. Sermonear.

  • Botar un eito. Facer un labor concreto.

  • Botar un groliño/un grolo/unha pinga. Beber.

  • Botar un xerro de auga fría. Dar unha mala nova ou quitar ilusión.

  • Botar unha amarra. Atar o barco.

  • Botar unha

  • Botar(se) + a + inf. Perífrase de futuridade inmediata que indica o comezo da acción referida polo verbo.

  • Botar(se) a perder. Estragarse algo.

  • Botarlle aceite ao lume. Incentivar unha discusión.

  • Botarlle as mantas a alguén. Falar mal desa persoa.

  • Botarlle as restras a alguén. Botar alusións non directas a alguén.

  • Botarlle os cans a alguén. Incentivar para o ataque a unha persoa.

  • Botarlle sopas ao leite. 1 Botar pan na cunca do leite.

  • Botarlle unha loia a alguén. Poñerlle sona dalgunha cousa a alguén.

  • Botarse a achar. Adiviñar.

  • Botarse a alguén como un can (doente). Atacar a alguén coas palabras ou os feitos.

  • Botarse a alguén como un can. Dirixirse a alguén de moi malas maneiras.

  • Botarse a alma ás costas. Ser valente, ter decisión.

  • Botarse a auga encima. Pórse a chover de súpeto.

  • Botarse á auga. Atreverse.

  • Botarse contas. Supoñer algunha cousa.

  • Botarse de cabeza. Acometer unha empresa moi dificultosa temerariamente.

  • Botarse de peito. Poñerse a realizar algunha cousa sen pensalo.

  • Botarse fóra. Desbordar un río ou calquera líquido.

  • Botarse o can a alguén. Atacar a unha persoa.

  • Botarse por fóra. Verter un líquido.

  • cántiga. Cantar.

  • Dicir palabras de santo e botar as unllas como (de) gato. Actuar con hipocrisía.

  • Estar alguén que bota fume. Estar moi incomodado.

  • Estar botando as mantas no hospital. Ser entrometido.

  • Estar que bota escuma pola boca. Estar encolerizado.

  • Facer a festa e botar os foguetes. Rir cos chistes propios.

  • Non botar a auga polo caneiro de alguén. Non convencer ou non resultar simpático.

  • Non pagar a pena botar a perder a ola por unhas areas de sal. Expresa que por un pequeno esforzo que se faga, pode conseguirse o desexado.

  • Ser das que botou o demo pola cueira do carro. Indica que unha muller é brava.

  • Ser un bota por ela. Ser fachendoso.

  • Vai botar auga aos pitos. Aplícase a quen está molestando.

Palabras veciñas

botanófilo -la | Botany Bay | botaporela | 1 botar | 2 botar | botarel | Botas
Conxugar
VERBO 1 botar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
boto
botas
bota
botamos
botades
botan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botaba
botabas
botaba
botabamos
botabades
botaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botei
botaches
botou
botamos
botastes
botaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botara
botaras
botara
botaramos
botarades
botaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botarei
botarás
botará
botaremos
botaredes
botarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botaría
botarías
botaría
botariamos
botariades
botarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bote
botes
bote
botemos
botedes
boten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botase
botases
botase
botasemos
botasedes
botasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botar
botares
botar
botarmos
botardes
botaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bota
-
-
botade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
botar
botares
botar
botarmos
botardes
botaren
Xerundio botando
Participio botado
botada
botados
botadas