"Aso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 411.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto andalusí. Dirixiu as obras da mesquita maior de Sevilla, comezadas no 1172. No 1184 alicerzou o minarete, coñecido na actualidade como Giralda, que continuou ‘Alī de Gómara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto compartimento do estómago dos ruminantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para raspar ou limar unha superficie ósea ou dental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causa asignada a feitos ou acontecementos fortuítos dos que se descoñece a causa real e que son inexplicables dende o ámbito da razón.

    2. Denota a posibilidade ou dúbida daquilo que se di.

    3. Forma empregada dentro de proposicións interrogativas negativas, xa dende o latín, de xeito enfático para indicar que o contido destas é certo e nas interrogativas afirmativas para negalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e mestre de canto italiano. Na liña de evolución instrumental de Vivaldi, escribiu unha cincuentena de óperas, sonatas, balletti, concertos e sinfonías. Bach recuperou algúns dos seus temas para fugas. A súa obra estivo esquecida ata que no s XX volveu ser obxecto dun crecente interese, especialmente os seus Concerti grossi e o popular Adagio, obra creada polo musicólogo italiano contemporáneo R. Giazotto a partir dun fragmento orixinal manuscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e que pode presentar a variante gráfica Alcazoba. As súas armas levan, en campo de azur, un castelo de prata, con tres torres. Segundo algúns investigadores, traen en campo de goles, tres veneras de ouro, postas en pao, e, arrimadas de dúas flores de lis de prata, unha a cada lado, formando cruz coas veneras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada o 22 de febreiro de 1957 por José Benito Pardo e Pardo. Dende novembro de 1966 depende da Asociación Española de Amigos de los Castillos -tendo en Galicia unicamente a sección provincial de Lugo- que está presidida por Carlos Ferreiro Rodríguez. O seu marco de actuación xira ao redor de castelos e fortalezas, ademais doutros monumentos como pazos, mosteiros, catedrais ou igrexas. Organizan visitas aos monumentos máis destacados de España e Europa e, desde 1964, convocan ciclos de conferencias, entre outros actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente revolucionario napolitano máis coñecido como Masaniello. De familia menestral, era vendedor de peixe. Hábil, pero de carácter violento, estivera na prisión do almirantado, onde conseguiu pórse en contacto cos burgueses que máis tarde mantiveron a súa revolta. O establecemento dun imposto sobre as froitas, entre xuño e xullo de 1647, provocou unha verdadeira revolta que deu o poder municipal a Masaniello. Unha vez no poder organizou a milicia cidadá revolucionaria e refixo a administración local. A represión que iniciou contra a nobreza e antigos partidarios seus, así como a súa vida, ostentosamente luxosa, motivou que fose asasinado polos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Desde 1916 traballou activamente nos sindicatos anarcosindicalistas. Foi prendido baixo a acusación de atentar contra o redactor xefe do periódico El Heraldo de Aragón, contrario ás reivindicacións obreiras. Trasladouse a Barcelona e con Durruti, G. Oliver e outros constituíu o grupo Los Solidarios (1922). Tiñan como misión a loita terrorista contra a patronal, a policía e os sindicatos libres. Ao ano seguinte participou no asasinato do cardeal Soldevila, feito que provocou a súa detención e a posterior fuxida a Francia. En 1924 xunto con Durruti percorreu diversos países americanos onde realizaron diversas expropiacións para acadar fondos para a organización anarquista. Participaron no intento de asasinato de Afonso XIII en París e contribuíron á publicación da Encyclopédie anarchiste (Enciclopedia anarquista) de Sebastián Faure. Foi un dos fundadores da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en 1927 e defendeu o putsch (sublevación) como medio de chegar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume volcánico do Xapón, situado na parte central da Illa de Kyūshū (1.673 m). Ten o cráter volcánico de maior superficie do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer saír os mocos do nariz cunha expiración forte.

    2. Limparse un mesmo os mocos cun pano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto ou efecto de asoballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asoballa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercer a autoridade, o dominio ou forte influencia sobre alguén que o rexeita por suporlle unha humillación.

    2. Humillar unha persoa a outra.

    3. Pisar sen o debido coidado un terreo sementado.

    VER O DETALLE DO TERMO