"Acosta" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

    1. Apelido de orixe toponímica, procede do latín costa ‘costela, costado’. Relacionado etimoloxicamente con este apelido está a variante gráfica Da Costa. Xa aparece documentado dende o s XIV: “Iohan Nunnez da Costa” (doc ano 1316, Onomástica persoal do noroeste hispano de E. Rivas Quintas, p 548).

    2. Liñaxe de orixe discutida. Disque procede dunha familia romana que se asentou na Hispania ou ben do Rei godo Acosta. Unha rama pasou a Galicia desde as montañas de Burgos e de aquí saíron as diversas ramas que espallaron o apelido por Galicia. Asentáronse na Torre de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa e, posteriormente, espalláronse por Noia, Terra de Santiago, Portugal e polo resto de España establecendo casas en Aragón, Catalunya, València, Islas Canarias, Castela, Andalucía e Gipuskoa. As armas primitivas levan, en campo de prata, seis costelas de sable colocadas de dúas en dúas. As armas da rama galega presentan un escudo partido medio cortado: nun dos lados, en campo de ouro, aparece unha estrela de azur; no outro lado, na parte superior esquerda, represéntanse, sobre campo de goles, tres costelas de prata; na terceira, no cortado de abaixo, en campo de prata, aparece un navío sobre ondas de mar de azur e prata que leva na quilla, un neno espido cun ramo de sinople na man. Os de Noia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e entallador de retablos que traballou en Ourense. Participou, xunto a Xoán López, no retablo de San Martiño de Beariz (1615) no Carballiño, hoxe no concello de San Amaro. Tamén é autor do retablo da igrexa de Nosa Señora do Colexio de Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empregado de banca. Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, en novembro do 1933. Despois da escisión deste, foi candidato nas eleccións xerais polo Partido Radical-Socialista Independiente. No 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña, presidindo a Agrupación Municipal deste partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. En xullo do 1936 foi nomeado para o cargo de Gobernador Civil de Pontevedra. Apresado logo do alzamento militar, logrou fuxir nun primeiro momento, sen embargo, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Vigo, onde foi sometido a consello de guerra e, posteriormente, condenado e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mal de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e historiador. En Perú, a onde se trasladou no ano 1571, foi provincial da Compañía de Xesús. Escribiu unha serie de obras sobre a catequización dos indíxenas americanos, froito da súa actividade relixiosa, e unha Historia natural y moral de las Indias (1590), onde estudia as características físicas e biolóxicas de América e a historia dos seus habitantes orixinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Iniciou os seus estudios de Latín e Filosofía completando a súa formación en Valladolid como bacharel en Leis e Canons, onde exerceu como avogado da Real Chancelería e Relator do Crime e do Civil. Posteriormente foi maxistrado na cidade de Sevilla (1821-1823). Interesado polos asuntos históricos, consérvanse, entre outros, traballos seus sobre Henrique IV e Fernando IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na Armada no ano 1854. Fundador e presidente da Sociedad Dosimétrica Española. Entre os seus varios estudios destaca Cosmopolitismo humano bajo el punto de vista de la alimentación de la tropa de mar y tierra en las provincias españolas de Ultramar e Ensayo sobre la reforma de Sanidad Marítima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Castela medieval, pago en metálico co que o rei retribuía aos vasalos os servicios militares prestados, chamados tamén feudos de bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1982 e comezou a súa actividade docente en 1976 no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixiu entre 1989 e 1991. Profesor de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na ordenación do territorio, na demografía e na cartografía. Foi pioneiro na aplicación da teledetección e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) en Galicia. Foi profesor invitado nas universidades de Cork, Nantes e Maine (Le Mans) e, dende 1995, profesor colaborador da Escola Superior Gallaecia, en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Ampliou os seus estudios sobre xeomorfoloxía litoral en París (1987) e sobre SIX en Durham e Londres (1988-1991). Forma parte do consello de redacción da revista Agália. Á parte de numerosos artigos e comunicacións, publicou Paisaje agrario en la Galicia Noroccidental (1982; versión en galego de 1989), Las parroquias de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido toponímico formado sobre a base léxica costa e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Johan da Costa (doc ano 1333 en Clarinda de A. Maia História do galego-portugués, 1986, p 155).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de ensino medio de lingua e literatura galega, colaborou con artigos de carácter científico e divulgativo en revistas como A peneira, Cadernos da lingua ou Natureza galega. Entre outras obras, publicou Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín (1994), Crear o mar en Compostela (Premio de Poesía O Grelo 1993), Pel de ameixa (1996, Premio de Poesía Miguel González Garcés 1995), Setembro (1998, VII Premio Martín Codax de Poesía) e En atalaia aberta (2000). Ademais, participou no volume colectivo 8 e medio (1993) e nas antoloxías Para saír do século (1997) e Defecto 2000 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade teatral no terreo do teatro escolar, e continuou co grupo Sarabela participando en case todas as súas montaxes, entre as que destacan Xacobe ou a submisión (1989); Madame de Sade (1991), polo que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Actor; As sillas (1992); Cama dous por dous para dous (1994); A Esmorga (1995); O lapis do carpinteiro (2000), traballo polo que obtivo o Premio María Casares ao Mellor Actor Protagonista no ano 2001; ou Sexismunda (2001), adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca. No Centro Dramático Galego interpretou o papel protagonista de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991). Participou ademais como actor noutras montaxes desta compañía, como A lagarada (1992), de Otero Pedrayo; Historia dun soldado (1993), de Charles-Ferdinand...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1935) xunto a Almada Negreiros e António Pedro. Influído pola Guerra Civil española e pola Segunda Guerra Mundial, a súa obra tomou un cariz expresionista (Outras coisas, 1941) que abandonou pouco a pouco ata que conseguiu unha bolsa do goberno francés que lle permitiu instalarse en París en 1947. A súa pintura entrou nunha etapa próxima á abstracción surrealista que acabou co abandono da súa produción artística durante case trinta anos. Na década dos setenta retomou a súa carreira e combinou unha obra de estética abstracta coa figuración. Traballou como ilustrador e colaborou en revistas e xornais. Representou a Portugal na VIII Bienal Internacional de Pontevedra (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio Amadeo de Souza-Cardoso no Salão de Arte Moderna do SPN (1942) e o Premio de Pintura da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Formouse co pintor alemán Hantv e con Augusto José Marques Júnior na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro (1930). Foi un dos fundadores do Núcleo Bernadelli (1931). Viaxou por Europa e participou en exposicións na Royal Academy of Arts de Londres (1944) e no Salon des Indepéndants de París (1947). Cultivou o retrato e a paisaxe e realizou litografías e serigrafías. A súa obra evolucionou dende o academicismo ata a pintura de vangarda; esta última achegouse ao cubismo, ao construtivismo e á abstracción. Empregou os campos de cor plana onde primaron os ocres e os vermellos. Entre outras mostras, participou na XXV Bienal de Venecia (1950), na I Bienal de São Paulo (1951) e na mostra da arte brasileira no s XX (1975); e, entre outras exposicións individuais, destacan as realizadas en Rio de Janeiro, Londres, París e Lisboa. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce do Salão Nacional de 1939, a de prata no de 1944 e o Prémio do Governo do Estado no I...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco ou lancha rápida destinados á vixilancia e ao coidado do litoral.

    2. Persoa que traballa nun deses barcos.

    3. Persoa que acompaña a alguén para protexelo e defendelo de posibles agresións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO