checheno -na

checheno -na

(< topónimo Chechenia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Chechenia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo caucásico que habita basicamente en Chechenia.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo do grupo caucásico que habita en Chechenia. Organizado en clans, conserva boa parte das súas tradicións. Islamizado no s XVIII pola rama sunita, loitou contra os rusos durante os ss XVIII e XIX ata a capitulación do seu líder Šamil. Despois da Segunda Guerra Mundial, foron deportados a Kazakhstán e a Kirguizistán, de onde retornaron posteriormente. Dedícanse á gandería e desenvolven, en menor medida, actividades agrícolas e artesás.

  4. s m [LING]

    Lingua caucásica pertencente, xunto co inguxo e co bácico, ao grupo nororiental ou checheno-lézguico, da familia caucásica. Fálana aproximadamente unhas 900.000 persoas, das que a maioría habita en Chechenia. O checheno é unha lingua intimamente relacionada co inguxo e mesmo son mutuamente comprensibles.