"Caio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 48.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer actos de alcaiote ou alcaiota.
-
-
Persoa que incita ou encobre unha relación amorosa, mesmo na casa desa persoa, normalmente considerada non lícita.
-
Incitador de relacións sexuais ilícitas das que obtén beneficio.
-
Persoa ou cousa que serve para encubrir o que se pretende agochar.
-
Especie de cabaza coa cortiza de cor verde clara e manchas brancas, de polpa branca e fibrosa coa que se elabora o cabelo de anxo.
-
-
-
Oficio de alcaiote ou alcaiota.
-
Acto propio dun alcaiote ou dunha alcaiota.
-
-
PERSOEIRO
Militar romano que mandou unha das tres columnas -as outras dúas ían dirixidas por Publio Carisio e Octavio Augusto- que no ano 29 a C comezan a serie de campañas coñecidas como guerras astur-cántabras, que acadaron o sometemento dos derradeiros pobos e territorios que estaban irredentos ao poder de Roma na Península Ibérica. Parece que Antistio se encargou das lexións X Gemina e VI Vitrix con base en Bracara Augusta, sendo el quen, tras moitas dificultades causadas tanto pola orografía como polo carácter guerreiro dos indíxenas, venceu de maneira definitiva os cántabros entre os anos 29 e 25 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul romano, fillo de Caio Asinio Pollio. Xefe da oposición senatorial, foi asasinado por mandato do Emperador Tiberio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor romano. Colaborador de César, estivo con el na Batalla de Mundae; morto este, loitou contra Sexto Pompeio. Marco Antonio fíxolle legado da Galia Traspadana, onde repartiu as terras entre os soldados. Devolveulle a Virxilio a súa pequena leira, confiscada anteriormente, motivo polo que este lle dedicou a égloga cuarta. Foi nomeado cónsul trala Paz de Brindisi (40 a C). Obtivo numerosas vitorias ante os partos (39 a C) pero rompeu con Marco Antonio e retirouse a escribir. Entre as súas obras poéticas, dramáticas, etc, a máis importante, hoxe perdida, foi unha Historia da Guerra entre César e Pompeio. Fundou a primeira biblioteca pública de Roma e instituíu as recitacións públicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente do latín Caius ou Gaius, moi frecuente na antiga Roma. Utilizábase na fórmula do casamento Vbi tu Caius ego Caia ‘onde ti sexas Caio eu serei Caia’, e de tu Caius vén o termo tocaio ‘persoa que leva o mesmo nome’. Caio Mario (s II-I a C), adversario de Sila, venceu a Iugurta, rei de Numidia, dos cimbros e dos teutóns que invadira a Provenza. Cónsul sete veces e líder do partido popular, os inimigos converteron o seu nome, Mario, en sinónimo de político ambicioso, mentres que durante a Revolución Francesa simbolizou o heroe da liberdade e da democracia. Levaron tamén este nome Caio Mucio Scaevola, o político e literato Caio Xulio César, o poeta lírico Caio Valerio Catulo, o político Caio Cilnio Mecenas, o historiador e literato Caio Plinio Secundo, o Emperador Caio César Calígula e o historiador Caio Suetonio Tranquilo. San Caio (s III), natural da Dalmacia e parente do Emperador Diocleciano, foi papa (283-296) e morreu martirizado....
-
PERSOEIRO
Arquitecto lusitano. Natural de Aeminio (actual Coimbra), foi o autor da Torre de Hércules (A Coruña).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Laracha baixo a advocación de santa María do Socorro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Cucurbita
-
PERSOEIRO
Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patricio romano. Durante a guerra civil (49-46 a C) foi prefecto da flota pompeiana. Despois de Farsalia reconciliouse con Xulio César, pero foi un dos líderes principais na conspiración que preparou o seu asasinato (44 a C). Posteriormente, foi gobernador de Siria e aliouse con Bruto contra o triunvirato. Foi vencido en Filipos e un liberto deulle morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De familia acomodada, desempeñou un cargo oficial en Bitinia, no estado maior do propretor Memmio, entre os anos 56 e 57. Pertenceu ao grupo dos neotéricos. Influído pola lírica grega arcaica (Safo), pola poesía alexandrina (Calímaco, Apolonio e os epigramistas), pola tradición poética latina e polos seus inmediatos predecesores, os chamados poetae novi, considérase o creador da lírica erótica latina. A súa obra reuniuse baixo o título Catulli Veronensis liber (Libro do veronense Catulo), colección de 116 poemas de métrica e extensión diversa, organizada a partir de criterios métricos e de xénero. A maior parte destes versos, os máis coñecidos da súa produción, aluden ao seu desafortunado amor por Lesbia, que probablemente fose Clodia, irmá do tribuno Publio Clodio; outros eloxian ou satirizan a sociedade do seu tempo. Entre eles destacan a elexía “A cabeleira de Berenice” e os poemas mitolóxicos “Attis” e “Bodas de Tetis e Peleo”. En 1943 o compositor alemán Carl...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e militar. Desterrado por Sila en Asia o 81 a C, estudiou en Rodas e volveu a Roma no ano 73 a C, cando foi nomeado pontífice. Loitou con Pompeio polos dereitos dos tribunos da plebe e, desde o cargo de cuestor (70 a C), comezou as manobras para adquirir o poder. Á morte da súa primeira esposa Cornelia (68 a C) casou con Pompeia, neta de Sila. Nomeado pretor da Hispania Ulterior (62 a C) emprendeu unha expedición contra os lusitanos no 61-60 a C á procura de vitorias e chegou a Galicia, onde conquistou Brigantium e acadou un importante botín. Interveu na conxuración de Catilina e, cando regresou da Hispania (60 a C), formou con Pompeio e Craso o Primeiro Triunvirato. Desde o consulado (59 a C) aprobou leis favorables á plebe e ás provincias, e conseguiu o proconsulado das Galias e da Iliria por un período de cinco anos. A conquista das Galias comezou no 58 a C, e a súa fama en Roma aumentou polas riquezas das súas conquistas e coa publicación dos informes das súas campañas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (284-305). Comandante da garda imperial e máis tarde cónsul, foi elixido emperador por un tribunal de xenerais á morte de Numeriano (284). Logo da desaparición de Carino (285), irmán de Numeriano e coemperador, o Senado recoñeceulle a dignidade imperial. Asociou ao poder a Maximiano, un oficial da súa confianza, e cedeulle o control da metade occidental do Imperio, mentres se reservou o goberno da metade oriental e a dignidade de Augusto Iovius. A bipolarización da autoridade imperial permitiu que Maximiano reprimise o movemento bagauda e que Diocleciano recuperase Armenia. Non obstante , os conflitos políticos e sociais medraban no Imperio, polo que en maio do 293 vinculou o poder a outros dous militares, en calidade de césares: Constancio Cloro para Occidente e Galerio para Oriente. Diocleciano controlaba Tracia, Exipto e Asia, o césar Galerio gobernaba as provincias danubianas, Maximiano administraba Italia e África, e o seu césar Constancio, Hispania, a Galia e Britania....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul (261 a C) xunto con C. Cornelio Escipión. Organizou a flota durante a Primeira Guerra Púnica e conseguiu a primeira vitoria naval sobre os cartaxineses fronte a Milos, preto de Messana. Foi o primeiro triunfo naval da historia de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pasta feita de xeso e cola que, mesturada con auga, adquire unha estrutura sólida.
-
Figura ou pequena escultura realizada con esta pasta.
-
endaxe endurecida con xeso que se emprega para inmobilizar algunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir unha parte do corpo con vendas de escaiola para inmobilizala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa coa escaiola.