checheno-lézguico
-
adx
Relativo ou pertencente ao checheno-lézguico.
-
s
m
[LING]
Grupo nororiental da familia de linguas caucásicas dividido en dous subgrupos: o checheno e o lézguico ou daguestano. É o grupo de linguas caucásicas que comprende un maior número de linguas singulares, que presentan graos moi diversos de parentesco. Foneticamente, distínguese por un vocalismo (ata unha vintena de fonemas) e por un consonantismo (ata máis de cincuenta consoantes) moi ricos. Son linguas aglutinantes e flexionais (especialmente cunha flexión interna). As clases gramaticais poden chegar a oito e o sistema de casos é o máis rico das linguas caucásicas. Posto que o árabe foi durante moito tempo a lingua oficial do Daguestán e da zona oriental do Cáucaso, as linguas checheno-lézguico escribíronse, inicialmente, en caracteres árabes; posteriormente, en 1928, empregouse o alfabeto latino, e finalmente, no 1938, o alfabeto cirílico, ao que se lle engadiron algúns signos propios para cada lingua co fin de poder expresar os valores fonéticos particulares das linguas caucásicas.