"Barcelona" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e da Comunitat Autònoma de Catalunya, á beira do mar Mediterráneo (1.508.805 h [1996]). Aséntase sobre unha chaira que abrangue 170 km2, dos que 60 km2 pertencen ao concello de Barcelona, (os 2/3 da superficie municipal). Ao NO, a serra de Collserola pecha o termo con altitudes superiores aos 500 m (Tibidabo 512 m). Tanto ao NL como ao SO a chaira continúa polos deltas do Llobregat e do Besòs, favorecendo o espallamento da urbanización nos concellos veciños. Situada a 41° 20’ de latitude N está baixo un dominio climático mediterráneo marítimo, con temperaturas suaves no inverno e veráns calorosos e sen precipitacións, que acadan os máximos entre setembro e outubro. A humidade relativa é alta e constante ao longo do ano (70%). O núcleo da cidade moderna, que abrangue o antigo recinto amurallado, L´Eixample, iniciado en 1860, e a coroa de municipios agregados contra o remate do s XIX, foise expandido progresivamente ata formar un conxunto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Anzoátegui, Venezuela, atravesada polo río Neveri (221.792 h [1990]). Centra as actividades gandeiras e agrícolas das concas do Unare e do Neveri. A explotación do petróleo terra dentro e o comercio desenvolveron a cidade durante os últimos vinte anos. Foi fundada co nome de Nova Barcelona polo catalán Joan Orpí, no 1638, co desexo de que fose a cidade de Nova Cataluña. Os indíxenas destruírona e Fernández de Angulo reedificouna no 1673.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o barrio residencial destinado a aloxar os participantes nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992). Construíuse no Poble Nou, nos terreos comprendidos entre o trazado da vía do ferrocarril e o mar. O proxecto urbanístico xeral foi de J. Martorell, O. Bohigas, D. Mackay e A. Puigdoménech, coa colaboración doutros arquitectos. Hai cinco edificios porta, diversos parques, o porto olímpico, os dous rañaceos que caracterizan o perfil do barrio, e a fonte do cruzamento do paseo de Carlos I coa avenida do Litoral. Os edificios de equipamentos son: o centro meteorolóxico, o centro de convencións, o pavillón polideportivo, o cuartel de bombeiros, o centro ecuménico e o centro de asistencia primaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (947-992), e de Urgell (948-992) ao morrer sen fillos o seu tío Sunifredo II. Rexeu os tres primeiros condados co seu irmán Miró ata o seu falecemento (966). A súa política tendía a manter boas relacións cos dous grandes poderes do seu tempo: o carolinxio e o califal, co fin de neutralizar un co outro e chegar a ser cada vez máis independente. A boa relación con Córdoba, evidente xa dende o 950, facilitou os intercambios comerciais e o ascenso económico. Aproveitou a debilidade dos últimos monarcas carolinxios para independizarse do poder franco. Semella que por iso Almanzor decidiu atacar Catalunya (6 de xullo do 985). Este feito deu lugar a un intento de restablecer os lazos co reino franco cara á fin do 985 e durante o 986, cando Borrell II lle pediu axuda. En vista da ineficacia do auxilio franco, a independencia foi consumada, axudada polo cambio de dinastía en Francia. En marzo do 988 Borrell II intitulouse “pola graza de Deus duque ibérico e marqués”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que tivo, desde 1941 ata a súa morte, Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado e asinado en Barcelona o 16 de xuño de 1998 polos líderes dos partidos nacionalistas maioritarios das nacionalidades históricas, polo que se establecía unha fronte común cara á reorganización do modelo da estrutura do Estado. Na sinatura desta declaración participaron Xabier Arzallus, como representante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Jordi Pujol, presidente da Generalitat de Catalunya, en representación de Convergencia i Unió (CiU), e Xosé M. Beiras, líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Segundo os asinantes, despois de vinte anos de desenvolvemento no marco da Constitución de 1978 e logo do proceso de descentralización administrativa, precisábase unha nova etapa de ordenación política, dirixida á implantación en España dun modelo de estado confederal definido como un pacto entre países que conservan a súa soberanía e o recoñecemento internacional individualizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Barcelona o 1 de outubro de 1792, fundado por Pedro Pablo Hussonde Lapezaran. Foi unha publicación conservadora, católica, e defensora dos intereses económicos rexionais e monárquicos. Durante gran parte do s XIX representou a burguesía catalana. A súa redacción facíase en castelán, aínda que a partir de 1793 se publicaron algunhas poesías en catalán e durante a ocupación napoleónica redactouse en castelán, catalán e francés. O 28 de febreiro de 1814 adquiriuno Antonio Brusi i Mirabent, con quen iniciou a etapa máis destacada do diario. No s XX principiou unha certa decadencia do xornal que deixa de representar os intereses políticos e económicos cataláns e limítase a servir a unha minoría cortesana e centralista. Volveu saír en catalán a partir do 19 de xullo de 1936 e ata 1940. Durante uns anos captou o interese do público polo seu barcelonismo, pola súa fidelidade á causa monárquica e pola mellor acollida que lle dispensaba ás noticias dos aliados durante a Segunda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal. Filla de Ramón Berenguer IV e de Petronila Ramírez de Aragón. Casou con Sancho I de Portugal en 1175.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de edificios dedicados á construción de barcos situado ao pé de Montjuïc. É o estaleiro máis grande e máis completo, de tipo medieval, que se conserva no mundo e unha boa mostra da arquitectura gótica civil catalana. A súa construción iniciouna posiblemente Xaime I, pero o pulo decisivo deullo Pedro IV coa colaboración da cidade e da Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo fundado en Barcelona o 29.11.1899. Viste camiseta de raias azuis e granate e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, campión da Copa de Europa na tempada 1991-1992, posúe ademais 4 títulos da Recopa de Europa, 3 da Copa de Feiras (trofeo que adquiriu en propiedade), 16 campionatos da liga española e 24 da Copa de España. Creado en 1942, o seu equipo de balonmán, campión de Europa en 6 ocasións (1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000), gañou tamén 5 títulos da Recopa de Europa, 4 da Supercopa de Europa, 18 da liga española, 13 da Copa de España e 5 da Copa Asobal. O equipo de hóckey a patíns, tamén creado en 1942, proclamouse campión da Copa de Europa en 14 edicións, campión da Recopa de Europa nunha e posúe ademais 10 títulos da Supercopa de Europa, 15 ligas españolas, 13 Copas de España e 2 Copas Intercontinentais. A sección de baloncesto, fundada en 1926, foi campioa do Mundial de Clubs FIBA na tempada 1984-1985; ademais logrou o título da Recopa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (992-1017?), fillo e sucesor de Borrell II. En 1003 emprendeu unha expedición contra Lleida coa axuda doutros condados. ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Mu ẓ affar, fillo de Almanzor, asaltou Meià, mentres Wadih tomou o castelo de Montmagastre, chegou a conca de Òdena e atacou a Castellolí, pero a época do ano avanzada e a resistencia cristiá obrigaron aos sarracenos a retirarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Peludo (? 840 - 897) Conde de Cerdaña e de Urgell (870?-897), de Barcelona, de Girona (Wifredo II) e de Besalú (878-897). Gobernou como vasalo dos francos a Marca Hispánica. Sucedeuno o seu fillo Wifredo II (897-911).

    VER O DETALLE DO TERMO