"Blanco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 113.

  • PERSOEIRO

    Integrante do grupo de teatro de marionetas Viravolta desde a súa creación en 1983, co que realiza traballos de manipulación, interpretación e deseño de vestiarios, entre os que podemos citar Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrática en Lingua Galega.
    Membro da Comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e membro fundador do Instituto Rodrigues Lapa, pertence ao Comité Científico das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Dende 1973 realiza o labor de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG), labor que compaxina coa actividade docente como profesora na Facultade de Filoloxía de Compostela. Participa en numerosos proxectos de investigación no eido da lingüística do idioma galego: Atlas Lingüístico Galego (dende 1974); Gramática descritiva da lingua galega (1995-1997); Gramática contrastiva do galego e do portugués (1996-1997), entre outros.
    Colaborou na elaboración das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, proclamadas oficiais pola Xunta de Galicia en 1982. Entre as súas publicacións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal ou quincenal, aparecida en outubro de 1914 en Vilalba, que cesou en breve tempo. De tendencia rexionalista, foi dirixida por Antonio García Hermida; o seu título facía referencia ás cores da bandeira galega. Nela apareceu o poema “Outros tempos” de Noriega Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que viría motivado pola cor pálida da persoa ou pola cor branca dos seus cabelos. Actualmente, non se conserva a forma estándar branco como apelido, aínda que na época medieval alternaban os grupos consonánticos bl-/br-; co paso do tempo impúxose o grupo bl-, probablemente debido ao influxo do castelán. Documéntase no s XIV: “Alfonso Rodriguez dito Branco” (doc ano 1339 en E. Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 195), “Juan Blanco” (doc ano 1383 en E. Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 327). No período medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres. É probable que as formas do plural teñan orixe toponímica, pois actualmente existen os lugares dos Blancos espallados por toda Galicia.

