"Arad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

    1. Que ou quen acapara.

    2. Termo da xerga das palilleiras que designa o concepto ‘intermediario, quen compra os encaixes ás palilleiras para revendelos cunha alta ganancia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facenda constituída pola casa para vivir e fincas de labranza, con campos, prados e montes, todas elas situadas preto da vivenda e de maneira espallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aclarar.

    2. Que está ben explicado e resulta doado de entender.

    3. Limpeza dun téxtil con auga para eliminarlle o xabrón.

      1. Disipación ou eliminación daquilo que ofusca a claridade ou transparencia dalgún obxecto ou espacio.

      2. Figura decorativa arrodeada dunha superficie cunha cor concreta.

    4. En baloncesto, acción na que se posibilita que un xogador teña paso franco, nun un contra un, para iniciar a entrada a canastra.

    5. Aplícase á figura do escudo que está rodeada dun campo ou espazo coloreado cunha determinada cor. Dise tamén dos diferentes ocos, portas ou ventás por onde penetra a luz nas figuras heráldicas (en castelos, torres, casas, vilas, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora coñecida co pseudónimo de Víctor Català. Autodidacta, mantívose fiel ao naturalismo e, na súa primeira época, ao modernismo. Da súa obra destacan Solitud (Soidade, 1905), Marines (Mariñas, 1928) Contrallums (Contraluces, 1930) e Jubileu (Xubileo, 1951). Fuxiu do realismo e da obxectividade científicas, creou un universo mítico e impregnou a súa obra dun sentimento fatalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barullo orixinado por berros e voces de xente agrupada.

    2. Pequena liorta de escasa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista, profesora do Conservatorio de Madrid. Escribiu Ensayo para un nuevo cuestionario pianístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga liñaxe que remonta as súas raíces aos tempos de don Paio e, concretamente, a certos cabaleiros godos de sangue real que o axudaron nas súas primeiras loitas contra os mouros. Hai quen atribúe a súa orixe a un cabaleiro francés que veu a España para visitar a tumba do Apóstolo Santiago e que despois quedou en terras de Trasmiera para servir a Deus na loita contra os mouros. As primitivas casas desata estirpe asentáronse en Santander, dende onde sairían diversas ramas que se estableceron noutras rexións de España e América. En Galicia aparecen emparentados, xa desde antano, con antigas e poderosas familias como os Sobrado. Dos Alvarado galegos, unha liña estableceuse na parroquia de Pombeiro (actual concello de Ferreira de Pantón). Os de América proceden na súa maioría dos de Extremadura; entre eles, destaca Pedro de Alvarado, natural de Badajoz e conquistador de México. Outros cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago e Calatrava. As súas armas levan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Periodista, crítico teatral e integrante do equipo de redacción da revista Posío (1940), pois participou na fundación desta revista e no xornal La Hoja del Lunes. A partir de 1943 ingresou no corpo técnico-administrativo da Deputación Provincial de Ourense e en 1950 foi nomeado delegado de Faro de Vigo. En 1968 incorpourase a La Región, onde foi redactor xefe e dirixiu as seccións de crítica de arte e teatro. É un dos máis importantes animadores da vida teatral na vila de Ourense onde promoveu agrupacións como o Teatro de Cámara y Ensaio, o Teatro Juvenil de Ourense ou a Agrupación Teatral Valle-Inclán, nos que dirixiu espectáculos en castelán a partir de textos de Yukio Mishima, Jean Cocteau, Eugene O’Neill, Antón Chéjov, Valle-Inclán, Jean Anouilh ou en galego, a propósito do Hamlet de Álvaro Cunqueiro. Responsable da organización de diversas campañas de teatro e de cursos e seminarios de formación que contribuirán á consolidación dunha xeración de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Histólogo. Foi catedrático de Organografía e Fisioloxía animal na Universidade Complutense de Madrid (1932-1967). Realizou numerosos traballos no eido da histoloxía vexetal, entre o que cómpre salientar: “Sobre el estudo del condriosoma en las células vegetales por el método tanto-argéntico”, animal “Contribución al conocimiento histológico de las medusas” e entomolóxica “El epitelio estomacal de los blátidos”. Os seus manuais de bioloxía tanto para bacharelato como para ensino superior foron moi divulgados e empregados nos anos do franquismo. Foi director do Instituto José Acosta do CSIC, subdirector do Museo Nacional de Ciencias Naturales e membro da Real Sociedad Española de Ciencias Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico, escritor e pensador; foi coñecido polo pseudónimo Filósofo Rancio, alcume co que asinou as Cartas críticas de un filósofo rancio (1813-1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador castelán. Capitán de Hernán Cortés na conquista da Nova España. Someteu as zonas das actuais Guatemala e O Salvador (1523-1524). Gobernador de Guatemala, quixo intervir na conquista de Quito, pero Pizarro expulsouno dos seus territorios. Morreu na represión de Xalisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo Carballo Calero participou no Liceo de la Juventud, sociedade creada en Compostela en 1847, xunto a Aurelio Aguirre, Pondal, Rosalía, Murguía, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouno en 1994 Carlos Perille Publicidade e convócao a Sociedade Artística Ferrolana. O premio consiste nunha placa conmemorativa e na publicación do relato gañador na revista Poesía Galicia (O Ferrol). En 1995, resultou gañador Ramón Loureiro por O miragre de Escandoi, e en 1996 Daniel Prieto Seijo recibiu o galardón por O intre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Da cor do nácar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble do comedor ou do salón, normalmente con portas de vidro, caixóns e estantes nos que se gardan as vaixelas e os utensilios para a mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira que protexe a quilla das embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente unha pena, unha dor na alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pintas negras con manchas brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO