"Bida" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de acerbo.
-
-
Relativo ou pertencente aos aglábidas.
-
Familia dos Banū al-Aḡlab, dinastía que gobernou Ifrīqiya (800-909) na África nororiental, con capital en Al-Qayrawān (Kairouán). O seu fundador, Ibrāhīm al Aḡlab, foi nomeado gobernador polos abásidas e conseguiu independizarse. Os aglábidas conquistaron Sicilia (827-902) e Malta (863), onde reconstruíron a mesquita da capital. Foron eliminados polos fatimís.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos aiúbidas.
-
Dinastía musulmá iniciada en 1171 por Salãh al-Dĩn ibn Ayyũb (Saladino),Visir do derradeiro Califa fatimita de Exipto. Impúxose tamén en Siria e substituíu os zeuxitas. A proximidade coa Terra Santa ocasionou loitas entre os aiúbidas e os croatas (Saladino conquistou Xerusalén en 1187). Os seus fillos e irmáns repartíronse o goberno do seu imperio, que fraccionaron en catro ramas: Exipto (1171-1250), Iemen (1173-1229), Damasco (1186-1260) e Alepo (1183-1260).
-
-
-
Calquera líquido apto para o consumo humano.
-
Calquera líquido que posúe graduación alcohólica. As chamadas bebidas alcohólicas conteñen alcohol etílico, mentres que as nomeadas bebidas non alcóholicas non o conteñen, polo menos en cantidades apreciables.
-
icio consistente na inxestión de bebidas alcohólicas.
-
Bebida que contén alcohol etílico en cantidade superior ao 2%. As bebidas alcohólicas obtéñense de produtos vexetais ricos en azucres, como tubérculos, froitos ou talos, que se transforman en alcohois gracias a unha fermentación microbiana. A principal fermentación alcohólica é a producida por acción de levaduras do xénero Saccharomyces. As levaduras, desenvolvidas primeiramente nunha certa aerobiose actúan despois anaerobicamente, e por fermentación alcohólica convértense os azucres en etanol, o alcohol etílico. No caso das bebidas alcohólicas simples, en función do substrato pódese obter viño, cervexa, sidra, etc. As características e o sabor de cada bebida veñen dadas ademais de polo seu contido en alcohol etílico (expresado en porcentaxe en volume, a 15°C), polos produtos que lle restan do substrato inicial, polos produtos procedentes das fermentacións secundarias e polos produtos formados durante o envellecemento. Segundo a conversión de azucre en alcohol fose total ou non,...
-
Bebida non alcohólica preparada con auga potable saturada de dióxido de carbono. Os ingredientes habituais son auga potable, dióxido de carbono, edulcorantes, acidulantes, sales, emulsionantes, estabilizantes, enturbadores, colorantes artificiais, caramelo, espesante, conservantes, vitamina C, e ás veces A e D. O proceso de fabricación comporta a preparación dun xarope e unha carbonatación posterior. As principais bebidas carbónicas son as augas gaseadas (coñecidas co nome de soda, auga de Seltz ou sifón), as preparadas coas sales litínicas, as gasosas, as augas tónicas, as colas e as imitacións gaseadas dos zumes de froita.
-
Bebida non alcohólica caracterizada polo feito de conter principios activos do grupo da purina (cafeína, teofilina, teobromina). As bebidas estimulantes son obtidas por percolación ou infusión de partes de plantas (café, té ou mate) ou por suspensión nun líquido (cacao).
-
-
CIDADES
Cidade e emirato do estado de Níxer, Nixeria, situada na marxe do río Bako (113.600 h [1992]). É unha terra fértil que produce froitos tropicais; así mesmo, nos bosques posúe madeiras preciosas que son a base da súa actividade económica. Sede do emirato de Nupe (fundado no 1531), foi coñecida con este nome ata a época da ocupación británica, momento no que pasou a denominarse Emirato de Bida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bidueiro.
-
RIOS
Río da Península Ibérica, o máis oriental dos que desembocan no Mar Cantábrico (67 km). Nace no Pireneo navarro. Flúe en dirección S-N ata Irún (Gipuzkoa) onde desauga. Dende Endarlaza, punto no que abandona a Comunidad Foral de Navarra e penetra en Euskadi, ata a súa desembocadura, serve de fronteira entre os estados español e francés. É un río de réxime pluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Antes da Segunda Guerra Mundial militou no Partido Democrático Popular. No 1943 converteuse en presidente do Consello Nacional da Resistencia. Ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional de De Gaulle (1944-1946), asinou o tratado franco-soviético de Moscova (1944), preconizou a división de Alemaña e o illamento de España. Presidente do goberno provisional (1946) e do consello de ministros (1949-1950), fixo que o seu país adoptase a constitución da IV República. Ata o 1954 foi varias veces ministro de Asuntos Exteriores e favoreceu a Alianza Atlántica e a Unión Europea. Opúxose á independencia de Alxeria e ingresou na OAS (Organisation Armée Secrète), organización da que se chegou a converter no seu líder. Desde 1962 viviu no exilio en Brasil e Bélxica, ata 1968, ano no que regresou a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mansión da vía XIX de Braga a Astorga citada no Itinerario de Antonino. Aínda que ofrece problemas de localización, a opinión máis verosímil é a de que estaría situada a dezaseis millas romanas de Tui, tendo cada milla romana un valor aproximado de 1.480 m. Podería identificarse coa localidade pontevedresa de Borbén, como parecen confirmar definitivamente os restos arqueolóxicos atopados neste lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio interior dun recipiente, dun local ou de calquera continente.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra. Realizou estudios de música, matemáticas e filosofía en Bucarest e en Berlín. En 1945, accedeu á dirección da Orquestra Filharmónica de Berlín e posteriormente dirixiu a Orquestra Nacional de Francia, a Orquestra da Radio de Stuttgart e a Orquestra Filharmónica de Múnic. Está considerado como un dos intérpretes máis destacados dos impresionistas, da música rusa e de Anton Bruckner.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ofrece dúbida.
