"Bello" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

    1. Incitar a alguén.

    2. Anoxar a alguén mediante feitos ou ditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto himenóptero do xénero Bombus, semellante á abella pero máis grande (pode acadar os 3 cm), de voo ruidoso, co corpo robusto e moi peludo, de cores escuras ou claras e raiadas. Moi frecuente en todos os países temperados, vive en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), en niños no chan construídos con brións, herbas e follas.

      2. abellón cuco /

        Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns aos que se semella; penetra nos seus niños, mata a raíña e deposita os propios ovos no lugar dos orixinais.

      3. abellón tinto /

        Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.

    1. Nome para designar o macho da abella doméstica.

      1. As bruxas en Galicia fan uso da capacidade de transmutación que, entre outras cousas, as caracteriza para se transformar en abellón e poder danar os animais caseiros. Esta crenza fornece ditos como “quen mata un abellón ten cen anos de perdón”.

      2. danza do abellón

        Ritual funerario, segundo semella só das Rías Baixas e hoxe en día desaparecido, que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tralo xantar ofrecido polos parentes. Os danzantes, collidos das mans, daban tres voltas ao redor do morto mentres imitaban o zunido do abellón; se algún deles interrompía calquera destas accións, sería o primeiro dos presentes en morrer. Este ritual semella estar representado plasticamente nas ‘danzas da morte’ dos tímpanos das igrexas románicas, onde se ve un esqueleto tocando un instrumento e dúas ou máis persoas en actitude de baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Antioquia, Colombia, ao N de Medellín (304.819 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido Belo.