    2. Liñaxe orixinaria de León, que se estendeu por Asturias, Galicia e outras rexións españolas. Algúns pasaron a América, establecéndose en Chile e Venezuela. En Galicia fundaron casa en Xunqueira de Ambía, pero tamén se espallaron polas terras de Sobrado, Celanova, Verín, Marín, Sanxenxo, Lalín, Nigrán, Ribas de Sil, Palas de Rei, Ribadeo, Ortigueria, Santiago de Compostela ou Serantes. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de prata aclarado de azul; segunda partición, en campo de sinople, con tres faixas de ouro; bordo de azul con oito aspas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e poeta. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1960. Publicou Brumas de oro y gris (1961), Nostalgias en la bruma (1973) e Baladas de agonía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. A súa infancia e adolescencia decorreron en Ourense, nunha atmosfera urbana pero, ao mesmo tempo, chea dos ecos do campo que tiña a cidade das Burgas neses anos. O ambiente que rodeaba a súa casa natal, moi preto da sé catedralicia, será logo descrito en moitas das súas obras. A Auria de A esmorga ou a de Xente ao lonxe non serán senón nomes que encobren este Ourense dos seus anos mozos, presente, tamén, nas súas obras La catedral y el niño, Los miedos ou Os biosbardos. A importancia que o espazo da cidade adquire na súa obra é tan grande que pasará a ser un dos trazos definitorios da súa fabulación e unha das teimas da súa creación narrativa. A súa infancia estivo fondamente marcada pola separación dos seus pais, a súa mala saúde e por unha infancia que el mesmo definiu como triste e solitaria. Realizou estudios de bacharelato no Instituto de Ourense onde tivo como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de traballar como campesiño e carpinteiro emigrou a Bos Aires, cidade na que iniciou a súa formación intelectual. Foi colaborador de El Mundo, La Prensa, da revista española Índice e de La Nación, xornal este último onde dirixía a sección de comentarios parlamentarios titulada “Más allá de la crónica”. Foi un dos escritores de máis sona en Hispanoamérica. Publicou os ensaios: La generación del 98, España y el marxismo e Con verdad y con rigor. É tamén autor dun libro de relatos titulado Reportaje a Nueva York, e de varias novelas como La vida que nos dan (1953), Premio Valle-Inclán, Todos los muros eran grises (1956), Antes que el tiempo muera (1958), Duelo por la tierra perdida (1960) e La Misión (1967), Premio de Literatura de la Ciudad de Buenos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e mestra. Dende as súas primeiras obras (Contos para a escola, 1981 e Cousiñas para a escola, 1984), alterna o texto cunha función didáctica. Entre as súas obras destacan: Chuchamel (1988), Andrómenas? (1989), A misteriosa montaña de Pena Negra (1991), A vaca titiriteira (1991), A papoula era máxica (1994), Marcelo non me toma o pelo (1995), A disco ecoloxista (1995), As loucas vacacións dunha formiga (1996), Berta non soubo voar (1997), O aniversario de Ana (1997), A aventura das cores (1998) e A min que me importa! (1998). Publicou ademais numerosos libros en colaboración (O trasno rebuldeiro, 1997; Rumbo ás illas, 1997 e E o corvo falou así, 1998), e tamén é coautora de libros de texto e guías didácticas. Recibiu o III Premio O Facho (1982 e 1983) polos contos “O planeta ceboleiro” e “Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Titulado pola Escola Oficial de Periodisme de Barcelona e licenciado en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciouse no mundo radiofónico en EAJ-1 Radio Barcelona. Logo de colaborar con Radio Sáhara, traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Fundador e primeiro director de RTVG en 1985, foi director-xerente da TVG e director do centro territorial de TVE en Galicia. En prensa participou na fundación de Mundo Diario e mantivo unha sección diaria en El Correo Gallego. É autor dos libros: Camariñas, terra de palilleiras (1991), Radio e prensa na Galicia exterior (1995) e Historia da radio en Galicia (1999). Tamén é autor da música de máis dun cento de cancións en lingua galega. Foi distinguido co Premio Ondas, co Premio da Crítica de Galicia e coa Antena de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou os poemarios en castelán La noche clara (1922) e La escondida senda (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Utilizou o pseudónimo de José María Blanco White. Foi cóengo en Cádiz e Sevilla e redactor de Semanario patriótico. Durante a invasión francesa fuxiu a Gran Bretaña e converteuse ao Protestantismo, fundou a revista El Español (1810-1814) e colaborou na prensa inglesa. A súa obra poética evolucionou dende o Neoclasicismo da escola sevillana (Corila, 1796), ata o Romanticismo dos últimos anos (Una tormenta nocturna en alta mar, 1829). En inglés escribiu, entre outras, Letters from Spain (Cartas dende España, 1822) e o famoso soneto “Mysterious Night” (Noite misteriosa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial e filántropo. Emigrou a La Habana onde se dedicou á industria e ás finanzas. No seu testamento dispuxo a creación dun colexio de primeiro e segundo ensino en Cee, que foi inaugurado o 1 de outubro de 1886 co nome de Colexio Fernando Blanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Novelista e xornalista. Dedicado á crítica literaria e cinematográfica, publicou Heroídas. Cartas apócrifas de mujeres novelescas (1943), Al disiparse la niebla (1946), La casa de Brandariz (1955) e He rogado por ti (1957), finalista do Premio Círculo de Bellas Artes (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Combateu a ditadura de Juan Vicente Gómez e exiliouse a Francia e España, onde foi nomeado gobernador de Navarra polo goberno Lerroux (1934). Literariamente, iniciouse no Modernismo. Publicou Cuentos americanos (1904), El hombre de hierro (1907), Notas a las “Cartas de Bolívar” (1913) e Grandes escritores de América (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Logo de estudar Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica, especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García y Bellido, completando a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidad de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Jaén). Escribiu as obras: Musa Alemá (1961), con Celso E. Ferreiro, Excavaciones en el Cerro Salomón (1970) e Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos (1984). Ademais colaborou na prensa especializada con numerosos artigos, algúns deles en Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro da Real Academia de Historia, da de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador agostiño da literatura castelá. A súa obra máis importante é La literatura española en el siglo XIX (1891-1894), onde tamén estudia a literatura galega en catro capítulos dende a época medieval ata os autores do Álbum de la Caridad (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nado nunha familia humilde, emigrou a Cuba con 16 anos onde comezou a súa formación artística. A súa primeira exposición, no Centro Gallego de La Habana, valeulle a concesión dunha bolsa de tres anos (1922-1924) para asistir á Academia de Artes de Madrid. Alí estudiou as obras do Museo del Prado. Trasladouse a París e entrou en contacto co ambiente artístico das vangardas. Desta etapa destacan Xardíns de Luxemburgo (1929) e Xardíns de París (1931). No ano 1930 acadou unha segunda bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu regresar a París e un ano despois asentouse definitivamente en Galicia. Fundou a revista Alborear (1931) xunto con Caldera Manzano. En 1932, unha nova bolsa da Deputación de Pontevedra permitiulle trasladarse a Madrid. A súa pintura evolucionou cara ao primitivismo, adquirindo importancia a temática paisaxista (Paseo da Ferradura) e mariñeira. O colorismo parisino foi abandonado para dar paso a un tratamento lírico da...

    VER O DETALLE DO TERMO