-
-
Estado do espírito propio de quen non sabe qué escoller ou qué decisión tomar de entre varias opinións ou resolucións.
-
Estado do espírito propio de quen non está totalmente seguro dun feito ou cuestión determinada. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dúbida é o comezo da sabedoría. A dúbida é a nai da ciencia. Vento antes de chuvia, déixate levar que non hai dúbida. Máis vale unha segura, que dúas en dúbida”.
-
Incerteza entre o si e o non, ou respecto á adopción dunha opción entre dúas ou máis proposicións, que leva á suspensión do xuízo. Chámaselle natural cando é espontánea e ametódica, e filosófica cando é deliberada e metódica. Esta última cualifícase de escéptica cando se converte nunha actitude definitiva (escepticismo), e de especificamente metódica cando se exerce dunha maneira provisional e voluntaria como medio para descubrir a verdade.
-
Vacilación na convicción da fe relixiosa.
-
Problema ou cuestión puntual sobre a que non se ten a certeza ou seguridade absoluta.
-
-
-
Concepto que no Código Civil equivale a erro.
-
dúbida de dereito
Dúbida que trata sobre o alcance do suposto do feito da norma, é dicir, cando se dubida de se unha situación determinada, de que se coñecen ben as súas circunstancias, está ou non comprendida nos termos que lle serven ao lexislador para determinar os casos a que se pode aplicar. A lei dubidosa é unha lei nula.
-
...
-
-
-
-
-
Estado do espírito propio de quen non sabe qué escoller ou qué decisión tomar de entre varias opinións ou resolucións.
-
Estado do espírito propio de quen non está totalmente seguro dun feito ou cuestión determinada. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dúbida é o comezo da sabedoría. A dúbida é a nai da ciencia. Vento antes de chuvia, déixate levar que non hai dúbida. Máis vale unha segura, que dúas en dúbida”.
-
Incerteza entre o si e o non, ou respecto á adopción dunha opción entre dúas ou máis proposicións, que leva á suspensión do xuízo. Chámaselle natural cando é espontánea e ametódica, e filosófica cando é deliberada e metódica. Esta última cualifícase de escéptica cando se converte nunha actitude definitiva (escepticismo), e de especificamente metódica cando se exerce dunha maneira provisional e voluntaria como medio para descubrir a verdade.
-
acilación na convicción da fe relixiosa.
-
Problema ou cuestión puntual sobre a que non se ten a certeza ou seguridade absoluta.
-
-
-
Concepto que no Código Civil equivale a erro.
-
dúbida de dereito
Dúbida que trata sobre o alcance do suposto do feito da norma, é dicir, cando se dubida de se unha situación determinada, de que se coñecen ben as súas circunstancias, está ou non comprendida nos termos que lle serven ao lexislador para determinar os casos a que se pode aplicar. A lei dubidosa é unha lei nula.
-
dúbida de feito
Dúbida que se produce cando, sen coñecer ben as circunstancias do caso, non se sabe se este está comprendido no suposto de feito dunha norma clara en si mesma (per se) e que o ordinario pode dispensar ad cautelam.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ofrece dúbida.
-
-
-
Ter o ánimo indeciso entre varias opinións, posibilidades ou resolucións que se ofrecen. Na tradición oral recóllense ditos como: “Sempre é ben dubidar para mellor acertar. Xuíz que dubida na condena, abaixo a pena”.
-
Non estar seguro de algo.
-
-
Dar pouco creto ao que di alguén.
-
Desconfiar da honradez, lealdade ou intencións de alguén.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e organista. Estudiou en París con V. d’Indy. En 1939 trasladouse a Madrid, onde ensinou órgano no conservatorio, que dirixiu posteriormente. Renovador da ópera vasca, da súa produción destaca Mirentxu (1910) e Amaya (1920). Así mesmo, compuxo obras sinfónicas, música de cámara e zarzuelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de probidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ofrece dúbida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lamber.
-
-
Semente de diversos froitos ou froitas.
-
Anaco pequeno de ouro ou doutros metais nativos, que adoita atoparse en terreos de aluvión.
-
Tumor debaixo da lingua da galiña que lle impide comer e cacarexar, e que pode chegar a asfixiala. Na tradición oral recóllense ditos como: “Viva a galiña coa súa pebida”.
-
Extremo que sobresae do eixe do carro, que se axusta ao mión.
-