    2. Liñaxe procedente da vila de Monterrei. Nos tratados heráldicos pode aparecer representada tamén coa variante gráfica Vello. Estendeuse polas provincias de Ourense e Lugo, e pasou logo a Asturias, León e Salamanca. As súas armas levan, en campo de azul, dous bordóns de prata; bordo de ouro, con cinco veneras de goles. Algúns engádenlle vinte e catro medias lúas coas puntas cara a abaixo. Outras variantes ostentan: en campo de goles, cinco veneras de ouro, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no megalitismo galego e na Coruña romana. Os seus traballos de campo máis salientables foron a escavación do dolmen de Dombate e da Torre de Hércules da Coruña. Froito destes traballos son as obras La cultura megalítica de la provincia de La Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio-económicas (1987), xunto con Felipe Criado Boado e José María Vázquez Varela, Galicia na prehistoria (1996), xunto con Antonio de la Peña Santos, La Coruña antes de Roma: prehistoria (1994), La Coruña romana y altomedieval: siglos I-XII (1994). Así mesmo, coordinou o volume Ciudad y Torre: Roma y la Ilustración (1991), e colaborou nas obras Fuentes para el estudo de la Torre de Hércules (1991), Patrimonio e cidade (1994), Arqueoloxía e arte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol e en 1901 trasladouse a Madrid onde ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coñeceu os irmáns Zubiarre e a José Gutiérrez Solana. As súas primeiras obras (A Victoria de Samotracia e O Deus Baco) seguen as ensinanzas académicas no tratamento técnico e na colocación das escenas. Participou na Exposición Rexional de 1912 con oito lenzos, sete deles paisaxes. O interese pola paisaxe está relacionado co coñecemento da pintura realizada pola denominada Xeración Doente, co descubrimento da pintura inglesa de Turner e Constable, así como coa difusión do modernismo paisaxista de pintores cataláns como Rusiñol e o recoñecemento da pintura de Francisco Lloréns. En 1913 realizou en Ferrol a súa primeira exposición individual na que presentou vinte lenzos paisaxísticos, onde empregou unha pincelada pequena que buscaba o detalle e a minuciosidade, ao mesmo tempo que introducía ruínas ou gando como tema central,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Estudiou Dereito en Madrid onde traballou como pasante no despacho de Xosé Canalejas Méndez; sen embargo, finalmente se dedicou por completo á política e ao xornalismo. Foi redactor dos diarios El Heraldo de Madrid, El Imparcial, España, El Sol e director de El Liberal de Bilbao e Luz. Tamén fundou revistas como Crítica, Revista de Letras ou Europa, esta última precursora da revista España que, dirixida por Ortega y Gasset, tiña entre os seus colaboradores a Luis Bello, situación que se volveu repetir despois na revista Faro. Xunto cos homes da Xeración de 1914 asinou o manifesto fundacional da Liga de Educación Política. En 1916 foi elixido deputado, cargo que tamén ocupou durante a Segunda República desenvolvendo unha intensa actividade: pertenceu á comisión encargada de redactar a Constitución e presidiu a comisión do Estatuto Catalán. Nesta época tamén foi membro do padroado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nixeriano. Foi líder relixioso da poboación musulmá da provincia de Sokoto e desempeñou varios cargos ministeriais na súa rexión ata que en 1954 foi nomeado primeiro ministro da mesma. En 1961 foi elixido como vicepresidente da Liga Musulmana Mundial. Morreu na revolta de xaneiro de 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e político latinoamericano. Estudiou e traduciu os clásicos gregos e latinos, ademais de investigar sobre o teatro clásico español. Ao iniciarse o movemento de independencia (1810), foi nomeado secretario da misión diplomática, presidida por Simón Bolívar, acreditada diante do goberno inglés. Entre 1826 e 1827 publicou Alocución a la poesía e Silva a la agricultura de la zona tórrida, primeiro manifesto literario a prol da emancipación das letras do continente americano de fala española. En Santiago de Chile, onde residiu desde 1829, realizou un continuo traballo de polígrafo e foi o orientador das repúblicas hispánicas independentes. Foi nomeado membro honorario da Real Academia Española. Colaborou nas revistas Repertorio Americano e Biblioteca Americana, ademais de dirixir o Araucano, diario oficial de Chile. Do conxunto dos seus escritos cómpre destacar a Gramática de la lengua castellana (1847) e o Código Civil de Chile...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Entre os seus traballos destaca o realizado no retablo da colexiata de Xunqueira de Ambía en 1535.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés de orixe francesa. Polemista fecundo, propugnou unha cristiandade europea e democrática. Publicou poemas, novelas, libros de viaxes, ensaios histórico-sociais e atacou o gran capitalismo e o estatismo socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de azul, un outeiro cunha caverna pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e maxistrado. En 1990 foi elixido polo parlamento español, vogal do Consello do Poder Xudicial. Na sexta lexislatura foi nomeado ministro de Xustiza (1993-1994) e, a continuación, ministro de Xustiza e Interior (1994-1996). Entre 1996 e o 2000 foi deputado do Congreso por Zaragoza e portavoz do grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados, na Comisión de Xustiza e Interior. Candidato socialista á alcaldía de Zaragoza, preside o Partido Socialista Obrero Español en Aragón. É membro de Xustiza Democrática e fundador da Asociación Xuíces para a Democracia, da Association de Magistrats Européens pour la Democratie et les Libertés e da Asociación Pro Dereitos Humanos do País Vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monterrei. Algúns estudiosos supoñen que o seu tronco foi o infante Vela. As súas armas levan, en campo de ouro, vinte e catro minguantes de goles. Outra variante leva, en campo de goles, dous troncos de ouro dispostos en aspa, acompañados de cinco veneras de prata. Algunhas ramas desta familia empregan, en campo de sinople, dous leóns de ouro rampantes, sostendo unha coroa real; sobre as cabezas dos leóns e da coroa, tres lises de azul fileteadas de ouro e outra en punta cos mesmos esmaltes; bordo de ouro con sete ferros de lanza de sable, un na parte superior e tres en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Os seus primeiros traballos desenvolvéronse no campo da curtametraxe. Defensora das teses feministas, amosa os problemas da muller do noso tempo cun realismo abraiante. Dirixiu, entre outras películas, Quelque part, quelqu’un (Calquera parte, calquera persoa, 1972), L’amour violé (O amor violado, 1977), Les enfants du désordre (Os rapaces da desorde, 1989) e L’affût (O posto, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador francés. Xuntamente con Dieudonné Costes fixo a primeira conexión aérea París-Nova York, os días 1 e 2 de setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO