"ADENA" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira fase da tradición cultural dos bosques orientais de Norteamérica (Woodland), datada entre 1000 e 100 a C no val do Ohio. Sucede ao período Arcaico logo dunha transición marcada pola aparición da agricultura (cabaza e xirasol). A súa característica máis salientable é a construción de grandes túmulos de terra, en ocasións funerarios, que posiblemente funcionaron como marcadores territoriais de grupos de parentesco. A súa organización social, que artellaba extensas redes xeográficas como demostra o intercambio de obxectos de prestixio, remanecía moi igualitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla da Asociación para la Defensa de la Naturaleza, organización conservacionista española fundada no 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor nunha glándula ou nun ganglio.
-
PERSOEIRO
Estadista alemán. Estudiou Leis e Economía. Importante home de negocios, foi burgomestre de Colonia (1917-1933). Durante a República de Weimar, foi representante do Centro, partido católico, na Dieta Provincial Renana e no Consello de Estado prusiano, do que foi Presidente (1920-1923). Destituído polos nazis e exiliado a Rhöndorf (1933-1935), no 1944 foi enviado a un campo de concentración. Os norteamericanos restituírono como burgomestre de Colonia (1945), sendo logo destituído polos británicos. Cofundou a Unión Demócrata Cristiá (CDU) que presidiu ate 1966, e dirixiu o Consello Parlamentario Constituínte creado polos aliados (1948). Nos anos 1949, 1953, 1957 e 1961 foi elixido chanceler; período no cal tamén tivo exercido como Ministro de Asuntos Exteriores (1951-1955). Foi substituído na Chancelería por Erhard (1963). Partidario do retorno ao liberalismo económico e da adhesión ao bloque occidental, conseguiu axuda económica a través do plan Marshall. Acadou a adhesión da República Federal...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Costa do Sol, na beira oriental da baía de Fuengirola (27.147 h [1996]). Dende a segunda metade da década dos sesenta, a explotación turística das praias de Arroyo de la Miel, antes un barrio de pescadores, converteu o concello nun centro estival moi concorrido, transformando a súa estrutura socioeconómica e urbanística. A capital municipal, a vila de Benalmádena, está a 2 km do litoral, pero tamén se veu inmersa neste proceso urbanizador. Os principais sectores de actividade son o dos servicios e o da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe leonesa oriúnda de Aguilar de Campos, do partido xudicial de Villalón, en Valladolid. Estendeuse por León, Asturias, Galicia e Castela, e unha rama pasou mesmo a México. As súas armas levan un escudo acuartelado: o primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de prata e unha cadea de ouro pendurada da súa torre; o segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cun espiño de sinople arrincado; o cuarto cuartel, en campo de prata, con dous lobos andantes de sable, postos un sobre o outro; bordo de azul, con seis castelos de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea radiofónica pertencente ao grupo de Radio Popular SA-Cadenas de Ondas Populares (COPE), implantada no ámbito estatal en xuño de 1992. Conta con 55 emisoras de Frecuencia Modulada e a súa programación baséase na “radio-fórmula cien”, na que inclúe música e apartados de información diversa, dividida entre contidos de ámbito local e nacional. Semanalmente ofrece a lista musical de éxitos que elabora o equipo de profesionais dirixido por Rafael Revert, nun programa especial emitido os sábados á mañá. Ocasionalmente emite concertos dos grupos máis destacados tanto nacionais coma internacionais. En Galicia posúe distintas frecuencias repartidas entre as vilas de Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ribadeo e Pontevedra, dirixida por Fernando González Macías (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica fundada en 1990 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música en español, conta con delegacións e frecuencias que teñen, á súa vez, autonomía local, dirixidas e coordinadas en Galicia por Alfonso López Teijeiro, Olga Beberide Martínez, Jorge Hermida Aldao, Begoña Caeiro, Eugenio González de Haz e Cristina López Lazare. A ela pertencen unha serie de frecuencias localizadas nas cidades de Ferrol, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e Viveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radio España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedad Española de Radiodifusión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...
-
GALICIA
Cineasta. Licenciado en Ciencias da Información e bolseiro da Academia de Belas Artes de Roma e da Fundación Juan March. Preocupado pola experimentación icónica destacan as súas películas en super 8 dos anos oitenta. Dedícase preferentemente ao cine industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos mitófidos, que presenta placas luminosas na cola e fotóforos baixo a línea lateral do corpo.
-
CIDADES
Cidade de California, EE UU (136.237 h [estim 2000]). Situada ao NL de Los Angeles, constitúe o seu sector suburbano residencial. Destaca o centro de investigación da NASA.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Texas, EE UU, situada ao L da conurbación de Houston (141.674 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de emisoras de difusión nacional. Como Cadena Ibérica foi a primeira emisora que comezou a funcionar en España, o 10 de novembro de 1924, baixo o indicativo EAJ-2. Emitiu desde Madrid ata o 5 de abril de 1925, data en que suspendeu as súas emisións. Reiniciou a programación a partir de 1927. Tras numerosas dificultades económicas, pasou a ser xestionada pola sociedade Unión Ibérica de Radio, sociedade titular de Radio España. O 20 de setembro de 2001, a sociedade xestora da cadea e Onda Cero chegaron a un acordo para a difusión da programación de Onda Cero a través das 19 emisoras de Radio España, complementando os seus contidos coa programación de Onda Cero Música e Europa Fm.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).
VER O DETALLE DO TERMO