"Bardi" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
FAMILIAS
Familia de mercadores, logo magnates, de Florencia. Os seus membros, a partir de Bartolo Bardi , cónsul en Calimala e un dos primeiros priores de Florencia (1282), morto no 1310, ocuparon cargos no Goberno da cidade. A súa compañía mercantil e bancaria foi unha das máis importantes de Europa dende mediados do s XIII ata a metade do XIV. Encargouse de transferir os dezmos papais de todo o mundo a Roma ou a Aviñón. Concedeu cuantiosos empréstitos aos reis de Nápoles, de Francia e de Inglaterra. Non obstante , os inxentes investimentos que tiveron que facer nas guerras de Florencia contra Verona e Pisa arruináronos (1345). FiIippo e Ridolfo Bardi , non obstante, organizaron unha nova compañía en Inglaterra, cara ao 1357, que comerciou especialmente con Flandres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista florentino. Mecenas de poetas e músicos, fundou a Camerata Fiorentina, onde se cultivou o estilo do melodramma per música. Colaborou, entre outros, con Jacopo Peri, Emilio de Cavalieri e Guilio Caccini. Escribiu un Discorso sopra la musica antica e’l cantar bene (Discurso sobre a música antiga e o bo cantar, 1592?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos bardos, á súa poesía ou ao seu tempo.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán postkantiano. Foi profesor en Sttugart desde 1790 ata a súa morte. O seu fundamento psicolóxico da metafísica derivou cara a unha especulación lóxico-ontolóxica ao xeito de Hegel. Entre as súas obras salientan Allgemeine praktische Philosophie (Filosofía práctica xeral, 1795) e Grundriss der ersten Logik (Esbozo da lóxica primeira, 1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e escritor. Partidario da reforma da educación, fundou a Escola de Mestres, e foi profesor de Pedagoxía nos Estudis Universitaris Catalans (1907). Dirixiu a Revista Catalana d´Educación (1909). Fundou a Institución Spencer (1911), onde se traballaba cos avances pedagóxicos máis modernos. No ano 1917 decidiu ir a Bolivia, onde foi nomeado director xeral de Instrución Superior de la Paz, pero no 1918 marchou a Chile por desavinzas políticas. Alí traballou na organización escolar e exerceu cargos oficiais. Dirixiu diversas publicacións latinoamericanas e foi profesor de Dereito do Traballo na Universidade de Santiago de Chile e na Escola de Dereito de Valparaíso (1928-1950). Publicou a Gramàtica pedagògica da llengüa catalana (1907) e Memòries de l’Escola de Mestres (cursos 1906-1907 e 1907-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo poético dos bardos.
-
PERSOEIRO
Escultor, coñecido polo nome de Donatello. Formouse nos obradoiros de Ghiberti, colaborando con el nas portas do baptisterio de San Giovanni, para despois traballar na Catedral de Florencia con Nanni di Banco. Viaxou a Roma con Filippo Brunelleschi (1402-1404?) para coñecer os modelos da Antigüidade. Desta viaxe naceron as estatuas de San Marcos, San Xurxo, San Xoán Evanxelista ou Xosué. Entre 1425 e 1443 acadou o seu período de madurez, traballando nesta época co arquitecto Michelozzo, xuntos realizan o monumento a Bartolomeo Aragazzi. Entre 1430 e 1433 pasou diversas temporadas en Roma, alí esculpiría para a sancristía de san Pedro do Vaticano os relevos da Adoración dos anxos e o Enterro de Cristo. Ao seu regreso a Florencia realizou a Cantoria. A obra máis salientable deste período é o David, realizado en bronce, e que abre o camiño da escultura renacentista. Co paso do tempo as obras de Donatello foron afastándose do Clasicismo, acadando un maior realismo; é o caso do Gattamelata,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de vento, de metal, o barítono da familia das tubas. Designacións como barítono, eufonio ou euphonium fan referencia ao mesmo instrumento. É un instrumento típico de banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que se definiu como “festivo, galante con las damas bellas” aparecido en Betanzos no ano 1903. Trátase dunha publicación humorística coa que se pretendía escoller a muller máis fermosa desa vila coruñesa.
-
-
Calidade de covarde.
-
Acto propio dun covarde.
-
-
-
Peza de vestir de tecido lixeiro e impermeable que se utiliza para protexerse da chuvia.
-
Tecido, de estame, algodón ou seda, con ligadura en sarga. Os fíos da urda adoitan ser finos e de dous cabos e a trama máis grosa. A densidade da urda é inferior á da trama, o que fai que a diagonal da sarga quede moi dereita. Emprégase na confección de pezas de abrigo, xeralmente impermeables (caso no que se lle dá un acabado hidrófugo). As de seda empréganse para vestidos ou abrigos lixeiros.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos kabardinos.
-
Individuo do pobo kabardino.
-
Pobo que habita na actual República dos Kabardinos e dos Balkares. Vinculados orixinalmente cos adigueos, habitaron as rexións do Kuban’ e as costas orientais do Mar Negro e dedicáronse ao pastoreo e á agricultura. Durante os ss XIII e XIV emigraron cara ao L. Mantiveron relacións coa cultura rusa e en 1774 foron incorporados ao Imperio Ruso.
-
Lingua do phylum caucásico do grupo abkhazo-adigueo que se fala na Rusia europea e na Turquía asiática.
-
-
REPUBLICAS
República de Rusia (12.500 km2; 786.200 h [1997]). A súa capital é Nal´čik. É unha das principais bases do turismo de montaña e de alpinismo de Rusia. Constituída como república autónoma da URSS en 1936, converteuse en República da Federación Rusa en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Defendeu un humanismo crítico-naturalista. Escribiu Il concetto della libertà (1947) e La posizione dell’uomo nell’universo (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Italia Setentrional, que se estende desde os Alpes, ao N, ata o Po, ao S, e entre Piemonte, ao L, e Trentino-Alto Adige e Véneto, ao O (23.861 km2; 8.922.463 h [2001]). A súa capital é Milán. Presenta tres grandes unidades de relevo: a chaira ao S, unha zona montañosa ao N e unha zona de transición entre ambas as dúas. O clima é continental. Está drenada pola conca do río Po. É a primeira rexión económica de Italia e a que presenta maior densidade de poboación. A agricultura ocupa un lugar importante despois da industria, onde destacan os sectores de material de transporte, químico, téxtil e alimentario. Habitada polos galos, foi sometida ao dominio dos romanos no s II a C. No ano 568 foi conquistada polos longobardos, que estableceron a capital en Pavia. Ocupada polos francos (774) pasou a depender do Sacro Imperio Romano-Xermánico e, despois dun período de feudalización, apareceron as comunas autónomas (ss XI-XII). Durante a segunda metade do s XII Federico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Representante da posvangarda italiana, traballou a figura humana e o tema da morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr, probablemente galego. Integrado no Cancioneiro de Xograres Galegos, estivo activo entre finais do s XIII e inicios do s XIV. Consérvanse cinco cantigas de amigo, en que introduce o tema da saña ou carraxe, en textos con algúns trazos realistas e cunha variación do esquema métrico en todas as composicións. Tres delas, “Assanhou-s’o meu amigo”, “Jurava-mi o meu amigo” e “Sanhudo m’ é meu amigu’ e non sei” localízanse no santuario de Santa Marta, posiblemente Santa Marta de Verdía, en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de mazá de pel rugosa e sen brillo, de cor entre verdosa e marrón e de sabor agridoce.